한국   대만   중국   일본 
Iron Man 3 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Iron Man 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Iron Man 3
Ficha tecnica
Director Shane Black
Produtor Kevin Feige
Guion Drew Pearce
Shane Black
Baseado en Iron Man de
Stan Lee
Don Heck
Larry Lieber
Interpretes Robert Downey Jr.
Gwyneth Paltrow
Don Cheadle
Guy Pearce
Rebecca Hall
Stephanie Szostak
James Badge Dale
Jon Favreau
Ben Kingsley
Musica Brian Tyler
Fotografia John Toll
Montaxe Jeffrey Ford
Peter S. Elliot
Estudio Marvel Studios
Distribuidora Walt Disney Studios
Estrea 14 de abril de 2013
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento 200.000.000 $ (bruto) [ 1 ] 178.400.000 (neto) [ 1 ]
Recadacion 1.215.000.000 $ [ 2 ]
Filme anterior Iron Man 2
Na rede
https://www.marvel.com/movies/iron-man-3
IMDB: tt1300854 Filmaffinity: 973071 Allocine: 139589 Rottentomatoes: m/iron_man_3 Mojo: ironman3 Allmovie: v527818 TCM: 891493 Metacritic: movie/iron-man-3 TV.com: movies/iron-man-3 Netlix: 70243360Editar o valor em Wikidata
Kevin Feige , Robert Downey, Jr. , Don Cheadle , Shane Black e Jon Favreau promocionando Iron Man 3 na Comic-Con de San Diego de 2012.

Iron Man 3   e un filme estadounidense de 2013 do xenero de superheroes baseado na serie de banda desenada Iron Man de Marvel , producida pola propia Marvel e distribuida por Walt Disney Studios Motion Pictures [ 3 ] . E secuela de Iron Man (2008) e Iron Man 2 , e a setima pelicula do Universo Marvel. Shane Black dirixiu e escribiu o guion con Drew Pearce, utilizando conceptos do arco de historia "Extremis" de Warren Ellis . Os principais actores foron Robert Downey Jr. , Gwyneth Paltrow , Don Cheadle , Guy Pearce , Rebecca Hall , Stephanie Szostak , James Badge Dale , Jon Favreau e Ben Kingsley . En Iron Man 3 , Tony Stark ten que facer fronte a un trastorno por estres postraumatico causado pola eventos de The Avengers , mentres investigaba a volta de Ten Rings, liderada polo misterioso Mandarin e entra en conflito cun vello inimigo: Aldrich Killian.

A sua estrea foi o 14 de abril de 2013 en Paris , convertendose nun exito de critica e publico e recadando 1.200.000.000 de dolares en todo o mundo, o 16º filme en lograr mais de mil millons de dolares e o 5º con maior recadacion de todos os tempos.

Argumento [ editar | editar a fonte ]

Tony Stark lembra unha festa de noitevella de 1999, onde conece a cientifica Maya Hansen, inventora de Extremis, un tratamento rexenerativo experimental que logra a recuperacion de lesions incapacitantes. O cientifico discapacitado Aldrich Killian ofrecelles un posto na sua empresa Advanced Idea Mechanics, pero Stark rexeita a oferta, humillandoo.

Elenco [ editar | editar a fonte ]

Gwyneth Paltrow durante a estrea do filme en Paris

Producion [ editar | editar a fonte ]

Desenvolvemento [ editar | editar a fonte ]

Despois do lanzamento de  Iron Man 2 xurdiu un conflito entre  Paramount Pictures , que tina os dereitos de distribucion dalguns produtos de Marvel, e The Walt Disney Company , a nova distribuidora de Marvel Entertainment. O 18 de outubro de 2010, Walt Disney  acordou pagar a Paramount cando menos 115.000.000 de dolares pola distribucion mundial dos dereitos de Iron Man 3 [ 4 ] , anunciando Disney, Marvel e Paramount o 3 de maio de 2013 a data de estrea da pelicula [ 5 ]

O director das duas entregas anteriores, Jon Favreau, afirmou en decembro de 2010 que non ia dirixir a nova, optando por dirixir Magic Kingdom , permaneceu asi a todo como produtor executivo [ 6 ] . En febreiro de 2011 entrou no equipo Shane Black [ 7 ] , que dirixira en 2005 Kiss Kiss Bang Bang , como director, e xa en marzo anunciouse que Drew Pearce ia escribir con Black o guion [ 8 ]

Preproducion [ editar | editar a fonte ]

En setembro de 2011 Marvel Studios chegou a un acordo para filmar a pelicula principalmente nos estudos EUE/Screen Gems de Wilmington en Carolina do Norte. En abril de 2012 Ben Kingsley entrou en negociacions para interpretar un vilan en Iron Man 3 [ 9 ] . Despois The Walt Disney Company na China ,  Marvel Studios e DMG Entertrainment anunciaron un acordo para coproducila na China. DMG en parte financiaria e produciria na China con Marvel. DMG tamen distribuiria o filme na China en cooperacion con Disney [ 10 ] .

Tamen en abril Guy Pearce rematou as negociacions para interpretar a Aldrich Killian, un personaxe que aparece a historia de arco "Extremis" [ 11 ] . A estrela chinesa Andy Lau houbo unirse a pelicula, como un cientifico chines e vello amigo de Stark que ven no seu auxilio, non obstante as negociacions fracasaron [ 12 ] , e foi  Wang Xueqi o elixido para o papel [ 13 ] . Jessica Chastain entrou en discusions para un papel na pelicula, pero declinou por conflitos de axenda [ 14 ] . No seu lugar anunciouse en maio que participaria Rebecca Hall describindose o seu papel como "unha cientifica que xoga un papel fundamental na creacion dunha nanotecnoloxia, conecida como Extremis." Ao longo das semanas seguintes James Badge Dale uniouse ao elenco como Eric Savin, Ashley Hamilton como Firepower , e Favreau volveu repetir como Happy Hogan coma nos dous primeiros filmes. Stephanie Szostak e William Sadler tamen entraron na reparticion da pelicula, con Sadler como presidente dos Estados Unidos.

A rodaxe [ editar | editar a fonte ]

No porto de Wilmington localizouse a batalla polo petroleiro.
A mansion de Aldrich Killian en Florida e en realidade Villa Vizcaya, edificio construido entre 1914 e 1916 en Coconut Grove (Miami)

A rodaxe comezou en Wilmington ( Carolina do Norte ) o 23 de maio de 2012 nos estudios EUE/Screen Gems so o titulo de producion Caged  Heat [ 15 ] . O director de fotografia John Toll optou por primeira vez na sua carreira por traballar con camaras dixitais, por convir mellor para os efectos visuais, empregando fundamentalmente unha camara Arri Alexa [ 16 ] . Entre o 4 e o 6 de xuno de 2012 rodousen en Cary (Carolina do Norte) na sede de Epic Games e no SAS Institute, cunha grande arbore de Nadal colocada no xardin central [ 17 ] . No aeroporto internacional de Wilmington tamen se rodou unha escena e o porto de Wilmington serviu como localizacion para a batalla culminante polo petroleiro, xunto coa recreacion sonora do peirao. O derrubamento da casa gravouse nunha plataforma hidraulica giubo que se podia dobrar e dividir en dous anacos. Toda a metraxe interior realizouse sen imaxes xeradas por ordenador, que so se empregaron para engadir exteriores e para a armadura de Iron Man.

A partir do 19 de xullo e deica o 1 de agosto de 2012, a rodaxe realizouse en Oak Island , tamen en Carolina do Norte, filmando tomas aereas sobre o Atlantico. A primeiros de agosto gravouse en Rose Hill (Carolina do Norte). O elenco e o equipo principiaron a chegar a Florida o 1 de outubro, para filmar escenas en Dania Beach e no sur do estado. A primeiros dese mes filmaronse escenas nunha replica do restaurante de Malibu Neptune's Net, e a rodaxe tivo lugar en Villa Vizcaya. Durante o dia filmaronse escenas en Miami Beach o 10 e o 11. A producion volveu a Wilmington a mediados de mes para rodaxe adicional. O 1 de novembro, filmaronse mais escenas en Vila Vizcaya. A rodaxe nos Estados Unidos rematou o 7 de novembro en Wilmington.

O 10 de decembro comezouse a filmar en Beijing , ainda que non cos interpretes nin o equipo habitual. Tamen se gravou en Hyderabad e Bangalore entre o 20 e 24 de xaneiro. Na semana do 23 de xaneiro gravouse no TCL Chinese Theatre en Hollywood .

Posproducion [ editar | editar a fonte ]

Chris Townsend serviu como supervisor de efectos visuais para a pelicula, que contou con mais de 2.000 secuencias de efectos visuais e nos que traballaron 17 estudios, entre eles Weta Digital, Digital Domain, Scanline VFX, Trixter, Framestore, Luma Pictures, Fuel VFX, Cantina Creative, Cinesite, The Embassy Visual Effects, Lola, Capital T, Prologue e Rise FX. 

Filmaronse un total de tres horas e 15 minutos antes da edicion, recortandose ata chegar os 130 minutos (119 sen os creditos), a pelicula de maior duracion da serie.Na posproducion tamen se realizou unha conversion 3D e unha version dixital remasterizada para a estrea IMAX . Todd-AO mesturou o son en Dolby Atmos para mellorar a experiencia de inmersion de son.

Estrea [ editar | editar a fonte ]

Nenos coa carauta de Iron Man a espera de ver os actores entrar no cinema na estrea do filme en Paris

Walt Disney Studios Motion Pictures distribuiu o filme, salvante a China , onde tina os dereitos DMG Enertrainment, e en Alemana e Austria Tele Munchen. A version chinesa do filme ofrece a maiores imaxes realizadas exclusivamente para a audiencia chinesa, aumentando a sua duracion en catro minutos.

A estrea foi no Gran Rex de Paris o 14 de abril de 2013, coa presenza de Robert Downey Jr. e Gwyneth Paltrow. No Reino Unido ia estrearse o 17 de abril mais pola morte da ex-primeira ministra  Margaret Thatcher atrasouse ao dia seguinte. Downey, Ben Kingsley e Rebecca Hall estiveron presentes no avance no londiniense Odeon Leicester Square. El Capitan Theatre dos Anxeles acolleu a estrea estadounidense o 24 de abril. Entre o 22 e o 24 de abril estreouse en 46 paises e nos Estados Unidos a estrea comercial foi unha semana mais tarde chegando as 4.253 salas. As proxeccions en IMAX principiaron internacionalmente o 25 de abril de 2013 e 3 de maio nos Estados Unidos. O filme amosouse no formato 4DX nalguns paises seleccionados. 

Recepcion [ editar | editar a fonte ]

Recadacion [ editar | editar a fonte ]

Iron Man 3 ingresou 409.000.000 de dolares en Norteamerica e 805.800.000 no resto do mundo, cun total de 1.200.000.000 $, superando a ambas as duas entregas anteriores combinadas. Converteuse internacionalmente no quinto filme con maior recadacion , o segundo de 2013, e a terceira entrega de todos os tempos. Paramount Pictures recibiu o 9% da recadacion xerada por Iron Man 3 . Deadline.com calculou o beneficio neto en 391.800.000 de dolares, logo de descontar todos os gastos e taxas do filme.

Norteamerica [ editar | editar a fonte ]

Iron Man 3 converteuse no 13º filme con maior recadacion, o segundo de 2013 [ 18 ] e o cuarto filme baseado en banda desenada e en superheroes [ 19 ] [ 20 ] . Na sua estrea fixo 68.900.000$ (incluindo $15.600.000 do xoves pola noite) [ 21 ] , a setima recadacion dun dia de estrea [ 22 ] . Na sua primeira fin de semana logrou 174.100.000, a cuarta mellor fin de semana de todos os tempos (tras de Jurassic World , The Avengers e Avengers: Age of Ultron ). Do publico desa primeira fin de semana, o 55% tinan mais de 25 anos, o 61% eran homes e so o 45% da recadacion vina de salas 3-D. En IMAX recadouse na primeira fin de semana 16.500.000 [ 23 ] .

Resto do mundo [ editar | editar a fonte ]

Iron Man 3 quedou como o quinto filme con maior recadacion, e o segundo de 2013. A pelicula recadou 13.200.000 dolares na sua estrea (mercores, 24 de abril de 2013) en 12 paises, e ata o domingo 28 de abril fixo 198.400.000 en 42 paises, incluindo 7.100.000 das salas IMAX. Houbo mellores recadacions nun dia de estrea en Filipinas, Taiwan, Singapur, Vietnam, Malaisia, a China, Ucraina, Rusia e CIS, e dun unico dia e estrea en Tailandia e Surafrica, asi como dun unico dia en Hong Kong. Foi a segunda mellor estrea na Arxentina (so por detras de Harry Potter e as reliquias da morte ? Parte 2 ). A pelicula tivo records de fin de semana de estrea na rexion Asia-Pacifico e America latina, e en paises individuais, como Arxentina, Ecuador, Hong Kong, Indonesia, Vietnam, Taiwan, Filipinas, Malaisia, Singapur, Tailandia, Surafrica e os Emiratos Arabes Unidos. Tamen alcanzou a segunda mellor fin de semana de apertura en Mexico, Brasil e Rusia mais CEI. Na India tivo  a segunda mellor fin de semana de estrea para unha pelicula de Hollywood despois de The Amazing Spider-Man . En IMAX houbo records de fin de semana en Taiwan, Paises Baixos, o Brasil e Filipinas. Converteuse no filme con mellor recadacion en Indonesia, Malaisia e Vietnam e o segundo filme en Singapur e Filipinas (tras Os Vingadores ) e liderou a recadacion de fin de semana fora de America do Norte tres veces consecutivas.

Na China, onde tivo lugar parte da producion tivo os mellores rexistros nun unico dia e de estrea con 21.500.000 millons e na fin de semana logrou 64.100.000, o que fixo da China a mellor estrea, seguido de 23.100.000 en Rusia e CIS e o Reino Unido, Irlanda e Malta con 21.200.000. Cunha recadacion total de 124.000.000 foi a mellor recadacion do cine estadounidense na China de 2013, o segundo mellor mercado logo de Norteamerica, e por diante de Corea do Sur (64.200.000) e o Reino Unido, Irlanda e Malta (57.100.000).

Criticas [ editar | editar a fonte ]

En Rotten Tomatoes logrou un 79% de aprobacion cunha media de 7/10, baseado en 292 criticas. O consenso do sitio e que "coa axuda do seu carismatico guia, algunhas impresionante secuencias de accion, e mesmo algunhas sorpresas, Iron Man 3 e unha aventura enxenosa, divertida e un importante aumento ao canon Marvel" [ 24 ] . Metacritic deulle unha puntuacion de 62 de 100, con base no 44 criticas, indicando "boas criticas" [ 25 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 "2013 Feature Film Study" (PDF) . The Hollywood Reporter . FilmL.A. Inc. p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2018 . Consultado o 2 de xaneiro de 2017 .  
  2. "Iron Man 3 (2013)" . Box Office Mojo .  
  3. Como parte do acordo de transferencia dos dereitos de distribucion de The Avengers e Iron Man 3 de Paramount Pictures a Walt Disney Studios ( "Why Par, not Disney, gets 'Avengers' credit, Variety ", 11 de outubro de 2011 ), o logo de Paramount aparece ao comezo da pelicula e nos materiais promocionais pero o distribuidor e Walt Disney Studios Motion Pictures tal como aparece ao final do filme.
  4. "Disney to Distribute ‘Iron Man 3,’ ‘Avengers'; Sets Release Dates (Updated)" The Wrap , 3 de setembro de 2012.
  5. "'Iron Man 3' to come to theaters in 2013". Entertainment Weekly , 3 de setembro de 2012.
  6. Sneider, Jeff. "No Favreau? 10 Directors Who Could Take Over 'Iron Man 3'". The Wrap', 14 de decembro de 2010.
  7. Finke, Nikki; Fleming, Mike "Shane Black To Direct Marvel's 'Iron Man 3'". Deadline.com , 17 de febreiro de 2011
  8. Fleming, Mike. "Marvel Taps Its 'Runaways' Scribe Drew Pearce To Write 'Iron Man 3' Script". Deadline.com. , 31 de marzo de 2011
  9. Kit, Borys "Ben Kingsley in Talks to Join 'Iron Man 3'". The Hollywood Reporter , 9 de abril de 2012
  10. Coonan, Clifford "'Iron Man 3' to be a Chinese co-production". Variety , 16 de abril de 2012
  11. "Guy Pearce Joining ‘Iron Man 3’ as ‘Extremis’ Geneticist", Screenrat Arquivado 13 de setembro de 2017 en Wayback Machine ., 20 de abril de 2012
  12. "Andy Lau Turns Down Iron Man 3" Cinemablend , 3 de setembro de 2012
  13. Shuai, Liu. "Wang Xueqi Confirmed for 'Iron Man 3'". Chinesefilms.cn Arquivado 07 de setembro de 2012 en Wayback Machine ., 3 de setembro de 2012
  14. Kit, Borys. "Rebecca Hall in Talks to Join 'Iron Man 3'". The Hollywood Reporter , 8 de maio de 2012
  15. Foss, Cassie. "Casting calls set up for 'Caged Heat' film". Star-News , 12 de abril de 2012
  16. "John Toll Chooses ARRI Alexa to Shoot Iron Man 3". Creative Planet , 14 de maio de 2013
  17. "‘Iron Man 3’ set in Cary, N.C. includes a Christmas Tree". OLV Arquivado 13 de setembro de 2017 en Wayback Machine ., 5 de xuno de 2012
  18. 2013 Yearly Box Office Results , Box Office Mojo
  19. "Comic Book Adaptation" . Box Office Mojo . Consultado o 25 de maio de 2013 .  
  20. "Superhero" . Box Office Mojo . Consultado o 25 de maio de 2013 .  
  21. Subers, Ray (3 de maio de 2013). "Forecast: 'Iron Man 3' in Line for One of the Biggest Openings Ever" . Box Office Mojo.  
  22. "Opening Day Records at the Box Office" . Box Office Mojo . Consultado o 8 de maio de 2013 .  
  23. Subers, Ray (5 de maio de 2013). "Weekend Report: 'Iron Man 3' Takes Off with Second-Highest Opening Ever" . Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013 . Consultado o 8 de maio de 2013 .  
  24. "Iron Man 3" . Rotten Tomatoes.  
  25. "Iron Man 3" . Metacritic.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]