Gilles Villeneuve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGilles Villeneuve

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 18 de xaneiro de 1950 Editar o valor em Wikidata
Saint-Jean-sur-Richelieu, Canada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 8 de maio de 1982 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Lovaina, Belxica Editar o valor em Wikidata
Causa da morte accidente de trafico Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Berthierville (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Canada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion piloto de Formula Un , piloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportiva Canada Editar o valor em Wikidata
Deporte automobilismo
Motociclismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehiculo empregado
- Scuderia Ferrari Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos Jacques Villeneuve Editar o valor em Wikidata
Irmans Jacques Villeneuve (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Villeneuve-853 Find a Grave: 7668026 Editar o valor em Wikidata

Joseph Gilles Henri Villeneuve , conecido como Gilles Villeneuve , nado en Richelieu ( Quebec ) o 18 de xaneiro de 1950 e finado en Zolder ( Belxica ) o 8 de maio de 1982 , foi un piloto canadense . Un entusiasta dos coches e a conducion rapida desde moi nova idade, comezou a sua carreira profesional correndo en motos de neve na sua provincia natal do Quebec . Mudouse aos monoprazas, ganando os campionatos dos Estados Unidos e o Canada da Formula Atlantic en 1976, antes de que lle ofreceran unha unidade na Formula 1 co equipo McLaren no Gran Premio do Reino Unido de 1977 . Foi contratado por Ferrari o final da tempada, e desde 1978 ata a sua morte en 1982 pilotou para o equipo italiano. Ganou seis Grandes Premios nunha curta carreira ao mais alto nivel. En 1979 , terminou segundo a catro puntos do campion, o seu companeiro de equipo Jody Scheckter .

Villeneuve morreu nun accidente a 225 km/h causado por unha colision co March de Jochen Mass durante a cualificacion para o Gran Premio de Belxica de 1982 en Zolder . O accidente produciuse pouco menos de duas semanas despois dunha gran discusion co seu companeiro de equipo, Didier Pironi , sobre o adiantamento de Pironi a Villeneuve no anterior Gran Premio de San Marino . No momento da sua morte, Villeneuve era moi popular entre os afeccionados e converteuse nunha figura iconica na historia deste deporte. O seu fillo, Jacques Villeneuve , converteuse en campion do mundo de Formula Un en 1997 e, ata a data, o unico canadense en ganar o Campionato do Mundo de Formula Un. E tamen era irman mais vello de Jacques Villeneuve , que e pai do anterior Jacques.

Vida Persoal e principios [ editar | editar a fonte ]

Villeneuve naceu en Richelieu , un pequeno pobo na gran provincia francofona do Quebec no Canada e creceu en Berthierville , [ 1 ] casou con Joann Barthe en 1970, con quen tivo dous fillos, Jacques e Melanie. [ 2 ] durante os seus inicios Villeneuve levou a sua familia de viaxe con el nunha casa rodante durante a tempada de carreiras, un habito que continuou ata certo punto durante a sua carreira na Formula Un. [ 3 ] A miudo dicia nacer en 1952. No momento en que obtivo a sua oportunidade na Formula Un, xa tina 27 anos e quitouse dous anos da sua idade para evitar ser considerado demasiado vello para facelo ao nivel mais alto do automobilismo. [ 4 ]

Niki Lauda dixo del: "Era o diano mais tolo que xamais atopei na Formula 1 ... O feito era que, malia isto, era un personaxe sensible e amable un consumado esmorgueiro que o fixo un ser humano tan especial". [ 5 ]

O seu irman mais novo Jacques tamen tivo unha exitosa carreira como piloto na Formula Atlantica, Can Am e CART. [ 6 ] O fillo de Gilles, tamen chamado Jacques , ganou o Indianapolis 500 , o campionato da CART en 1995 e converteuse en campion do mundo de Formula Un en 1997 . [ 7 ]

Inicios [ editar | editar a fonte ]

1973 coche Magnum MkIII Formula Ford de Villeneuve, co cal ganou o campionato de Formula Ford do Quebec.

Villeneuve comezou a conducir en competicions de carreiras locais, conducindo coches de estrada, unha version modificada do Ford Mustang modelo 1967. Pronto aburriuse destas carreiras, e entrou na Escola de Carreiras Jim Russell no Circuito Mont-Tremblant para obter unha licenza de competicion. Logo tivo unha tempada moi exitosa no campionato rexional da Formula Ford no Quebec, pilotando dous vellos coches de anos anteriores e ganando sete das dez carreiras nas que participou. Ao ano seguinte, o seu progreso permitiulle ir a Formula Atlantic, competindo ali durante catro anos, levando ao seu propio coche de novo ao primeiro lugar nas suas catro tempadas. Ganou a sua primeira carreira da Atlantic en 1975 no circuito de Gimli Motosport Park baixo unha constante condicion de forte choiva. En 1976, asociouse con Ecurie Chris Harrison Canada e co enxeneiro de carreiras de March Engineering Ray Wardell, dominando a tempada ao ganar todas menos unha das carreiras e levandose os titulos dos Estados Unidos e o Canada. Ganou o campionato canadense de novo en 1977.

O dineiro era moi escaso nos principios da sua carreira. Era piloto de carreiras profesional desde a sua adolescencia, sen outros ingresos. Nos primeiros anos a maior parte dos seus ingresos en realidade procedian de competicions en motos de neve, onde tivo un grande exito, especialmente logo de ganar o Derby do Campionato do Mundo de motos de neve de 1974. Na sua segunda tempada na Formula Atlantic o seu patrocinador era o fabricante de motos de neve, Skiroule. Atribuese parte do seu exito nas carreiras aos seus dias como piloto de motos de neve: "Cada inverno, debias contar con tres ou catro grandes envorcamentos, e eu estou falando de ser lanzado no xeo a mais de 100 quilometros por hora. As motos que se usan escorregan moito, e iso foi o que me ensinou moito sobre o control. E a visibilidade era terrible! A menos que foras de primeiro, non se podia ver nada, con toda a neve voando a teu redor. Isto foi bo para as reaccions, nunca me detivo calquera preocupacion nas carreiras baixo a choiva." [ 8 ]

Formula Un [ editar | editar a fonte ]

Gilles Villeneuve en Imola .

Durante finais dos anos 70 e principios dos 80, Villeneuve era un piloto valente, que pilotaba ao limite e que non temia a morte. Debido a esta pilotaxe foi testemuna de moitos trompos e accidentes. A maior parte da sua carreira realizouna no equipo de Maranello, Ferrari , sendo considerado como un heroe polos tiffosi . Home de equipo, aceptou sen problemas ser o "escudeiro" de Jody Scheckter para que este puidese acadar o titulo en 1979 .

Morte [ editar | editar a fonte ]

O 8 de maio de 1982, Villeneuve morreu logo dun accidente durante a sesion final de clasificacion para o Gran Premio de Belxica en Zolder . Houbo varias circunstancias que propiciaron ese accidente. Na anterior carreira sentiuse traizoado polo seu companeiro de equipo (Pironi) que lle adiantou nos ultimos compases da carreira, arrebatandolle a vitoria e o ambiente era tenso, os pneumaticos de clasificacion so duraban unha volta e queria bater a seu companeiro. No momento do accidente, Pironi fixara un tempo de 0´1 segundos mais rapido que Villeneuve no sexto lugar. Villeneuve usaba a sua ultima serie de pneumaticos de cualificacion, e alguns din que estaba tratando de mellorar o seu tempo na sua ultima volta. Alguns suxiren que apuntaba especificamente a bater a Pironi. [ 9 ] Con todo, o biografo Gerald Donaldson cita ao enxeneiro de carreira de Villeneuve en Ferrari Mauro Forghieri dicindo que o canadense, ainda que premendo ao seu xeito habitual, volvia a boxes cando ocorreu o accidente. [ 10 ] Si e asi, non se estableceu un tempo nesa volta.

A falta de oito minutos, Villeneuve achegouse, logo da primeira chicane, e atrapou Jochen Mass que viaxa mais lentamente. Mass viu Villeneuve achegandose a gran velocidade e moveuse cara a dereita para deixarlle pasar. No mesmo instante Villeneuve tamen se moveu a dereita para pasar o coche mais lento. O Ferrari golpeou a parte traseira do coche de Mass "e saiu lanzado polo aire a unha velocidade estimada en 200 a 225 km/h. Foi polo aire mais de 100 m antes de tocar co morro no chan e se desintegrou dando un salto mortal ao longo do bordo da pista. Villeneuve, ainda atado ao seu asento, pero sen o seu casco, foi lanzado outros 50 metros contra a s barreiras de captura no bordo exterior da curva Terlamenbocht esquina. [ 10 ] [ 11 ]

Varios pilotos detiveronse e apresuraronse a escena. John Watson e Derek Warwick retiraron a Villeneuve, da barreira. O primeiro medico chegou en 35 segundos para atopar que Villeneuve non respiraba, ainda que o seu pulso continuaba, foi entubado e ventilado antes de ser trasladado ao centro medico do circuito e logo en helicoptero ao Hospital Universitario de San Rafael, onde lle foi diagnosticada unha fatal fractura do pescozo . [ 12 ] Villeneuve mantivose vivo artificialmente, mentres que a sua esposa viaxou ao hospital e os medicos consultaban con especialistas de todo o mundo. Morreu as 9:12 da noite.

Non chegou a coroarse nunca como campion do mundo, pero a sua espectacular forma de pilotaxe converterono nunha lenda da Formula 1 . A incrible loita que mantivo co frances Rene Arnoux no circuito de Dijon-Prenois no Gran Premio de Francia de 1979 (rodando emparellados e sacando o seu monopraza fora da pista si era necesario), e parte xa da historia da Formula 1 .

Resultados completos na Formula Un [ editar | editar a fonte ]

( Chave ) As carreiras en letra grosa indican pole position ; as carreiras en cursiva indican volta rapida .

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
1977

McLaren - Ford

ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SUE FRA RU
11
ALE AUT HOL ITA USA 37º 0
Italia

Ferrari

CAN
12
XAP
Ret
1978 Italia

Ferrari

ARX
8
BRA
Ret
RSA
Ret
USW
Ret
MON
Ret
BEL
4
ESP
10
SUE
9
FRA
12
GBR
Ret
ALE
8
AUT
3
HOL
6
ITA
7
USA
Ret
CAN
1
17
1979 Italia

Ferrari

ARX
Ret
BRA
5
RSA
1
USW
1
ESP
7
BEL
7
MON
Ret
FRA
2
RU
14
ALE
8
AUT
2
HOL
Ret
ITA
2
CAN
2
USA
1
47
1980 Italia

Ferrari

ARX
Ret
BRA
16
RSA
Ret
USW
Ret
BEL
6
MON
5
FRA
8
RU
Ret
ALE
6
AUT
8
HOL
7
ITA
Ret
CAN
5
USA
Ret
14º 6
1981 Italia

Ferrari

USW
Ret
BRA
Ret
ARX
Ret
SMR
7
BEL
4
MON
1
ESP
1
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
10
AUT
Ret
HOL
Ret
ITA
Ret
CAN
3
LVG
DSC
25
1982 Italia

Ferrari

RSA
Ret
BRA
Ret
USW
DSC
SMR
2
BEL
NTS
MON USA CAN HOL RU FRA ALE AUT SUI ITA LVG 15º 6

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Donaldson (2003) pp.11?13
  2. Donaldson (2003) p.27?29
  3. Donaldson (2003) pp.50?51, 114
  4. Donaldson (2003) p.11
  5. "Legends claimed by the track" . BBC. 2001-02-19.  
  6. "Jacques Villeneuve (Senior) injured" . Inside F1, Inc . Consultado o 2009-02-20 .  
  7. Donaldson, Gerald. "Hall of Fame: Jacques Villeneuve" . Formula One Administration Ltd . Consultado o 2009-02-20 .  
  8. Roebuck (1986) p.211
  9. Bamsey (1983) p.50, Lang (1992) pp.96?97, Watkins (1997) p.98 and Fearnley (May, 2007) all write that Villeneuve was attempting to beat Pironi. Jenkinson (June 1982) writes only that he "was in the middle of a last desperate bid to improve his grid position."
  10. 10,0 10,1 Donaldson (2003) pp.296?298
  11. Lang (1992) p.97
  12. Watkins (1997) pp.96?98

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]