한국   대만   중국   일본 
Golfo de Carpentaria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Golfo de Carpentaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 13°45′S 139°00′L  /  -13.75, 139

Golfo de Carpentaria
Gulf of Carpentaria
Localizacion administrativa
Estado Australia Australia
Division Australia Territorio do Norte
Australia Queensland
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Mar de Arafura ( oceano Pacifico )
Illa/s Groote Eylandt (2 326 km²), Bickerton , Vanderlin (264 km²) e Mornington
Xeografia
Afluentes Norman (420 km), Roper (>500 km), Flinders (840 km), Gilbert (610 km ) e Mitchell (750 km)
Accidentes
Golfos e baias Baia de Blue Mud e enseada de Limmen
Peninsulas Peninsula de Cabo York
Caracteristicas
Superficie 300.000 km²
Lonxitude maxima < 700 km (N-S)
Anchura maxima 590 km (O-L) boca
675 km (max.)
Profundiade maxima 82 m
Profundidade media 55-65 m
Mapa

Localizacion do golfo de Carpentaria en Australia

O golfo de Carpentaria

O golfo de Carpentaria ( ingles Gulf of Carpentaria ) e un grande entrante pouco profundo na costa setentrional australiana do mar de Arafura , o mar localizado entre Australia e a Illa de Nova Guinea . Administrativamente, as costas do golfo pretencen aos estados australianos de Territorio do Norte e Queensland .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O golfo de Carpentaria, xeralmente, ten como limite norte unha lina definida desde punta Slade (a esquina noroeste da peninsula de Cabo York ), no nordes, ata o cabo Arnhem (o punto mais oriental da Terra de Arnhem ), no oeste. Na sua boca, o golfo ten 590 km de ancho, e mais ao sur, 675 km. A lonxitude de norte a sur e de mais de 700 km. Comprende unha superficie de auga de ao redor de 300.000 km². A profundidade en xeral e de entre 55 e 66 m e non excede de 82 m. [ 1 ] A amplitude das mareas no golfo de Carpentaria esta entre os dous e tres metros. [ 2 ]

A terra que rodea o golfo e polo xeral plana e baixa. Cara ao oeste atopase a terra de Arnhem e a parte norte do Territorio do Norte . Polo leste estendese a peninsula de Cabo York . A area cara ao sur (que do mesmo xeito que a peninsula de cabo York, forma parte do estado de Queensland ) e chamada ≪territorio do golfo≫ ou ≪o golfo≫ a secas.

En termos xeoloxicos , o golfo e xove, xa que durante a ultima era glacial estivo seco (gran parte da plataforma continental Sahul , que subxace baixo o golfo, era terra firme).

Xeografia maritima [ editar | editar a fonte ]

Algunhas veces o golfo de Carpentaria adoita considerarse como un mar independente do mar de Arafura, pero a maxima autoridade internacional en materia de delimitacion de mares, a Organizacion Hidrografica Internacional (≪International Hydrographic Organization, IHO), non o considera como un mar senon parte do mar de Arafura. Na sua publicacion de referencia mundial, ≪Limits of oceans and seas≫ (Limites de oceanos e mares, 3ª edicion de 1953) o mar de Arafura ten asignado o numero de identificacion 48h.

Clima [ editar | editar a fonte ]

Unha formacion de nubes Morning Glory entre as cidades de Burketown e Normanton , en Australia .

O clima e calido e humido, con duas estacions ao ano. A estacion seca comeza en abril e chega ata novembro e caracterizase por ventos do sueste e son sumamente secos, xerados polo desprazamento invernal dos sistemas de alta presion cara ao sur. A estacion humida estendese desde decembro ata marzo. A maioria da precipitacion pluvial producese nestes meses, e moitas areas baixas alaganse durante este periodo.

En moitas outras partes de Australia producense transicions climaticas bruscas en distancias relativamente curtas. A cordilleira australiana , que corre paralela a costa leste e sueste do continente, e responsable do patron de clima consistente nunha franxa costeira cun rexime de choivas razoable, unha zona relativamente angosta de montanas, e logo unha ampla conca plana interior que recibe choivas moi escasas. No golfo, con todo, non existen montanas que limiten a precipitacion pluvial a franxa costeira e por iso a transicion desde a profusa vexetacion tropical das areas proximas ao mar ata as zonas deserticas do centro de Australia e gradual.

No golfo, de setembro a outubro, observase un fenomeno meteoroloxico pouco frecuente, que e a formacion das nubes tipo Morning Glory (en ingles, Morning Glory Cloud , que en galego significa, ≪nube gloria da mana≫). Son nubes en forma de rolo que poden alcanzar os 1 000 km de longo, de 1 a 2 km de altura e que chegan a desprazarse a velocidades de ata 60 km/h.

Exploracion europea [ editar | editar a fonte ]

O golfo nun mapa neerlandes de 1859

O primeiro explorador europeo que visitou a rexion do que se tenen noticias foi o holandes Willem Janszoon (cuxo nome tamen adoita escribirse como Jansz) na sua viaxe de 1606. O seu compatriota Jan Carstenszoon (ou Carstensz) visitou o golfo en 1623 e nomeouno en honra a Pieter de Carpentier , que nesa epoca era o gobernador xeral das Indias Orientais Neerlandesas . Abel Tasman tamen explorou as suas costas en 1644.

A rexion foi explorada posteriormente por Matthew Flinders en 1802 e 1803 , que levantou mapas da area.

O primeiro explorador que penetrou en terra na zona foi o prusiano Ludwig Leichhardt que atravesou a area en 1844 e 1845. Foi seguido por Augustus Gregory da expedicion ao norte de Australia en 1856 , e logo pola expedicion de Burke e Wills en 1861 . John McKinlay , Frederick Walker e William Landsborough encabezaron distintos grupos na zona do golfo en busca de Burke e Wills en 1861 e 1862 .

Principais rios do golfo [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. NORTH COAST OF AUSTRALIA?GULF OF CARPENTARIA
  2. David Hopley; Scott Smithers (2010). "Queensland". En Eric C.F. Bird. Encyclopedia of World's Coastal Landforms . Springer. p. 1255. ISBN   978-1-4020-8638-0 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]