Historia natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a obra de Plinio o Vello , vexase Naturalis Historiæ .

A definicion do termo Historia natural (derivado do latin naturalis historia ) e problematica, porque diversas disciplinas abordana de maneira diferente. Moitas destas concepcions incluen o estudo dos seres viventes (por exemplo, a bioloxia , incluindo botanica , zooloxia e ecoloxia ); outras concepcions estenden o termo ao campo da paleontoloxia e a bioquimica , asi como a xeoloxia , astronomia , e a fisica .

Concepto [ editar | editar a fonte ]

Lamina sobre Historia natural , Cyclopaedia de Ephraim Chambers, 1728

O camino da observacion e da descricion sistematica da natureza comeza xa na Antiguidade greco-romana con Teofrasto , Antigonios de Karystos e Plinio o Vello , [ 1 ] continuada na Idade Media sobre todo polos arabes e difundida e ampliada no Renacemento europeo.

Mais tarde, moitos cientificos traballaron neste campo e a historia natural dividiuse en numerosas especialidades . Pero ainda hoxe moitos considerana unha disciplina paraugas que acubilla a moitas ciencias especializadas.

O termo historia natural comezou a utilizarse en occidente para designar no seculo XVI os libros que describian os obxectos da natureza.

No seculo seguinte, e mais ainda no seculo XVIII , a expresion servia para designar o estudo dos obxectos observabeis, tanto en astronomia , como en botanica , en zooloxia ou en xeoloxia . Nesta epoca, ao especialista en historia natural denominabase naturalista .

Para moitos cientificos, especialmente no mundo de fala inglesa, a historia natural e a investigacion cientifica de plantas e animais, pero inclinandose mais cara as observacions mais que cara a metodos de estudo experimentais, comprendendo mais publicacions en revistas de informacion que en publicacions academicas ( revistas cientificas ). [ 2 ]

Sociedades de historia natural [ editar | editar a fonte ]

Sede central do Instituto Smithsoniano

O termo historia natural forma parte, na actualidade, do nome de moitas asociacions nacionais, rexionais e locais que se encargan do rexistro de mamiferos , aves , reptiles , anfibios , invertebrados , e plantas . Adoitan incluir seccions dedicadas ao rexistro da vida microscopica e a xeoloxia .

Como exemplo podemos citar a Siociedade Galega de Historia Natural , a Sociedade Espanola de Historia Natural , a London Natural History Society etc.

Tamen forma parte do nome de moitas intitucions, como o Museo de Historia Natural de Londres , o Museo Nacional de Historia Natural (que forma parte do Instituto Smithsoniano ) de Washington , ou o Museo Americano de Historia Natural de Nova York (que tamen publica unha revista chamada Natural History ) etc.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Vexase a enciclopedia co titulo Naturalis Histroriae , publicada ca. 77-79 a.C.
  2. Vexase Natural History en [1] (en ingles )

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]