Ditadura do proletariado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Marx

Ditadura do proletariado e un termo empregado e postulado polo marxismo para referirse o estado de transicion revolucionaria entre o capitalismo e a sociedade comunista [ 1 ] . O termo non se refire a unha concentracion de poder nun ditador, senon a unha situacion na que o proletariado ten o poder e substitue o sistema politico controlado pola burguesia (ditadura da burguesia). Esta etapa de transicion e denominada tamen por moitos marxistas como socialismo .

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

De acordo ao marxismo, a existencia mesma de calquera tipo de estado implica a ditadura dunha clase social sobre outra. De acordo a Karl Marx , no rexime capitalista, ata nas maiores condicions de democracia burguesa, existe unha ditadura da burguesia, en detrimento dos traballadores e do conxunto do pobo.

Marx postula a necesidade dunha revolucion na cal o proletariado establezase como clase dominante, para disolverse paulatinamente como tal, na transicion cara a unha sociedade sen clases. A ditadura do proletariado seria a etapa inmediatamente posterior a toma do poder por parte da clase obreira , na que se crea un Estado obreiro , o cal, como todo estado, seria unha ditadura dunha clase sobre outra (neste caso, das clases traballadoras sobre a burguesia ).

En palabras de Lenin : ≪Marx puxo de relevo [...] que aos oprimidos se lles autorizase para decidir unha vez cada varios anos ¡que membros da clase opresora han de representalos e esmagalos no parlamento!

Pero, partindo desta democracia capitalista -inevitablemente estreita, que repudia baixo corda aos pobres e que e, xa que logo, unha democracia mentireira- [...] o desenvolvemento cara ao comunismo pasa a traves da ditadura do proletariado, e non pode ser doutro xeito, porque o proletariado e o unico que pode, e so por este camino, romper a resistencia dos explotadores capitalistas.

Pero a ditadura do proletariado, e dicir, a organizacion da vangarda dos oprimidos en clase dominante para esmagar aos opresores, non pode conducir tan so a simple ampliacion da democracia. A vez coa enorme ampliacion do democratismo, que por primeira vez convertese en democracia para os pobres, nun democratismo para o pobo, e non un democratismo para os sacos de dineiro, a ditadura do proletariado implica unha serie de restricions postas a liberdade dos opresores, dos explotadores, dos capitalistas. Debemos reprimir a estes, para liberar a humanidade da escravitude asalariada, hai que vencer pola forza a sua resistencia, e e evidente que ali onde hai represion, onde hai violencia, non hai liberdade nin hai democracia.

Engels expresaba isto na carta a Bebel, ao dicir que "mentres o proletariado necesite ainda do Estado, non o necesitara en interese da liberdade, senon para someter aos seus adversarios, e axina que como poida falarse de liberdade, o Estado como tal deixara de existir."

Democracia para a maioria do pobo e represion pola forza, e dicir, exclusion da democracia, para os explotadores, para os opresores do pobo: velai a modificacion que sufrira a democracia na 'transicion' do capitalismo ao comunismo. [ 2 ]

E importante diferenciar duas etapas na historia da concepcion da ditadura do proletariado. Inicialmente, Marx e Friedrich Engels so falaban da toma do poder estatal por parte da clase traballadora; con todo, tras a experiencia da Comuna de Paris , concluiron que para exercer a Ditadura do Proletariado, a clase obreira non podia simplemente encher as estruturas estatais existentes, senon que debia proceder a destruir o estado burgues e por en pe un estado obreiro baseado na organizacion colectiva (Comunas ou Consellos, en ruso " Soviets ") da clase obreira [ 3 ] [ 4 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Entre a sociedade capitalista e a comunista atopase o periodo da transformacion revolucionaria dunha a outra, ao que corresponde tamen un periodo de transicion politica, cuxo estado non pode ser mais que a ditadura revolucionaria do proletariado" (Obras Completas de Marx e Engels en aleman, volume XIX, paxina 28, citado en Vocabulario Basico do Marxismo , de Gerard Bekerman, Editorial Critica, Barcelona, 1983, pp. 178-179).
  2. O Estado e a Revolucion , Cap. 5 As Bases Economicas da Disolucion do Estado , V.I. Lenin.
  3. A Guerra Civil en Francia , Karl Marx, 1871.
  4. Prologo de 1872 ao Manifesto Comunista , Karl Marx e Friedrich Engels, 1872.