한국   대만   중국   일본 
Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 23F ou 23-F foi un golpe de estado fracasado que se produciu en Espana o 23 de febreiro de 1981 . Foi levado a cabo por alguns mandos militares, sendo a parte mais afamada o asalto do Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civis baixo mando do tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero , durante a votacion do candidato a presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo , da UCD .

Os feitos [ editar | editar a fonte ]

Neste golpe posiblemente coincidisen distintas tramas golpistas que operaban desde o comezo da reinstauracion borbonica do ano 1975 , mediante unha accion coordenada.

Adolfo Suárez e Gutiérrez Mellado en 1980
Adolfo Suarez e Gutierrez Mellado en 1980.

As seis da tarde empeza a votacion nominal para o investimento de Leopoldo Calvo-Sotelo como presidente do goberno. As 18:21 horas, cando ia emitir o seu voto o deputado socialista Juan Manuel Nunez Encabo , un grupo de gardas civis , armados con metralletas, irrompe no congreso dos deputados as ordes do tenente coronel Antonio Tejero . Este, desde a tribuna, berra "¡Quieto todo el mundo!" e ordena que todos se tiren ao chan. O daquela ministro, xeneral do exercito, Gutierrez Mellado erguese e encarase con Tejero tentando ordenar aos gardas que depuxesen as armas. Tras a inocente tentativa de Mellado para reafirmarse na autoridade, Tejero dispara de xeito intimidatorio e os gardas fan o propio cos subfusis. Santiago Carrillo permanece sentado no escano, o Presidente Adolfo Suarez tenta axudar a Gutierrez Mellado mentres o resto dos deputados obedecen a orde de Tejero de tirarse o chan.

Pedro Francisco Martin, operador de Television Espanola , gravou case media hora, achegando ao mundo un documento audiovisual de valor incalculable sobre a tentativa do golpe de Estado. Coa toma armada do hemiciclo e o secuestro de poderes executivo e lexislativo, tentabase conseguir un "baleiro de poder", sobre o que se pretendia xerar un novo poder politico. Mais tarde, catro dos deputados foron separados do resto: o presidente do Goberno, Adolfo Suarez Gonzalez , o ministro de Defensa, Agustin Rodriguez Sahagun , o lider da oposicion, o socialista Felipe Gonzalez Marquez , o segundo na lista do PSOE, Alfonso Guerra , e o lider do Partido Comunista de Espana , Santiago Carrillo .

Pouco tempo despois e seguindo o plan previsto, sublevouse en Valencia o capitan xeneral da III Rexion Militar , Jaime Milans del Bosch , que sacou algunhas companias de carros de combate a rua, desde o porto de Valencia ata o centro da cidade, onde apuntaban aos edificios institucionais, como o concello ou as cortes valencianas. Decretou o Estado de excepcion e tentou convencer outros militares de secundar a sua accion. As nove da noite, un comunicado do Ministerio do Interior informaba da constitucion dun goberno provisorio con subsecretarios de diferentes instancias ministeriais, presidido por Francisco Laina, para asegurar a gobernacion do estado e en estreito contacto coa Xunta de xefes do Estado Maior. Entre tanto, outro xeneral, Torres Rojas , fracasaba na sua tentativa de suplantar no mando da Division Acoirazada Brunete o xeneral Juste , xefe desta, abortandose a pretension de ocupar os puntos estratexicos da capital, entre eles as sedes da radio e television, e a difusion dun comunicado relatando o exito do golpe.

O presidente da Generalitat de Cataluna , Jordi Pujol , pouco antes das dez da noite transmitia para toda Espana polas emisoras de Radio Nacional e Radio Exterior unha alocucion onde chamaba a tranquilidade. Ata a unha da noite xestionouse desde o Hotel Palace, nos arredores do Congreso, lugar elixido como centro de operacions polo xeneral Aramburu Topete , daquela director xeral da Garda Civil e o xeneral Saenz de Santa Maria, director xeral da Policia Nacional. Por ali tamen deambulou o xeneral Alfonso Armada , parte do plan golpista, quen pretendia simulando negociar cos asaltantes, proporse a si propio como solucion de consenso, emulando o xeneral frances De Gaulle , fracasa cando se nega Tejero a que presidise un goberno do que tamen formarian parte socialistas e mesmo comunistas. Mais tarde, descubertos xa os seus plans, seria relevado do seu posto de 2º xefe do estado maior do exercito pola sua implicacion na trama golpista. [ 1 ]

O rei Xoan Carlos I tivo ata a noite para decidir a sua postura e transmitiu sen dificultades por television a sua negativa a apoiar o golpe, isto permitiu abortalo a medida que avanzaba a noite. Xa a unha da madrugada do dia 24 de febreiro, o rei interveu en television, vestido con uniforme de capitan xeneral dos Exercitos para posicionarse contra os golpistas e desautorizar a Milans del Bosch. A partir dese momento o golpe dase por fracasado. Na medianoite, Alfonso Armada presentarase no Congreso cun dobre obxectivo: convencer ao tenente coronel Tejero que depuxese a sua actitude e asumir el propio o papel de xefe do goberno baixo as ordes do rei, en actitude anticonstitucional. Pero Armada non era a "autoridade competente" que esperaba Tejero e foi despachado violentamente. Pola sua banda, Milans del Bosch, illado, cancelou os seus plans as cinco da mana e foi arrestado, poren Tejero resistiu ata mediodia do 24. Durante a mana do dia 24 os deputados foron liberados.

De xeito alternativo, hai documentacion que propon que o golpe foi dado por orde do rei, como testemuna Antonio Tejero. [ 2 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Alfonso Armada: "Estoy satisfecho de como actue el 23-F" . Publico , no 30 aniversario do golpe.
  2. Talegon, Beatriz (2019-02-25). "Antonio Tejero sobre el 23F: "Tomamos el Congreso a las ordenes del Rey " " . Diario16 (en castelan ) . Consultado o 2019-02-27 .