한국   대만   중국   일본 
Illas Xonicas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Illas Xonicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIllas Xonicas
Ι?νια Ν?σια (el) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  37°48′N 20°42′L  /  37.8, 20.7 Coordenadas : 37°48′N 20°42′L  /  37.8, 20.7
Estado Grecia Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 204.562 (2018) Editar o valor em Wikidata (88,67 hab./km² )
Xeografia
Superficie 2.307 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Mar Xonico Editar o valor em Wikidata
Altitude 1.628 m Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Monte Ainos (pt) Traducir (1.628 m) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Paxina web pin.gov.gr Editar o valor em Wikidata

As Illas Xonicas ( grego : Ionioi Nisoi ) son un arquipelago de Grecia que se atopa fronte as costas noroccidentais da Grecia continental e peninsular, sobre o Mar Xonico . Tradicionalmente chamaselles as Sete Illas ( Heptonesos , Heptanisia ou Eptanisia ), ainda que o grupo inclue moitas illas mais pequenas ademais das sete principais.

Atopanse entre os paralelos 39º54'16" e 37º36'29" de latitude norte. A extension total do arquipelago e de 2.307 km². A maior altitude de todo o conxunto insular en cuestion e o Ainos Ouros (1.628 m ) situado na zona meridional da illa Cefalonia. O principal centro urbano das Illas Xonicas e a cidade de Corfu .

As illas Xonicas.

As principais illas son de norte a sur: Corfu , Paxoi , Leucas (Leucas, Leucada ou Santa Maura), Itaca (mencionada na Odisea ), Cefalonia (Kefalonia) e Zante , adoitase contar entre as Illas Xonicas a Citerea (Kythira) e as suas pequenas illas satelites: Antikythira e Elafonissos ainda que o grupo de Citerea atopase bastante distante, ao sur do Peloponeso .

Deste xeito as Illas Xonicas fora de Citerea forman unha das rexions administrativas gregas chamadas "Periferias" (Perifereies -"Περιφερειε?"-).

Fisiografia [ editar | editar a fonte ]

O arquipelago consta de illas eslabonadas case paralelas a costa meridional da Peninsula dos Balcans , ao ser parte dunha cordilleira, as illas son de relevo moi accidentado coas costas xeralmente moi abruptas asi como repletas de baias e cabos. A flora tipica e a garriga mediterranea, predominando os cipreses , oliveiras , mirtos , loureiro e vide . Os unicos cursos de auga superficial son pequenos regatos de moi escaso caudal que se adoitan manter secos durante o estio.

Clima [ editar | editar a fonte ]

O clima e o mediterraneo , ainda que nas Illas Xonicas existe un microclima dado pola forte influencia do mar e pola alternancia dos ventos calidos provenientes de Africa cos frios (vento Boreas ) procedentes do cuadrante nordes. Deste xeito o arquipelago ten un clima mais humido que o doutras costas mediterraneas e, a pesar dos ventos frios, un clima calido que reforza caracteristicas subtropicais.

Fauna [ editar | editar a fonte ]

Na actualidade case a totalidade da fauna maior e domestica, ainda que nas praias de Zante se poden atopar grandes tartarugas marinas da especie Caretta caretta , que chegan a medir un metro e medio de lonxitude.

Historia [ editar | editar a fonte ]

As illas foron colonizadas polos gregos, posiblemente xa en 1200 aC, e seguramente no seculo 9 aC. As illas foron na sua maioria un remanso na antiguidade grega e ocuparon un lugar irrelevante na politica grega. A unica excepcion foi o conflito entre Kerkyra e a sua Cidade-nai Corinto no 434 a. C., que trouxo a intervencion de Atenas e provocou a Guerra do Peloponeso .

Itaca era o nome da illa fogar de Ulises no poema epico grego antigo A Odisea de Homero . Fixeronse intentos para identificar a Itaca poetica coa illa de Itaca , pero a xeografia da illa real non se adapta a descricion de Homero .

Dominacion romana e bizantina [ editar | editar a fonte ]

No seculo IV a.C. a maioria das illas son absorbidas polo imperio de Macedonia . Algunhas permaneceron baixo o control do reino de Macedonia ata o 146 a.C., cando a peninsula grega foi anexionada por Roma . Logo de 400 anos de pacifica dominacion romana as illas pasaron ao Imperio Romano de Oriente , e formaron parte do imperio bizantino outros 900 anos, ata a destrucion de Constantinopla durante a IV Cruzada en 1204.

Cando os aliados da Cuarta Cruzada -os gobernantes franceses do Imperio Latino con sede en Constantinopla e os venecianos, que competian cos bizantinos polo control do comercio no Mediterraneo- dividiron o botin dos territorios bizantinos entre eles, os venecianos adquiriron Kerkyra, Paxi, e tamen Kythera, que utilizaron como bases para o seu comercio maritimo co Levante . Cefalonia e Zante converteronse no Condado Palatino de Cefalonia e Zante ata 1357, cando esta entidade fusionouse con Lefkada e Itaca para converterse no Ducado de Leucadia baixo ducados franceses e italianos. Cando os gregos volveron tomar Constantinopla en 1261, liberraron brevemente algunhas das illas, pero os venecianos aumentaron gradualmente o seu control.

Dominio veneciano [ editar | editar a fonte ]

Gazeta veneciana emitida para as Illas Xonicas. Lenda R/ : CORF / CEFAL / ZAN ( Corfu , Cefalonia , Zante ).

A partir de 1204 a Republica de Venecia controlou Corfu e aos poucos todas as illas Xonicas, caeron baixo dominio veneciano. No seculo 15, o Imperio Otoman ocupou a maior parte de Grecia, pero as illas mantiveronse cristias grazas aos venecianos. Zakynthos pasou definitivamente a Venecia en 1482 , Cefalonia e Itaca en 1483 , Lefkada en 1502 . Kythera foi veneciana desde 1393 .

As illas converteronse asi na unica parte do mundo de fala grega en escapar da dominacion otoma, o que lles deu unha unidade e unha importancia na historia grega que doutro xeito non terian. Corfu e a unica illa grega, que nunca foi conquistada polos turcos.

Baixo o dominio veneciano, moitas das clases altas falaban italiano (ou Veneciano, nalguns casos) e convertense ao catolicismo romano , pero a maioria de xente seguiu sendo grega etnica, linguistica e relixiosamente.

No seculo 18, empezou a xurdir o movemento de independencia nacional grego, e o estatuto das illas Xonicas, fixo de base natural para os intelectuais gregos exiliados, loitadores pola liberdade e simpatizantes estranxeiros.

Epoca napoleonica [ editar | editar a fonte ]

Gazeta da Republica das Sete Illas ( 1801 )

En 1797 Napoleon Bonaparte conquistou Venecia , e polo Tratado de Campo Formio os insulares atoparonse baixo dominio frances, organizanse as illas como Departamentos Mer-Egee , ithaque e Corcyre . En 1798, o ruso Almirante Ushakov expulsou os franceses, e estabeleceu a Republica das Sete Illas baixo protectorado ruso-otoma, foi a primeira vez que os gregos tiveron autogoberno limitado desde a caida de Constantinopla en 1453 . Con todo, en 1807 se cederon de novo aos franceses que as anexionaron directamente ao Imperio Frances .

Goberno britanico [ editar | editar a fonte ]

Bandeira das Illas Xonicas Britanicas.
Obolo xonico (1819) da epoca dos Estados Unidos das Illas Xonicas

En 1809, os britanicos derrotaron a frota francesa en Zakynthos (2 de outubro de 1809) capturando Cefalonia, Zante e Citera, e tomaron Lefkada, en 1810. Os franceses mantiveronse en Kerkyra ata 1814. O Tratado de Paris , en 1815 converteu as illas nos " Estados Unidos das Illas Xonicas " baixo a proteccion britanica (5 de novembro de 1815). En xaneiro de 1817, os britanicos concederon as illas unha nova constitucion. Os insulares elixiron unha Asemblea de 40 membros, que aconsellaba o Alto Comisionado Britanico. Os britanicos melloraron moito as comunicacions das illas, e introduciron a educacion moderna e os sistemas de xustiza. Os insulares celebraron a maior parte destas reformas, e adoptaron o te da tarde, o cricket e outros pasatempos britanicos.

Unha vez establecida a independencia grega logo de 1830, os insulares empezaron a rexeitar a dominacion estranxeira e premeron a Enosis -union con Grecia. O estadista britanico William Gladstone percorreu as illas e recomendou que se cedesen a Grecia. O goberno britanico resistiuse, xa que como os venecianos descubriron que as illas eran utiles bases navais. Tamen consideraban que o rei de Grecia de orixe alema, Otto , era pouco amigable con Gran Bretana. Pero en 1862, Otto foi deposto e coroouse un rei pro britanico, Xurxo I de Grecia .

Goberno grego [ editar | editar a fonte ]

En 1862 Gran Bretana decidiu transferir as illas a Grecia, como un xesto de apoio destinado a reforzar a popularidade do novo rei. O 2 de maio de 1864, os britanicos foronse e as illas converteronse en tres provincias do Reino de Grecia, ainda que Gran Bretana conservou o uso do porto de Corfu.

Segunda guerra mundial [ editar | editar a fonte ]

En 1941, cando as forzas do Eixo ocuparon Grecia, as Illas Xonicas (agas Kythera) foron entregadas aos italianos, que nos seus tres anos de goberno tratou de italianizar a poboacion de Corfu. En 1943, os alemans substituen aos italianos. En 1944 a maioria das illas estaban baixo o control da EAM / ELAS movemento de resistencia, e seguiron sendo un bastion da esquerda desde enton.

O terremoto de 1953 [ editar | editar a fonte ]

As illas foron afectadas por un terremoto de gran magnitude, magnitude 7´1 , o 12 de agosto de 1953. Os danos nos edificios foron grandes e o sur das illas de Cefalonia e Zante foi practicamente arrasado. As illas foron reconstruidas desde cero ao longo dos anos seguintes, baixo un estrito codigo de construcion. O codigo demostrou ser sumamente eficaz, desde enton moitos terremotos non causaron ningun dano aos novos edificios.

Economia [ editar | editar a fonte ]

No 2005 o principal factor da economia nas Illas Xonicas e o turismo , seguenlle en importancia a industria naval, a pesca, e a producion de aceite de oliva e vinos .

Demografia [ editar | editar a fonte ]

A maior parte da poboacion e de etnia grega, ainda que se radicaron moitas persoas procedentes doutras zonas de Europa (albaneses, rusos, croatas, italianos, ingleses, alemans etc). O numero de habitantes cara ao 2001 roldaba as 200.000 persoas, das que a maioria vive en Corfu .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]