한국   대만   중국   일본 
Hidroloxia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Hidroloxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A auga ocupa o 70% da superficie terrestre

Denominase hidroloxia (do grego ?δωρ (hidro): auga, e λ?γos (logos): estudo) a ciencia xeografica que se dedica o estudo da distribucion, espacial e temporal, e as propiedades da auga presente na atmosfera e na codia terrestre . Isto inclue as precipitacions , as escorras , a humidade do solo , a evapotranspiracion e o equilibrio das masas glaciares . Por outra banda, o estudo das augas subterraneas corresponde a hidroxeoloxia .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Denominase hidrografia o estudo de todas as masas de auga da Terra e, en sentido mais estrito, a medida, recompilacion e representacion dos datos relativos o fondo do oceano , as costas , as mareas e as correntes, de maneira que se poidan plasmar sobre unha carta hidrografica . Non obstante esta diferenza, os termos utilizaranse case como sinonimos, xa que a parte da hidrografia que interesa aqui e aquela que crea relevo , polo tanto, a que esta en contacto coa superficie terrestre, e por iso mesmo a que e obxecto dunha analise hidroloxica.

A circulacion das masas de auga no planeta son responsables da modelaxe da codia terrestre , como queda de manifesto no ciclo xeografico . Esa influencia manifestase en funcion da distribucion das masas de rochas coherentes e deleznables , e das deformacions que lles afectaron, e son fundamentais na definicion dos diferentes relevos.

Lembremos que un rio e unha corrente de auga que vai por un leito dende as terras altas as terras baixas e verte no mar ou nunha rexion endorreica (rio colector) ou a outro rio (afluente). Os rios organizanse en redes . Unha conca hidrografica e a area total que verte as suas augas de escorras a un unico rio, augas que dependen das caracteristicas da alimentacion . Unha conca de drenaxe e a parte da superficie terrestre que e drenada por un sistema fluvial unitario. O seu perimetro queda delimitado pola divisoria ou interfluvio .

Os trazados dos elementos hidrograficos caracterizanse pola adaptacion ou inadaptacion as estruturas litoloxicas e tectonicas, pero tamen a estrutura xeoloxica actua no dominio das redes hidrograficas determinando a sua estrutura e evolucion.