Ellen Johnson Sirleaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEllen Johnson Sirleaf

(2015) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (en) Ellen Johnson-Sirleaf Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 29 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Monrovia, Liberia Editar o valor em Wikidata
24ª Presidente de Liberia
16 de xaneiro de 2006 ? 22 de xaneiro de 2018
←  Charles Gyude Bryant ? George Weah  →
Finance Minister of Liberia (en) Traducir
1979 ? abril de 1980 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Washington, D.C.
Nairobi
Monrovia Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Liberia Editar o valor em Wikidata
Relixion Metodismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Colorado en Boulder (1970?)
Universidade Harvard - Master in Public Administration (en) Traducir (1969?1971)
College of West Africa (en) Traducir (1948?1955)
Universidade de Wisconsin-Madison
Escola de Goberno John F. Kennedy
Madison Business College (en) Traducir - Accounting (en) Traducir
Universidade de Colorado Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollos Preto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do pelo Pelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politica , emprendedora , economista , escritora Editar o valor em Wikidata
Empregador Programa das Nacions Unidas para o Desenvolvemento , directora (1992?1997)
Citibank (pt) Traducir (1981?1985)
Banco Mundial
HSBC (pt) Traducir
Open Society Initiative for West Africa (en) Traducir, presidente Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido True Whig (pt) Traducir (?1980)
Unity Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2014 Encontro Anual do Forum Economico Mundial de 2014 Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe valor desconecido (1956?1961) , divorcio
Parentes Retta (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
5 de novembro de 2017 Paradise Papers
11 de outubro de 2011 2011 Liberian general election (en) Traducir
2005 2005 Liberian general election (en) Traducir
19 de xullo de 1997 1997 Liberian general election (en) Traducir
1956 matrimonio
parto
divorcio Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2770344 Twitter: MaEllenSirleaf Editar o valor em Wikidata

Ellen Johnson-Sirleaf , nada o 29 de outubro de 1938 , e unha politica liberiana . En 2005 foi nomeada presidenta do seu pais, e no ano 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz . A sua vitoria electoral foi formalmente anunciada pola comision electoral liberiana o 23 de novembro de 2005 logo dos comicios presidenciais dese mesmo ano. Foi a primeira muller negra que foi elixida presidenta e asemade a primeira muller elixida xefa de estado en Africa. O seu vicepresidente foi Joseph Boakai . E frecuente que a chamen, como a outras mulleres que chegaron ao poder, a dama de ferro . A revista Forbes nomeouna en 2006 como a 51ª muller mais poderosa do mundo.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Tres dos avos de Johnson-Sirleaf eran indixenas liberianos mentres que o cuarto era un aleman que casou cunha vendedora rural. Este seu avo tivo que marchar do pais cando Liberia, en lealdade cos Estados Unidos lle declarou a guerra a Alemana en 1917 .

Johnson-Sirleaf graduouse no College of West Africa (en Monrovia ), un instituto metodista , e proseguiu os seus estudos de Economia en Madison , Wisconsin , nos Estados Unidos en 1964 , e obtivo o diploma na Universidade de Colorado en 1970 , e un master en administracion Publica pola Universidade Harvard en 1971.

A volta a Liberia tras Harvard, Johnson-Sirleaf conseguiu un posto de asistente no ministerio de Economia do goberno de William Tolbert . En 1980 , o sarxento do exercito Samuel Doe destitue e asasina o presidente Tolbert, ponendolle fin a decadas de relativa estabilidade. Doe era da etnia krahn e o primeiro presidente liberiano que non procedia da elite de descendentes de escravos estadounidenses . Nos dez anos seguintes, Doe levou os krahn a dominar a vida publica.

Durante o goberno de Doe, Johnson-Sirleaf marchou para o exilio en Nairobi , onde traballou para Citibank . Volveu ao pais en 1985 para presentarse ao senado, pero cando falou contra o rexime militar de Doe, foi condenada a dez anos de carcere. Posta en liberdade ao cabo duns meses, exiliouse a Washington, D.C. , e regresou ao pais doce anos despois, en 1997 , como economista , traballando para o Banco Mundial e Citibank en Africa.

Ainda que inicialmente apoiou a rebelion sanguenta de Charles Taylor contra o presidente Samuel Doe en 1990 , despois opuxose a el nas eleccions presidenciais de 1997 . So conseguiu o 10% dos votos, mentres que o seu contrincante Taylor acadaba o 75%. Daquela Taylor acusouna de traizon. Ela fixo campana na sua contra, e foi unha membro moi activa do goberno de transicion que se preparaba para as presidenciais de 2005 . Coa saida de Taylor do pais, colleu o liderado do Partido da Unidade .

Presidencia [ editar | editar a fonte ]

Na primeira rolda das votacions, quedou segunda con 175.520 votos, pasando a segunda volta do 8 de novembro de 2005 contra o exfutbolista George Weah . O 11 de novembro , ta comision electoral de Liberia declaraba a Johnson-Sirleaf presidenta electa de Liberia. O 23 de novembro , ratificaban a decision sinalando que Johnson-Sirleaf librara cando menos un 20% de marxe sobre Weah. Os distintos observadores declararon que o proceso fora xusto e limpo. A toma de posesion, que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2006 asistiron diversas personalidades internacionais, entre as que se atopaban Condoleezza Rice e Laura Bush .

Desafortunadamente para Johnson-Sirleaf, os seareiros do deposto ditador Charles Taylor ainda son abondosos nas filas do goberno liberiano. Edwin Snowe , o seu actual voceiro e terceiro en orde de importancia do goberno, e o xenro de Taylor. A sua muller, Jewel Howard Taylor, e deputada, como tamen o e Prince Johnson , a quen se lle gravou torturando e asasinando a Samuel Doe en 1990 , nunha cinta que deu a volta ao mundo. Independentemente diso, o 17 de marzo de 2006 , a presidenta Johnson-Sirleaf pediu un informe oficial para reclamarlle a Nixeria a extradicion de Taylor.

O 26 de xullo de 2006 declarabase un incendio no pazo presidencial onde Johnson Sirleaf acollia os lideres de Costa do Marfil , Ghana , e a Serra Leoa . A policia non excluiu a posibilidade dunha sabotaxe.

Predecesor: :
Charles Gyude Bryant
Presidente de Liberia:
2005 - 2018
Sucesor :
George Weah

Datos persoais [ editar | editar a fonte ]

Johnson-Sirleaf e nai de catro fillos (dous deles viven nos Estados Unidos e outros dous en Liberia) e avoa de seis netos. En decembro de 2021, James Sirleaf, un dos fillos de Ellen Sirleaf, morreu na sua residencia de Liberia en circunstancias desconecidas.

Publicacions [ editar | editar a fonte ]

  • From Disaster to Development ( 1991 )
  • The Outlook for Commercial Bank Lending to Sub-Saharan Africa ( 1992 )
  • Coautora: Women, War and Peace: The Independent Experts’ Assessment on the Impact of Armed Conflict on Women and Women’s Role in Peace-building (2002), un proxecto do UNIFEM (o Fondo de Desenvolvemento das Nacions Unidas para a Muller .

Premios [ editar | editar a fonte ]