한국   대만   중국   일본 
James Cook - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

James Cook

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaJames Cook

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 27 de outubro de 1728 Editar o valor em Wikidata
Marton (Reino de Gran Bretana) Editar o valor em Wikidata
Morte 14 de febreiro de 1779 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Kealakekua Bay (Ancient Hawaii) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte homicidio , ferida de arma branca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Gran Bretana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Exploracion e Cartografia Editar o valor em Wikidata
Ocupacion explorador , navegante , oficial da armada , cartografo , botanico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militar Royal Navy Editar o valor em Wikidata
Rango militar captain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
12 de xullo de 1776 Third voyage of James Cook (en) Traducir
1772 Segunda viagem de James Cook (pt) Traducir
1768 Primeira viagem de James Cook (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviacion dun autor en botanica Cook Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
Conxuxe Elizabeth Cook (1762?)
Fillos James, Nathaniel, Elizabeth, Joseph, George e Hugh
Nai Grace Pace (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
14 de febreiro de 1779 death of James Cook (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX872658 WikiTree: Cook-4419 Find a Grave: 10951 Editar o valor em Wikidata

James Cook , nado o 27 de outubro de 1728 en Middlesbrough ( Inglaterra ) e finado o 14 de febreiro de 1779 en Hawai , foi un explorador , navegante e cartografo britanico . Cook fixo mapas detallados das costas de Terra Nova antes de facer tres viaxes ao oceano Pacifico , nos que logrou explorar as principais illas desta rexion. Entre outros, foi o primeiro europeo en explorar a costa oriental de Australia e as illas Hawai e fixo a primeira circunnavegacion de Nova Zelandia . [ 1 ] [ 2 ]

James Cook entrou na marina mercante britanica cando era adolescente e en 1755 alistouse na Royal Navy (Armada Real britanica) onde alcanzaria o rango de capitan. [ 3 ] Participou na guerra dos Sete Anos , e posteriormente estudou e mapeou gran parte da entrada do rio San Lourenzo durante o asedio do Quebec . Isto permitiu que o xeneral Wolfe puidese executar con exito o seu ataque as Chairas de Abraham , este feito fixo prestar a atencion do Almirantado Britanico e a Real Sociedade cara a Cook. Este feito produciuse nun momento crucial, tanto na sua carreira persoal como na direccion da exploracion britanica de ultramar. Deste xeito, en 1766 partiu como comandante do HMB Endeavour para o primeiro dos seus tres viaxes polo oceano Pacifico.

Cook cartografou moitas areas e rexistrou varias illas e zonas costeiras nos mapas europeos por primeira vez. Os seus resultados poden ser asignados a unha combinacion de navegacion , superior levantamento cartografico e competencias, o valor en explorar lugares perigosos para confirmar os feitos (por exemplo, a inmersion no Circulo polar antartico repetidamente e explorar arredor da Gran Barreira de Coral ), unha capacidade de dirixir os homes en condicions adversas, e ousadia, tanto en relacion a medida da sua explotacion e a sua vontade de superar as instrucions dadas a el polo Almirantado. [ 3 ]

Un feito de suma importancia na primeira viaxe foi que ningun home da sua tripulacion morreu de escorbuto , afeccion que habia decimado moitas expedicions maritimas anteriores. Isto debeuse a unha especial preocupacion de Cook para mellorar as condicions de hixiene e a dieta dos seus subordinados durante a viaxe, no que incluiu os citricos como preventivos da enfermidade, segundo un descubrimento do medico ingles James Lind . [ 4 ]

En 1779, durante a terceira viaxe exploratoria de Cook polo Pacifico , agravaronse as tensions entre os seus homes e os nativos de Hawai , e un intento de secuestro do xefe Kalani??pu?u desembocou na morte de Cook . Existe controversia sobre o papel de Cook como propiciador do colonialismo britanico e a violencia asociada a alguns dos seus contactos cos pobos indixenas. Deixou un legado de conecementos cientificos e xeograficos que influiu nos seus sucesores ata ben entrado o seculo XX, e dedicaronselle numerosos monumentos en todo o mundo. Asi mesmo abriu o camino das exploracions cientificas e antropoloxicas, e das grandes viaxes de navegacion.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Vida tempera e familia [ editar | editar a fonte ]

James Cook naceu o 7 de novembro de 1728 ( NS ) no pobo de Marton no North Riding of Yorkshire e foi bautizado o 14 de novembro (N.S.) na igrexa parroquial de St Cuthbert , onde pode verse o seu nome no rexistro da igrexa. [ 5 ] [ 6 ] Foi o segundo dos oito fillos de James Cook (1693-1779), un granxeiro escoces de Ednam en Roxburghshire , e a sua esposa, Grace Pace (1702-1765), nacida na localidade de Thornaby-on-Tees . [ 5 ] [ 7 ] [ 3 ] En 1736, sendo picaro mudouse xunto coa familia a granxa de Airey Holme, en Great Ayton , onde o patron do seu pai, Thomas Skottowe, pagoulle os estudos na escola local. En 1741, tras cinco anos de escolarizacion, comezou a traballar para o seu pai, que fora ascendido a administrador da granxa. A pesar de non recibir unha educacion formal, adquiriu conecementos de matematicas , astronomia e aprendeu el so cartografia na epoca da sua viaxe no Endeavour . [ 8 ] Para o lecer, subia a un outeiro proximo, Roseberry Topping , gozando da oportunidade da soidade. [ 9 ] Cooks' Cottage , a ultima casa dos seus pais, que probablemente visitou, atopase agora en Melbourne , Australia, tras ser trasladada desde Inglaterra e reconstruida, ladrillo a ladrillo, en 1934. [ 10 ]

En 1745, cando tina 16 anos, Cook trasladouse 20 km ata o pobo pesqueiro de Staithes , para ser aprendiz de tendeiro na merceria de William Sanderson. [ 5 ] Os historiadores especularon que foi aqui onde Cook sentiu por primeira vez a atraccion do mar mentres miraba polo escaparate. [ 3 ]

Ao cabo de 18 meses, ao non resultar axeitado para o traballo na tenda, Cook viaxou a proxima cidade portuaria de Whitby para ser presentado a uns amigos de Sanderson, John e Henry Walker. [ 10 ] Os Walker, que profesaban a relixion dos cuaqueros [ 11 ] , foron destacados armadores locais no comercio do carbon . [ n. 1 ] Cook foi contratado polos Walker como aprendiz da marina mercante na sua pequena frota de buques que transportaban carbon ao longo da costa inglesa. O seu primeiro destino foi a bordo do collier Freelove , e pasou varios anos neste e outros buques costeiros , navegando entre o rio Tyne e Londres . Como parte da sua aprendizaxe, Cook aplicouse nos estudos da alxebra , da xeometria , da trigonometria , da navegacion maritima e da astronomia , habilidades que necesitaria algun dia para comandar o seu propio barco. [ 3 ]

Tras tres anos de aprendizaxe, Cook comezou a traballar en buques mercantes no mar Baltico . Tras aprobar os seus exames en 1752, non tardou en ascender na marina mercante, empezando pola sua promocion ese mesmo ano a oficial a bordo do bergantin Friendship . [ 12 ] En 1755, un mes despois de que lle ofrecesen o mando deste buque, alistouse voluntario na Royal Navy , cando Gran Bretana estabase rearmando para o que seria a Guerra dos Sete Anos e que acabaria afectando a media Europa e as suas colonias en America e Asia . A pesar da necesidade de empezar desde abaixo na xerarquia naval, Cook deuse conta de que a sua carreira avanzaria mais rapidamente no servizo militar e ingresou na Marina en Wapping o 17 de xuno de 1755. [ 13 ]

Elizabeth Cook , esposa e durante 56 anos viuva de James Cook, por William Henderson, 1830

Cook casou con Elizabeth Batts , filla de Samuel Batts, un dos seus mentores, dono da posada Bell Inn de Wapping onde el se hospedaba [ 14 ] o 21 de decembro de 1762 na igrexa de St Margaret en Barking, Essex . [ 15 ] A parella tivo seis fillos: James (1763-1794), Nathaniel (1764-1780, perdido a bordo do HMS  Thunderer que naufragou nun furacan nas Indias Occidentais ), Elizabeth (1767-1771), Joseph (1768-1768), George (1772-1772) e Hugh (1776-1793, que morreu de escarlatina cando estudaba no Christ's College de, Cambridge ). Cando non estaba no mar, Cook vivia no East End de Londres . Acudia a igrexa de San Paulo, en Shadwell, onde foi bautizado o seu fillo James. Cook non ten descendencia directa: todos os seus fillos morreron antes de ter descendencia propia. [ 16 ]

Inicio da carreira na Royal Navy [ editar | editar a fonte ]

O primeiro destino de Cook foi o HMS  Eagle , servindo como marino e oficial maior as ordes do capitan Joseph Hamar durante o seu primeiro ano a bordo, e do capitan Hugh Palliser a partir de enton. [ 17 ] En outubro e novembro de 1755, participou na captura dun buque de guerra frances e no afundimento doutro, tras o cal foi ascendido a contramestre , ademais de desempenar outras funcions. [ 13 ] O seu primeiro mando temporal foi en marzo de 1756, cando foi brevemente capitan do Cruizer , un pequeno cuter encostado ao Eagle mentres patrullaba. [ 13 ] [ 18 ]

En xuno de 1757 Cook aprobou formalmente os seus exames de mestre no Trinity House , Deptford , o que o habilitaba para navegar e manexar un barco da frota do Rey. [ 19 ] A continuacion incorporouse a fragata HMS Solebay como mestre as ordes do capitan Robert Craig. [ 20 ]

O primeiro destino de Cook foi o HMS  Eagle , servindo como marino e oficial maior as ordes do capitan Joseph Hamar durante o seu primeiro ano a bordo, e do capitan Hugh Palliser a partir de enton. [ 21 ] En outubro e novembro de 1755, participou na captura dun buque de guerra frances e no afundimento doutro, tras o cal foi ascendido a contramestre , ademais de desempenar outras funcions. [ 13 ] O seu primeiro mando temporal foi en marzo de 1756, cando foi brevemente capitan do Cruizer , un pequeno cuter encostado ao Eagle mentres patrullaba. [ 13 ] [ 22 ]

Terra Nova [ editar | editar a fonte ]

Durante a Guerra dos Sete Anos, Cook serviu en America do Norte como capitan a bordo do navio de cuarta clase o buque da Armada HMS  Pembroke . [ 23 ] Xunto con outros membros da tripulacion do Pembroke , participou no gran asalto anfibio que capturou a fortaleza de Louisbourg aos franceses en 1758 , e no asedio da cidade de Quebec en 1759 . Ao longo do seu servizo demostrou talento para a topografia e a cartografia e foi responsable de cartografar gran parte da entrada ao rio San Lourenzo durante o asedio, permitindo asi o xeneral Wolfe realizar o seu famoso ataque furtivo durante a batalla das chairas de Abraham de 1759. [ 24 ]

A capacidade topografica de Cook tamen se puxo ao servizo da cartografia da escarpada costa de Terra Nova na decada de 1760, a bordo do HMS  Grenville . Reconeceu o tramo noroeste entre 1763 e 1764, a costa sur entre a peninsula de Burin e cabo Ray entre 1765 e 1766, e a costa oeste en 1767. Nesta epoca, Cook empregou a practicos locais para que lle sinalasen as "rochas e perigos ocultos" ao longo das costas sur e oeste. Durante a tempada de 1765, contratou a catro pilotos cunha paga diaria de 4 xilins cada un: John Beck para a costa oeste de " Gran San Lourenzo ", Morgan Snook para Fortune Bay , John Dawson para Connaigre e baia Hermitage , e John Peck para a " baia de Despair ". [ 25 ]

Durante a sua estancia en Terra Nova, Cook tamen realizou observacions astronomicas, en particular da eclipse de sol do 5 de agosto de 1766. Ao obter unha estimacion precisa da hora de inicio e fin da eclipse, e comparala cos tempos nunha posicion conecida en Inglaterra, foi posible calcular a lonxitude do lugar de observacion en Terra Nova. Este resultado comunicouse a Royal Society en 1767. [ 26 ]

As suas cinco tempadas en Terra Nova produciron os primeiros mapas precisos e a gran escala das costas da illa e foron os primeiros levantamentos hidrograficos cientificos a gran escala que utilizaron a triangulacion precisa para establecer os contornos terrestres. [ 27 ] Tamen lle proporcionaron a Cook o seu dominio da topografia practica, logrado en condicions a miudo adversas, e chamaronlle a atencion do Almirantado e da Royal Society nun momento crucial tanto na sua carreira como na direccion dos descubrimentos britanicos de ultramar. Os mapas de Cook utilizaronse ata o seculo XX, e durante 200 anos os navegantes das augas de Terra Nova consultaron copias deles. [ 28 ]

Por mor dos seus esforzos en Terra Nova, Cook escribiu que tina a intencion de ir non so "mais lonxe do que ningun home foi antes que eu, senon tan lonxe como creo que e posible que un home vaia". [ 19 ]

Primeira viaxe ( 1768 - 1771 ) [ editar | editar a fonte ]

O 25 de maio de 1768 [ 29 ] o Almirantado encargoulle a Cook unha viaxe cientifica ao oceano Pacifico . O proposito da viaxe era observar e rexistrar o transito de Venus por diante do Sol de 1769 que, combinado con observacions doutros lugares, axudaria a determinar a distancia da Terra ao Sol. [ 30 ] Cook, aos 39 anos, foi ascendido a tenente de navio para outorgarlle o rango suficiente para asumir o mando. [ 31 ] [ 32 ] Pola sua banda, a Royal Society acordou que Cook recibiria unha gratificacion de cen guineas ademais da sua paga naval. [ 33 ]

Ruta da primeira viaxe de James Cook ( 1768 - 1771 )

A expedicion partiu de Inglaterra o 26 de agosto de 1768 a bordo do HMB Endeavour . [ 34 ] Cook e a sua tripulacion dobraron Cabo de Fornos e continuaron cara ao oeste a traves do Pacifico, chegando a Tahiti o 13 de abril de 1769, onde se realizou o observacions do transito . [ 35 ] A observacion do fenomeno astronomico levouse a cabo pero as conclusions non foron todo o satisfactorias que se podia agardar, xa que as diferentes medicions levadas a cabo polo propio Cook, os astronomos Charles Green e Daniel Solander diferian mais ala do erro asumibel. Unha vez concluidas as observacions, Cook abriu as ordes seladas, que eran instrucions adicionais do Almirantado para a segunda parte da sua viaxe: buscar no Pacifico sur indicios do postulado rico continente austral de Terra Australis . [ 36 ]

Cook navegou despois ata Nova Zelandia , onde cartografou toda a costa, cometendo so alguns erros menores. Coa axuda de Tupaia , un sacerdote tahitiano que se uniu a expedicion, Cook foi o primeiro europeo en comunicarse co pobo maori . [ 37 ] Con todo, polo menos oito maories morreron en violentos encontros. [ 38 ] Cook viaxou enton cara ao oeste, alcanzando a costa sueste de Australia preto da actual Point Hicks o 19 de abril de 1770, e ao facelo a sua expedicion converteuse na primeira da que se ten constancia que os europeos se topasen coa sua costa oriental. [ n. 2 ]

Desembarco de Cook na baia Botany (Kamay)

O 23 de abril, realizou a sua primeira observacion directa de aborixes australianos en illa Brush preto de Bawley Point , anotando no seu diario: "... e estaban tan preto da beira como para distinguir a varias persoas na praia que parecian ser dunha cor moi escura ou negro, pero non sei se esta era a verdadeira cor da sua pel ou das roupas que poderian levar." [ 39 ]

O Endeavour continuou cara ao norte ao longo da costa, mantendo a terra a vista mentres Cook trazaba mapas e nomeaba puntos de referencia a medida que avanzaba. O 29 de abril, Cook e a sua tripulacion tocaron terra por primeira vez no continente, nunha praia conecida actualmente como Silver Beach na baia Botany ( Parque Nacional de Kamay Botany Bay ). Dous homes Gweagal da nacion Dharawal/Eora opuxeronse ao seu desembarco e no enfrontamento un deles resultou ferido de bala. [ 40 ] [ 41 ] [ 42 ]

Cook e a sua tripulacion permaneceron na baia Botany durante unha semana, recollendo auga, madeira, forraxe, especimes botanicos e explorando os arredores. Cook tentou sen exito establecer relacions coa poboacion indixena. [ 43 ] [ 44 ] Ao principio, Cook bautizou a enseada co nome de Sting-Ray Harbour , polas numerosas raias que ali se atopaban. Mais tarde cambiouno a "Botanist Bay" e finalmente a Botany Bay polos exemplares unicos recuperados polos botanicos Joseph Banks e Daniel Solander . [ 45 ] Este primeiro lugar de desembarco foi promovido mais tarde (en particular por Joseph Banks) como un candidato adecuado para situar un asentamento e posto colonial britanico . [ 46 ]

Replica do HMS Endeavour no porto de Cooktown, Queensland  - anclado onde o Endeavour orixinal estivo varado sete semanas en 1770

Tras a sua partida de baia Botany, continuou cara ao norte. Detivose na baia de Bustard (agora conecida como Seventeen Seventy ) o 23 de maio de 1770. O 24 de maio, Cook, Banks e outros desembarcaron. Continuando cara ao norte, o 11 de xuno produciuse un contratempo cando o Endeavour encallou nun banco da Gran Barreira de Coral , e logo "o 18 de xuno de 1770, encallou na desembocadura dun rio". [ 47 ] O barco sufriu graves danos, e a sua viaxe atrasouse case sete semanas mentres se realizaban reparacions na praia (preto dos peiraos da moderna Cooktown, Queensland , na desembocadura do rio Endeavour ). [ 3 ] Os encontros da tripulacion cos aborixes locais foron na sua maioria pacificos, ainda que tras unha disputa sobre tartarugas verdes Cook ordenou disparar e un aldean resultou ferido leve. [ 48 ]

A viaxe continuou e, cara ao mediodia do 22 de agosto de 1770, alcanzaron o extremo mais setentrional da costa e, sen abandonar o barco, Cook bautizouno co nome de York Cape (actual Cabo York ). [ 49 ] Tras abandonar a costa oriental, Cook virou cara ao oeste e navegou co seu maltreito navio polas augas perigosamente pouco profundas do Estreito de Torres , entre Australia e Nova Guinea , estreito navegado por primeira vez polo espanol Luis Vaez de Torres en 1604 Buscando un punto de observacion, Cook viu un outeiro escarpado nunha illa proxima desde cuxa cima esperaba ver "un paso cara aos mares da India". Cook bautizou a illa co nome de Illa da Posesion , onde reclamou como territorio britanico todo o litoral que acababa de explorar. [ 50 ]

Regreso a Inglaterra [ editar | editar a fonte ]

Cook regresou a Inglaterra via Batavia (actual Iacarta ), capital das Indias Orientais Holandesas para facer reparacions. A causa desta escala gran parte da tripulacion sucumbiria a malaria e a disenteria , entre eles o guia tahitiano Tupaia, o secretario fines de Banks, o astronomo Charles Green , o ilustrador Sydney Parkinson e o cientifico fines Herman Sporing , na honra deste ultimo e do seu traballo durante a viaxe Cook bautizou unha illa, a Illa Soring , e logo circunnavegou o Cabo de Boa Esperanza , chegando a illa de Santa Helena o 30 de abril de 1771. [ 51 ] O barco regresou finalmente a Inglaterra o 12 de xullo de 1771, fondeando en The Downs, e Cook dirixiuse a Deal. [ 52 ]

Interludio [ editar | editar a fonte ]

Ao seu regreso publicaronse os diarios de Cook, que se converteu nunha especie de heroe entre a comunidade cientifica. Entre o publico en xeral, con todo, o botanico aristocratico Joseph Banks era un heroe maior. [ 3 ] Banks tentou mesmo tomar o mando da segunda viaxe de Cook, pero retirouse antes de que comezase, e Johann Reinhold Forster e o seu fillo Georg Forster foron contratados como cientificos para a viaxe. O fillo de Cook, George, naceu cinco dias antes da segunda viaxe. [ 53 ]

Segunda viaxe ( 1772 - 1775 ) [ editar | editar a fonte ]

Retrato de James Cook por William Hodges , que acompanou a Cook na sua segunda viaxe

Pouco despois do seu regreso da sua primeira viaxe, Cook foi ascendido en agosto de 1771 ao grao de comandante . [ 54 ] [ 55 ] No 1772, a Royal Society encargoulle outra expedicion cientifica en busca da hipotetica Terra Australis. Na sua primeira viaxe, Cook demostrara ao circunnavegar Nova Zelandia que esta non estaba unida a unha masa de terra maior situada ao sur. A pesar de cartografar case toda a costa oriental de Australia, demostrando a sua continentalidade, criase que a Terra Australis atopabase mais ao sur. A pesar destas probas en contra, Alexander Dalrymple e outros membros da Royal Society seguian crendo que debia existir un enorme continente austral. [ 56 ]

Cook comandou o HMS  Resolution nesta viaxe, mentres que Tobias Furneaux comandou o seu barco companeiro, o HMS  Adventure . A expedicion de Cook circunnavegou o globo nunha latitude meridional extrema, convertendose, o 17 de xaneiro de 1773, nunha das primeiras en cruzar o circulo polar antartico . Na neboa antartica, o Resolution e o Adventure separaronse. Furneaux dirixiuse a Nova Zelandia, onde perdeu a alguns dos seus homes durante un encontro cos maories, e finalmente navegou de volta a Gran Bretana, mentres que Cook continuou explorando a Antartida, alcanzando os 71°10'S o 31 de xaneiro de 1774, [ 19 ] de feito case chega a descubrir o continente xeado pero volveu cara ao norte, en direccion a Tahiti para realizar reparacions, volveria a intentar un segundo achegamento pero foi infrutuoso.

Ilustracion da edicion de 1815 das Viaxes de Cook, que mostra a Cook observando un sacrificio humano en Tahiti c. 1773

Nesta etapa da viaxe, levou a un mozo tahitiano chamado Omai , que resultou ser algo menos conecedor do Pacifico que Tupaia na primeira viaxe. Na viaxe de retorno pasou polas Illas Friendly , Illa de Pascua Illa Norfolk , Nova Caledonia e Vanuatu .

Antes de regresar a Inglaterra, Cook realizou un ultimo varrido polo Atlantico Sur desde Cabo de Fornos e cartografou e tomou posesion para Gran Bretana das Xeorxia do Sur , que foran exploradas polo explorador ingles Anthony de la Roche en 1675. Cook tamen descubriu e deu nome os Illotes Clerke Rocks e as Illas Sandwich do Sur ("Sandwich Land"). A continuacion, dirixiuse ao norte, a Surafrica , e desde ali proseguiu a sua viaxe de regreso a Inglaterra. Os seus informes ao seu regreso acabaron co mito popular da Terra Australis . [ 57 ]

Mapa de James Cook de 1777 das Xeorxias_do_Sur , que bautizou co nome do rei Xurxo III

A segunda viaxe de Cook supuxo o emprego con exito do reloxo maritimo K1 de Larcum Kendall copia do cronometro marino H4 de John Harrison , que permitiu a Cook calcular a sua posicion lonxitudinal con moita maior precision. O caderno de bitacora de Cook estaba cheo de eloxios para este cronometro que utilizou para facer cartas do sur do oceano Pacifico que eran tan notablemente precisas que copias delas ainda estaban en uso a mediados do seculo XX. [ 58 ]

Ao seu regreso, Cook foi ascendido ao rango de post-captain [ n. 3 ] e concedeuselle unha xubilacion honoraria da Royal Navy, cun destino como oficial do Hospital de Greenwich . Aceptou de mala gana, insistindo en que se lle permitise abandonar o posto se xurdia a oportunidade de entrar en servizo activo. [ 59 ] A sua fama estendeuse mais alo do Almirantazgo; foi nomeado membro da Royal Society e galardoado coa medalla de ouro Copley por completar a sua segunda viaxe sen perder un so home por mor do escorbuto . [ 60 ] Nathaniel Dance-Holland pintou o seu retrato; ceou con James Boswell ; foi descrito na Camara dos Lores como "o primeiro navegante de Europa". [ 19 ] Pero non podia manterse afastado do mar. Planeouse unha terceira viaxe, e Cook ofreceuse voluntario para atopar o Paso do Noroeste . Viaxou cara ao Pacifico e esperaba viaxar cara ao leste ata o Atlantico, mentres unha viaxe simultanea percorria a ruta oposta. [ 61 ]

Terceira viaxe ( 1776 - 1779 ) [ editar | editar a fonte ]

James Cook no anverso do medio dolar do Sesquicentenario de Hawai ( 1928 ).

Trala segunda viaxe Cook acadou o rango naval de Capitan e concedeuselle un retiro coma capitan do Hospital de Greenwich , poren preferiu seguir navegando, asumindo a mision de atopar o Paso do Noroeste , cruzando o Pacifico e cruzando por este paso ao oceano Atlantico , mentres que outra mision tentaria o proceso inverso, cruzar dende o Atlantico ao Pacifico.

Con esta mision en 1776 toma o mando dos navios HMS Resolution e o HMS Discovery , na que seria a sua terceira viaxe ao Pacifico. El tomaria outra vez a direccion do Resolution namentres que o Discovery estaria as ordes do Capitan Charles Clerke .

Hawaii [ editar | editar a fonte ]

A viaxe planeouse ostensiblemente para devolver ao insular do Pagifico , Omai , a Tahiti, ou asi se fixo crer ao publico. O obxectivo principal da viaxe era localizar un Paso do Noroeste ao redor do continente americano. [ 62 ] Tras deixar a Omai en Tahiti, Cook viaxou cara ao norte e en 1778 converteuse no primeiro europeo en iniciar un contacto formal coas illas hawaianas . [ 63 ] Tras a sua recalada inicial en xaneiro de 1778 no porto de Waimea , Kauai , Cook bautizou o arquipelago co nome de "Illas Sandwich" en honra a cuarto conde de Sandwich -o primeiro Lord do Almirantazgo - [ 63 ] , por aquel enton maximo responsable da Royal Navy .

America do Norte [ editar | editar a fonte ]

Desde as illas Sandwich, Cook navegou cara ao norte e despois ao nordeste para explorar a costa oeste de America do Norte ao norte dos asentamentos espanois en Alta California

Tras varios problemas que fixeron mais longa do previsto a estancia en dito arquipelago, Cook seguiu rumbo leste para explorar e cartografar a costa oeste de America do Norte , dende California ata o Estreito de Bering . Poren non foi quen de atravesar o estreito malia os varios intentos que fixo, desfacendo o camino e volvendo a Hawai.

Chega de novo a Hawai en 1779 e pouco despois, o 14 de febreiro , cometese un roubo, uns nativos rouban un bote pertencente a Cook. A practica comun en Tahiti e noutras illas era tomar refens ata que apareza o roubado pero Cook planea tomar como refen ao rei de Hawaii, Kalaniopuu , o que produce un gran altercado no que se dispara contra os nativos e estes matan a Cook.

Trala morte de James Cook Charles Clerke fixose cargo da expedicion e realizou un ultimo intento de cruzar o Estreito de Bering, poren en 1780 estaban de volta en Londres sen conseguir o obxectivo.

Legado [ editar | editar a fonte ]

A distincion de Cook e a sua grande habilidade poden ser atribuidas a combinacion da excelente arte no mar, a sua superior capacidade de reconecemento e soltura no levantamento de planos, coraxe na exploracion de lugares perigosos para confirmar os datos (por exemplo: baixou numerosas veces ate o circulo polar antartico e explorou a Gran Barreira de Coral ) e o seu sangue frio xunto coa procura das cadencias nas suas exploracions e o ir mais alo das instrucions dadas dende o Almirantado.

Cook ficou conecido pola preocupacion coa saude e a alimentacion da sua tripulacion, obrigandoos a comer citricos e chucrut, ainda que non se sabia porque estes alimentos evitaban a enfermidade. Na sua primeira viaxe, ningun membro da tripulacion morreu de escorbuto , doenza causada pola falta de acido ascorbico no organismo e responsabel da morte de moitos marineiros ate o seculo XVIII . E considerado o pai da Oceania .

As rutas do capitan James Cook. A primeira viaxe en cor vermella , a segunda viaxe en cor verde e a terceira viaxe en azul . A ruta da tripulacion de Cook seguida despois da sua morte en lina descontinua en azul.

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. A casa dos Walker e hoxe o Museo Conmemorativo do Capitan Cook .
  2. Naquela epoca ainda non se estableceu a lina internacional de cambio de data , polo que as datas do diario de Cook son un dia anteriores as aceptadas hoxe en dia.
  3. Post-captain e unha forma obsoleta de capitan na marina britanica
Referencias
  1. wikisource (ed.). 1911 Encyclopædia Britannica/Cook, James (en ingles ) . Consultado o 8 de xaneiro do 2016 . Artigo sobre "James Cook" na Encyclopædia Britannica (1911)  
  2. Biografias y Vidas (ed.). "James Cook" . La enciclopedia bibliografica en linea (en castelan ) . Consultado o 28 de decembro do 2015 .  
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Collingridge 2003
  4. James Lind. A treatise of the scurvy , 1753.
  5. 5,0 5,1 5,2 Rigby & van der Merwe 2002 , p. 25
  6. Robson 2009 , p. 2
  7. Stamp 1978 , p. 1
  8. Frost, Alan (19 deoutubro de 2018). Mutiny, Mayhem, Mythology: Bounty's Enigmatic Voyage . Sydney University Press. p. 255. ISBN   978-1-74332-587-2 . Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2020 . Consultado o 2 de outubro do 2023 .  
  9. Collingridge 2003 , p. 15
  10. 10,0 10,1 Horwitz 2003
  11. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuaquero .
  12. Hough 1994 , p. 11
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Rigby & van der Merwe 2002 , p. 27
  14. "Famous 18th century people in Barking and Dagenham: James Cook and Dick Turpin" (PDF) . London Borough of Barking and Dagenham. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de xuno de 2012 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  15. Robson 2009 , pp. 120?21
  16. Stamp 1978 , p. 138
  17. Robson 2009 , pp. 19?25
  18. McLynn 2011 , p. 21
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Williams, Glyn (17 de febreiro de 2011). "Captain Cook: Explorer, Navigator and Pioneer" . BBC. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .   Parametro desconecido |url-status= ignorado ( Axuda )
  20. Capper, Paul (1985?1996). "The Captain Cook Society: Cook's Log" . Life in the Royal Navy (1755?1767) . Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  21. Robson 2009 , pp. 19?25
  22. McLynn 2011 , p. 21
  23. Kemp & Dear 2005
  24. Hough 1994 , p. 19
  25. Whiteley, William (1975). "James Cook in Newfoundland 1762?1767" (PDF) . Newfoundland Historical Society Pamphlet Number 3 . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2013 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  26. Cook, James; Bevis, J. (1 January 1767). "An Observation of an Eclipse of the Sun at the Island of New-Found-Land, August 5, 1766, by Mr. James Cook, with the Longitude of the Place of Observation Deduced from It" . Philosophical Transactions of the Royal Society of London 57 . pp. 215?216. doi : 10.1098/rstl.1767.0025 .  
  27. Government of Canada (2012). "Captain James Cook R.N." . Historic Sites and Monuments Board of Canada . Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2014 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  28. Hough 1994 , p. 32
  29. Kippis, Andrew (1788). Narrative of the voyages round the world, performed by Captain James Cook; with an account of his life during the previous and intervening periods . Chapter 2. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2018 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  30. Collingridge 2003 , p. 95
  31. Rigby & van der Merwe 2002 , p. 30
  32. Beazley, Charles Raymond (1911). " Cook, James ". Encyclopædia Britannica 7 (11ª ed.). p. 71.  
  33. Beaglehole 1968 , p. cix
  34. "The Sydney Morning Herald" . National Library of Australia. 2 de maio de 1931. p. 12 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  35. "BBC ? History ? Captain James Cook" . Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  36. "Secret Instructions to Captain Cook, 30 June 1768" (PDF) . National Archives of Australia . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2020 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  37. Salmond, Anne (1991). Two worlds : first meetings between M?ori and Europeans, 1642?1772 . Auckland, N.Z.: Viking. ISBN   0-670-83298-7 . OCLC   26545658 .  
  38. Beaglehole (1974). pp. 198?200, 202, 205?07
  39. "Cook's Journal: Daily Entries, 22 April 1770" . Arquivado dende o orixinal o 27 September 2011 . Consultado o 3 de outubro do 2023 .  
  40. "Voices heard but not understood" . Gujaga Foundation (en ingles ) . 29 de abril de 2020 . Consultado o 4 de outubro do 2023 .  
  41. "Cook's Journal: Daily Entries, 29 April 1770" . southseas.nla.gov.au . South Seas . Consultado o 4 de outubro do 2023 .  
  42. Blainey (2020). pp. 141?43
  43. FitzSimons, Peter (2019). James Cook : the story behind the man who mapped the world . Sydney, NSW: Hachette Australia. ISBN   978-0-7336-4127-5 . OCLC   1109734011 .  
  44. Blainey (2020). pp. 146?57
  45. Beaglehole (1974). p. 230
  46. Blainey (2020). p. 287
  47. Robson 2004 , p. 81
  48. Blainey, Geoffrey (2020) pp 220?21
  49. Cook, James (21 de agosto de 1770). "Cook's Journal: Daily Entries" . National Library of Australia . Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020 . Consultado o 28 August 2020 .  
  50. Cook, James, Journal of the HMS Endeavour, 1768?1771, National Library of Australia, Manuscripts Collection, MS 1, 22 August 1770
  51. Beaglehole 1968 , p. 468
  52. "The First Voyage (1768?1771)" . The Captain Cook Society (CCS). Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2020 . Consultado o 4 de outubro do 2023 .  
  53. "Captain Cook: Obsession & Discovery. (Part 2 of 4) ? Britain on DocuWatch ? free streaming British history documentaries" . 2011. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2013 . Consultado o 4 de outubro do 2023 .  
  54. Hough 1994 , p. 180
  55. McLynn 2011 , p. 167
  56. Hough 1994 , p. 182
  57. Hough 1994 , p. 263
  58. "Captain James Cook: His voyages of exploration and the men that accompanied him" . National Maritime Museum . Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2007 . Consultado o 28 de novembro do 2023 .  
  59. Beaglehole 1974 , p. 444
  60. Rigby & van der Merwe 2002 , p. 79
  61. Hough 1994 , p. 268
  62. Collingridge 2003 , p. 327
  63. 63,0 63,1 Collingridge 2003 , p. 380

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Beaglehole, John Cawte. Journals . do biografo de Cook e editor dos seus escritos.
  • Capper, Paul. Life in the Royal Navy (1755-1767) , The Captain Cook Society: Cook's Log, 1985?1996.
  • Collingridge, Vanessa (Feb. 2003). Captain Cook: The Life, Death and Legacy of History's Greatest Explorer , Ebury Press, ISBN 0-09-188898-0 .
  • Forster, Georg. A Voyage Round the World , ed. 1986 (publicado por primeira vez en 1777 como: A Voyage round the World in His Britannic Majesty's Sloop Resolution, Commanded by Capt. James Cook, during the Years, 1772, 3, 4, and 5 ), Wiley-VCH (1 de xaneiro de 1986). ISBN 978-3-05-000180-7
  • Hough, Richard (1994). Captain James Cook . Hodder and Stoughton. ISBN   978-0-340-82556-3 .  
  • Horwitz, Tony (Oct. 2003). Blue Latitudes: Boldly Going Where Captain Cook Has Gone Before , Bloomsbury, ISBN 0-7475-6455-8
  • Lind, James (1753). A treatise of the scurvy .
  • McLynn, Frank (2011). Captain Cook: Master of the Seas . Yale University Press. ISBN   978-0-300-11421-8 .  
  • Obeyesekere, Gananath (1992). The Apotheosis of Captain Cook: European Mythmaking in the Pacific Princeton University Press. ISBN 0-691-05752-4 .
  • Rigby, Nigel; van der Merwe, Pieter. Captain Cook in the Pacific . National Maritime Museum, Londres UK, 2002. ISBN 0-948065-43-5 .
  • Robson, John (2004). The Captain Cook Encyclopædia . Random House Australia. ISBN   978-0-7593-1011-7 .  
  • Robson, John (2009). Captain Cook's War and Peace: The Royal Navy Years 1755?1768 . University of New South Wales Press. ISBN   978-1-74223-109-9 .  
  • Stamp, Tom and Cordelia (1978). James Cook Maritime Scientist . Whitby: Caedmon of Whitby Press. ISBN   978-0-905355-04-7 .  
  • Sydney Daily Telegraph (1970). Captain Cook: His Artists - His Voyages . The Sydney Daily Telegraph Portfolio of Original Works by Artists who sailed with Captain Cook . Australian Consolidated Press, Sydney.
  • Villiers, Alan John. ≪James Cook, Seaman≫. Quadrant , vol. 1, 1 (Summer 1956?57), pag. 7?16.
  • Villiers, Alan John (1903). Captain James Cook . Newport Beach , CA : Books on Tape, 1983.
  • Williams, G. (ed. 1997). Captain Cook's Voyages: 1768-1779 . The Folio Society, Londres.
  • Williams, G. (Prof., 2002). Captain Cook: Explorer, Navigator and Pioneer , BBC History 2002

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]