한국   대만   중국   일본 
Josep Pla - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Josep Pla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosep Pla

(1917) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (ca) Josep Pla i Casadevall Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 8 de marzo de 1897 Editar o valor em Wikidata
Palafrugell, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 23 de abril de 1981 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Llofriu, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio de Llufriu Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia mas Pla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Barcelona - medicina , dereito (1913?1919) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escritor , xornalista , critico literario Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Seculo XX Editar o valor em Wikidata
Partido politico Lliga Regionalista Editar o valor em Wikidata
Xenero artistico Novela e ensaio Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua catala e lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX1039180 Find a Grave: 7529563 Editar o valor em Wikidata

Josep Pla i Casadevall , nado en Palafrugell o 8 de marzo de 1897 e finado en Llofriu o 23 de abril de 1981 , foi un escritor catalan .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo de pequenos propietarios rurais do Emporda , fai o bacharelato en Xirona , comeza a carreira de medicina en Barcelona , que deixa para estudar dereito. Tras licenciarse exerce o xornalismo primeiro en xornais locais e logo a partir de 1918 como profesional en Las Noticias e posteriormente en La Publicitat . Exerceu de correspondente de La Veu de Catalunya en Francia , Gran Bretana , Italia , Alemana ou a URSS .

Militante da Lliga Regionalista , en 1921 saiu elixido deputado provincial polo distrito de Bisbal. Durante a Segunda Republica espanola viviu en Madrid , ainda que seguiu colaborando en La Veu de Catalunya . En 1936 co inicio da Guerra civil espanola marchou a a Francia e a Italia para pasar posteriormente a Espana nacional, estableceuse en Donostia e colabora co Diario Vasco entre outubro de 1938 e xaneiro de 1939 . Coa ocupacion de Cataluna volta e foi subdirector durante tres meses no xornal La Vanguardia , denominada enton La Vanguardia Espanola e posteriormente entra na redaccion da revista Destino , da que se converte no principal ideologo.

O primeiro libro que publicou foi Coses vistes (1925). Outras obras foron Russia (1925), Llanterna magica (1926), ≪Relacions≫ (1927), Vida de Manolo (1928), Cartes de lluny (1928), Cartes meridionals (1929), Madrid (Un dietari) (1929), Francesc Cambo (1928-1930), Vint-i-cinc anys de politica catalanista (1931), Madrid (L'adveniment de la Republica) (1931), Viatge a Catalunya (1934), Cadaques (1947), Bodego amb peixos (1950), L'illa dels castanyers (1951), Pa i raim (1951), Un senyor Barcelona (1951), El carrer estret (1952), Llagosta i pollastre (1952), El vent garbi (1952), Girona (1952), ≪Els pagesos≫ (1952), ≪Nocturn de primavera≫ (1953), ≪Els anys≫ (1953), Les hores (1453), Contraban (1954), Peix fregit (1954), L'Empordanet (1954), Cartes d'Italia (1955), Santiago Rusinol i el seu temps (1955), Els moments (1955), Week-end d'estiu a Nova York (1955) e De l'Empordanet a Barcelona (1956).

Logo da guerra civil publicou versions en castelan pola imposibilidade de facelo en catalan, lingua na que sempre escribiu; entre a sua producion desa epoca destacan Historia de la Segunda Republica Espanola (1940-41), que vai rexeitar posteriormente, Guia de la Costa Brava (1941), Las ciudades del mar (1942), Viaje en autobus (1942), Rusinol y su tiempo (1942), El pintor Joaquin Mir (1944), Un senor de Barcelona (1945) e La huida del tiempo (1945).

En 1956 comeza a publicar as suas Obras Completas , que chegaron aos vinte e nove volumes e que quedaron incompletas pola morte do editor. En 1966 comeza con El quadern gris a publicacion das Obras Completas na editorial Destino.

En galego apareceu traducido en 1999 Viaxe por Galicia: de Ribadeo a Tui , cronica dunha viaxe realizada por Pla a Galicia.