한국   대만   중국   일본 
Deismo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Deismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O deismo e unha doutrina relixiosa que rexeita toda revelacion e so cre na existencia de Deus e na relixion natural .

Nocion e historia [ editar | editar a fonte ]

O termo deismo parece ter un significado obvio, con todo tratase dun termo plurivalente, dandose descontinuidade entre a acepcion usual e o seu sentido etimoloxico. De creacion moderna, e derivado do latin (Deus), naceu no seculo XVI , e estendeuse como sinonimo de teismo , o seu sinonimo grego (Theos), que semellan gardar afinidade, pero historicamente indican ideoloxias diversas que coinciden na sua oposicion ao ateismo , o que motivou o uso indiscriminado dos dous conceptos sen atender as implicacions dogmaticas e peculiares de cada un.

Desenvolveuse en Gran Bretana no seculo XVIII, para estenderse de ali ao continente.

Mentres o teismo conserva a acepcion da relixiosidade xenerica ou de fe nun Deus transcendente e creador, providencial e determinado por atributos concretos, o deismo indica o conxunto daquelas concepcions filosoficas que, ainda admitindo a idea dunha divindade , efectuan, poren, unha critica mais ou menos radical das relixions positivas, e limitan ou negan o valor da revelacion , dos dogmas , dos milagres e do principio de autoridade do que a Igrexa e depositaria . En xeral, o deismo, tal como naceu nos paises protestantes despois da Reforma protestante e desenvolvido dentro do pensamento da Ilustracion , oponse a multiplicidade das relixions positivas, que se fundan na revelacion exterior e nos dogmas, unha relixion natural, como revelacion interior da existencia de Deus , da espiritualidade da alma e da obrigatoriedade da lei moral.

Considerase como tal o movemento racionalista ingles dos seculos XVII e XVIII , que, ainda que supuxo unha reaccion contra a longa controversia relixiosa entre a igrexa establecida e os disidentes, era ademais un resultado do progreso cientifico moderno. Os deistas intentaron aplicar os principios da Ilustracion a Teoloxia . Na crenza de que a obra divina se revela no universo creado, e que Deus actua a traves das leis naturais , trataron de fundar unha relixion natural oposta a todas as relixions positivas e a todos os misterios sobrenaturais. Ainda que existian certas discrepancias entre eles, coincidiron xeralmente en admitir que Deus foi creador de todas as cousas e sera xuiz universal, pero rexeitaron a sua providencia e a sua presenza na vida do mundo.

Exponentes do deismo [ editar | editar a fonte ]

O pai do deismo foi Eduard Herbert , lord Cherbury ( 1648 ). O conde de Shaftesbury ( 1713 ) acentuou a hostilidade contra o cristianismo e Matthew Tindal , apelidado o grande apostolo do deismo, di: "A verdadeira relixion e o exercicio da moralidade considerada como obediencia de Deus". Xunto co Vizconde de Boling-broke , foron exponentes en Inglaterra. Mentres en Francia estendeuse a traves de Voltaire , Montesquieu e Rousseau , que eran os seus principais sustentadores e propagandistas, ata converterse, como culto ao Ser Supremo , en relixion oficial da Revolucion Francesa .

En Alemana , propagouse arredor de 1740 coa traducion de escritos de Toland e tivo os seus mais ilustres interpretes en Baumgarten , Hermann Samuel Reimarus, Lessing , Moses Mendelssohn e no mesmo Kant ( A relixion nos limites da soa razon ), atopando o maior numero de adeptos na escola wolfiana.

Thomas Payne expuxo nos Estados Unidos un xeito elemental de deismo.

E preciso citar nomes como Anthony Collins , Wollaston , Woolston Hume ou Bolingbroke .

P. Viret (1511-71) na sua Instruction Chretienne , onde por primeira vez se atopa o cualificativo deista , usao para indicar o nome con que se designaban en Francia e Italia a Socino e aos socinianos, ou novos arianos , caracterizados nos seguintes termos: "Reconecen a Deus, pero non admiten a Cristo, considerando as ensinanzas dos apostolos e dos Evanxeos , pura fabula". Asi e como desde as orixes colle o matiz dun caracter anticristian , que a evolucion historica confirma, ata chegar a negacion da estrutura cristia da salvacion. Explicase que Blondel , mentres acepta con simpatia o teismo -ata propugnar unha restauracion do mesmo concibido como teismo cristian- fale dunha absoluta proscricion do deismo que, polas suas orixes e historia, implica a negacion de todo destino sobrenatural e da revelacion historica, eliminando a practica relixiosa e moral fundada sobre os preceptos divinos e a sacramentalidade.

Ensaio de clasificacion [ editar | editar a fonte ]

O teologo anglicano Samuel Clarke (1675-1729) fai unha analise que resulta historicamente consoante co deismo ingles. Distingue baixo o nome de deismo catro ideas: idea dun Deus creador sen goberno providencial, idea dun Deus sen atributos morais, idea dun Deus e dunha providencia sen inmortalidade da alma humana e idea dun Deus creador, providencial na vida presente e xusticeiro na futura pero sen revelacion sobrenatural. Por unha parte, o deismo que non reconece a un Deus providente; para el, Deus deixou as cousas ao chou, sen un sentido definido. Bastante afin e aquel que, afirmando unha providencia cosmoloxica, subtrae ao goberno divino a vida moral, orientada segundo as categorias de valor que o home crea. O terceiro tipo, admitindo unha providencia incluso moral, nega a inmortalidade da alma e toda perspectiva de vida futura. En ultimo lugar, enumera ao que non dubida en cualificar como autentico deismo, caracterizado por unha concepcion exacta de Deus, atributos e providencia, pero que se resiste ante o principio de autoridade e revelacion que caracterizan ao cristianismo ( A demonstration of the being an at tributes of God , Londres 1704-06).

Sen dubida o esquema e convencional e escolar, sendo dificil establecer ata que punto a clasificacion corresponde a unha autentica ponderacion do deismo ou se, polo contrario, engloba baixo un mesmo concepto o conxunto de principios heterodoxos que ponian en cuestion a relixion positiva en cuxo plano se situa Clarke. Poderia intentarse unha clasificacion mais historica, atendendo a xenese e ao conxunto de principios filosofico-teoloxicos que o determinan. Podese falar dun deismo teoloxico inmediatamente derivado da concepcion naturalista da relixion; a este moi axina se une un deismo filosofico , repartido en duas correntes de signo contrario, o racionalismo idealista e o empirismo cientifico , que configuran o deismo frances e ingles respectivamente, mentres que o aleman pretende a sintese da tendencia teoloxica e do racionalismo cientifico.

Xenese do deismo [ editar | editar a fonte ]

Como actitude relixiosa e cultural o deismo acada a sua maduracion entre mediados do seculo XVII e fins do seculo XVIII, pero en canto aos presupostos ideoloxicos presentase como prolongacion da crise do humanismo renacentista . A actitude cultural do Renacemento poderia definirse como unha actitude intimista e individual que sobrevalora os feitos de conciencia sobre o dato obxectivo. Tomando conciencia de si mesmo, o home pon de relevo o condicionamento subxectivo a que esta sometida a percepcion da realidade, cedendo a metafisica paso a sensibilidade estetica, a percepcion psicoloxica e ao moralismo . O sentido do concreto imponse a abstraccion, reclamando unha interpretacion nova do mundo a partir da experiencia que se aglutina en torno ao home como epicentro . Se o mundo medieval mostraba preferencias polas causas extrinsecas do ser, o pensamento cerrase agora sobre a intimidade da natureza, preocupandose pola analise dos elementos intrinsecos das cousas, con predominio do seu constitutivo material a partir da crise da vella fisica e do descubrimento da mentalidade cientifica pura. Na medida en que este novo estilo cientifico vai absorbendo toda forma de pensamento, asistimos a unha interpretacion abertamente naturalista das diversas manifestacions do espirito, politica , etica , relixiosa , caracterizada por un oculto resentimento fronte ao transcendente e sobrenatural. Asistimos a crise da sintese medieval entre dous mundos concibidos agora como irredutibles ou como maximo tanxenciais.

Con Lutero , desde un plano teoloxico, acentuouse a escision ao negar toda posible conciliacion entre o que o home e, natureza, e a salvacion; pola sua parte Melanchton divide ao home en interior e exterior, formulando unha dobre lei de comportamento. Para a vida practica basta o lemen naturae , ainda que reforzado pola revelacion positiva, ao ter quedado minguado polo primeiro pecado . O home interior e o deu dinamismo espiritual de salvacion han de estar pendentes da palabra de Deus e da sua lei, mentres no seu quefacer libre sobre o mundo e sobre a cidade terrestre debe aterse as leis espontaneas da natureza e as normas civis . No home cristian presentense os sintomas dunha distension entre actitude relixiosa e actitude mundana, entre ciencia e fe , consecuencia de non ter comprendido de todo rectamente nin unha nin a outra, como se constata en Galileo e no fervente Newton . A posibilidade de conectar a actitude do crente coa ciencia debilitase de dia en dia, quedando a fe aa marxe do proceso cientifico. J. Locke alude ao problema, afirmando erroneamente que o conecemento dunha revelacion proveniente de Deus non pode ser tan seguro como o que fundamos sobre a concordia ou non concordia das nosas ideas.

O idealismo cartesiano primeiro e o empirismo despois, acrecentan a crise. O racionalismo idealista abre un abismo entre Deus e o home, conciencia e mundo, materia e espirito, que o positivismo aproveitou para eliminar toda categoria e orde ontoloxico , reducindoo todo ao plano do puro fenomeno e substituindo o criterio cartesiano das ideas claras e distintas polo de experimentacion como forma definitiva de conecemento. Nun e noutro caso, a interpretacion do mundo entregase aas formas da subxectividade, cerrando paso a toda concepcion que non puidera reducirse a pura racionalidade e a <<experiencia cientifica>>, pregandose sobre a natureza e os seus propios limites.

A relixion racional [ editar | editar a fonte ]

Normalmente vense identificando deismo e fundamentacion da relixion a toda forma positiva da mesma, o cal e algo impreciso. Existen intentos de fundamentar a relixion natural fronte a toda forma positiva da mesma, o cal e algo impreciso. Existen intentos de fundamentar a relixion natural a partir doutros criterios non estritamente deistas como o sentimento e o instinto. O deismo pretende a fundamentacion plenamente racional da relixion, non excluindo, en principio, a revelacion sobrenatural, entendida como confirmacion e complemento da crenza natural , en continuidade cos postulados dunha vida humanamente consciente e densa e sen abrir perspectivas transcendentes novas a propia existencia. Identificacion entre relixion e etica que constatamos no humanismo cristian do Renacemento, prolongada no pensamento ingles con R. Hooker (1554-1600) e sobre todo con B. Whichcote (1609-83), fundador da Escola de Cambridge, se ben habemos de reconecer en E. Herbert de Cherbury (1583-1648) o creador do deismo.

O instinto natural tende a felicidade, summum bonum , identificado con Deus. Se a este dato primordial se engade unha revelacion, que puidera considerarse incluso como necesaria para manter o home en estrita sinceridade consigo mesmo, o instinto natural ha de verificar a recta interpretacion de tal revelacion , a cal, por outra parte, segundo Herbert non constitue un fenomeno universal que posua as condicions de catolicidade caracteristicas da relixiosidade humana. Reducida ao encontro do vidente coa divindade non se trata xa dunha verdade universal, sendo irredutible ao control da razon, ao estar en total dependencia da iluminacion divina , polo que ha de someterse aos criterios e nocions comuns, obxecto dunha revelacion mais permanente e universal, patrimonio da creacion e da natureza. A existencia dun Deus supremo , con dereito ao noso culto constituido pola relixion e piedade interior; a penitencia como expiacion dos pecados e a espera dun premio ou dun castigo despois desta vida, son os criterios que aseguran a revelacion a sua catolicidade, liberandoa das deformacions subxectivas e historicas dos profetas e das institucions.

Orixinandose a relixion positiva pola autoridade, en toda relixion se da un escurecemento da primitiva percepcion de Deus que constitue a verdadeira catolicidade, superior a calquera configuracion historica e cultural da mesma. Aterse a este nucleo constante e comun a toda relixion, por encima das suas interpretacions positivas, e aceptar o seu caracter interior e altamente moral, seria o sentido definitivo da relixion verdadeira, racional e humana .

Prescindindo dos antecedentes ideoloxicos, hai que advertir como as circunstancias historicas , a situacion relixioso-politica das comunidades europeas motivaron este pensamento. Mentres nas diversas confesions buscaban un estatuto comun de fe e unidade, o Estado, preocupado polas guerras de relixion, buscaba un estatuto tamen o mais amplo posible, que asegurase unha convivencia pacifica e estable. O deismo, salvando o fondo comun de toda relixion e desacreditando as diversas formas positivas da mesma, ofrecia o programa pluralista mais latitudinario .

A expansion do deismo [ editar | editar a fonte ]

Interpretando o deismo como un proceso de desmitificacion , Ch. Blount emprendeu a difusion do deismo, a proposito dos seus comentarios aos dous primeiros libros da Vida de Apolonio de Tiana , onde arremete contra os milagres, desacreditando os portentos de Cristo e o cristianismo coetaneo. Menos vehemente, Schaftesbury quixo subtraer os dogmas da Encarnacion e da Trindade ao proceso racional, salvando a transcendencia do cristianismo. J. Toland ( 1670 - 1722 ) en Christianity not Misteriou s (Londres, 1696 ) nega a pervivencia de todo dogma, que considera contrario, o mesmo que a revelacion de misterios, a suprema racionalidade de Deus. O deismo foi perseguido pola Igrexa anglicana oficial , ata o punto de que Locke, antes simpatizante con este pensamento, negou a afinidade das suas ideas coas de Toland: capitulacion publica que puidese considerarse como un aloxamento do deismo, pero a sua critica a relixion ( Reasonableness of Christianity , 1695 ), asi coma a sua actitude intelectual, non fixeron mais que confirmar o movemento ideoloxico.

A. Collins ( 1676 - 1729 ) e M. Tindal ( 1656 - 1733 ) prolongaron o pensamento de Toland eliminando o principio de autoridade, base da relixion positiva, como contrario ao "espirito cientifico" que so pode aceptar os resultados dun libre exame , amplo e ilustrado, como corresponde a un espirito libre. A figura de Deus vaise desdebuxando cada vez mais a medida que se acentua o racionalismo. A vida humana vai perdendo relixiosidade e a relixion de transcendencia, como aparece en H. Bolingbroke ( 1678 - 1751 ) para quen a relixion, desprovista de valor obxectivo, e un mero expediente politico para gobernar as masas. Falto de vigor intelectual, o deismo comeza a extenuarse, non sendo nin o sobradamente audaz para proclamarse ateo, nin o sobradamente lucido como para seguir mantendo polo menos a existencia de Deus, xa que non a sua natureza. Desprovisto de base filosofica , o seu ultimo reduto e a idea de casualidade e finalidade que D. Hume se encarga de minar, comezando asi a relixion, en moitos autores, a emigrar da razon cara a outras esferas da intimidade humana. A relixiosidade puramente cientifica e racional da paso aa relixion como dato intimo de conciencia, sen mais xustificacion que o sentimento moral, tal e como o enunciara I. Kant nun supremo esforzo por salvala dentro das tendencias deistas.

O deismo frances e aleman [ editar | editar a fonte ]

Se o deismo tivo orixe inglesa, o seu efecto propagandistico e espectacular ata lograr a categoria de programa cultural e politico alcanzouno no continente traballado polo racionalismo. Tivo un arraigamento mais rigoroso en consonancia coa sua base cartesiana, cuxa certeza do ser absoluto chega a exaltacion, mentres, por outra parte, queda lonxe como algo esencialmente retorico, indefinido e confuso. Voltaire foi factor decisivo do deismo continental, non tanto polo seu vigor filosofico como pola sua efervescencia literaria. No 1715 tomara contacto con H. Bolingbroke, exiliado no continente. Viviu logo en Inglaterra onde roldou por todos os cenaculos deistas. De volta, dedicase a pregoar e a proclamar a liberdade do espirito ingles, traducindo e divulgando os escritos de Toland, Collins, Woolston, Chubb e Bolingbroke. A sua achega ideoloxica e nula, non logrando desembarazarse das constantes contradicions que ve xurdir ao redor, signo do seu nulo temperamento filosofico. Pero a sua pobreza ideoloxica non atenuou a sua virulencia fronte a revelacion, o cristianismo e a igrexa , contra a que arremete sen pudor e sen escrupulo ningun. Foi o creador do clima duro, caustico e anticlerical que callou no estilo dos libre-pensadores , cuxo esforzo unificado culmina na Encyclopedie (1715-77), destacando sobre todos.

Mais sereno e comedido, ainda que non por iso menos radical, e o deismo de Jean-Jacques Rousseau , reducindo a relixion as tres verdades fundamentais: a existencia de Deus, ser supremo, cuxa vontade anima o mundo e move a natureza e do que non temos certeza de ser creador; a existencia da materia rexida por leis fisicas constantes; a existencia da alma humana libre e inmaterial, ainda que non podemos pronunciarnos sobre a sua inmortalidade. Mais tarde Robespierre , na Convencion Nacional fixo decretar a existencia do Ente Supremo e Universal, celebrando o 8 de xuno de 1794 a sua festa, na que o deismo roussoniano tivo a sua afirmacion oficial.

En Alemana tivo o deismo un profundo arraigamrento e uns resultados ideoloxicos interesantes. Veu completar, no plano relixioso, o espirito racionalista instaurado por Christian Wolff que levou o idealismo cartesiano a todas as suas consecuencias. O deismo aleman, a parte da sua rigorosidade case academica, ofrece unha continuidade ideoloxica constante desde J. S. Semler a Gotthold Ephraim Lessing pasando por Moses Mendelssohn, J. A. Ernesti, S. Baumgarten. Identificando evolucion moral e relixiosa, Semler (1725-579) considera como grande erro xudeocristian separar do proceso evolutivo un momento concreto da historia, polo que a sua descricion de Deus, a parte do antropomorfismo , e solidaria duns conceptos contrarios a un pensamento mais adulto, mentres que ao falar de revelacion sobrenatural reflicte un pensamento imaxinario ainda, no que se plasma a esixencia etica, escuramente percibida, da natureza, xa que a Biblia non e mais que unha repeticion da lei natural. H. S. Reimarus complementou esta interpretacion con tal audacia que non se atreveu a publicacion das suas ideas, dadas a luz por Lessing baixo o titulo Fragmente eines Wolfenbuttelschen Ungenanntem (Berlin 1774-78). Fundamentada a relixion sobre a existencia de Deus e a inmortalidade, hai que entender, se tales verdades nos chegaron por revelacion, que esta non engade nada a revelacion eterna de Deus que se comunica a traves da racionalidade do universo. Do contrario, segundo Reimarus, tropezariamos cun Deus que corrixe o seu propio programa, dando unha orientacion nova ao mundo, algo contrario a sua perfeccion e providencia. Por outra parte, e contraditorio tamen querer reducir os designios de Deus ao eido cultural e historico dun pobo, cando dita revelacion incumbe a todos os homes, sendo va a pretension da Igrexa ao querer constituirse en depositaria de dita revelacion tendo xurdido a partir, segundo el, da fraude da resurreccion de Xesus , presentado polos seus discipulos como Mesias divino, mentres a sua mensaxe non transcendia un mesianismo politico e local, exclusivo do Israel historico .

Lessing , sen aceptar todas as ideas de Reimarus, converteuse no portaestandarte desta ideoloxia co seu ensaio Die Erziehung des Menschengeschlechts . O proceso da revelacion e unha pedagoxia divina . Proceso educativo que non crea nada, puro estimulante que acelera o proceso de todo o que a natureza posue en si mesma. A intervencion de Deus conserva ao home no monoteismo primeiro e continua realizando este coidado a partir dunha comunidade, Israel, correndo o risco de converterse en algo nacional, patrimonio dunha raza . Estreitura que supera ao cristianismo, co que o monoteismo volve a recuperar a sua universalidade.

Na medida en que o home chega a sua madurez imponselle o paso da imaxe e figura cara a verdade racional que Deus pretendera, superando o Evanxeo escrito polo Evanxeo Eterno, no que predomina a moral do deber fronte a moral imaxinaria das penas futuras. Neste proceso, segundo Lessing, a fe representa un intermedio ata o advento da relixiosidade pura da razon, a que ten que ceder paso, na medida na que vai medrando a conciencia interior. O resto de crenzas e de culto exterior queda eliminado como supervivencia dun momento xa superado da evolucion natural. As suas ideas tiveron unha grande pervivencia enlazando coa teoria liberal protestante.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Gran Enciclopedia Larousse . Barcelona: Editorial Planeta , S.A . 1988. ISBN 84-320-7370-9 .  
  • Gran Enciclopedia del Mundo . Bilbao: Editorial Marin S.A . 1967.  
  • Gran Enciclopeia Larousse . Barcelona: Editorial Planeta, S.A . 1967. ISBN 84-320-2030-3 .  
  • Gran Enciclopedia Rialp . Madrid: Editorial Ediciones Rialp, S.A . 1972.  

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]