한국   대만   중국   일본 
Dereitos do neno - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dereitos do neno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Dereitos do Neno (ou Dereitos da Infancia ) son dereitos que posuen os nenos , nenas e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia .

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

A primeira declaracion de dereitos do neno , de caracter sistematica, foi a Declaracion dos Dereitos do Neno de 1924 , redactada por Eglantyne Jebb fundadora da organizacion internacional Save the Children , que foi aprobada pola Sociedade de Nacions o 26 de decembro de 1924 .

As Nacions Unidas aprobaron en 1948 a Declaracion Universal dos Dereitos Humanos que, implicitamente, incluia os dereitos do neno, poren, posteriormente chegouse o convencimento de que as particulares necesidades dos nenos debian estar especialmente enunciadas e protexidas.

Por iso, a Asemblea Xeral da ONU , aproba en 1959 unha Convencion sobre os Dereitos do Neno , que constaba de 10 principios, concretando para os nenos os dereitos contemplados na Declaracion Universal dos Dereitos Humanos . Seis anos antes decidira que o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacions Unidas para os nenos ( UNICEF ) continuara os seus labores coma organismo especializado e permanente para a proteccion da infancia (denominandoo oficialmente Fondo das Nacions Unidas para a Infancia ).

Categorias [ editar | editar a fonte ]

Os dereitos do neno poden dividirse nas seguintes categorias:

  • Dereitos a supervivencia : que buscan protexer e garantir o dereito a vida e a satisfacer as suas necesidades mais basicas, coma o alimento , o abrigo e a proteccion da saude .
  • Dereitos o desenvolvemento : que buscan protexer e garantir o desenvolvemento pleno (fisico, espiritual, moral e social), coma o dereito a educacion , a cultura , o xogo e a liberdade de pensamento, conciencia e relixion .
  • Dereitos a proteccion : que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotacion, coma o dereito o nome , (identidade), nacionalidade e coidado.
  • Dereitos a participacion : que buscan protexer e garantir a sua participacion nas decisions que lles afectan e nas actividades das suas comunidades locais e paises , coma a liberdade de expresion .
  • Dereitos a ser escoitado : que buscan protexer e garantir o seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este tampouco escoitara aos demais (e para a sua educacion ).

Dereitos do Neno e lexislacion interna [ editar | editar a fonte ]

Ainda que a lexislacion e o sistema xuridico de cada pais adoitan ser diferentes, case a totalidade dos paises entenden as necesidades dos nenos como sumamente importantes, por iso consagran medidas especiais para a sua proteccion. Proteccion da que non so se ocupa unha lei simple senon que, habitualmente, e a mesma Constitucion .

Entre os dereitos que se protexen constitucionalmente atopanse os seguintes:

  • Dereito a educacion
  • Dereito a unha familia
  • Dereito a atencion de saude preferente
  • Dereito a non ser obrigados a traballar
  • Dereito a ser escoitados

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]