Gustave Moreau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGustave Moreau

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 6 de abril de 1826 Editar o valor em Wikidata
Paris, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte 18 de abril de 1898 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Rennes, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio de Montmartre Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Francia Editar o valor em Wikidata
Educacion Escola Nacional Superior de Belas Artes (1846?1849) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Pintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Paises Baixos (1888?1888)
Paris (1888?1898)
Belxica (1888?1888)
Napoles (1859?1859)
Roma (1859?1859)
Paris (1859?1888)
Florencia (1858?1859)
Venecia (1858?1858)
Milan (1858?1859)
Florencia (1858?1858)
Roma (1857?1858)
Italia (1841?1841)
Paris (1841?1857)
Paris (1826?1841)
Reino dos Paises Baixos Editar o valor em Wikidata
Ocupacion escultor , pintor Editar o valor em Wikidata
Empregador Ecole des Beaux-Arts (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Pintura de historia , pintura relixiosa e pintura mitoloxica Editar o valor em Wikidata
Movemento Simbolismo Editar o valor em Wikidata
Profesores Francois-Edouard Picot Editar o valor em Wikidata
Alumnos Nelson Dias../... 41+ (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Lingua Lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Mecenas Charles Hayem Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Pai Louis Moreau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 2334458 Find a Grave: 6804 Editar o valor em Wikidata
Autoretrato de Gustave Moreau, 1850

Gustave Moreau , nado en Paris o 6 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 18 de abril de 1898 , foi un pintor, gravador e debuxante frances, precursor do Simbolismo e da estetica decadente de finais do seculo XIX .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Gustave Moreau era dunha familia burguesa que non puxo obstaculos a sua vocacion artistica. En 1888 entrou na Academia das Belas Artes en Paris e foi profesor de pintores que logo foron celebres, como Henri Matisse , Albert Marquet e Georges Rouault . Viaxou a Italia no ano 1841 , e logo volveu entre 1857 e 1859 para copiar os mestres italianos. Faleceu aos setenta e dous anos de idade. Foi sepultado no cemiterio parisiense de Montmartre . A sua morte deixou como legado o seu taller, que se converteu no museo Gustave Moreau, inaugurado o 13 de xaneiro de 1903 . Apuntouse para a guerra franco-prusiana do 1870 , pero non puido quedar por causa da sua reuma .

Obra [ editar | editar a fonte ]

Edipo e a esfinxe (1864)

A obra de Moreau vai do Romanticismo o Simbolismo . Ainda que e frecuente incluir a Moreau na nomina dos pintores simbolistas, a sua obra anticipouse en varias decadas a proclamacion oficial do movemento por Jean Moreas en 1886 .

Nas primeiras obras de Moreau son destacables as influencias de Ingres , no tratamento da anatomia, especialmente masculina, e de Delacroix , en canto a eleccion de tematicas exoticas, a traves do seu mentor Theodore Chasseriau, quen fora discipulo de ambos. Co tempo, a obra de Moreau vai concedendo menor importancia a lina e mais ao colorido. Da sua ultima etapa, conservase no museo Moreau unha serie de acuarelas que a critica contemporanea considera moi proximas a abstraccion.

O mundo de Moreau esta poboado de adolescentes androxinos e mulleres fascinantes e perversas (como a Salome do seu cadro A aparicion, pero tamen Dalila ou Deyanira ). Mostra tamen unha certa predileccion polo monstruoso. E patente o seu interese polo oriental tanto na eleccion dos temas como na ambientacion decadente dos seus cadros (Xupiter e Semelle, por exemplo, evoca poderosamente a arte da India ).

Non frecuentou moito os temas cristians, ainda que en 1862 pintou, por encargo, un Via crucis para a igrexa de Notre-Dame-de-Decazeville. Con todo, dous temas da iconografia cristia son recorrentes na sua obra: o da Piedade e o de San Sebastian. E destacable tamen un cadro relixioso bastante tardio, A flor mistica (cara a 1890), de caracter alegorico, no que a flor da Igrexa se alimenta do sangue dos martires.

Pode considerarse precursor do Simbolismo . A sua influencia e decisiva en artistas emblematicos do movemento como Odilon Redon . A sua obra posue unha textura onirica que fixo que fose revalorizada, xa no seculo XX, polos surrealistas . No 1912 , Andre Breton emocionouse ao visitar o museo de Gustave Moreau.

Ainda que Moreau rexeitou sempre ser un pintor literario, debe destacarse o impacto que a sua obra causou entre literatos tan relevantes como Theophile Gautier ou J. K. Huysmans , entre moitos outros, atraidos pola sua estetica simbolista e decadente. O protagonista de A rebours , de J. K. Huysmans, Des Esseintes, que e o personaxe principal, encarna o decadentismo , esta fascinado pola arte de Moreau, e especialmente polo cadro A aparicion .

Museo [ editar | editar a fonte ]

Gustave Moreau tina casa con taller no numero 14 na rua La Rochefoucault en Paris , ao morrer legouno a cidade de Paris. O 13 de xaneiro 1903 abriouse ao publico o Museo coas obras que deixou, case 850 pinturas, 350 acuarelas e mais de 13000 debuxos . Polo tanto, moitas mais obras andan en coleccions privadas. En 1912 , Andre Breton visitou este museo.

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Fernandez Polanco, Aurora: Fin de Siglo: Simbolismo y Art Nouveau ("Historia del Arte", nº 42, Historia 16, 1989).
  • Hamilton, George Heard: Pintura y escultura en Europa 1880-1940. Editorial Catedra, 1993. Paxinas 79-82. ISBN 84-376-0230-0
  • Hofstatter, Hans H.: Gustave Moreau. Editorial Labor, 1980. ISBN 84-335-7563-5 (titulo original: Gustave Moreau, Leben und Werk).

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]