Edgar Degas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdgar Degas

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 19 de xullo de 1834 Editar o valor em Wikidata
Paris, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte 27 de setembro de 1917 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Paris, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Aneurisma
Ictus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio de Montmartre , 4 48°53′19″N 2°19′53″L  /  48.888607, 2.33146 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Nova Orleans (1872?1873) Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Pintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Paris
Florencia
Belxica
Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupacion pintor , fotografo , debuxante , litografo , gravador , escultor , poeta , artista visual Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Retrato e pintura de xenero Editar o valor em Wikidata
Movemento Impresionismo Editar o valor em Wikidata
Profesores Louis Lamothe (pt) Traducir, Jean-Hippolyte Flandrin (pt) Traducir e Paul Flandrin Editar o valor em Wikidata
Alumnos Ernest Rouart (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Mecenas Gustave Caillebotte Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Conxuxe sen valor
Pai Auguste de Gas Editar o valor em Wikidata
Irmans Rene de Gas (en) Traducir e Marguerite de Gas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: f12aed12-2a2c-47e4-9747-71d292fb82ff Discogs: 2243041 WikiTree: De_Gas-1 Find a Grave: 2324 Editar o valor em Wikidata

Edgar Hilaire Germain de Gas ou Edgar Degas ( Paris , 19 de xullo de 1834 ? Paris , 27 de setembro de 1917 ) foi un pintor e escultor frances conecido polas suas pinturas , de caracter impresionista , e e igualmente lembrado polos seus traballos en gravado . Moitos dos seus traballos conservanse na actualidade no Museo de Orsay , na cidade de Paris , onde o artista naceu e faleceu.

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Xuventude [ editar | editar a fonte ]

A orixe e formacion de Edgar Degas xamais suxeriria que fose a ser un revolucionario, chegando a satirizar e reformular as percepcions visuais das persoas do seu tempo. Nado no berce dunha familia da alta- burguesia . O seu pai, Rene Auguste de Gas, era o xerente da sucursal do banco napolitano que pertencia a familia.

Retrato da familia Bellelli , 1860 , Museo de Orsay

Aos once anos , os seus pais ingresarono nun bo colexio, da alta sociedade da epoca, mais, ao inscribirse no Lycee Louis Le Grand , comezou a perseguir un sono chamado ≪ Arte ≫. Con dezaoito anos formou un atelier na mansion dos seus pais, onde consebiu alguns dos mellores traballos do inicio da sua carreira. Na escola non pintaba moito xa que tina ben presente a a sua posicion social, lembrandolle constantemente os seus pais que era un aristocrata . Cansado, saiu do liceo aos vinte anos de idade con outros planos na mente distintos dos que tinan os seus pais para el.

Xunto con Louis Lamothe comezou os estudos de deseno . Foi este artista quen lle serviu de conselleiro durante os primeiros anos da sua carreira e o que lle fixo florecer o seu gusto por Ingres . Nos anos vindeiros Degas foi admitido na Ecole des Beaux-Arts , en Paris .

Entusiasmado, emprendeu unha viaxe a Italia onde tomou contacto coas obras de Rafael Sanzio , Leonardo da Vinci , Miguelanxo , Andrea Mantegna - chegando mesmo a facer un cadro cuxo titulo era ≪A cruxificion de Mantegna≫ - entre outros artistas da Renacemento .

Cabalos de carreira nunha paisaxe , 1894 , Museo Thyssen-Bornemisza
Cabalos de carreiras , 1866 - 1868 , Museo de Orsay
Paisaxe , 1869 - 1870
A baneira , 1886 , Museo de Orsay
Prima Ballerina ou A primeira bailarina 1878 , Museo de Orsay

Despois da sua longa visita a Italia , onde non se absten de estudar e ate mesmo copiar as obras dos mais distintos pintores do Renacemento italiano, Degas regresou a Paris. Enfasiado pola arte renacentista e barroca , pasou a ir frecuentemente ao Museo do Louvre , onde estudou as obras de pintores de toda a Europa , Nicolas Poussin , Ingres , Leonardo da Vinci , Hans Memling , Tiziano , Anton van Dyck , Joshua Reynolds , Hubert Robert , John Constable e outros mestres. Durante esta viaxe concibiu un dos seus mellores traballos: o Retrato da familia Bellelli . Cadro cuxa preparacion lle roubou mais de dous meses, tendo bosquexos de todolos membros da familia aristocrata italiana . Nesta pintura Degas describiu extraordinariamente o caracter psicoloxico da baronesa, o cal contrasta visibelmente co do baron . No cadro a baronesa mira por unha xanela que soamente se sabe que ali esta debido ao espello, en pose burguesa. O baron, mais vello que a dona, mira encarecidamente a sobrina sentada. A par deste cadro, non se cansou de retratar os membros da sua familia, incluindo o seu avo, Hilaire Germain de Gas, o patriarca da familia De Gas.

De volta a Paris, coa soberbia arrogancia de quen trabou conecemento do gran Gustave Moreau , visitou varias veces o Museo do Louvre , onde estudou concisamente a obra de Delacroix e de Ingres . Este ultimo era, por asi dicir, ≪idolatrado≫ por Degas. Con todo isto, coneceu un home que se converterias nun grande amigo e que o marcaria ate ao final dos seus dias: Edouard Manet .

Carreira artistica [ editar | editar a fonte ]

As pinturas deste periodo, copias das obras dos precedentes pintores ou inspiradas nas obras dos mesmos, comezaran a encarar o exito e seran aceptadas no Salon . Degas era reconecido como un convencional e eclectico pintor parisiense de Salon .

En 1870 , a vida de Degas sofre unha mudanza co estoupido da Guerra franco-prusiana . Na guerra , onde se enfrontan duas das maiores potencias europeas - agora en declive - Degas serve na artillaria da Garda Nacional, na defensa de Paris . Xunto a el estaba Henri Rouart . Neste tempo os dous ficaran instalados na casa duns amigos da familia De Gas (ou, abreviadamente, Degas), de nome Valpicon. Foi aqui, en Menil-Hubert, na Normandia , onde Degas traballou no Retrato da xove Hortense Valpicon . O cadro revela unha asimetria semellante a A dama dos crisantemos , que, a sua vez, retrata a nai de Hortense, a famosa Madame Valpicon. Esta tempada caracterizouse polo maior interese da aristocracia pola pintura historica.

Trala Guerra - e para descansar - Degas retirase en Nova Orleans , via Londres , como o seu irman Rene (que tina o mesmo nome que o pai), onde o tio estaba emigrado e mantina un negocio de algodon . Ali conceviu un gran numero de traballos antes de retornar a Paris , entre os que destacan A Bolsa de algodon de Nova Orleans , O pedicuro ( un dos estudos da vida cotia proferidos por Degas) e Negociantes de algodon en Nova Orleans . No ano 1873 despois de permanecer preto de cinco meses nos Estados Unidos, volve a sua cidade.

Despois de tantos anos dedicado a pintura Degas busca experimentar unha nova ocupacion. Grazas a sua favorable posicion social, Degas ten acceso as mais contemporaneas tecnoloxias e modas. Recentemente inventada, a fotografia tamen atraeu ao frances . Mais por pouco tempo. De opinion conservadora, digna dun verdadeiro aristocrata, Edgar Degas reinventouse como coleccionista de arte e comprou varios traballos de Paul Gauguin , Van Gogh e Paul Cezanne , o que amosa a sua tendencia polos tons vivos e fortes e a ≪forza≫ que estes exercen sobre si, creando unha coleccion de gran valor hoxe en dia.

Como xa foi dito explicitamente, Degas gozou dunha grande estabilidade monetaria. Gozando dela ate 1874 , cando morre o seu pai. Tendo herdado alguns bens, Degas viuse na obrigacion de vender a sua coleccion de arte. Pese a isto, non deixou os seus luxos, incluindo os criados, os cales retrataba a miudo.

En 1874 , trala morte do seu pai, Degas precisaba de axuda para a realizacion dunha exposicion onde puidese exhibir as suas pinturas . A exposicion, pensada dun xeito sinxelo, criase que ia a pasar desapercibida, mais non foi asi, convertendose na Primeira Exposicion Impresionista, onde Degas se presentou con traballos como Nas carreiras e Cabalos de carreiras . Ambalas duas obras estan hoxe exhibidas en museos: a primeira no Museum of Fine Arts , en Boston , e a segunda no Museu de Orsay , en Paris . Degas e os restantes impresionistas protagonizaron sete exposicions mais, a derradeira en 1886 . Degas participou en todas, sen excepcion. Na maioria delas, Degas foi ali incluido grazas ao seu amigo Manet , o seu ≪amigo rival≫.

Estas exposicions axudaron a muda-la concepcion da arte na sociedade, renovando as persoas a sua vision da arte, ganando importancia aquelas pinturas que a ≪boa sociedade≫ tina como imprudentes, escandalosas (as de Edouard Manet ) e ate mesmo inmorais e revolucionarias. De feito, os impresionistas foron moi revolucionarios: revolucionando o o xeito conservador de ver a arte , mudando a vision naturalista que as persoas tinan do mundo, dando os primeiros pasos cara ao comezo da Arte Moderna .

Apesares do conservacionismo de Degas ao longo da sua vida, as transformacions sufridas por el, tal como a maioria dos outros impresionistas , virian, de feito, a transformarse na ≪alavanca≫ do Modernismo .

Estilo artistico [ editar | editar a fonte ]

Degas e considerado vulgarmente como un dos impresionistas, ainda que esta informacion sexa un erro, xa que o autor nunca adaptou as suas cores as propostas polos impresionistas Monet e Boudin , chegando a desaproba-los. Degas mesturaba o estilo impresionista - inspirado en Manet - con inspiracions conservadoras, cos seus alicerces no Renacemento italiano e no Realismo frances . A semellanza de moitos artistas - desta epoca ou doutras, vexase Matisse , que viviu posteriormente -, inspirouse moito nas odaliscas de Ingres .

Na primeira exhibicion impresionista, Degas constaba na lista dos que ali tinan obras expostas. As suas obras reunian unha gama de influencias bastas e sen ninguna semellanza, onde sobresaian os gravados xaponeses e os torneados humanos de Ingres . Cabe destacar, que o publico non se sorprendera tanto cos cadros de Degas como cos de Monet , por exemplo. Xa que a xente non se espantaba tanto coas suas pinturas; mais delicadas, e sen a agresividade que se via noutros traballos, lembrando a pintura historica, os grandes mestres italianos e o encanto dos franceses do setecento .

Degas pasou a posteridade polos seus cadros de bailarinas, cabalos , retratos de familia - dos cales o mais conecido e Retrato da Familia Bellelli - ou individuais (por exemplo, o Retrato de Edmond Duranty ), escenas da vida cotia (como A baneira ), paisaxes e da burguesia de Nova Orleans . Tamen se adicou a pintar as tensions maritais, entre o home e a muller.

Na decada de 1860, Degas adquire finalmente o estilo que o converteria en famoso e diferente dos seus companeiros: a pintura historica. Apesares diso, non deixou de continuar a pintar as cenas de opera e concertos, mulleres e finalmente, as bailarinas, as cales lle deran ao pintor certo renome. Desta serie que perdurou ao longo do final do seu glorioso percorrido artistico , as mais famosas pintura son, sen dubida, A primeira bailarina e A aula de danza . Nestes traballos o frances aplicouse vivamente nas cores vibrantes, que vigoraran vulgarmente ao longo da sua vida. Poren, durante este periodo os seus traballos tornaranse moito mais expresivos, e alarmantes. Vexase o caso do primeiro. A bailarina semella voar e o ambiente en torno a ela e inspirador e implacable. Un cadro vivo, obra prima incuestionable.

E imposible esquecer Musicos da Opera , unha verdadeira escena saida dun conto literario . Unha caracteristica interesante na pintura de Degas e o feito de conceder a cada personaxe dos seus traballos unha atmosfera rechamante e eclectica que fai que estas semellen reais, mobiles, tocables e inexplicables. Degas era, incontestalebmente, un mestre da pintura . Musicos da Opera non escapa da regra.

Nesta epoca era frecuente emprega-lo pastel, durante a decada de 1870 era ainda mais frecuente na sua pintura a oleo.

Debido a sua brillante tecnica, hoxe, as pinturas de Edgar Degas son das mais procuradas polos mercadores de todo o mundo. No 2004 un traballoo de Degas de nome As carreiras no Bois de Boulogne foi vendido na Sotheby's pola cantia de preto de 10 millons de Euros , xunto con O tomateiro , de Pablo Picasso e dalguns outros traballos do seu eterno ≪amigo rival≫ Edouard Manet .

Obra [ editar | editar a fonte ]

  • Rene de Gas co tinteiro (1855), Smith College, Museum of Art, Northampton .
  • Xoves espartanas provocando os rapaces (1860), National Gallery , Londres .
  • A familia Bellelli (1860-62)
  • Semiramis construindo Babilonia (1861), Galerie nationale du Jeu de Paume , Paris .
  • Carreiras de cabalos. Antes da saida (1862)
  • Escena de guerra na Idade Media (1865).
  • Os musicos da orquestra (1868), Jeu de Paume, Paris.
  • A bolsa de algodon en Nova Orleans (1872)
  • O foyer da danza na Opera (1872)
  • A muller do floreiro (1872), Jeu de Paume, Paris.
  • O Conde Lepic na Praza da Concordia ou Vicomte Lepic atravesando a Place de la Concorde (1873)
  • Cabalos de carreiras (1874)
  • Ensaio de ballet (1874).
  • O asente (L'absinthe) (1876).
  • Fin do arabesco (1876-77)
  • Mulleres na terraza (1877)
  • A no circo Fernando (1879), National Gallery , Londres .
  • Nas carreiras, ante as tribunas (h. 1879), Museo de Orsay , Paris
  • Bailarinas azuis (1890)
  • A taza de te (h. 1894), Tate , Londres .
  • Bailarinas rusas , (h. 1895), Museo Nacional de Estocolmo

Ademais dos seus cadros, Degas deixou unha ampla obra grafica: debuxos, gravados e monotipos.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]