한국   대만   중국   일본 
Ezra Pound - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ezra Pound

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEzra Pound

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (en) Ezra Weston Loomis Pound Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 30 de outubro de 1885 Editar o valor em Wikidata
Hailey, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 1 de novembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Venecia, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morte doenza gastrointestinal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemetery of San Michele (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Homer Pound House (en) Traducir (1885?1887) Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Ideoloxia politica Fascismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Pensilvania
Hamilton College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion poeta , escritor , economista , xornalista , locutor de radio , autobiografo , compositor , tradutor , critico literario , historiador da literatura Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1909 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Profesores Herman Vandenburg Ames (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
Conxuxe Dorothy Shakespear (1914?)
Parella Iseult Gonne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Fillos Mary de Rachewiltz (pt) Traducir
  ( ) Olga Rudge (en) Traducir
Omar Pound (en) Traducir
  ( ) Dorothy Shakespear (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Homer Loomis Pound (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Isabel Weston (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Thaddeus C. Pound (pt) Traducir ( avo paterno ) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1066317 BNE: XX1146129 Bitraga: 1208 Dialnet: 158475 Musicbrainz: dfa199c1-ff92-409a-ad01-1e91c299e075 Discogs: 260614 IMSLP: Category:Pound,_Ezra WikiTree: Pound-317 Find a Grave: 833 Genius: Ezra-pound Editar o valor em Wikidata
Ezra Pound cara 1920

Ezra Weston Loomis Pound , nado o 30 de outubro de 1885 e finado o 1 de novembro de 1972 , foi un poeta, musico e critico estadounidense expatriado, membro da chamada xeracion perdida ( Lost generation ), que foi unha das figuras senlleiras do movemento poetico moderno de comezos e mediados do seculo XX . Foi fundador ou cofundador de movementos como o imaxinismo e o vorticismo . Seguidor de Benito Mussolini , eran conecidas as suas simpatias fascistas .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Pound naceu en Hailey, Idaho , os seus pais foron Homer Loomis e Isabel Weston Pound. Estudou dous anos na universidade de Pensilvania e recibiu licenzatura en filoloxia romanica polo Hamilton College en 1905 . Durante os seus estudos en Pensilvania coneceu e fixose amigo do poeta William Carlos Williams e de Hilda Doolittle ( H.D. ) coa que tivo unha relacion amorosa. Hilda Doolitle tivo tamen relacion cunha muller, Frances Gregg, coa que partiu despois para Europa . Pound foi profesor no Wabash College de Crawfordsville, Indiana , durante menos dun ano. En 1908 marchou a Europa e, despois de pasar uns meses en Venecia estableceuse en Londres .

Erza Pound foi amigo do escultor frances Henri Gaudier-Brzeska . Dese encontro naceu o vorticismo , movemento artistico britanico dos principios do seculo XX parecido o futurismo italiano . BLAST foi o xornal dese movemento que so tivo tres numeros.

Bosquexo de Ezra Pound, feito por Gaudier-Brzeska.

Londres [ editar | editar a fonte ]

Os primeiros poemas de Pound foron inspirados polos prerrafaelitas e outros poetas do seculo XIX e da literatura romanica medieval e tamen polas filosofias ocultistas e misticas. En Londres, baixo a influencia de Ford Madox Ford e T. E. Hulme empezou a descartar a linguaxe poetica e a buscar a sua propia identidade como poeta. Consideraba a William Butler Yeats como o mais grande poeta vivo e fixose amigo seu chegando mesmo a ser o seu secretario. Estaba tamen interesado polas crenzas ocultistas de Yeats. Durante a primeira guerra mundial os dous viviron en Stone Cottage en Sussex , Inglaterra , estudando xapones, especialmente o teatro Noh . Prestaron atencion especial as obras de Ernest Fenollosa, profesor americano no Xapon autor de traballos en caracteres chineses que foron transformados por Pound no que el chamaba o metodo ideogramico. En 1914 , Pound casou con Dorothy Shakespear, artista, e filla da novelista e vella amante de Yeats Olivia Shakespear.

Nos anos anteriores a primeira guerra mundial Pound foi o principal responsable da aparicion da corrente literaria do imaxinismo e puxolle o nome a corrente do vorticismo fundada por Wyndham Lewis . Estes dous movementos que facilitaron o conecemento publico de escritores como James Joyce , Wyndham Lewis, William Carlos Williams, H.D., Jacob Epstein , Richard Aldington , Marianne Moore , Rabindranath Tagore , Robert Frost , Rebecca West e Henri Gaudier-Brzeska , foron un acontecemento central na aparicion do modernismo en lingua inglesa. Pound editou tamen a obra The waste land” do seu amigo Thomas Eliot o poema que atraeu a atencion publica cara a nova sensibilidade poetica.

En 1915 Pound publicou Cathay , un pequeno volume de poemas que describiu como “tirado na maior parte de chines de Rihaku (Li Po), das notas de Ernest Fenollosa e dos descifrados dos profesores Mori e Ariga". O volume inclue obras como The River Merchant's Wife (A muller do mercador do rio), A Letter (Unha carta) e A Ballad of the Mulberry Road (Unha balada de Mulberry Road). A diferenza de anteriores tradutores americanos de poesia, Pound ofrecia ao lector traducions libres en verso. Moitos criticos consideran os poemas de Cathay os mellores da poesia imaxinista de Pound. O seu valor coma traducions e, poren, discutido. Nin Pound nin Fenollosa falaban ou lian con soltura o chines e Pound ten sido criticado por engadir ou omitir seccions os seus poemas que non tenen relacion co texto orixinal. Hugh Kenner, nun capitulo chamado "A invencion da China," afirma que cathay debe ser lido coma un libro sobre a primeira guerra mundial e non coma un intento de traducion coidadosa de poemas. Kenner afirma que, mais que traducions, os poemas son experimentos na poetica en ingles e elexias polo occidente en guerra.

A guerra sacudiu a crenza de Pound na moderna civilizacion occidental e pouco despois dela deixou Londres, despois de publicar Homage to Sextus Propertius (Homenaxe a Sextus Popertius) ( 1919 ) e Hugh Selwyn Mauberley ( 1920 ). Estes poemas son como unha despedida dos anos ingleses de Pound, mentres que os Cantos , iniciados en 1915 apuntan o seu novo camino.

Paris [ editar | editar a fonte ]

En 1920 Pound instalouse en Paris onde se moveu entre un circulo de artistas, musicos e escritores que estaban a revolucionar a mundo da arte moderna. Foi amigo de figuras coma Marcel Duchamp , Tristan Tzara , Fernand Leger e outros membros do dadaismo e o surrealismo . Continuou o traballo nos Cantos . O poema reflectia cada vez mais as suas preocupacions politicas e economicas. Durante estes anos escribiu tamen criticas, traducions en prosa e compuxo duas operas coa axuda de George Antheil e algunhas pezas para violin. En 1922 empezou unha relacion coa violinista Olga Rudge. Con ela e con Dorothy Shakespear formou un inquedo menage a trois que ia durar ata a fin da vida do poeta.

Italia [ editar | editar a fonte ]

O 10 de outubro de 1924 , Pound deixa Paris definitivamente e marcha a Rapallo en Italia . Despois dunha breve estancia, el e Dorothy viaxan a Sicilia e volven a Rapallo para asentarse ali en xaneiro de 1925 . En Italia continua a actuar coma catalizador cultural. O escultor Heinz Henghes, por exemplo visitouno e conseguiu, grazas a Pound, aloxamento e material para traballar. O poeta James Laughlin foi animado por Pound a fundar a editora New Directions que seria o vehiculo para moitos novos autores. Nesta epoca Pound organizou unha serie anual de concertos en Rapallo nos que se interpretaron unha ampla variedade de musicas clasicas e modernas. Esta actividade musical contribuiu en parte a redescubrir a musica de Vivaldi , que fora esquecida despois da morte do musico italiano.

Pound fixose un seguidor entusiasta de Mussolini , e nos seus escritos detectanse sentimentos antisemitas (ainda que o antisemitismo non estaba entre as ideas de Mussolini). En 1939 viaxou aos Estados Unidos por primeira vez despois de moitos anos, e parece que considerou establecerse ali, ainda que finalmente volveu a Italia. As causas do retorno, simpatias politicas a parte, foron tamen familiares. Os pais ancians de Pound marcharan a Italia para estar con el e o seu estado de saude non lles permitia xa volver a America . Tina tamen unha filla italiana adolescente (Maria) da sua amante Olga Rudge. Maria vivira, malia ter dobre nacionalidade, toda a sua vida en Italia e non era facil que se decidira a cambiar de residencia.

Despois do comezo da segunda guerra mundial Pound foi un activo propagandista do Eixo . Continuou a traballar en publicacions cientificas e escribiu numerosos artigos xornalisticos. Foi contrario a entrada dos Estados Unidos na guerra e mesmo se dirixiu aos seus contactos politicos en Washington para evita-la. Falou na radio italiana e deu discursos sobre temas culturais. Pound cria que as causas da guerra eran economicas e nos seus discursos atacaba a usura e afirmaba que a democracia representativa fora usurpada pola infiltracion dos banqueiros nos gobernos mediante a creacion dos bancos centrais. Cria que a capacidade dos bancos centrais de emitir dineiro, permitia que os bancos puidesen controlar os medios britanicos e estadounidenses para forzar a sua opinion en favor da guerra e dos mesmos bancos. En politica incorporou denuncias antisemitas o seu discurso contra a guerra. Nunha das suas transmisions radiofonicas afirmou:

“O Xudeu e tan unido co prestamo que e imposible separar esa tortilla. Seria mellor para ti retirarte a Derbyshire e desafiar a Nova Xerusalen, mellor retirarte a Gloucester e atopar un lugar que sexa Inglaterra no canto de loitar polos xudeus e ignorar o proceso.... Tolerache o Xudeu e o Xudeu minou o teu imperio [???] . O Gran Xudeu fixo podrecer cada nacion na que se infiltrou (15 de marzo de 1942).

Ainda que non esta claro que os seus discursos radiofonicos foran escoitados nos Estados Unidos (as emision en onda curta da radio italiana non eran moi fiables), o certo e que os seus escritos tiveron certa influencia en Italia.

Despois da ocupacion aliada do sur de Italia en xullo de 1943 e a formacion da Republica de Salo no norte de Italia por Mussolini, Pound xogou un gran papel nas actividades culturais e propagandisticas da nova republica, que durou ata a primavera de 1945 .

O 2 de maio de 1945 foi arrestado e posteriormente liberado por partisanos italianos. El mesmo se entregou as tropas estadounidenses e foi encerrado nun campo de detencion preto de Pisa onde se di que sufriu unha crise nerviosa. Ali esbozou os Pisan Cants (Cantos pisanos) que significan un cambio de direccion no traballo de Pound, centrado na meditacion sobre a sua propia ruina e a de Europa e sobre a seu lugar no mundo natural. Os Pisan Cantos ganaron o primeiro Premio Bollingen da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos en 1949 .

A reclusion [ editar | editar a fonte ]

Despois da guerra Pound foi levado os Estados Unidos para ser xulgado por traizon. Os cargos cubrian so a epoca na que Italia estaba oficialmente en guerra cos Estados Unidos, antes da captura de Roma e a fuxida de Mussolini. Pound non foi perseguido polas suas actividades en favor da Republica de Salo porque esta nunca fora reconecida polos Estados Unidos. Foi considerado incapacitado para afronta-lo xuizo pola sua saude mental e internado no hospital de St. Elizabeth en Washington, D.C. onde permaneceu entre 1946 e 1958 . O tema do seu recurso por demencia e motivo de controversia porque os seus traballos durante a guerra non parecen corresponder os dunha persoa con problemas mentais. A alegacion de demencia foi parte dunha apelacion destinada a evitar a posible condena a morte do escritor. O caso de Pound e similar o do autor noruegues Knut Hamsun , que colaborou cos nazis e foi declarado tolo pola autoridades despois da guerra, ainda que seguiu a publicar despois da sentenza. No hospital Pound recibia visitas de celebridades literarias e mesmo tivo relacions sexuais coa sua muller e varias amantes. Estivo rodeado de poetas e admiradores e continuou a traballar nos Cantos e a traducir os clasicos confucianos. Un dos visitantes mais asiduos era o presidente do Rights Democratic Party, co que Punmd discutia temas como a preservacion da segregacion racial nos Estados Unidos. Outra visitante asidua era Eustace Mullins investigadora da Biblioteca do Congreso, a que Pound encargou escribir un libro sobre a historia de reserva Federal a que cria responsable da participacion dos estados Unidos nas duas guerras mundiais para acadar mais poder e dineiro para a banca. Coneceu a Hugh Kenner, que co seu libro “The Poetry of Ezra Pound” ( 1951 ) influiu na valoracion da obra de Pound. Entre os visitantes de Pound na epoca contanse a poetisa Elizabeth Bishop , Robert Lowell , Sheri Martinelli, William Carlos Williams e Louis Zukofsky . Pound foi liberado finalmente despois dunha campana levada a cabo por artistas como Robert Frost e Archibald MacLeish.

Preguntado pola sua opinion sobre os Estados Unidos despois de ser liberado, Pound manifestou que era “Un asilo de lunaticos”. Volveu a Italia onde permaneceu ata a sua morte en 1972 .

Volta a Italia e morte [ editar | editar a fonte ]

En Italia Pound continuou a escribir os seus Cantos, ainda que cun certo sentido de fracaso artistico. Allen Ginsberg , nunha entrevista, afirmou que Pound lamentaba moitas das suas posturas anteriores e a presenza do antisemitismo nas suas obras, opinion que algunhas cartas de Pound publicadas despois da sua morte parecen desmentir taxativamente. Pound morreu en Venecia en 1972 .

Obra [ editar | editar a fonte ]

Pound e a musica [ editar | editar a fonte ]

Nos Cantos Pound tentou buscar sempre a cualidade musical da poesia. O ouvido de Pound estaba adestrado na poesia trobadoresca e desafiaba aos novos poetas a exercitar o ouvido con traducions para aprender como funcionaba a escolla das palabras. Mais, despois de traducir textos de dez linguas diferentes considerou que:

Os grandes medos para os novos que queren apender a escribir estrofas son Catulo e Francois Villon . Tivenme que limitar a musicalos porque non os puiden traducir.

En 1919 , Pound comezou unha carreira de compositor novel, segundo escribiu privadamente como oposicion a musica de Claude Debussy . De xeito autodidacta, escribiu unha pequena serie de obras, entre as que se conta a musicalizacion para violin da sextina de Dante "Al poco giorno". Escribiu duas operas “Le Testament” baseada no poema do mesmo nome de Francois Villon e "Cavalcanti", posta en musica de once poemas de Guido Cavalcanti . Pound comezou a componer "Le testament" coa axuda da pianista londiniense Agnes Bedford. Nos anos en Paris (1921-1924), Pound fixose amigo do pianista e compositor americano George Antheil , que colaborou tamen en "Le Testament".

A importancia da obra de Pound [ editar | editar a fonte ]

As posturas politicas de Pound influiron e seguen a influir na valoracion da sua poesia, ainda que os mais dos estudosos lle reconecen a influencia na evolucion da lirica moderna en ingles. Os seus poemas imaxinistas influiron, entre outros, nos obxectivistas, e nos poetas beat . Como critico, editor e promotor axudou nas carreiras de moitos escritores influentes da lingua inglesa como T.S. Eliot , James Joyce , Wyndham Lewis , Robert Frost , William Carlos Williams , H.D., Marianne Moore, Ernest Hemingway , D. H. Lawrence , Louis Zukofsky , Basil Bunting , George Oppen e Charles Olson .

Inmediatamente antes do comezo da segunda guerra mundial interesouse pola arte e asociouse cos vorticistas . Pound inventou o nome do movemento e deulle moita publicidade. Como tradutor colaborou moito a dar a conecer o publico angloparlante as poesias chinesa e provenzal, reactivou o interese polos clasicos confucianos e introduciu a poesia xaponesa clasica e o drama Noh no mundo anglosaxon. Traduciu clasicos gregos, latinos e anglosaxons.

Escolma de obras [ editar | editar a fonte ]

  • 1908 - A Lume Spento , poemas.
  • 1908 - A Quinzaine for This Yule , poemas.
  • 1909 - Personae , poemas.
  • 1909 - Exultations , poemas.
  • 1910 - Provenca , poemas.
  • 1910 - The Spirit of Romance , ensaios.
  • 1911 - Canzoni , poemas.
  • 1912 - Ripostes de Ezra Pound , poemas.
  • 1912 - Sonetos e baladas de Guido Cavalcanti , traducion.
  • 1915 - Cathay , poemas / traducions.
  • 1916 - Algunhas obras nobres do Xapon sacadas dos manuscritos de Ernest Fenollosa, seleccionadas e acabadas por Ezra Pound.
  • 1916 - "Noh", estudo sobre o teatro clasico xapones, complishment:de Ernest Fenollosa e Ezra Pound.
  • 1916 - The Lake Isle , poema.
  • 1917 - Lustra , poemas.
  • 1917 - Doce dialogos de Fontenelle , traducions.
  • 1918 - Quia Pauper Amavi , poemas.
  • 1918 - Pavanas e Divisions , ensaios.
  • 1919 - O cuarto Canto , poemas.
  • 1920 - Umbra, poemas e traducions.
  • 1920 - Hugh Selwyn Mauberley , poemas.
  • 1921 - Poems, 1918-1921 , poemas.
  • 1922 - The Natural Philosophy of Love, de Remy de Gourmont , traducions.
  • 1923 - Indiscretions , ensaios.
  • 1923 - Le Testament , one-act opera.
  • 1924 - Antheil and the Treatise on Harmony , ensaios.
  • 1925 - A Draft of XVI Cantos , poemas.
  • 1927 - Exile , poemas
  • 1928 - A Draft of the Cantos 17-27 , poemas.
  • 1928 - Ta hio, a grande sabedoria, de novo traducida na lingua americana , traducion.
  • 1930 - Imaginary Letters , ensaios.
  • 1931 - How to Read , ensaios.
  • 1933 - A Draft of XXX Cantos , poemas.
  • 1933 - ABC of Economics , ensaios.
  • 1933 - Cavalcanti , opera.
  • 1934 - Homage to Sextus Propertius , poemas.
  • 1934 - Eleven New Cantos: XXXI-XLI , poemas.
  • 1934 - ABC of Reading , ensaios.
  • 1935 - Make It New , ensaios.
  • 1936 - Os ideogramas chinese como medio poetico de Ernest Fenollosa , editado por Ezra Pound.
  • 1936 - Jefferson e/ou Mussolini , ensaios.
  • 1937 - The Fifth Decade of Cantos , poemas.
  • 1937 - Polite Ensaios , ensaios.
  • 1937 - Digest of the Analects, de Confucio , traducion.
  • 1938 - Culture , ensaios.
  • 1939 - What Is Money For? , ensaios.
  • 1940 - Cantos LII-LXXI , poemas.
  • 1944 - L'America, Roosevelt e a Causa da Guerra Presente , ensaios.
  • 1944 - Introduzione a natureza economica dos Estados Unidos , prosa.
  • 1947 - Confucius: the Unwobbling pivot & the Great digest , traducion.
  • 1948 - The Pisan Cantos, poemas.
  • 1950 - Seventy Cantos , poemas.
  • 1951 - Analectas de Confucio , traducion.
  • 1956 - Section Rock-Drill, 85-95 de los Cantares , poemas.
  • 1956 - Women of Trachis, de Sophocles , traducion.
  • 1959 - Thrones: 96-109 de los Cantares , poemas.
  • 1968 - Drafts and Fragments: Cantos CX-CXVII , poemas.
  • 1997 - Ezra Pound and Music , ensaios.
  • 2002 - Canti postumi , poemas
  • 2003 - Ego scriptor cantilenae: The Music of Ezra Pound , operas/musica.