한국   대만   중국   일본 
Golfo de Tailandia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Golfo de Tailandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Golfo de Tailandia ou de Siam
Localizacion administrativa
Estado Malaisia
Tailandia
Camboxa
Vietnam
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Oceano Pacifico
Continente Asia
Xeografia
Mares contiguos Mar da China Meridional
Illas interiores Koh Samui, Koh Phangan, Koh Chang, Koh Kut, Kot Kong (THA)
Dao Phu Quoc (VIE)
Afluentes Rio Chao Phraya
Cidades ribeiregas Songkhla , Surat Thani , Hua Hin, Bangkok , Rayong e Trat (THA)
Hat Lek e Krong Koh Kong (CAM)
Ha Tien e Rach Gia (VIE)
Accidentes
Golfos e baias Baia de Bangkok e baia de Bandon
Caracteristicas
Superficie 320.000 km²
Profundiade maxima 80 m
Profundidade media 45 m
Mapa

Vista de satelite do golfo de Tailandia

Mapa da rexion do golfo de Tailandia

O Golfo de Tailandia (en tailandes : ???????, Ao Thai ) ou Golfo de Siam esta localizado no mar da China Meridional ( oceano Pacifico ) e esta rodeado por Malaisia , Tailandia , Camboxa e Vietnam . No extremo norte do golfo atopase a desembocadura do rio Chao Phraya , no porto de Banqueocoque. O golfo ten unha superficie de 320.000 km².

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Localizacion do golfo.

E relativamente pouco profundo, con medias de 45 a 80 metros de profundidade. Iso fai que a circulacion da auga sexa lenta e que os rios Chao Phraya e Mekong exerzan unha forte influencia sobre o mesmo como unha baixa salinidade e unha gran riqueza en sedimentos. Durante as epocas mais frias da era glacial , o golfo de Tailandia non existia debido a sua pouca profundidade e era tan so unha prolongacion do val do rio Chao Phraya.

Debido as calores tropicais, as augas do golfo albergan unha boa cantidade de arrecifes de coral e por tanto existen moitos proxectos de explotacion dos mesmos. O lugar mais popular para o turismo e a illa de Ko Samui na provincia de Surat Thani . O golfo e posuidor de riquezas petroliferas e de gas e e un medio de intercambio turistico e comercial entre os paises que tenen costa nel.

Delimitacion da IHO [ editar | editar a fonte ]

A maxima autoridade internacional en materia de delimitacion de mares, a Organizacion Hidrografica Internacional (en ingles : International Hydrographic Organization , IHO), considera o golfo de Tailandia como un mar. Na sua publicacion de referencia mundial, "Limits of oceans and seas" (do ingles: Limites de oceanos e mares , 3ª edicion de 1953), asignalle o numero de identificacion 47 e defineo do seguinte xeito:

No Sur.
Unha lina que vai dende o extremo occidental de Cambia ou Punta Camau (8°36'N) ate o extremo norte da punta ao lado leste do estuario do rio Kelantan (6°14'N, 102°15'S).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]