Francisca Herrera Garrido

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaFrancisca Herrera Garrido

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 6 de marzo de 1869 Editar o valor em Wikidata
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 5 de novembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Provincia da Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura cemiterio de Santo Amaro da Coruna Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escritora , poetisa Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Poesia , novela
Lingua Lingua castela e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 20595
Nota

Francisca Herrera Garrido , nada na Coruna o 6 de marzo de 1869 e finada na mesma cidade o 4 de novembro de 1950 , [ 1 ] foi unha escritora galega, primeira muller elixida academica na Real Academia Galega . En 1987 dedicouselle o Dia das Letras Galegas .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Nada na rua do Principe, nunha familia da alta burguesia corunesa. Foi filla de Manuel Herrera Hernandez e Josefa Garrido Matos, filla esta de Andres Garrido, un banqueiro local. Viviu na sua cidade natal ate agosto de 1909, cando marchou cunha irma a Madrid , volvendo no veran e no Nadal a Galicia, concretamente en Oleiros ata que no transcurso da guerra civil espanola volveu definitivamente a Coruna.

Foi sempre fondamente relixiosa e conservadora, destacando nos seus ataques as mulleres feministas que loitaban por conseguir o sufraxio feminino . Igualmente, nos seus textos deixa claras as diferenzas de deberes e dereitos entre senores e campesinos.

Vecina, alumna e amiga de Rosalia de Castro , foi unha escritora autodidacta ainda que segue o estilo literario daquela. Escribiu case toda a sua obra en galego asi como algunhas novelas en castelan ( Pepina , Reproba e Familia de lobos ) e a sua tematica centrase no ruralismo, a muller como nai, e a renuncia feminina. A sua obra amosa unha gran riqueza linguistica, cun galego rico e coidado. [ 2 ]

Foi a primeira muller en ser nomeada membro numerario da Real Academia Galega , o 4 de marzo de 1945 , ocupando o lugar de Lisardo Rodriguez Barreiro , que morrera en 1943 . Non chegou a ler o seu discurso de ingreso, sobre Rosalia e os poetas da raza, polo atraso inexplicable do presidente da Academia en mandarllo ao academico Antonio Couceiro Freijomil , para que redactase a resposta, e a demora deste para entregala na Academia, cousa que non fixo ata o 28 de febreiro de 1949 . [ 3 ]

A sua traxectoria comezou a reconecerse ao serlle dedicado o Dia das Letras Galegas do ano 1987. [ 4 ]

Obra [ editar | editar a fonte ]

Placa na sua casa.
  • Sorrisas e bagoas (poemario en galego; Madrid, 1913).
  • Almas de muller... ¡volallas n'a luz! (poemario en galego; A Coruna, 1915).
  • Frores do noso paxareco (poemario en galego; ¡Terra a Nosa! nº 11, A Coruna, 1919).
  • Neveda (novela en galego, 1920). Despois incluida na Biblioteca de Autores Galegos e na Biblioteca das Letras Galegas . [ 5 ]
  • "A muller galega" (ensaio; Nos , 15 de agosto de 1921; escrito en Oleiros o 28 de marzo de 1916). [ 6 ]
  • A ialma de Mingos (novela en galego; Editorial Celtiga , 1922).
  • Pepina (novela en castelan, Editorial Marineda, Madrid, 1922).
  • Martes de Antroido (novela en galego; Lar , 1925; portada de Camilo Diaz ).
  • Reproba (novela en castelan, 1925).
  • A neta de naipera (novela en galego; Nos , 1925).
  • Familia de lobos: la novela del obrero (novela en castelan, 1928).

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Videos externos
Mulleres nas Letras: de onte a hoxe Deputacion da Coruna

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]