Igrexa de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Inglaterra
Church of England
Historia
Fundacion 1534
Motivo O Rei Henrique VIII separou a Igrexa da Santa Se logo dunha disputa pola negativa da anulacion do seu casamento con Catarina de Aragon
Separada de Igrexa catolica latina
Escisions Igrexa en Gales
Parte de Comunon Anglicana
Goberno
Tipo de goberno Episcopal
Gobernadora Suprema Isabel II
Primado Justin Welby
Estrutura Dividida en 44 dioceses
Agrupacions Comunon de Porvoo
Clasificacion
Grupo Anglicanismo
Orientacion Cristianismo occidental
Demografia e cultura
Fieis 27 000 000
Paises Inglaterra , Illa de Man , Illas da Canle , Xibraltar , Europa continental
Linguas liturxicas Ingles
Outros datos
Sede central Londres
Paxina web churchofengland.org

A Igrexa de Inglaterra e unha igrexa cristia anglicana , que ten a condicion de relixion de estado de Inglaterra e e igrexa nai da Comunon Anglicana . A cabeza espiritual da Igrexa e o arcebispo de Canterbury que o e tamen da Comunon Anglicana. O monarca britanico ten o titulo constitucional de Gobernador Supremo da Igrexa de Inglaterra . O Sinodo Xeral e o corpo que goberna a Igrexa de Inglaterra, as suas medidas tenen que ser aprobadas polo Parlamento do Reino Unido antes de recibir o placet real e converterse en parte da lei inglesa. Ademais de Inglaterra ten xurisdicion sobre a Illa de Man , Illas da Canle , algunhas parroquias de Flintshire ( Gales ) e Xibraltar que como diocese cobre toda Europa e conta con 200 lugares de culto. A Igrexa de Inglaterra considerase dentro da tradicion reformada, xa que acepta moitos dos principios que levou a separacion dos protestantes e en non reconecer a autoridade do Papa, e tamen dentro da tradicion catolica (mais non catolica romana) xa que se considera continuadora da tradicion apostolica. Establece a Biblia como unica fonte de fe, admite a sua libre interpretacion e afirma o caracter subxectivo dos sacramentos.

A reforma relixiosa produciuse en Inglaterra polo interese da monarquia de subordinar os intereses eclesiasticos aos politicos sen a interferencia do papado. A ruptura produciuse en 1534 ao negarse o Papa a anular o matrimonio de Henrique VIII . Maria I de Inglaterra retornou a obediencia a Roma en 1555 e desencadeou unha violenta persecucion contra os non catolicos, a situacion deu a volta no reinado de Isabel I de Inglaterra a partir de 1558.