Fringe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non confundir con The Fringe .

Fringe

Logo de Fringe .
Xenero Ciencia ficcion
Drama sobrenatural [ 1 ]
Creado por J. J. Abrams
Alex Kurtzman
Roberto Orci
Interpretes Anna Torv
Joshua Jackson
John Noble
Jasika Nicole
Lance Reddick
Blair Brown
Kirk Acevedo
Seth Gabel
Mark Valley
Pais de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s) Ingles
Temporadas 5
Episodios 100 ( Lista de episodios )
Producion
Produtor(es)
executivo(s)
J. J. Abrams
Bryan Burk
Alex Kurtzman
Roberto Orci
J. H. Wyman
Jeff Pinkner
Joe Chappelle
Localizacion(s) Toronto , Ontario ("Pilot")
Nova York (temporada 1)
Vancouver , Columbia Britanica (temporadas 2?5)
Duracion 81 minutos ("Pilot")
50 minutos (temporada 1)
43 minutos (temporadas 2?5)
Distribuidor Bad Robot Productions
Warner Bros. Television
Emision orixinal
Canle de orixe Fox
Formato de imaxe 720p ( HDTV )
Formato de son Dolby Digital 5.1
Primeiro episodio 9 de setembro de 2008
Derradeiro episodio 18 de xaneiro de 2013
Na rede
https://www.fox.com/fringe
IMDB: tt1119644 Filmaffinity: 862349 Allocine: 3584 Rottentomatoes: tv/fringe Allmovie: v466814 Metacritic: tv/fringe TV.com: shows/fringe
Facebook: Fringe Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

Fringe e unha serie de television de ciencia ficcion estadounidense creada por J.J. Abrams , Alex Kurtzman e Roberto Orci . A serie tivo a sua estrea o 9 de setembro de 2008 na cadea Fox e rematou as suas emisions o 18 de xaneiro de 2013, tras cinco temporadas e 100 episodios. A historia xira ao redor de Olivia Dunham ( Anna Torv ), Peter Bishop ( Joshua Jackson ) e Walter Bishop ( John Noble ), membros dun equipo de investigacion, a Division Fringe, pertencente ao Federal Bureau of Investigation e con base en Boston , Massachusetts baixo a supervision do Departamento de Seguridade Nacional. O equipo emprega tecnicas de investigacion do FBI e da ciencia limite para resolver unha serie de acontecementos inexplicables que gardan relacion cun universo paralelo . A serie foi descrita como un hibrido de The X-Files , Altered States e The Twilight Zone .

O formato da serie combina elementos dos dramas procedimentais, asi como dos seriais. A serie comezou dun xeito tradicional co "misterio da semana" para facerse mais serial co paso das temporadas. Con todo, a meirande parte dos episodios contenen unha trama independente, contando con varios episodios que exploran a mitoloxia da serie .

As primeiras criticas da primeira temporada eran displicentes, pero fixeronse mais favorables co paso das temporadas, a medida que a serie exploraba a sua mitoloxia, incluindo os universos paralelos e as linas do tempo alternativas . Tanto o programa como o elenco e o equipo foron nomeados a moitos premios importantes.

En Galicia , a TVG comezou as emisions de Fringe na sua version dobrada ao galego desde o 5 de xullo de 2011. A partir do 28 de setembro de 2011, a tvG2 pasou a ofrecer os novos episodios. [ 2 ] Ata xullo de 2016, a tvG2 unicamente emitiu as tres primeiras temporadas e sucesivas reposicions das mesmas. O 18 de xullo de 2016 pasou a emitir capitulos de estrea da cuarta temporada.

Argumento [ editar | editar a fonte ]

Fringe segue as investigacions da Division Fringe, un equipo pertencente ao Federal Bureau of Investigation , conformado pola axente Olivia Dunham; o doutor Walter Bishop, un arquetipico cientifico tolo; e Peter Bishop, o fillo de Walter e experto en numerosas materias. Ademais, Phillip Broyles e o director da division e a axente Astrid Farnsworth encargase de axudar a Walter nas suas tarefas no laboratorio. A Division Fringe investiga casos relacionados con ciencia limite ou marxinal, que van desde experimentos transhumanistas marrados, pasando pola perspectiva dunha singularidade tecnoloxica destrutiva, ata unha posible colision de dous universos paralelos . A miudo, a Division Fringe topa con biotecnoloxia avanzada desenvolvida por unha compania chamada Massive Dynamic, fundada polo antigo companeiro de Walter, o doutor William Bell, e dirixida pola sua amiga comun, Nina Sharp. Asemade, o equipo esta vixiado por un grupo de homes calvos e palidos denominados "Observadores".

A primeira temporada presenta a Division Fringe e introduce as primeiras investigacions ao redor dunha serie de casos que conforman algo que denominan "o Patron", na sua maior parte orquestrados por unha rede internacional de cientificos sen escrupulos conecida como ZFT ( Zerstorung durch Fortschritte der Technologie ; en galego, Destrucion mediante o avance da tecnoloxia ) e dirixida por David Robert Jones. Esta organizacion prepara unha catastrofe mundial que pretende causar a fin do mundo. A ameaza da ZFT semella rematar cando Peter mata a Jones cando intenta cruzar a un universo paralelo. [ 3 ] Olivia descobre que, de nena, foi unha suxeita de probas de Walter nos seus experimentos cunha droga nootropica, o Cortexiphan, que lle proporcionou debiles habilidades psionicas. [ 4 ] Walter tamen debe facer fronte a volta a vida normal ao coidado do seu fillo Peter despois de pasar dezasete anos internado nunha institucion mental, ademais de agochar o feito de que Peter pertence ao universo paralelo, mentres que o seu fillo morrera de neno. [ 3 ]

Na segunda temporada , finalmente atopase que os incidentes van en conxuncion coas actividades dun universo paralelo que esta a sufrir singularidades gravitacionais naqueles puntos debiles que hai no tecido entre ambos os mundos. No outro universo, os cientificos desenvolveron unha substancia semellante ao ambar que e capaz de illar estas singularidades xunto coas persoas que estivesen no lugar no momento de liberar esa substancia. A Division Fringe ten que abordar mais casos que levan ao que semella unha guerra entre o universo paralelo e o primeiro, este ultimo inzado de hibridos entre humano e maquina, os multiformas , enviados polo universo paralelo. [ 5 ] Walter vese na obriga de revelar a Peter que proven do universo paralelo e que substituiu o seu Peter, que morrera dunha enfermidade xenetica. Walter cruzara ao outro universo desde o conxelado lago Reiden en 1985 para administrar a cura a version alternativa de Peter. Pero, tras destruir a dose da cura durante o transporte, acaba por levar consigo ao neno ao seu lado. No seu regreso, o xeo rompe a caen a auga, pero un dos Observadores, Setembro, salvaos e lembra a Walter a importancia de Peter. [ 6 ] As singularidades no universo paralelo comezan por mor da intrusion de Walter nel, co lago Reiden como epicentro. [ 7 ]

A terceira temporada presenta episodios que alternan entre os dous universos. "Walternativo", a version alternativa de Walter, e o Secretario de Defensa dos Estados Unidos e artellou os seus plans para ensamblar as pezas dunha arma da fin do mundo que unicamente reacciona a bioloxia de Peter. [ 8 ] Tamen envia a sua Olivia ao primeiro universo para suplantar a identidade da axente e montar a version da maquina presente no primeiro universo. Entrementres, aproveita para estudar a Olivia e os poderes que lle induciron os experimentos realizados nela co Cortexiphan. [ 9 ] Por casualidade, a Olivia do universo alternativo queda embarazada dun fillo de Peter, Henry, antes de ser levada de novo ao seu universo. [ 10 ] Walternativo provoca a aceleracion do embarazo para conseguir unha mostra do sangue do bebe co fin de empregala para activar a maquina. [ 11 ] Peter, coa axuda de Olivia, entra na version do primeiro universo da maquina e experimenta unha vision do futuro onde o universo paralelo fora destruido e na que o primeiro universo esta a piques de sufrir mesmo destino. De volta ao presente, Peter altera o seu plan e utiliza a maquina para crear unha ponte e unir nunha sala aos habitantes de ambos os dous universos para que poidan resolver o seu dilema. Non obstante, Peter desaparece e tanto os dous Walter coma as duas Olivia esquecen a sua existencia. [ 12 ]

A cuarta temporada comeza nunha lina do tempo alternativa , na que Setembro non salvou a version alternativa de Peter en 1985, segundo os Observadores. [ 13 ] Isto crea un efecto bolboreta e influe no pasado dos personaxes principais, pero tamen estabiliza os dous universos debido a creacion da ponte entre eles. Peter reaparece axina nesta nova cronoloxia grazas as accions da Division Fringe da cronoloxia alternativa. Despois de atopar algunhas dificultades, ambas as divisions Fringe confian nel e Peter prestalles a sua axuda cos casos que investigan. Asemade, Peter busca o xeito de regresar a sua lina do tempo ao comprobar que os seus recordos estan alterando os recordos da Olivia desta cronoloxia. Non obstante, tras atopar a Setembro ferido, Peter descobre que esta lina do tempo e realmente a sua e, logo de sabelo, retoma a sua relacion amorosa con Olivia. [ 14 ] Setembro tamen revela que os Observadores tiveran que eliminar o fillo de Peter, Henry, para asegurar a creacion do seu futuro. Non obstante, sinala que a futura filla de Peter e Olivia sera importante. [ 15 ] Entrementres, William Bell da ordes a David Robert Jones, vivo nesta cronoloxia, de traballar coa version de Nina Sharp do universo paralelo para sincronizar os dous universos, co obxectivo de destruilos coa axuda dos poderes que o Cortexiphan deu a Olivia, para asi crear un terceiro universo baixo o seu control. A Division Fringe vese na obriga de pechar a ponte dimensional, pero isto non deten o plan de Bell. Walter soamente ve unha opcion para salvar o mundo: disparar e matar a Olivia, parando o proceso coa sua morte. Bell consegue escapar, e Walter extrae a bala da cabeza de Olivia para permitir que o Cortexiphan cure os tecidos e devolva a Olivia a vida. Despois destes acontecementos, a Division Fringe recibe un maior orzamento. Ademais, Olivia descobre que esta embarazada de Peter. Con todo, Setembro aparecelle a Walter e alertao de que "xa venen", [ 16 ] facendo alusion a un futuro distopico do ano 2036 visto no episodio "Letters of Transit" no que os Observadores, despois de arruinaren a Terra nun futuro distante, viaxaran atras no tempo ata o 2015 e purgaran gran parte da humanidade para tomaren o mundo como seu. Os Observadores subxugan aos superviventes e modifican o medio ambiente do planeta para facelo mais axeitado para eles. [ 17 ]

A quinta e ultima temporada continua a historia en 2036 onde a deixara o episodio "Letters of Transit"; [ 18 ] os membros da Division Fringe foron capaces de meterse en ambar para evitar seren capturados despois da purga levada a cabo polos Observadores en 2015. Henrietta ("Etta"), a filla de Peter e Olivia que desaparecera pouco despois da chegada dos Observadores en 2015, consegue reunilos de novo. Walter revela que el e mais Setembro desenvolveran un plan para derrotar os Observadores. O plan estaba explicado en gravacions feitas nunha serie de cintas de video metidas tamen en ambar e agochadas no laboratorio de Walter na Universidade de Harvard. As citas levan ata varios componentes que conforman un dispositivo, incluindo un neno Observador chamado Michael. As gravacions tamen aluden a un home chamado Donald que axudou a Walter na preparacion do plan. Etta e asasinada durante o seguimento das pistas deixadas nas cintas, provocando que Olivia e Peter completen o plan na sua memoria. A traves de Michael, o equipo descobre que Donald e Setembro, que foi despoxado dos seus poderes de Observador por axudar a Division Fringe, e que Michael e o seu fillo xenetico, que fora criado deliberadamente como anomalia no futuro distante dos Observadores. Setembro explica que o plan e enviar a Michael ao ano 2167, momento no que comezaron os experimentos xeneticos en humanos para erradicar as emocions en favor da intelixencia, feito que levou a creacion dos Observadores. Ao mostrar aos cientificos que Michael posue tanto emocions como intelixencia, os experimentos cesarian e nunca se crearian os Observadores. Setembro preparase para levar a Michael ao futuro cando o plan se pon en marcha, pero recibe un disparo e morre no ultimo momento; Walter, consciente de que ia ter que facer un sacrificio, leva a Michael ao futuro para asegurarse de que o plan se leve a cabo. Como predeciran, o tempo restablecese desde a invasion en 2015; os Observadores nunca invaden o planeta e Peter, Olivia e Etta viven as suas vidas tranquilamente.

Universo paralelo [ editar | editar a fonte ]

A maior parte do arco argumental de Fringe ten presente a existencia dun universo paralelo que se asemella moito ao orixinal, malia contar con numerosas idiosincrasias historicas. Exemplo disto son os atentados do 11 de setembro de 2001 ; malia que este acontecemento tamen ocorreu no universo paralelo, o World Trade Center non foi danado nos ataques, deixando os edificios intactos na cidade de Manhatan do universo paralelo, nos que se atopan as oficinas do doutor William Bell. [ 19 ] [ 20 ]

Os produtores estaban moi interesados en construir un mundo, e a introducion do universo paralelo na historia permitiulles crear un mundo moi similar con numerosos detalles diferentes. Este universo paralelo trouxolles a posibilidade de mostrar "como as pequenas decisions que se toman definen a cadaquen como persoa e poden cambiar a vida de moitos xeitos", segundo o codirector Jeff Pinkner. [ 19 ] Con todo, os produtores tamen se decataron de que o concepto do universo paralelo podia ser confuso para os espectadores e introduciron elementos aos poucos ao longo das duas primeiras temporadas antes dunha maior revelacion ao final da segunda temporada e durante toda a terceira. J.H. Wyman comentou que, a miudo, pasaba as ideas da historia sobre o universo alternativo a seu pai para ver se tinan sentido e traballar naqueles aspectos do guion que atopase confusos. [ 21 ] A construcion deste novo mundo tamen lles concedeu a oportunidade de elaborar historias centradas unicamente nos personaxes do universo paralelo, con case que ningunha ligazon cos personaxes principais. Nas palabras de Wyman, puideron "facer duas series a partir dunha soa". [ 22 ]

Codigo de glifos [ editar | editar a fonte ]

Antes das pausas para a publicidade, mostrase rapidamente a imaxe dun glifo . Abrams revelou nunha entrevista que os glifos tinan un significado agochado. "Tratase dunha cousa que facemos para a xente que queira descubrilo e seguir as pistas, pero non e algo que un espectador tena que considerar ao ver a serie". [ 23 ] Abrams tamen dixo que as ras aparentemente non relacionadas cunha letra grega phi (Φ) no seu lombo que aparecian nas promocions da serie tenen un significado dentro do contexto da narracion, dicindo que "e parte do codigo da serie". [ 23 ] Un editor da paxina web de tecnoloxia Ars Technica descubriu que o codigo de glifos simplemente se trataba dun cifrado por substitucion utilizado para deletrear unha soa palabra relacionada co episodio. [ 24 ] Ademais, alguns dos glifos tenen certa importancia na resolucion dalgun caso.

Secuencia de apertura [ editar | editar a fonte ]

A secuencia de apertura estandar da serie inclue imaxes dos glifos xunto a palabras que representan temas da ciencia limite, como "teletransportacion" e "materia escura". Durante a terceira temporada, naqueles episodios que se desenvolven principalmente no universo paralelo, aparecen novas palabras, como "hipnose" e "neurociencia" seguindo un formato similar, ainda que cun ton vermello de fondo no canto do azul orixinal. Estas diferenzas na cor levou aos afeccionados a chamar o universo orixinal o universo azul, en contraste co paralelo, o universo vermello. [ 25 ] No episodio "Entrada" da terceira temporada, a secuencia emprega unha mestura das versions azul e vermella, dado que os acontecementos mostrados tenen lugar en ambos os dous universos por igual. [ 26 ] Nos dous episodios en modo de flashback , "Peter" e "Suxeito 13", [ 27 ] introduciuse unha nova variacion da secuencia, con graficos retro que lembran a tecnoloxia dos anos 80 e frases como "computadores persoais" e "enxenaria xenetica". [ 28 ] Pola sua banda, o futuro distopico mostrado no episodio "O dia que morremos" [ 29 ] da terceira temporada emprega un ton negro, con palabras como "esperanza" e "auga". [ 30 ] O primeiro episodio da cuarta temporada, "Neither Here Nor There" trae consigo un ton ambar na secuencia de apertura, con novos termos, que se manten en case todos os episodios da temporada. [ 31 ] O episodio "Letters of Transit" da cuarta temporada e todos os episodios da quinta temporada, que regresan ao futuro universo distopico, mostran unha secuencia de apertura con tons frios con termos como "alegria", "pensamento privado" e "libre albedrio", conceptos e ideas perdidos neste futuro. [ 32 ] Compre dicir tamen que hai un fotograma na secuencia de apertura no que aparecen rapidamente as palabras "Os Observadores estan aqui". [ 33 ]

Elenco [ editar | editar a fonte ]

Elenco e equipo de Fringe na San Diego Comic-Con de 2010. Da esquerda á dereita: Jasika Nicole (Astrid Farnsworth), Blair Brown (Nina Sharp), Lance Reddick (Phillip Broyles), John Noble (Walter Bishop), Joshua Jackson (Peter Bishop), Anna Torv (Olivia Dunham) e os produtores executivos J. H. Wyman e Jeff Pinkner.

Elenco e equipo de Fringe na San Diego Comic-Con de 2010. Da esquerda a dereita:
Jasika Nicole (Astrid Farnsworth), Blair Brown (Nina Sharp), Lance Reddick (Phillip Broyles), John Noble (Walter Bishop), Joshua Jackson (Peter Bishop), Anna Torv (Olivia Dunham) e os produtores executivos J. H. Wyman e Jeff Pinkner .


Principal [ editar | editar a fonte ]

  • Anna Torv como Olivia Dunham (temporadas 1?5)
  • Joshua Jackson como Peter Bishop (temporada 1?5)
  • John Noble como Dr. Walter Bishop (temporada 1?5)
  • Lance Reddick como Phillip Broyles (temporada 1?4; recorrente na temporada 5)
  • Jasika Nicole como Astrid Farnsworth (temporada 1?5)
  • Blair Brown como Nina Sharp (temporada 1?4; recorrente na temporada 5)
  • Kirk Acevedo como Charlie Francis (temporada 1; temporada 2: episodios 1?4, 11; recorrente na temporada 3)
  • Mark Valley como John Scott (temporada 1: episodios 1?13)
  • Seth Gabel como Lincoln Lee (recorrente nas temporadas 2?3; elenco principal na temporada 4; estrela invitada na temporada 5)
Mark Valley fixo do compañeiro e parella de Olivia, John Scott, na primeira temporada.
Mark Valley fixo do companeiro e parella de Olivia, John Scott, na primeira temporada.
Seth Gabel apareceu nalgúns episodios das temporadas 2 e 3, para logo unirse a Fringe como principal na temporada 4 como o axente Lincoln Lee; apareceu como estrela invitada na temporada 5.
Seth Gabel apareceu nalguns episodios das temporadas 2 e 3, para logo unirse a Fringe como principal na temporada 4 como o axente Lincoln Lee; apareceu como estrela invitada na temporada 5.
Michael Cerveris fai de Setembro, un dos Observadores; aparece varias veces ao longo da serie.
Michael Cerveris fai de Setembro, un dos Observadores; aparece varias veces ao longo da serie.
Leonard Nimoy interpreta a William Bell, socio de Walter, tanto nas temporadas 1, 2 e 4, como na súa versión animada na temporada 3.
Leonard Nimoy interpreta a William Bell, socio de Walter, tanto nas temporadas 1, 2 e 4, como na sua version animada na temporada 3.

Recorrente [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Buchanan, Jason. "Fringe [TV Series] (2008)" . AllMovie . Rovi Corporation . Consultado o 18-01-2013 .  
  2. crtvg.es, ed. (27 de setembro de 2011). "A tvG2 ofrece a innovadora serie de ciencia ficcion "Fringe", agora os mercores a noite" . Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012 . Consultado o 20 de febreiro de 2012 .  
  3. 3,0 3,1 Brad Anderson (director), Jeff Pinkner (guion), J. H. Wyman (guion), Akiva Goldsman (historia), Bryan Burk (historia) (12-05-2009). "There's More Than One of Everything". Fringe . Tempada 1. Episodio 20. Fox .  
  4. Norberto Barba (director), David H. Goodman (guion), Glen Whitman (historia), Robert Chiappetta (historia) (10-02-2009). "Ability". Fringe . Tempada 1. Episodio 14. Fox .  
  5. Joe Chappelle (director), Zack Stentz (guionista), Ashley Miller (guionista) (08-10-2009). "Momentum Deferred". Fringe . Tempada 2. Episodio 4. Fox .  
  6. David Straiton (director), Jeff Pinkner (guion/historia), J. H. Wyman (guion/historia), Josh Singer (guion/historia), Akiva Goldsman (historia) (01-04-2010). "Peter". Fringe . Tempada 2. Episodio 16. Fox .  
  7. Anthony, Ted (20 de xaneiro de 2011). "Fox's 'Fringe' a Not-So-Distant Mirror of Our Era" . Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2012 . Consultado o 21 de xaneiro de 2011 .  
  8. Akiva Goldsman (director/guionista), Jeff Pinkner (guionista) J. H. Wyman (guionista), (13-05-2010; 20-05-2010). "Over There". Fringe . Tempada 2. Episodio 22?23. Fox .  
  9. Joe Chappelle (director), Jeff Pinkner (guionista), J. H. Wyman (guionista) (23-09-2010). "Olivia". Fringe . Tempada 3. Episodio 1. Fox .  
  10. Brad Anderson (director), Jeff Pinkner (guionista), J. H. Wyman (guionista) (02-12-2010). "Entrada". Fringe . Tempada 3. Episodio 8. Fox .  
  11. Dennis Smith (director), Alison Schapker (guionista), Monica Owusu-Breen (guionista) (25-03-2011). "Bloodline". Fringe . Tempada 3. Episodio 18. Fox .  
  12. Joe Chappelle (director), Jeff Pinkner (guion/historia), J. H. Wyman (guion/historia), Akiva Goldsman (historia) (06-05-2011). "The Day We Died". Fringe . Tempada 3. Episodio 22. Fox .  
  13. Joe Chappelle (director), Jeff Pinkner (guion/historia), J. H. Wyman (guion/historia), Akiva Goldsman (historia) (23-09-2011). "Neither Here Nor There". Fringe . Tempada 4. Episodio 1. Fox .  
  14. J. H. Wyman (director/guionista), Graham Roland (guionista) (23-03-2012). "A Short Story About Love". Fringe . Tempada 4. Episodio 15. Fox .  
  15. Jeffrey Hunt (director), David Fury (guionista) (24-02-2012). "The End of All Things". Fringe . Tempada 4. Episodio 14. Fox .  
  16. Joe Chappelle (director), Jeff Pinkner (guionista), J. H. Wyman (guionista), Akiva Goldsman (guionista) (04-05-2012; 11-05-2012). "Brave New World". Fringe . Tempada 4. Episodio 21?22. Fox .  
  17. Joe Chappelle (director), Akiva Goldsman (guionista), J. H. Wyman (guionista), Jeff Pinkner (guionista) (20-04-2012). "Letters of Transit". Fringe . Tempada 4. Episodio 19. Fox .  
  18. Truitt, Brian (15-07-2012). " ' Fringe' stars, fans feel the love going into final season" . USA Today . Consultado o 16-07-2012 .  
  19. 19,0 19,1 Shen, Maxine (30-10-2010). " ' Fringe' goes over there" . New York Post . Arquivado dende o orixinal o 03-12-2010 . Consultado o 19-12-2010 . [...] how small choices that you make define you as a person and can change your life in large ways down the line.  
  20. Huddleston, Kathie (23-09-2010). "A sneak peek at tonight's season 3 Fringe debut" . Blastr . Arquivado dende o orixinal o 08-09-2012 . Consultado o 10-05-2012 .  
  21. Truitt, Brian (16-09-2010). "‘Fringe’ producers on alternate universes and a third season: ‘We’re interested in world building’" . USA Today . Arquivado dende o orixinal o 22-12-2010 . Consultado o 17-12-2010 .  
  22. Goldman, Eric (30-03-2011). "Fringe's Future: Walternate's Plan, Olivia as Bell, More" . IGN . Consultado o 30-03-2011 . [...] make two shows about one show [...]  
  23. 23,0 23,1 Topel, Fred (05-09-2008). "J.J. Abrams on TV’s Fringe" . SuicideGirls.com. Arquivado dende o orixinal o 01-09-2013 . Consultado o 08-01-2009 . It's something that we're doing for people who care to figure it out and follow it, but it's not something that a viewer has to consider when they watch the show.”
    “[...] it's part of the code of the show.
     
  24. Sadun, Erica (07-04-2009). "Ars cracks TV Fringe code" . Ars Technica . Consultado o 08-11-2009 .  
  25. Link, Jessie (15-10-2010). " " Fringe" recap: Two shapeshifters revealed" . Salon . Consultado o 05-06-2011 .  
  26. Tucker, Ken (02-12-2010). " ' Fringe' recap: 'Entrada' and exits, lives saved and lost" . Entertainment Weekly . Arquivado dende o orixinal o 08-08-2011 . Consultado o 04-06-2011 .  
  27. "Suxeito 13" na version en galego; "Subject 13" na orixinal.
  28. Murray, Noel (01-04-2010). " " Peter " " . A.V. Club . Consultado o 05-06-2011 .  
  29. "O dia que morremos" na version en galego; "The Day We Died" na orixinal.
  30. Jensen, Jeff (13-05-2011). " ' Fringe': Exec producers Jeff Pinkner, J.H. Wyman answer fan questions about the finale -- EXCLUSIVE" . Entertainment Weekly . Arquivado dende o orixinal o 13-06-2011 . Consultado o 05-06-2011 .  
  31. Hanson, Andrew (24-09-2011). "‘Fringe’ recap: In a world without Peter..." . Los Angeles Times . Consultado o 24-09-2011 .  
  32. Brown, Laurel (18-04-2012). " ' Fringe' Videos: A 'Letters of Transit' Promo and New Title Sequence" . Buddy TV. Arquivado dende o orixinal o 25-04-2012 . Consultado o 22-04-2012 .  
  33. "Another Look At The FRINGE Future Intro Sequence ? Screencaps & Video" . Seriable . 07-05-2011. Arquivado dende o orixinal o 17-12-2011 . Consultado o 22-04-2012 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]