한국   대만   중국   일본 
Golfo de California - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Golfo de California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Golfo de California
( Mar de Cortes )
Mar Bermejo
Localizacion administrativa
Estado Mexico
Division Baixa California
Baixa California Sur
Sonora
Sinaloa
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Oceano Pacifico
Continente America do Norte
Xeografia
Illas interiores Illa Angel de la Guarda (895 km²)
Illa Tiburon (1 208 km²)
Afluentes Rio Colorado , rio Yaqui , rio Mayo, rio Fuerte , rio Sinaloa , rio Culiacan, rio Mulege.
Cidades ribeiregas Puerto Penasco , Guaymas , San Felipe , La Paz , Santa Rosalia , Loreto e Topolobampo
Accidentes
Caracteristicas
Superficie 177 000 km² [ 1 ]
Lonxitude maxima 1 126 km [ 1 ]
Anchura maxima 241 km [ 1 ]
Profundiade maxima 3 400m
Profundidade media ≥1 000 m
Outros datos
Descubrimento Francisco de Ulloa (1539)
Mapa

O golfo de California resaltado nun mapa orografico de Mexico .

Mapa do mar de Cortes.

O golfo de California , tamen chamado mar de Cortes , [ 2 ] e mar Bermejo , [ 3 ] e unha extension do oceano Pacifico situada entre a peninsula de California e os estados de Sonora e Sinaloa , ao noroeste de Mexico .

Ten unha lonxitude de 1 203 km e a sua anchura varia entre os 92 e os 222 km.

No seu extremo norte encontrase a desembocadura do rio Colorado .

Illas e poboacions [ editar | editar a fonte ]

Nas suas augas encontranse as seguintes illas pertencentes ao estado de Baixa California e administradas polo municipio de Mexicali : Angel de la Guarda, Montague, Gore, Consag, El Huerfanito, Miramar, Coloradito, Encantada, Pomez, San Luis, Mejia, Granitos, Navio, Pelicano, Alcatraz, Coronadito, Smith, Pond e o grupo de illas e illotes que se encontran dentro da baia de Los Angeles.

Ao estado de Baixa California Sur pertencen as illas de Carmen, Cerralvo, Coronados, Espiritu Santo, Monserrat, Partida, San Diego, San Francisco, San Jose, San Marcos, Santa Catalina, Santa Cruz e, ao estado de Sonora , a illa Tiburon , que e a mais grande de Mexico, cunha superficie de 1.208 km².

Nas suas costas, os portos mais importantes son Puerto Penasco, Guaymas, San Felipe , La Paz , San Jose del Cabo, Santa Rosalia e Topolobampo.

As mareas deste golfo encontranse entre as maiores do planeta , pois se mediron flutuacions de ate 9 m no seu extremo norte.

Goza dunha inmensa concentracion de organismos microscopicos e, como consecuencia, dunha extraordinaria biodiversidade grazas a abundante luz solar e as augas ricas en nutrientes . Estes factores, asi como as suas augas cristalinas, levaron ao oceanografo Jacques-Yves Cousteau a chamar a este lugar "o acuario do mundo".

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 Nix, Rebekah K. "The Gulf of California: A Physical, Geological, and Biological Study" (PDF) . University of Texas at Dallas. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2018 . Consultado o 11 de novembro de 2015 .  
  2. "Mar de Cortes: OS (Oceanos) - coordenadas geograficas, mapa" . Nombres geograficos . National Geospatial-Intelligence Agency via Geografiainfo.es.  
  3. Veronica Sanchez A. (21 de enero de 2019): La hiostoria del mar Bermejo .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]