한국   대만   중국   일본 
Constanza - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Constanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConstanza
Große Kreisstadt Konstanz (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  47°39′48″N 9°10′31″L  /  47.6633, 9.1753 Coordenadas : 47°39′48″N 9°10′31″L  /  47.6633, 9.1753
Estado Alemana
Estado federado Baden-Wurttemberg
Rexion administrativa Rexion de Friburgo - Regierungsbezirk Freiburg
Distrito rural Konstanz (pt) Traducir
Vereinbarte Verwaltungsgemeinschaft Konstanz VVG (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 85.859 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.586,75 hab./km² )
Lingua oficial lingua alema Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 54,11 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Lago Constanza e Rio Rin Editar o valor em Wikidata
Altitude 402 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
• Xefe do goberno Ulrich Burchardt (pt) Traducir (2012?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo city council of Constance (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Codigo postal 78462?78467 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 7533 e 7531 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexion en Alemana 083355004043 Editar o valor em Wikidata
Numero de municipio aleman 08335043 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web konstanz.de Editar o valor em Wikidata

Constanza [ 1 ] (en aleman : Konstanz ) e unha cidade universitaria de mais de 82.000 habitantes. Esta situada na beira oeste do Lago Constanza no recuncho suroeste de Alemana , no Estado de Baden-Wurttemberg . Fai fronteira ademais con Suiza .

Localizacion [ editar | editar a fonte ]

Constanza esta situada no Lago Constanza (en aleman Bodensee ). O rio Rin , que nace nos Alpes Suizos, pasa a traves do logo Constanza e ao abandonalo, considerabelmente maior, flue baixo unha ponte que conecta as duas partes da cidade.

Ao norte do rio atopase a maior parte da cidade, con areas residenciais, industriais e a Universidade de Constanza; mentres que na parte sur esta o casco antigo e o centro administrativo e comercial, ademais das instalacion da Hochschule ou Universidade de Ciencias Aplicadas. Transbordadores de automobiles cruzan o lago e dan acceso a Meersburg, e un Catamaran proporciona servizo a peons cara Friedrichshafen. Ao sur, as beiras da cidade vella, atopase a cidade suiza Kreuzlingen .

Subdivisions [ editar | editar a fonte ]

Subdivisions

Constanza esta dividida en quince distritos:

  • Altstadt
  • Paradies
  • Petershausen-West
  • Allmansdorf
  • Egg
  • Furstenberg
  • Industriegebiet
  • Konigsbau
  • Petershausen-Ost
  • Staad
  • Wollmatingen
  • Dingelsdorf
  • Litzelstetten
  • Dettingen
  • Wallhausen

Historia [ editar | editar a fonte ]

De 1414 a 1418 celebrouse nesta cidade o Concilio de Constanza , que deu fin ao Cisma de Occidente.

A comezos do seculo XIX e como consecuencia das guerras Napoleonicas , o territorio que comprende esta cidade pasou a formar parte da Confederacion do Rin e tralo congreso de Viena adheriuse a Confederacion Xermanica .

Economia [ editar | editar a fonte ]

O encanto de Constanza, que foi unha das poucas cidades do pais que non foi destruida durante a segunda guerra mundial , atrae a visitantes de todo o estado e en particular de Stuttgart . Ademais Constanza constitue unha das principais pontes para os intercambios comerciais entre Suiza e a Union Europea .

Transporte [ editar | editar a fonte ]

Constanza esta servida polas principais vias de ferrocarril cara ao oeste ate Singen con conexion con todalas partes de Alemana , e cara ao sur a Suiza , conectando coas principais rutas en Weinfelden . Os servizos son proporcionados pola Deutsche Bahn e pola compania suiza Thurbo e a sua filial alema. O aeroporto mais proximo esta en Friedrichshafen , ao que se pode chegar rapidamente grazas a un servizo de transbordador que cruza o lago, o cal conecta a cidade con outras vilas na beira do mesmo. O aeroporto opera fundamentalmente con voos domesticos, mais conta cunha lina co aeroporto londiniense de Stansted. Os aeroportos internacionais mais proximos son o de Stuttgart , Basilea e Zuric , o cal ten un tren directo con Constanza. Os servizos de autobuses urbanos son proporcionados por SudbadenBus GmbH.

Ademais Constanza e Friedrichshafen estan conectadas por dous (en pronto por tres) catamarans dende 2005 Constance e Fridolin .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Por exemplo en Martinez Pereiro, Xose Luis (1999). Laiovento, ed. As irmas bastardas da ciencia. Antoloxia de sedes clandestinas . Santiago de Compostela. pp. 144, 148.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]