Francisco Anon

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaFrancisco Anon

Anon nun gravado de Ricardo Balaca.
Nome orixinal (gl) Francisco Anon Paz Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 9 de outubro de 1812 Editar o valor em Wikidata
Boel, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 20 de abril de 1878 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion poeta , escritor , xornalista , xurista Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1845 Editar o valor em Wikidata -
Xenero artistico Poesia
Movemento Romanticismo Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela , lingua galega e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Irmans Nicolasa Anon e Tomas Anon Paz Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Francisco Anon Paz , nado en Boel ( San Pedro de Outes , Outes ) o 9 de outubro de 1812 e finado en Madrid o 20 de abril de 1878 , foi un poeta e xornalista galego precursor do Rexurdimento . Dedicouselle o Dia das Letras Galegas no ano 1966 .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Casa de Anon en Outes.
Francisco Anon, c. 1846-1851. [ 1 ]

Era fillo dunha familia labrega acomodada. Estudou Filosofia e Teoloxia no seminario de Santiago de Compostela e licenciouse en Xurisprudencia na Universidade de Santiago ( 1845 ). Participara na actividade da Academia Literaria e colaborara coa primeira xeracion provincialista . Por eses anos comeza a escribir e publicar poemas, alguns deles en galego.

En 1846 , tras os acontecementos revolucionarios , marcha para Lisboa , onde vivia como libreiro o seu curman Diego Campos. Ali reside ate 1850 cando marcha de viaxe por Francia , Italia e o sur de Espana ao servizo de lord Shanford, un ingles, transcorrendo a maior parte da sua vida fora de Galicia.

Logo reside en Sevilla e Madrid (1861), onde vive do xornalismo e dando clases de idiomas a domicilio. Regresa a Portugal e logo da revolucion de setembro de 1868 , de novo, a Madrid. Vai a Galicia, onde reside un ano (1868-1869) e marcha definitivamente para Madrid.

Durante uns meses traballa como funcionario do Ministerio de Graza e Xustiza , mais cesa ao pouco tempo. Malvive escribindo ate que en 1875 se funda en Madrid a asociacion La Galicia Literaria , da que e nomeado presidente. Esta asociacion, creada por Teodosio Vesteiro Torres , ten como fin reunir os intelectuais galegos de Madrid e animalos para seguir a escribir.

Anon e un personaxe do Divino sainete de Curros .

Anon pasa os ultimos anos da sua vida sumido na penuria, e morre na mais absoluta miseria. Foi soterrado no Cemiterio Norte madrileno, mais os seus restos desapareceron co tempo nunha foxa comun.

Anon gozou de moita popularidade no seculo XIX . Parte desta popularidade e debida a Curros Enriquez , que o escolle como guia no seu Divino Sainete . Curros admiraba a Anon como o "vello mestre" e identificabase coas suas ideas progresistas e anticlericais .

Obra [ editar | editar a fonte ]

Anon escribiu na sua vida poesia en galego , castelan e portugues . Despois de morrer deixou os seus poemas ciscados en xornais e outros nas mans de amigos e parentes aos que llelos dedicara. Unha vez morto, os seus contemporaneos comezan o traballo de recoller a sua obra.

A primeira compilacion foi feita pola Biblioteca de "La Concordia", en Vigo en 1878 . En 1879 o semanario El Tambre , de Noia , publica as suas poesias en folletins. En 1889 publicase a edicion da " Biblioteca Gallega " de Martinez Salazar ( A Coruna ). [ 2 ]

Album de la Caridad . Juegos Florales de La Coruna en 1861 . [ 3 ]

Xose Maria Alvarez Blazquez recibiu a obra de Anon inedita que posuia o seu sobrino-neto. Con este material e o xa publicado con anterioridade, Fernando Bel Ortega fai a sua tese de doutoramento (1991), na que constitue a recompilacion mais completa: 39 poemas en galego, 7 en portugues e 107 en castelan. [ 4 ]

A maioria dos poemas de Anon son improvisacions as que el non lle daba importancia, o que xustifica que o tema mais usado sexa o da poesia de circunstancias, cargadas de humor e de satiras . De todos os xeitos, o mais importante da sua obra son os poemas nos que canta a Galicia como patria da infancia e aqueles nos que describe tipos e costumes galegos. Estes son os poemas fundamentais da obra de Anon, destacando o famoso poema "Recordos da infancia" ( 1845 , cunha segunda version anos despois).

Un segundo tipo de poemas son os que cantan costumes e situacions do mundo popular, as veces con ironia . O mais famoso e "Alma en pena" ( 1860 ). Anteriores a 1862 son "O magosto" ou "A leiteira". No que se refire aos poemas de circunstancias, escribiu varios poemas deste tipo en galego. Estas obras estan dedicadas a amigos ( Vesteiro Torres ), familiares reais ou imaxinados (Eduardo Campos ou a sua "filla" Eufrosina) ou persoeiros da epoca (os reis), nestes poemas atopamos moitas veces o humor ou a ironia.

Moitas das improvisacions mencionadas anteriormente tenen intencion ironica, como os "Epigramas". Tamen se conservan poemas amorosos, ainda que non son moitos. Entre eles, "Amor apresurado" ( 1869 ) ou "A Sabelina". Se por algo foi conecido Anon foi por ser o "poeta dos Himnos", destacando o "Himno a agricultura" ( 1873 ), o "Hymno dos povos" (en portugues) ou os poemas dedicados a Galicia.

No que se refire a sua obra noutras linguas, os poemas en castelan son os mais numerosos e os que tenen mais variedade canto aos temas, ainda que tenen as mesmas motivacions que os escritos en galego. Os poemas dedicados a patria da sua infancia en ningun momento chegan a ter a calidade dos escritos en galego.

Os poemas en portugues non tenen o interese literario que posuia a outra obra do autor. Destaca nesta lingua o "Hymno dos povos", himno revolucionario que supuxo a sua expulsion de Portugal.

O corpus poetico conten, entre outras poesias, catro dedicadas a Galicia. Estes poemas estan escritos en galego (tres deles) e en castelan (un). As poesias en cuestion son:

O Recordo, A Galicia
A Galicia (Ay esperta, adorada Galicia,)
A Galicia (Dos teus recordos vivo ¡Galicia encantadora!)
A Galicia, visitada por el Rey Don Amadeo I.
Poesias gallegas y castellanas , 1889, pdf Biblioteca Gallega .

Analizandoos un por un, o "O Recordo, A Galicia" e unha obra de corenta e oito versos escrito en febreiro de 1857 cuxo tema principal e a exaltacion de Galicia centrandose na paisaxe e nos recordos da infancia. Para o autor, Galicia e unha especie de paraiso onde pasou os momentos mais felices da sua vida. Galicia e un lugar idoneo para a felicidade , terra para o amor e chea de festas. Neste sentido, resulta moi interesante a comparacion que fai Anon de Galicia cun "celico Eden". A composicion ten un destacado ton biografico. Ademais dos recordos da infancia, fala dalguns dos lugares que visitou ao longo da sua vida (Lisboa, Francia ou Italia). Esta citas permitelle comparar Galicia con estes lugares, os mais valorados nesa epoca, e aos que Galicia non ten nada que envexar. A descricion da paisaxe da que antes falabamos, unense as referencias pastoris, que dotan ao poema dun ton bucolico, que nos recorda o estilo das eglogas da literatura clasica.

Busto de Anon en Outes .

Con "A Galicia (Ay esperta, adorada Galicia)" ganou o accesit ao primeiro premio nos Xogos Florais da Coruna de 1861 . Este feito, ademais de non gustar en absoluto a Anon, provocou a composicion do poema "O meu amigo Anton Mª d´a Iglesia", no que deixa ben patente o seu enfado. O poema esta escrito en oitavas italianas (conta cunha metrica culta) e comeza coa cita dunha balada popular. Observamos asi a mestura do popular e do culto na composicion. De novo aparece a exaltacion de Galicia como o "paraiso" da infancia que o poeta desexa recuperar. Aparece unha descricion da paisaxe destacando a sua beleza e a sua riqueza natural. Mais neste poema temos un novo aspecto que non aparecia no anterior, Galicia esta sumida nun profundo sono do que debe acordar para asi recuperar a importancia que tivo noutras epocas. Polo tanto, nesta composicion aparece a denuncia politica e social. Galicia debe erguerse e sair da situacion na que se atopa, mais para facer isto necesita axuda. Por iso Anon apela aos "escritores poetas guerreiros" e a todos os fillos de Galicia para que leven a cabo ese labor. As persoas que fagan isto veranse premiadas, pois os seus nomes pasaran a historia. Outra mencion interesante e a que se fai do "imperio d´a industria", que nos fai recordar certas obras de Curros Enriquez nas que aparece tratado o tema do progreso (recordemos a admiracion que Curros sentia por Anon). Mais tamen aparece outro sono no poema, e o sono por regresar a sua terra. Anon ve Galicia como o lugar da sua felicidade e por iso sente que debe volver antes de morrer.

O terceiro poema con este titulo e "A Galicia (Dos teus recordos vivo ¡Galicia encantadora!)". Esta composicion foi escrita en Madrid en 1877 (pouco antes de morrer) e compuxose en quintetos. Nesta obra aparecen de novo os topicos da paisaxe e da esperanza no progreso que xa foran utilizados nos outros dous poemas. Canto a paisaxe, Anon compara outra vez a sua patria cun Eden, ese paraiso da infancia a onde quere regresar antes de morrer. Neste poema este desexo faise mais importante, quizais Anon presentise que lle quedaba pouco tempo de vida. Ademais, chega a dicir que a sua morte se debe ao feito de estar lonxe de Galicia. Temos unha referencia a un futuro prometedor, destacando a importancia que lle da ao ferrocarril para o progreso das cidades galegas (ao igual que Curros). Por outro lado, fala dos galegos ilustres, como exemplos de que a sua terra viu e vera nacer persoas que lograran un porvir dourado para Galicia. Concretamente, nomea a Feijoo e a Casto Mendez Nunez .

O ultimo dos poemas con este titulo e "A Galicia, visitada por el Rey Don Amadeo I". Esta obra e a unica con esta tematica escrita en castelan. Foi escrita en 1872 en Madrid. So polo titulo vese que o poema, mais que unha obra de ton "patriotico", pode ser cualificado como de circunstancias (pois e composto co motivo da visita dun rei a Galicia). Ainda asi, incluese neste traballo pola sua singularidade. Non hai referencias a paisaxe e so se atopa un canto ao futuro porvir que lle espera a Galicia. O pais ten un grande futuro por diante, mais necesita acordar do seu sono. Hai ademais unha referencia ao novo sistema politico, unha monarquia que respecta a liberdade dos cidadans e a sua soberania.

Os temas recorrentes na poesia de Francisco Anon son a paisaxe, os recordos da infancia, a denuncia da situacion de Galicia e a esperanza no progreso do futuro. Nos primeiros poemas predominan as duas primeiras e, conforme avanza o tempo, as outras duas van adquirindo mais protagonismo.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Francisco Anon imaxinado por unha intelixencia artificial a partir dun seu gravado. Autor: Manuel Gago Marino

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]