Cruz Vermella

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cruz Vermella
Logo
O poder da humanidade Editar o valor em Wikidata
Acronimo IRCRCM
Tipo organizacion non gobernamental internacional e axencia de asistencia
Campo de traballo ajuda humanitaria
Area de operacion mundial
Data de fundacion 17 de febreiro de 1863
Fundador(es) Jean Henri Dunant , Theodore Maunoir, Gustave Moynier, Guillaume-Henri Dufour e Louis Appia
Nomeado en referencia a cruz vermelha
Nº de empregados 300.000 Editar o valor em Wikidata
Premios Premio Nobel da Paz , Premio Nobel da Paz , Premio Nobel da Paz e Premio Four Freedoms - Medalla da Liberdade
Sede Xenebra e Suiza
En Xenebra
Pais Suiza
46°13′39″N 6°08′13″L  /  46.2275, 6.1369444444444
Na rede
https://www.icrc.org/ e https://www.ifrc.org/
Twitter: icrc Instagram: icrc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lua Vermella mais conecida por Cruz Vermella e unha institucion humanitaria, internacional e de caracter voluntario, que reune ao redor de 97 millons de voluntarios en todo o mundo . [ 1 ] Fundouna en Suiza no ano 1863 Jean Henri Dunant , e dende enton traballa en favor dos colectivos mais vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorias etnicas e a conservacion dos ecosistemas . A Cruz Vermella fomenta a cooperacion dos paises mais ricos cos mais desfavorecidos.

Esta formado por:

O movemento componse de varias organizacions distintas que son xuridicamente independentes entre si, pero estan unidas no movemento a traves duns principios basicos comuns, os obxectivos, os simbolos, os estatutos e os organos de goberno.

Os componentes do Movemento, ainda que conservan a sua independencia nos limites do Estatuto do Movemento, actuan sempre de acordo cos seus Principios Fundamentais e colaboran entre eles no desempeno das suas tarefas respectivas e para realizar a sua mision comun.

Os componentes do Movemento reunense cos Estados Partes nos tratados de Xenebra do 27 de xullo de 1929 ou do 12 de agosto de 1949 na Conferencia Internacional da Cruz Vermella e da Media Lua Vermella (en diante: a Conferencia Internacional).

O Comite Internacional da Cruz Vermella (CICR) sempre tivo un reconecido papel no desenvolvemento e a promocion do Dereito internacional humanitario (DIH). Consciente dos retos que comporta o seu pleno respecto, o CICR creou en 1996 un Servizo de Asesoramento en dereito internacional humanitario a fin de fortalecer a sua capacidade de prestar servizos aos Estados nesa materia abarcando medidas concretas e necesarias para a posta en funcionamento dos tratados de Xenebra e os seus protocolos adicionais, os diversos tratados sobre armas, o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional e outros tratados pertinentes.

A Cruz Vermella tamen e o emblema inicial do Movemento. A cruz vermella , xunto coa media lua vermella e o cristal vermello sobre fondo branco, son emblemas humanitarios reconecidos oficialmente por case a totalidade de paises do mundo e o seu uso esta enmarcado no Dereito Internacional Humanitario, polo que deben ser respectados en toda circunstancia, para que se poidan desenvolver as actividades humanitarias nos desastres e conflitos armados .

O dia 8 de maio celebrase o Dia Internacional da Cruz e da Media Lua Vermellas .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Fundacion [ editar | editar a fonte ]

Documento orixinal da Primeira Convencion de Xenebra , 1864
Henri Dunant, o fundador da Cruz Vermella
"Comite dos Cinco": Gustave Moynier, Guillaume-Henri Dufour, Henry Dunant, Louis Appia, Theodore Maunoir

Ata mediados do seculo XIX non existia nos exercitos un servizo de enfermeria organizado e ben establecido para atender as baixas e tampouco ningunha institucion segura e protexida onde poder acomodar e atender os feridos no campo de batalla . En xuno de 1859 , o empresario suizo Henri Dunant viaxou a Italia para atoparse co emperador frances Napoleon III coa intencion de discutir as dificultades que atopaba para facer negocios en Alxeria , enton ocupada por Francia . [ 2 ]

Cando chegou a cidade de Solferino , a tarde do 24 de xuno , foi testemuna da batalla de Solferino , [ 3 ] parte da segunda guerra da independencia italiana . Nun so dia, ao redor de 40.000 soldados de ambos os bandos morreron ou resultaron feridos no campo. Henri Dunant quedou conmocionado polas terribles secuelas da batalla, o sufrimento dos soldados feridos, e a falta case total de asistencia medica e coidados basicos. Enton abandonou totalmente o motivo orixinal da sua viaxe e durante alguns dias dedicouse a axudar no tratamento e a atencion aos feridos. Tivo exito na organizacion da asistencia motivando a poboacion local a axudar sen discriminacion do bando do conflito no que estaban, usando o lema "Tutti fratelli" (Todos irmans) cunado polas mulleres da cidade proxima, Castiglione delle Stiviere ( Provincia de Mantua ).

Cando volveu para Xenebra , decidiu escribir un libro titulado Un souvenir de Solferino , que publicou co seu propio dineiro en 1862 . Enviou copias do libro as principais figuras politicas e militares en todo Europa . Ademais de facer unha vivida descricion das suas experiencias en Solferino de 1859, avogou explicitamente a favor da creacion de organizacions nacionais de socorro voluntario para axudar aos soldados feridos no caso de guerra. Ademais, instou a elaboracion de tratados internacionais para garantir a proteccion de medicos e hospitais de campana neutrais para os soldados feridos no campo de batalla.

O 9 de febreiro do 1863 , Henri Dunant fundou en Xenebra o "Comite dos Cinco", xunto co xurista Gustave Moynier, os medicos cirurxians Louis Appia e Theodore Maunoir e o xeneral Guillaume-Henri Dufour, como unha comision de investigacion da Sociedade para o Benestar Publico de Xenebra. O seu obxectivo era examinar a viabilidade das ideas de Dunant e organizar unha conferencia internacional sobre a sua posible aplicacion. Oito dias despois decidiron cambiar o nome da comision rebautizandoa como " Comite Internacional para o Socorro dos Feridos ". A conferencia internacional organizada polo Comite celebrouse en Xenebra entre o 26 e o 29 de outubro do 1863, co obxectivo de desenvolver as posibles medidas para mellorar os servizos medicos no campo de batalla.

Conferencia Internacional [ editar | editar a fonte ]

Do 26 ao 29 de outubro de 1863 [ 4 ] a conferencia internacional organizada polo comite celebrouse en Xenebra co fin de desenvolver posibles medidas para mellorar os servizos medicos no campo de batalla. Asistiron a conferencia 36 persoas: dezaoito delegados oficiais de gobernos nacionais, seis delegados de organizacions non gobernamentais, sete delegados estranxeiros non oficiais e os cinco membros do Comite Internacional. Os estados e reinos representados por delegados oficiais foron: Imperio Austriaco , Gran Ducado de Baden , Reino de Baviera , Imperio frances , Reino de Hannover , Gran Ducado de Hesse , Reino de Italia , Reino dos Paises Baixos , Reino de Prusia , Imperio Ruso , Reino de Saxonia , Reino de Espana , Reinos Unidos de Suecia e Noruega , e Reino Unido de Gran Bretana e Irlanda . [ 5 ]

Entre as propostas escritas nas resolucions finais da conferencia, adoptadas o 29 de outubro de 1863, [ 6 ] foron:

  • A fundacion de sociedades nacionais de socorro para os soldados feridos;
  • A neutralidade e a proteccion dos soldados feridos;
  • A utilizacion de forzas de voluntarios para a asistencia de socorro no campo de batalla;
  • A organizacion de conferencias adicionais para promulgar estes conceptos;
  • A introducion dun simbolo distintivo comun de proteccion para o persoal medico no campo de batalla, a saber, un brazalete branco cunha cruz vermella.
Monumento conmemorativo do primeiro uso do simbolo da Cruz Vermella nun conflito armado durante a batalla de Dybbøl (Dinamarca) en 1864; erixido conxuntamente en 1989 polas sociedades nacionais da Cruz Vermella de Dinamarca e Alemana.

Convencion de Xenebra, sociedades nacionais e CICR [ editar | editar a fonte ]

Bandeira da Cruz Vermella de G?tar? Mikami coa que en 1905 desviou desde o seu hospital de campana en Manchuria a arremetida do exercito ruso

So un ano despois, o goberno suizo convidou os gobernos de todos os paises europeos, asi como aos de Estados Unidos , o Imperio do Brasil e o Imperio Mexicano a asistir a unha conferencia diplomatica oficial. Dezaseis paises enviaron un total de 26 delegados a Xenebra. O 22 de agosto de 1864, a conferencia adoptou os primeiros Convenio de Xenebra "para mellorar a sorte dos feridos nos exercitos en campana". Representantes de 12 estados e reinos asinaron o convenio: [ 7 ]

O convenio contina dez artigos que establecian por primeira vez normas xuridicamente vinculantes que garantian a neutralidade e a proteccion dos soldados feridos, o persoal medico de campana e determinadas institucions humanitarias nun conflito armado. [ 8 ]

Inmediatamente despois do establecemento da Convencion de Xenebra, fundaronse as primeiras sociedades nacionais en Belxica, Dinamarca, Francia, Oldenburgo , Prusia, Espana e Wurttemberg. Tamen en 1864, Louis Appia e Charles van de Velde , capitan do exercito holandes , converteronse nos primeiros delegados independentes e neutrais que traballaron baixo o simbolo da Cruz Vermella nun conflito armado.

O goberno do Imperio Otoman ratificou este tratado o 5 de xullo de 1865. A organizacion Media Lua Vermella Turca fundouse no Imperio Otoman en 1868, en parte como resposta a experiencia da guerra de Crimea (1853-1856), na que as enfermidades eclipsaron as batallas como principal causa de morte e sufrimento entre os soldados do pobo turco . Foi a primeira sociedade da Media Lua Vermella deste tipo e unha das organizacions beneficas mais importantes do mundo musulman .

En 1867, convocouse a primeira Conferencia Internacional de Sociedades Nacionais de Socorro para a Asistencia aos Feridos de Guerra. Tamen en 1867, Jean-Henri Dunant viuse obrigado a declararse en bancarrota debido a fracasos empresariais en Alxeria , en parte porque descoidara os seus intereses comerciais durante as suas incansables actividades para o Comite Internacional. [ Compre referencia ] A controversia ao redor dos negocios de Dunant e a opinion publica negativa resultante, combinada cun conflito en curso con Gustave Moynier, levaron a expulsion de Dunant do seu cargo de membro e secretario. Acusouselle de quebra fraudulenta e emitiuse unha orde de arresto contra el. Asi, viuse obrigado a abandonar Xenebra e nunca regresou a sua cidade natal.

Nos anos seguintes fundaronse sociedades nacionais en case todos os paises de Europa. O proxecto encaixaba ben cos sentimentos patrioticos que estaban en auxe a finais do seculo XIX, e a miudo fomentaronse as sociedades nacionais como simbolos da superioridade da moral nacional. [ 9 ] En 1876, o Comite adoptou o nome de "International Committee of the Red Cross" (ICCR) ("Comite Internacional da Cruz Vermella"), que segue sendo a sua denominacion oficial na actualidade. Cinco anos mais tarde, fundouse a Cruz Vermella Americana grazas aos esforzos de Clara Barton . [ 10 ] Cada vez mais paises asinaron a Convencion de Xenebra e empezaron a respectala na practica durante os conflitos armados. En pouco tempo, a Cruz Vermella adquiriu un enorme impulso como movemento respectado internacionalmente, e as sociedades nacionais fixeronse cada vez mais populares como lugar de traballo voluntario.

Cando se concedeu o primeiro Premio Nobel da Paz en 1901, o Comite Noruegues do Nobel optou por outorgalo conxuntamente a Jean-Henri Dunant e Frederic Passy , un destacado pacifista internacional. Mais significativo que a honra do premio en si mesmo, este galardon marcou a tardia rehabilitacion de Jean-Henri Dunant e representou unha homenaxe ao seu papel clave na formacion da Cruz Vermella. Dunant morreu nove anos despois no pequeno balneario suizo de Heiden . So dous meses antes falecera tamen o seu antigo adversario, Gustave Moynier, que deixou a sua pegada na historia do Comite ao ser o seu presidente mais lonxevo..

En 1906 revisouse por primeira vez a Convencion de Xenebra de 1864. Un ano mais tarde, nos X Convenios da Haia , adoptados na Segunda Conferencia Internacional de Paz de A Haia , ampliaron o ambito de aplicacion do Convenio de Xenebra a guerra naval. Pouco antes do comezo da primeira guerra mundial en 1914, 50 anos despois da fundacion do CICR e da adopcion do primeiro convenio de Xenebra, xa existian 45 sociedades nacionais de socorro en todo o mundo. O movemento estendeuse mais alo de Europa e America do Norte a America Central e do Sur ( Republica Arxentina , a Estados Unidos do Brasil , a Republica de Chile , a Republica de Cuba , os Estados Unidos Mexicanos , o Republica do Peru , Republica do Salvador , Republica Oriental do Uruguai , Estados Unidos de Venezuela ), Asia ( Republica Popular da China , Imperio do Xapon e Reino de Siam ) e Africa ( Union Surafricana ).

Primeira guerra mundial [ editar | editar a fonte ]

Museo Rath , Xenebra. Guerra 1914-1918. Axencia Internacional de Prisioneiros de Guerra. Departamento de Investigacions. seccion alema. Traducion de mensaxes e comunicacions coas familias.

Co estalido da primeira guerra mundial , o CICR atopouse ante enormes retos que so poderia afrontar traballando en estreita colaboracion coas sociedades nacionais da Cruz Vermella. Enfermeiras da Cruz Vermella de todo o mundo, incluidos Estados Unidos e Xapon, acudiron para apoiar os servizos medicos das forzas armadas dos paises europeos implicados na guerra. O 15 de agosto de 1914, inmediatamente despois do comezo da guerra, o CICR creou a sua Axencia Internacional para os Prisioneiros de Guerra ("International Prisoners-of-War Agency") (IPWA) para localizar aos prisioneiros de guerra (PDG) e restablecer as comunicacions coas suas respectivas familias. O escritor austriaco e pacifista Stefan Zweig describiu a situacion na sede xenebrina da CICR:

Apenas se asestaron os primeiros golpes cando comezaron a oirse en Suiza berros de angustia procedentes de todas as terras. Miles de persoas que non tinan noticias dos seus pais, maridos e fillos nos campos de batalla, estenderon os seus brazos desesperados cara ao baleiro. Centos, miles, decenas de miles de cartas e telegramas chegaron a pequena Casa da Cruz Vermella en Xenebra, o unico punto de reunion internacional que quedaba. Illadas, como petreis tormentosos, chegaron as primeiras solicitudes de parentes desaparecidos; daquela estas solicitudes converteronse a sua vez nunha tormenta. As cartas chegaronse a varrer. Nada estaba preparado para facer fronte a semellante avalancha de miseria. A Cruz Vermella carecia de espazo, de organizacion, de sistema e, sobre todo, de axudantes. [ 11 ]
Foto de grupo dos voluntarios -na sua maioria mulleres- diante do Musee Rath en 1914

Con todo, a finais de ano, a Axencia xa contaba cuns 1.200 voluntarios que traballaban no Museo Rath de Xenebra, entre eles o frances escritor e pacifista Romain Rolland . Cando lle concederon o Premio Nobel de Literatura de 1915, doou a metade do dineiro do premio a Axencia. [ 12 ] A maioria do persoal eran mulleres, [ 11 ] algunhas das cales - como Marguerite van Berchem , Marguerite Cramer e Suzanne Ferriere  - ocuparon altos cargos como pioneiras da igualdade de xenero nunha organizacion dominada por homes.

Embulancia da Cruz Vermella de 1917

Ao final da guerra, a Axencia transferira uns 20 millons de cartas e mensaxes, 1,9 millons de paquetes e uns 18 millons de francos suizos en doazons monetarias a prisioneiros de guerra de todos os paises afectados. Ademais, grazas a intervencion da Axencia, uns 200.000 prisioneiros foron intercambiados entre as partes belixerantes, liberados do seu cativerio e devoltos ao seu pais de orixe. O ficheiro organizativo da Axencia acumulou uns 7 millons de rexistros entre 1914 e 1923. O ficheiro permitiu identificar a preto de 2 millons de prisioneiros de guerra e ponerse en contacto coas suas familias. Na actualidade, o CICR presta o ficheiro completo ao Museo Internacional da Cruz Vermella e da Media Lua Vermella de Xenebra. O dereito de acceso ao indice segue estando estritamente restrinxido ao CICR.

Durante toda a guerra, o ICRC supervisou o cumprimento polas partes belixerantes dos Convenios de Xenebra da revision de 1907 e remitiu as queixas sobre violacions ao pais respectivo. Cando se utilizaron armas quimicas nesta guerra por primeira vez na historia, o ICRC organizou unha enerxica protesta contra o seu uso. Mesmo sen ter un mandato dos Convenios de Xenebra, o ICRC tentou aliviar o sufrimento da poboacion civil. Nos territorios designados oficialmente como "territorios ocupados", o ICRC podia axudar a poboacion civil en virtude das Convencions da Haia "Leis e costumes da guerra terrestre" de 1907. [ 13 ] Este convenio foi tamen a base xuridica do traballo do ICRC en favor dos prisioneiros de guerra. Ademais do traballo da Axencia Internacional para os Prisioneiros de Guerra descrito anteriormente, isto incluia visitas de inspeccion aos campos de prisioneiros de guerra. Ata o final da guerra, 41 delegados do ICRC visitaron un total de 524 campos en toda Europa.

O buque MV Red Cross no porto de Nova York ( c. 1915)
Enfermeiras da Cruz Vermella servindo pan e cafe aos soldados estadounidenses do 16º de Infanteria , 1ª Division , a sua chegada a Paris , 4 de xullo de 1917.

Entre 1916 e 1918, o ICRC publicou varias postais con escenas dos campos de prisioneiros de guerra. As imaxes mostraban aos prisioneiros en actividades cotias como a distribucion de cartas desde casa. A intencion do ICRC era proporcionar as familias dos prisioneiros algo de esperanza e consolo e aliviar as suas incertezas sobre o destino dos seus seres queridos. Tras o final da guerra, entre 1920 e 1922, o ICRC organizou o retorno duns 500.000 prisioneiros aos seus paises de orixe. En 1920, a tarefa de repatriacion pasou a mans da recentemente fundada Sociedade de Nacions , que nomeou ao diplomatico e cientifico noruegues Fridtjof Nansen "Alto Comisionado para a Repatriacion dos Prisioneiros de Guerra". O seu mandato legal ampliouse mais tarde ao apoio e a atencion aos refuxiados de guerra e as persoas desprazadas, cando o seu cargo converteuse no de "Alto Comisionado para os Refuxiados" da Sociedade de Nacions. Nansen, que inventou o pasaporte Nansen para os refuxiados apatridas e foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1922, nomeou a dous delegados do ICRC como adxuntos seus. Un ano antes do final da guerra, o ICRC recibiu o Premio Nobel da Paz de 1917 polo seu destacado labor en tempos de guerra. Foi o unico Premio Nobel da Paz concedido no periodo comprendido entre 1914 e 1918. En 1923, o Comite Internacional da Cruz Vermella adoptou un cambio na sua politica de seleccion de novos membros. Ata enton, so os cidadans da cidade de Xenebra podian formar parte do comite. Esta limitacion ampliouse para incluir a todos os cidadans suizos. Como consecuencia directa da primeira guerra mundial, en 1925 adoptouse un tratado que prohibia o uso de gases asfixiantes ou toxicos e axentes bioloxicos como armas. Catro anos mais tarde, revisouse o Convenio orixinal e estableceuse o segundo Convenio de Xenebra "relativo a mellora da sorte que corren os feridos, os enfermos e os naufragos das forzas armadas no mar". Os acontecementos da primeira guerra mundial e as respectivas actividades do ICRC aumentaron significativamente a reputacion e a autoridade do Comite entre a comunidade internacional e conduciron a unha ampliacion das suas competencias.

Xa en 1934, a Conferencia Internacional do ICRC aprobou un proxecto de proposta de convenio adicional para a proteccion da poboacion civil nos territorios ocupados durante un conflito armado. Desgraciadamente, a maioria dos gobernos tinan pouco interese en aplicar este convenio, polo que non puido entrar en vigor antes do comezo da segunda guerra mundial .

Memorial da Cruz Vermella en Solferino.

Segunda guerra mundial [ editar | editar a fonte ]

A resposta da Cruz Vermella ao Holocausto foi obxecto de controversia e criticas. Xa en maio de 1944, o CICR foi criticado pola sua indiferenza ante o sufrimento e a morte de xudeus , criticas que se intensificaron tras o final da guerra, cando a magnitude do Holocausto fixose innegable.

Unha defensa a estas acusacions e que a Cruz Vermella estaba a tratar de preservar a sua reputacion como organizacion neutral e imparcial ao non interferir no que se consideraba un asunto interno aleman. A Cruz Vermella tamen consideraba que o seu principal obxectivo eran os prisioneiros de guerra cuxos paises asinaran a Convencion de Xenebra . [ 14 ]

Os Convenios de Xenebra, na sua revision de 1929, constituiron a base xuridica da labor do CICR durante a segunda guerra mundial. As actividades do Comite foron similares as da primeira guerra mundial: visitar e supervisar os campos de prisioneiros de guerra , organizar a asistencia de socorro a poboacion civil e administrar o intercambio de mensaxes sobre prisioneiros e persoas desaparecidas. Ao final da guerra, 179 delegados realizaran 12.750 visitas a campos de prisioneiros de 41 paises. A Axencia Central de Informacion sobre Prisioneiros de Guerra ( Agence centrale des prisonniers de guerre ) tina un persoal de 3.000 persoas, o ficheiro de seguimento de prisioneiros contina 45 millons de fichas e a Axencia intercambiou 120 millons de mensaxes. Un dos principais obstaculos foi que a Cruz Vermella Alema , controlada polos nazis, negouse a cooperar cos estatutos de Xenebra, incluidas violacions flagrantes como a deportacion de xudeus de Alemana e os asasinatos en masa levados a cabo nos campos de concentracion nazis .

Guerra 1939-45. Xenebra, Axencia Central de Prisioneiros de Guerra, Edificio Electoral/Palacio do Consello Xeral

Outras duas partes principais do conflito, a Union Sovietica e Xapon, non eran parte dos Convenios de Xenebra de 1929 e non estaban legalmente obrigados a seguir as normas dos convenios.

Principios fundamentais [ editar | editar a fonte ]

O hospital da Cruz Vermella de Vigo pechou en maio de 2010. [ 15 ]
Unha ambulancia da Cruz Vermella en Valencia , Espana .
Sede da Cruz Vermella do Reino Unido en Thackley.
Cruz da Sociedade da Cruz Vermella Serbia

O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lua Vermella realiza o seu labor baixo sete principios fundamentais que rexen as actuacions desta organizacion, creando un vinculo de union entre as Sociedades Nacionais da Cruz Vermella e da Media Lua Vermella, o CICR e a FICR.

Os Principios Fundamentais garanten a continuidade do Movemento da Cruz Vermella e da Media Lua Vermella e as suas actividades humanitarias.

  • Humanidade: A Cruz Vermella tenta previr e alivia-lo sufrimento humano, traballa pola vida, a saude e a dignidade humana. Favorece a comprension, a cooperacion e a paz duradeira entre todolos pobos da Terra.
  • Imparcialidade: Non discrimina a ninguen pola sua nacionalidade, raza, relixion, ideoloxia ou condicion social.
  • Neutralidade: Actua sen participar nas controversias de tipo politico, racial, relixioso ou ideoloxico.
  • Independencia: Colabora cos poderes publicos que promoven accions humanitarias, pero manten unha autonomia baseada nos seus principios.
  • Caracter Voluntario: A Cruz Vermella e unha institucion de socorro, voluntaria e desinteresada.
  • Unidade: En cada pais so existe unha sociedade da Cruz Vermella ou da Media Lua Vermella, accesible para todalas persoas en todo o territorio.
  • Universalidade: Todalas sociedades da Cruz Vermella e da Media Lua Vermella comparten os mesmos valores e dereitos, son solidarias entre elas e con todolos pobos.

Promocion dos principios fundamentais e valores humanitarios [ editar | editar a fonte ]

  • Campanas de prevencion de enfermidades.
  • Mensaxes familiares e mensaxes de boa saude.
  • Campanas para promover o respecto a diversidade e a dignidade humana, reducir a intolerancia, a discriminacion e a exclusion social.
  • Apoio as areas de mocidade.

Intervencion en casos de desastre [ editar | editar a fonte ]

  • Procura e rescate.
  • Atencion pre-hospitalaria.
  • Abastecemento de auga.
  • Aloxamento temporal de persoas necesitadas.

Preparacion para desastres [ editar | editar a fonte ]

  • Campanas de recoleccion de alimentos, roupa e xoguetes.
  • Solicitude de medicamentos.
  • Cualificacion da comunidade en xestion de riscos.
  • Primeiros auxilios.
  • Doazons voluntarias.

Mellora dos servizos de saude na comunidade [ editar | editar a fonte ]

  • Doazon de sangue.
  • Servizo de ambulancias.
  • Hospitais e institucions de formacion.
  • Servizos medico, Psicoloxico, odontoloxico e sexual.
  • Apoio social e acompanamento ao adulto maior, nenos e en xeral a persoas vulnerables.

As persoas que integran a Cruz Vermella non reciben dineiro como soldo, pois son voluntarios (excepto tecnicos, por exemplo, un socorrista que traballa todo o dia na praia). Traballan para evitar o sufrimento humano, e polo benestar de todos.

Ademais, para evitar incidentes, ningunha persoa que sexa remunerada pola sua accion en Cruz Vermella pode acceder a postos politicos na xerarquia da institucion.

Algunhas actividades de voluntariado [ editar | editar a fonte ]

Operacion Paso do Estreito [ editar | editar a fonte ]

A Operacion Paso do Estreito e un grupo especial no que participan voluntarios da Cruz Vermella para ofrecer axuda social, axuda medica e actividades ludicas na garderia aos mais de 1000 inmigrantes africanos que cruzan o Estreito de Xibraltar durante as vacacions de veran para volver ao seu pais de orixe. As quendas dos seus voluntarios realizanse de mana, tarde ou noite; cada un de 5 horas, durante tres semanas. Preferiblemente, durante duas semanas a principios de inverno e outra ao final. Non se pode facer nada por iso.

Controversia [ editar | editar a fonte ]

Uso do emblema da CICR na Operacion Xaque [ editar | editar a fonte ]

Sede da Cruz Vermella no norte de Bogota , a capital de Colombia .

A Operacion Xaque foi un operativo militar colombiano, no cal se pretendia o rescate de Ingrid Betancourt , 3 mercenarios estadounidenses, 4 policias e 7 militares; a polemica desatouse cando a cadea de noticias CNN declarou que os militares usaran o emblema da Cruz Vermella durante a operacion. [ 16 ]

A polemica acabou cando o presidente admitiu o feito e asumiu a sua responsabilidade politica. Nun comunicado de prensa, o CICR afirma tomar nota da declaracion feita polo presidente colombiano para lembrar que o uso do emblema "esta especificamente regulamentado polos Convenios de Xenebra e os seus Protocolos adicionais". O Comite Internacional de Cruz Vermella pediu respecto e condenou o "uso abusivo" das suas insignias. [ Compre referencia ]

Con referencia ao uso do emblema, varios medios de comunicacion lembraron que segundo as normas do Dereito Internacional Humanitario, o seu emprego en operacions que non sexan humanitarias considerase " perfidia " porque constitue unha violacion dos Convenios de Xenebra. Debe ademais ser sancionado nos tribunais internacionais como " delito de guerra ".

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]