한국   대만   중국   일본 
Fuga dos Condes - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Fuga dos Condes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fuga dos Condes ( mapa interactivo )

A Fuga dos Condes (en irlandes Imeacht na nlarlai , en ingles : the Flight of the Earls ) tamen conecida como a Fuxida dos Condes ou o Voo dos Condes , refirese a marcha de Irlanda de Hugh O'Neill, conde de Tyrone e Rory O'Donnell , o 14 de setembro de 1607 . [ 1 ] [ 2 ] Este momento marcou a fin da era medieval de Irlanda e do seu sistema de clans ancestrais, xa que a traves da colonizacion de zonas importantes da illa de Irlanda se introduciu un elemento cultural ingles. Na idade media clans irlandeses adoitaban manter conflitos con ingleses , viquingos ou entre si, con terras lindeiras na illa, alguns dos patriarcas mantinan prisioneiros por longo tempo, [ 3 ] e variaban a hexemonia entre os diversos clans. [ 4 ]

Preludio do exilio [ editar | editar a fonte ]

Despois da derrota na batalla de Kinsale e do final da Guerra dos Nove Anos irlandesa, Hugh O'Neill e Red Hugh O'Donnell , Lord de Tyrconnell e irman mais vello de Rory O'Donnell e o seu predecesor, estaban nun situacion dificil. Tentando atopar apoio para comezar unha nova revolta, Red Hugh O'Donnell partiu para a corte de Filipe III en Espana , onde morreu. Pola sua banda, Hugh O'Neill, que fora derrotado e capturado por Lord Mountjoy e Rory O'Donnell, tivo que comparecer ante o rei Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra en Londres . O rei era catolico e estaba por establecer relacions coa monarquia filipina dos Habsburgo (desde 1613 o seu embaixador foi Diego Sarmiento , o Conde de Gondomar).

Ambos os rebeldes recibiron un trato moi honroso de parte do rei, quen os confirmou nas suas posesions e concedeu a Rory o titulo de conde de Tyrconnell.

Como rei de Escocia , Xacobe entendia ben os beneficios de colaborar cos xefes locais. Poren, como acontecera noutras partes de Irlanda, a paz de 1603 deu lugar a aplicacion da lei de cesion e reoutorgamento , segundo a cal, os nobres gaelicos entregaban as suas terras a coroa, que as devolvia aos propietarios, sempre que xurasen lealdade ao rei e aceptasen as suas regras. [ 5 ] Estas terras rexirianse segundo as disposicions da lei inglesa e non segundo as leis tradicionais do gaelico brehon. Esta politica aplicariase sistematicamente durante todo o proceso conecido como a reconquista Tudor de Irlanda.

Mapa das terras deixadas polos condes

Tras o falecemento de Hugh O'Donnell o 10 de setembro de 1602 , o seu irman Rory sucedeuno como vixesimo quinto xefe do clan O'Donnell. O 4 de decembro de 1603 o rei Xacobe  concedeulle o titulo de conde de Tyrconnell e o 10 de febreiro de 1604 devolveulle as terras confiscadas, ainda que con certos recortes.

A partir de 1605 o novo Lord Tenente de Irlanda , Arthur Chichester, iniciou unha politica de presion cara a O'Neill, O'Donnell e os seus aliados Maguire, desposuindoos de terras que entregaba aos O'Cathain, clan moito mais disposto a colaborar co goberno ingles. Alen disto, o descubrimento da conspiracion da polvora ese mesmo ano fixo, reduciu ainda mais a credibilidade dos catolicos ante a coroa inglesa. Ante as repetidas queixas de O'Neill acerca da xestion de Chichester, foi convidado por Xacobe I a formular o seu caso ao Consello Privado en Londres , cousa que nunca fixo.

Cara a 1607 , a situacion dos aliados de O'Neill comezou a ser insostible ante os repetidos recortes nas suas posesions. Consideraron a posibilidade de iniciar unha nova revolta. Antes da batalla de Xibraltar decidiron viaxar a Peninsula Iberica para buscar apoio. Non esta claro se O'Neill partillaba as suas intencions, pero sabia que unha vez que a administracion londiniense conecese os movementos de O'Donnell e Maguire, tamen o considerarian un traidor, polo que optou por unirse a fuga.

A posicion da monarquia iberica cambiara moito desde os tempos da anterior revolta. Tras o final da guerra anglo-espanola , Filipe III non tina ningun interese en buscar un novo conflito coa Inglaterra dos Estuardo ; ademais, a frota hispanica fora derrotada pola holandesa apos a batalla de Xibraltar en 1607 , polo que se dirixiron a Italia , onde O'Neill faleceu en 1616 .

O fin da orde gaelica [ editar | editar a fonte ]

Estatua conmemorativa do voo dos condes en Rathmullan , Irlanda .

Os condes e alguns seguidores partiron da cidade de Rathmullan, nas beiras do lago Swilly nun barco de bandeira francesa. Os fuxidos eran descendentes dalgunhas das familias gaelicas mais antigas e poderosas, que gobernaran o Ulster durante seculos. O voo dos condes marca un punto de inflexion na historia de Irlanda. A pesar da sua adhesion ao sistema gaelico, os antepasados dos condes recibiran os seus titulos da coroa inglesa, e aceptaron a politica de cesion e reasignacion. Alguns historiadores argumentan que a fuga foi unha resposta a presion do goberno ingles durante a chamada reconquista Tudor de Irlanda ; outros que foi un erro estratexico que abriu o camino para a colonizacion do Ulster . Isto provocou a rebelion de O'Doherty en 1608, sufocada rapidamente pola coroa.

Legado en Galiza [ editar | editar a fonte ]

Eses movementos levaron a saida de exiliados e a construcion de colexios irlandeses na Peninsula Iberica. Santiago de Compostela converteuse, segundo o bispo Thomas Strong (tio de Thomas White, fundador do Colexio dos Irlandeses de Compostela) na "verdadeira capital do pobo irlandes no exilio". [ 6 ]

Ainda que houbera contactos constantes entre galegos e irlandeses en toda a Idade Media, [ 7 ] foi a partir dese tempo, no seculo XVII , cando propagaron en Galiza as lendas dos milesianos (recollidas no Lebor Gabala Erenn e o libro de Leinster , a sua vez baseadas en parte na obra do galaico-romano Paulo Orosio ). Dous seculos despois, esa tradicion deu lugar ao celtismo e a influencia do Rexurdimento celta no Rexurdimento galego , a consideracion de mito fundacional por diversos intelectuais galegos ( Vicetto , Murguia etc.) e a inclusion da mesma no himno de Os Pinos de Pascual Veiga e Pondal .

O irlandes Bill Whelan compuxo varias pezas musicais sobre este feito, entre elas o concerto ≪Corazon celta: de Irlanda a Galicia≫. [ 8 ] [ 9 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Adams (1994), pax.180
  2. Larousse (1972), Volumen VI, pax.573
  3. Hull, Eleanor. "The Flight of the Earls and the end of mediaeval Ireland" . Library Ireland (en ingles) . Consultado o 8 de novembro de 2012 .  
  4. "Irlanda medieval: un pais en guerra permanente" . La Vanguardia (en castelan ) . 2020-08-19 . Consultado o 2022-02-18 .  
  5. "“Surrender and regrant” Agreement of 1541" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016 . Consultado o 2 de novembro de 2012 .  
  6. "Thomas White | Real Academia de la Historia" . dbe.rah.es . Consultado o 2022-02-18 .  
  7. "Las peregrinaciones irlandesas a Santiago de Compostela" . studylib.es (en castelan ) . Consultado o 2022-02-18 .  
  8. "The Road To La Coruna" . Consultado o 2023-03-12 .  
  9. "El compositor Bill Whelan exporta a Galicia su fusion con la cultura irlandesa" . abc (en castelan ) . 2005-01-04 . Consultado o 2023-03-12 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]