DVD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Icona dun dvd
DVD

Un DVD ou deuvede [ 1 ] ( Digital Versatile Disc , antes denominado Digital Video Disc ) e un formato de almacenamento optico que pode ser empregado para gardar datos, incluindo peliculas con alta calidade de video e son. Asemellase aos discos compactos en canto as suas dimensions fisicas (diametro de 12 ou 8 cm), pero estan codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Lectores/gravadoras de CD e de DVD nun ordenador.

A comezos dos 80 dous estandares de almacenamento optico de alta densidade estaban desenvolvendose; un era o Multimedia Compact Disc (MMCD) apoiado por Philips e Sony , o outro era o Super Density disc (SD), apoiado por Toshiba , Time-Warner, Matsushita Electric , Hitachi , Mitsubishi Electric , Pioneer , Thomson e JVC . O presidente de IBM , Lou Gerstner , actuando de casamentero liderou os esforzos por unificar os dous proxectos baixo un unico estandar, en prevision de que sucedese outra custosa guerra entre formatos como a que ocorreu entre VHS e Betamax nos 80.

Philips e Sony abandonaron o seu formato MMCD e acordaron con Toshiba o Super Density disc (SD) con duas modificacions. A modificacion foi a adopcion do EFMPlus de Philips, creado por Kees Immink , que e un 6% menos eficiente que o sistema de codificacion de Toshiba, deica que a capacidade sexa de 4,7 GB en lugar do os 5 GB do SD orixinal. A gran vantaxe de EFMPlus e a sua gran resistencia aos danos fisicos no disco, como aranazos ou pegadas.

O resultado foi a especificacion da version 1.5 do DVD, anunciada en 1995 e finalizada en setembro de 1996 . En maio de 1997 , o consorcio DVD (DVD Consortium) foi substituido polo foro DVD (DVD Forum), que estaba aberto a todas as demais companias.

Capacidade [ editar | editar a fonte ]

Os DVD posuen por padron a capacidade de almacenar 4.7 Gb de datos, mentres que un CD almacena de media 700 Mb . Os chamados DVD de Dupla Camada poden almacenar o dobre da capacidade dun DVD comun, ou sexa, 9.4 Gb .

A pesar da capacidade nominal do dvd comun gravabel, e posibel so gravar 4,464 Gb de informacions, e co tamano maximo de cada arquivo de 1 Gb .

Tipos de DVD [ editar | editar a fonte ]

Segundo o seu contido [ editar | editar a fonte ]

Segundo a sua capacidade de regrabado [ editar | editar a fonte ]

  • DVD-ROM : So lectura, manufacturado con prensa
  • DVD-R : Gravable unha soa vez
  • DVD-RW : Regravable
  • DVD-RAM : Regravable de acceso aleatorio. Leva a cabo unha comprobacion da integridade dos datos sempre activa tras completar a escritura
  • DVD+R : Gravable unha soa vez
  • DVD+RW : Regravable
  • DVD-R DL : Gravable unha soa vez de dobre capa
  • DVD+R DL : Gravable unha soa vez de dobre capa
  • DVD-RW DL : Regravable de dobre capa
  • DVD+RW DL : Regravable de dobre capa

Segundo o seu numero de capas ou caras [ editar | editar a fonte ]

  • DVD-5: unha cara, capa simple. 4.7 GB ou 4.38 gibibytes (GiB) - Discos DVD±R/RW.
  • DVD-9: unha cara, capa dobre. 8.5 GB o 7.92 GiB - Discos DVD±R DL.
  • DVD-10: duas caras, capa simple en ambas. 9.4 GB ou 8.75 GiB - Discos DVD±R/RW.
  • DVD-14: duas caras, capa dobre nunha, capa simple noutra. 13'3 GB ou 12'3 GiB - Raramente empregado.
  • DVD-18: duas caras, capa dobre en ambas. 17.1 GB ou 15.9 GiB - Discos DVD+R.

Codigos de rexion [ editar | editar a fonte ]

Codigos de rexion de DVD no mundo.

Cada disco de DVD conten un ou mais codigos de rexion, os cales denotan o ou as areas do mundo a que cada distribucion esta dirixida. En ocasions, os codigos de rexion son chamados "Zonas". As especificacions de cada equipo reprodutor indican que zona poden reproducir.

En teoria, isto permite que os estudos cinematograficos controlen varios aspectos do lanzamento do DVD, os cales incluen o contido, a data e o prezo, baseados na adquisicion por rexions. Na practica, varios reprodutores de DVD permiten reproducir calquera disco, ou poden ser modificados para devandito proposito. Distinto ao cifrado de datos, os codigos de rexion permiten o bloqueo rexional, que foi orixinado na industria dos videoxogos .

Codigo de Rexion Area
0 Informal, significa que pode ser "reproducido en todalas rexions"
1 Bermudas , America do Norte (Agas Mexico e Groenlandia ) e territorios estadounidenses (incluindo Porto Rico )
2 Groenlandia , centro e oeste de Europa , oeste de Asia , Exipto , Surafrica , o Xapon e territorios de paises europeos
3 Sueste de Asia e Corea do Sur
4 America Central , America Latina (agas Guiana Francesa ), Caribe e Oceania (Agas Nova Caledonia ))
5 Africa (agas Surafrica e Exipto ) e norte, centro e sur de Asia
6 China
7 Reservado para uso futuro
8 Viaxes internacionais como avions, cruceiros etc.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  • DVD Forum - Organizacion formada por empresas que usan e desenvolven o formato DVD.