Dia Internacional da Lembranza do Holocausto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Holocausto
Elementos preliminares
Politica racial  · Euxenesia

Leis de Nuremberg  · Eutanasia Forzada · Campos de concentracion  · ( lista )

Os xudeus durante a segunda guerra mundial
Os xudeus na Alemana nazi

Pogromos : A noite dos cristais rotos  · Pogrom de Bucarest  · Pogrom de Dorohoi  · Pogrom de Ia?i  · Masacre de Jedwabne  · Pogrom de Kaunas  · Pogrom de Lviv

Guetos : de Budapest  · de Cracovia  · de Kaunas  · de Łod?  · de Lviv  · Campo de Theresienstadt  · gueto de Varsovia  · gueto de Vilnius

Einsatzgruppen : Babi Yar · Rumbula · Ponary · Holocausto en Odesa

Solucion final : Conferencia de Wannsee · Operacion Reinhard

Campos de exterminio nazis : Auschwitz  · Birkenau  · Belzec  · Chelmno  · Majdanek  · Treblinka  · Sobibor

Resistencia : Xudeus partisanos  · Levantes nos guetos xudeus (Varsovia)

Fin da Segunda Guerra Mundial : Marchas da morte · Berihah · Sh'erit ha-Pletah

Outras vitimas

Generalplan Ost · Polacos  · Republicanos e socialistas · Porraimos  · Homosexuais

Responsables

Alemana Nazi : Hitler  · Eichmann  · Heydrich  · Himmler  · SS  · Gestapo  · SA Colaboracionismo

Secuelas · Xuizos de Nuremberg  · Desnazificacion

Listas
Sobreviventes · Vitimas · Rascatadores

O Dia de Conmemoracion Anual en Memoria das Vitimas do Holocausto (oficialmente, no Parlamento Galego [ 1 ] ), Dia Internacional da Lembranza do Holocausto [ 2 ] [ 3 ] ou Dia Internacional da Memoria das Vitimas do Holocausto [ 4 ] [ 5 ] e un dia internacional de lembranza das vitimas do Holocausto , o xenocidio cometido polos nazis e os seus seguidores que se cobrou a vida de millons de xudeus , xitanos , Polacos , homosexuais , persoas con discapacidade , comunistas e outros durante a segunda guerra mundial .

Designacion da ONU [ editar | editar a fonte ]

Foi designado o 27 de xaneiro, mediante a resolucion 60/7 da Asemblea Xeral das Nacions Unidas do 1 de novembro de 2005, durante o 42º pleno desta organizacion. [ 6 ]

A resolucion chegou despois da sesion extraordinaria celebrada o 24 de xaneiro de 2005, na que a Asemblea Xeral conmemorou o 60 aniversario da liberacion dos campos de concentracion e o fin do Holocausto. O 27 de xaneiro e a data de 1945 que marca a liberacion do maior campo de exterminio nazi, Auschwitz-Birkenau , polas tropas sovieticas. [ 7 ]

Resolucions previas e outros dias de lembranza [ editar | editar a fonte ]

Antes da resolucion 60/7, houbo varios dias nacionais de conmemoracion, como o Dia da Memoria das Vitimas do Nacionalsocialismo en Alemana , creado a traves dun decreto do presidente Roman Herzog o 3 de xaneiro de 1996 e o do Holocausto do Reino Unido , celebrado desde 2001 no 27 de xaneiro. O Dia da Memoria do Holocausto tamen e unha data celebrada a nivel nacional en Italia . [ 8 ]

En Galiza [ editar | editar a fonte ]

Desde a resolucion da ONU en 2005, o Parlamento Galego conmemora a traves dunha declaracion institucional o Dia Internacional da Lembranza do Holocausto , no que condena o Holocausto e a sua orixe no intento de eliminacion da disidencia politica e ideoloxica que derivou nun xenocidio que contou coa colaboracion da ditadura franquista e que perseguiu miles de homes e mulleres que fuxiron do Estado espanol despois da derrota da Republica en 1939 e tras a instauracion dun rexime fascista. Desde enton, o Parlamento condeou por unanimidade (estando representados nas distintas lexislaturas os partidos do Partido Popular de Galicia , Bloque Nacionalista Galego , Partido dos Socialistas de Galicia e En Marea-Galicia en Comun ), a deportacion de mais de 10.000 republicanos espanois coa colaboracion do ditador Francisco Franco co nazismo aleman e o fascismo italiano. Segundo algunhas fontes historiograficas, preto de 200 deles eran orixinarios de Galiza e morreron ali ou foron liberados pero nunca puideron regresar porque a ditadura franquista, que lles retirara previamente a nacionalidade, lles negou o dereito a regresaren ao seu pais de orixe. [ 9 ]

O dia tamen e conmemorado por outras institucion como concellos, en particular os de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, [ 10 ] cidades membro da Rede de Xuderias de Espana [ 11 ] e institucions educativas como colexios e institutos. [ 12 ]

Un sobrevivente do Holocausto mostra a marca no brazo da tatuaxe do campo de concentracion

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Galicia, Parlamento de. "Declaracion institucional sobre o Dia de Conmemoracion Anual en Memoria das Vitimas do Holocausto" . Parlamento de Galicia . Consultado o 2022-03-13 .  
  2. "Asociacion Galega de Amizade con Israel: Lembrar a Shoa" . AGAI . 2011-01-21 . Consultado o 2022-03-13 .  
  3. "Noite Fantastica, de Stefan Zweig: sempre fica a esperanza da redencion persoal ? Capitulo 0" . Consultado o 2022-03-13 .  
  4. "27 de xaneiro ; Dia Internacional da Memoria das vitimas do Holocausto “Sono cun dragon verde de lingua negra que me quere papar"." . fb; OQO . Consultado o 2022-03-13 .  
  5. "Dia Internacional em Memoria das Vitimas do Holocausto 2020 | Eurocid" . Consultado o 2021-01-27 .  
  6. "Resolution adopted by the General Assembly on the Holocaust Remembrance (A/RES/60/7, 1 November 2005)" . Consultado o 07/01/2014 .  
  7. "28th Special Session of the General Assembly" . 24 de xaneiro de 2005 . Consultado o 27 de xaneiro de 2012 .  
  8. "International Holocaust Remembrance Day" . Arquivado dende o orixinal o 25/11/2014 . Consultado o 07/01/2014 .  
  9. "Pleno do Parlamento - 26 de xaneiro de 2022 - Mediateca do Parlamento de Galicia" . Consultado o 2022-03-13 .  
  10. "Dia Internacional en Memoria as Vitimas do Holocausto" . Concello de Ribadavia . Consultado o 2022-03-13 .  
  11. "Xudeus e conversos en Galicia ? Asociacion Profesional de Guias de Turismo de Galicia" (en castelan ) . Consultado o 2022-03-13 .  
  12. "Dia Internacional de Conmemoracion en Memoria das Vitimas do Holocausto (27 xaneiro 2020) ; IES Isidro Parga Pondal" . www.edu.xunta.gal . Consultado o 2022-03-13 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]