한국   대만   중국   일본 
Elfrida Andree - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Elfrida Andree

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElfrida Andree

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 19 de febreiro de 1841 Editar o valor em Wikidata
Visby parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 11 de xaneiro de 1929 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Vasa parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio do Norte (pt) Traducir, Kvarter 12C, gravnummer 264 59°21′15″N 18°01′44″L  /  59.3541, 18.0288 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia house of Cramer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Suecia Editar o valor em Wikidata
Educacion Royal College of Music in Stockholm (en) Traducir (?1860) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion directora de orquestra , organista , compositora , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Opera e organ repertoire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Profesores Ludvig Norman (en) Traducir, Gustaf Mankell (en) Traducir, Johan van Boom (en) Traducir e Ebba d'Aubert (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alumnos Sara Wennerberg-Reuter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua sueca Editar o valor em Wikidata
Instrumento Organo , arpa e piano Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
Pai Andreas Andree (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Fredrika Stenhammar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
12 de xuno de 1857 Q44680982 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Spotify: 5tCLiIx6qiTYM1zructu6n Musicbrainz: 96542277-0b01-40eb-949c-3ce6606b0169 Discogs: 4109542 IMSLP: Category:Andrée,_Elfrida Editar o valor em Wikidata

Elfrida Andree , nada en Visby o 19 de febreiro de 1841 e finada en Gotemburgo o 11 de xaneiro de 1929 , foi unha directora , compositora e organista sueca , [ 1 ] conecida no seu pais tanto pola sua producion musical como por ser unha defensora sen concesions dos dereitos da muller . Pioneira en diversos sentidos, abriu un importante camino na loita destes dereitos en Suecia. [ 2 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Elfrida Andree naceu en Visby . [ 3 ] Foi a filla mais nova de Andreas Andree, un medico cun profundo amor pola musica. A sua politica era liberal e era moi consciente da situacion das mulleres en Suecia. A irma mais vella de Elfrida era Fredrika Andree (1836 - 1880), tamen conecida como Fredrika Stenhammar polo seu apelido de casada. Foi unha aclamada cantante de opera .

Iniciandose na musica da man do seu pai, a idade de 14 anos viaxou a Estocolmo para formarse como organista e, dous anos mais tarde, en 1857, converteuse na primeira muller en Suecia en obter un diploma desta especialidade na Kungliga Musikaliska akademien (a Real Academia Sueca de Musica). Fixoo como unha estudante extramuros, xa que as mulleres non eran admitidas como candidatas ao ingreso na academia.

Tras graduarse solicitou, como muller, un permiso especial do goberno para optar a un posto como organista, mais a sua solicitude foi rexeitada polo arcebispo Henrik Reuterdahl, un deputado conservador . Elfrida escribiulle ao seu pai en Visby:

As mozas somos oprimidas en todos os sentidos. Ademais de converterse en costureiras ou mestras , o espectaculo e a unica ocupacion aberta para nos. Quero traballar e perseguir un obxectivo, mais que se debe facer cando hai un campo tan pequeno no que traballar? [ 4 ]

Case ao mesmo tempo, a sua mestra de organo contrataraa como organista na igrexa de St James, Estocolmo, mais o clero non a deixou tocar, alegando que "ver a unha muller no tallo do organo [seria] indecoroso e perturbador . Ademais, San Pablo dixo: ' As mulleres deben calar no templo'. ( ICor 14, 34-35).

En 1861, con 20 anos e tras estes incidentes, ela e o seu pai axudaron, a traves da correspondencia e as discusions cos deputados, a lograr un cambio na lei que lles permitiu as mulleres exercer de forma fixa como organistas. Dous anos mais tarde axudou a desenar outro cambio lexislativo mediante o cal as mulleres podian ser empregadas como operadoras de telegrafos . En 1861 comeza a exercer o seu oficio en Estocolmo.

Ao redor de 1870, influida polo filosofo ingles John Stuart Mill , formulou o seu lema: "a elevacion da muller". Durante a sua vida produciuse certamente unha 'epoca de emancipacion' para a muller en Suecia. No seu nacemento en 1841, as mulleres practicamente non tinan ningun dereito. En 1929, o ano da sua morte, a posicion financeira e legal deste colectivo cambiara radicalmente, abriuselles un rango mais amplo de emprego e obtiveran o dereito a voto.

Traxectoria profesional [ editar | editar a fonte ]

En 1860 comezou os seus estudos de composicion con Ludvig Norman. En 1861 obtivo o seu diploma cun amplo curriculo e un grande expediente. Aos 24 anos, Elfrida Andree compuxo un quinteto de piano que a elevou a elite entre os compositores suecos, un estrato que era completamente de homes.

O cargo de organista da catedral de Gotemburgo quedou vacante en 1866, e Andreas Andree suxeriu que a sua filla que se presentase como candidata. Elfrida viaxou a Gotemburgo para a audicion. Habia sete candidatos masculinos, e estaba convencida de que non se lle daria o posto. Cando uns dias mais tarde, en Estocolmo, Andreas Andree leu un telegrama de Gotemburgo no que dicia: ≪Esta noite, Mamsell Andree, elixido por unanimidade organista da catedral de Gotemburgo!≫ desmaiose. A sua filla era a primeira muller en ostentar un emprego deste tipo en toda Europa.

Elfrida Andree ben poderia haberse estabelecido en Gotemburgo, tocando na catedral e participando da vida social da cidade, mais tina ambicions mais elevadas. Os seus primeiro tropezos no mundo de homes da epoca veu coa interpretacion da sua primeira sinfonia, en do maior, en Estocolmo durante o inverno de 1869. Escribiu no seu diario que o traballo se representou no teatro de Hammars e que ela cria que os musicos tocaran "mal a mantenta". Ela e a sua irma Fredrika marcharon cando comezou o ultimo movemento e os primeiros violins ian un compas por detras do resto da orquestra. Elfrida estivo enferma durante tres dias despois "deste delirio musical". O critico Wilhelm Bauck golpeouna por completo, declarando que a composicion estaba por baixo da "imperfeccion". A sua recension finalizou: "Notese esta verdade dourada: a orixinalidade desta peza consiste na invencion, non de formas anormais, senon de formas horribeis".

A familia Andree conmoveuse con estes comentarios, e Andreas pensou que Elfrida deberia limitarse a escribir cancions e pequenas obras para piano. Mais ela pensou diferente. Na correspondencia que seguiu escribiu:

''Cantas veces non sentin resentimento cando se escribiu ou dito, e sinceramente, que non se poden mencionar nomes femininos onde se trata dunha composicion musical seria. [...] Non seran pequenas cancions as primeiras en ser vistas de min, por cancions, de feito belas cancions, hai moitos dos meus parentes que escriben. A musica de camara funciona [...] agora e o comezo que desexo. Seria mais facil arrincar unha peza da rocha que arrincarme a mina idea ideal: a elevacion da muller!'' [ 4 ]

O veran seguinte, en 1870, ampliou os seus estudos de composicion e instrumentacion en Copenhague co compositor danes Niels Gade. Tras ensinarlle moitas das suas composicions, esta frutifera relacion motivou moito a Elfrida, que escribia nunha carta ao seu pai: "Quero seguir avanzando, quero ser realmente util e quero converterme en algo mais do que son!" e a partir de 1871 empezou a sua colaboracion coa Orquestra de Gotemburgo, que interpretou moitas das suas composicions sinfonicas ata que, no mes de maio de 1879, a orquestra se disolveu debido a unha crise economica.

En 1880 recibiu o segundo premio de composicion como reconecemento nun concurso celebrado en Bruxelas . Ao redor desta data, Elfrida Andree xa era unha figura moi conecida na escena artistica sueca, e algunhas das suas mellores composicions datan desta epoca.

Xunto a sua amiga e dramaturga Selma Lagerlof escribiu unha opera chamada Fritiof Saga , en 1898, que non conseguiu ganar un concurso que fixese que esta se estrease na Opera Real de Estocolmo. Con todo, Andree extraeu finalmente desta opera unha suite orquestral moi conecida dentro da sua producion musical.

Tamen compuxo 3 sinfonias e importantes obras de musica de camara , ademais dun bo numero de obras como pezas para piano e organo, misas corais en sueco, cantatas e diversas cancions. Diversos exemplos son un cuarteto para piano en la menor (1870) e un quinteto para piano en mi menor (publicado en 1865), un trio para piano en sol menor (1887) (e outro publicado postumamente en do menor), un cuarteto de corda en re menor do ano 1861 e outro en la maior. Pezas para violin (incluindo diversas sonatas) e para piano .

Nas ultimas obras, escritas despois de 1890, o estilo de Elfrida Andree cambia. A sinfonia de organo en si menor (1890) tardou moito tempo en xestarse. Unha primeira version da mesma xa se realizou en 1871, probablemente inspirada nas sonatas de organo de Felix Mendelssohn . Dez anos despois, en 1882, interpretou unha version revisada nun concerto no Crystal Palace de Londres . Unha breve viaxe a Paris no veran de 1882 engadiu reminiscencias da musica francesa ao seu repertorio. Os traballos de Guilmant, Widor e Saint-Saens figuraban regularmente nos seus programas e, baixo a inspiracion da musica francesa, terminou ao fin a sinfonia de organo. Hai catro movementos, con esta influencia e atmosfera francesa presentes desde o principio. O segundo movemento lembra o estilo de Mendelssohn, moi influente para Andree, mentres que o terceiro e suavemente sentimental e o cuarto de grandeza e exaltacion gala.

Desde mediados da decada de 1920 en diante, Elfrida Andree retirouse do seu posto na catedral. Foi no organo onde atopou unha saida para os seus sonos artisticos e emancipatorios, e nunca esqueceu o debate parlamentario nos dias da sua mocidade. En 1905 consagrouse un novo organo catedralicio que tina un soprador electrico. Agora podiase prescindir dos tratantes de fols, e Elsa Stenhammar lembra que Andree a miudo perdia a nocion do tempo e permanecia sentada no organo ate altas horas da noite. Nunha desas ocasions, sendo capaz o organo de dar renda solta aos seus sentimentos mais intimos, e despois de que os ultimos ecos se apagaron, ela exclamou: 'Pablo, pequeno, ai o levas!' (traducion aproximada do sueco ”Dar fick du, lille Paulus!” Burla cara ao apostolo San Pablo lembrando as limitacions impostas polo clero anos antes).

A sua morte, en 1929, as suas composicions xa foran en parte esquecidas. Mais desde a decada de 1980 volveron a popularizarse no seu pais. Os manuscritos das suas obras estan conservados en Biblioteca Publica de Estocolmo.

Elfrida Andree e a "elevacion da muller" [ editar | editar a fonte ]

Elfrida nunca esqueceu a loita pola sua profesion. 'A elevacion da muller' seguiu sendo a sua consigna ate o dia da sua morte, ainda que non todas as mulleres compartiron esta opinion. [ 4 ]

En Londres, en 1882, coneceu a soprano Jenny Lind (1820-1887), que entre outras cousas consideraba que as mulleres eran incapaces de tratar cunha orquestra. Elfrida Andree apresurouse a mostrar a sua sinfonia ao marido de Jenny, o director Otto Goldschmidt. Mentres o estaba facendo, Jenny, de pe xunto a el, rumoreou: "E posibel que sexa correcto para todos os instrumentos?" "Si, certamente, certamente", respondeulle. A pianista e compositora norueguesa Agathe Backe Grøndahl tamen se mostrou pouco entusiasta con respecto a escritura orquestral e declarou nunha carta a Elfrida que esta actividade non estaba realmente "no meu xenero, creo".

Como educadora e como examinadora de Kungliga Musikaliska akademien en Gotemburgo, Elfrida instruiu e examinou a moitas mulleres organistas ao longo dos anos. Curiosamente, en 1889 Gotemburgo era a unica diocese sueca que tina organistas mulleres, o que tina que ver co posto de Elfrida Andree como organista da catedral. A decada de 1880 viu unha crecente oposicion as mulleres como musicos e compositores, o que e paradoxal se pensamos que durante esta mesma decada ao nome de Elfrida se uniran outras tres compositoras, a saber, Laura Netzel (1839-1927), a quen axudou a empezar como compositora na decada de 1880, Valborg Aulin (1860-1928), que era moi solitaria, e Helena Munktell (1852-1919). A pesar de que estas mulleres viviron a mesma epoca, houbo grandes diferenzas entre todas. Aulin e Munktell non escribiron nada para orquestra ate aproximadamente 1900, e a producion de musica de camara de Laura Netzel so comezou na decada de 1890. Elas tres xurdiron moito despois de que Elfrida producise as suas composicions, e ningunha delas deixou as suas pegadas politicas. Elfrida Andree foi a gran pioneira.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Baker & Slonimsky 1995, p. 89
  2. "Elfrida Andree" (en ingles) . Consultado o 12 de novembro de 2017 .  
  3. "Elfrida Andree" . Voiceoflyrics.com . Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2015 . Consultado o 8 de decembro de 2014 .  
  4. 4,0 4,1 4,2 Eva Ohrstrom (2014). "Elfrida Andree (1841?1929)" (en ingles) . Consultado o 12 de novembro de 2017 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Eva Ohrstrom, Elfrida Andree: ett levnadsode Estocolmo: Prisma, 1999. ISBN 91-518-3488-X .
  • Baker, Theodore; Slonimsky, Nicolas (1995). Dictionnaire biographique des musiciens, vol. 1, A-G . Coleccion ≪ Bouquins ≫ (en frances ) . Paris: Robert Laffont. ISBN   978-2221065105 .  

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]