Coldplay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coldplay
Coldplay, en 2008
Orixe Londres , Inglaterra
Periodo 1996 - presente
Xenero(s) rock alternativo , britpop
Selo(s) discografico(s) EMI , Parlophone, Capitol , Fierce Panda
Membros Chris Martin
Jon Buckland
Guy Berryman
Will Champion
Na rede
http://www.coldplay.com/
IMDB: nm1095892 Rottentomatoes: celebrity/coldplay
Facebook: coldplay Twitter: coldplay Instagram: coldplay Tumblr: coldplay VK: coldplay MySpace: coldplay Youtube: UCDPM_n1atn2ijUwHd0NNRQw TikTok: coldplay Souncloud: coldplay Spotify: 4gzpq5DPGxSnKTe4SA8HAU iTunes: 471744 Last fm: Coldplay Musicbrainz: cc197bad-dc9c-440d-a5b5-d52ba2e14234 Songkick: 197928 Discogs: 29735 Allmusic: mn0000775877 Deezer: 892 Genius: Coldplay Editar o valor em Wikidata

Coldplay e unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1996 polo cantante Chris Martin e o guitarrista Jonny Buckland . [ 1 ] Tras formar Pectoralz, Guy Berryman uniuse coma baixista, e cambiaron o seu nome a Starfish. [ 2 ] Will Champion uniuse coma bateria e para facer as voces secundarias, completando asi a banda. O seu representante, Phil Harvey , e a miudo considerado coma o quinto membro do grupo. [ 3 ] A banda cambiou o seu nome a "Coldplay" en 1998 , [ 4 ] antes de gravar e lanzar tres EPs: Safety en 1998, Brothers & Sisters como sinxelo en 1999, e The Blue Room o mesmo ano. Este ultimo foi a sua primeira edicion nunha gran marca, tras asinar con Parlophone . [ 5 ]

Conseguiron fama mundial co lanzamento do sinxelo "Yellow" no ano 2000 , seguido do seu album de debut nese mesmo ano, Parachutes , o cal foi nomeado ao Mercury Prize , que premia ao mellor album do ano do Reino Unido e Irlanda . O seu segundo album, A Rush of Blood to the Head (2002), tivo unha gran critica e ganou numerosos premios, incluindo o de Album do ano da MNE , e foi considerado coma o mellor dos albums de Coldplay producidos por Ken Nelson. O seguinte traballo, X&Y , foi o album mais vendido no mundo en 2005. O cuarto album de estudio, Viva la Vida or Death and All His Friends (2008), foi producido por Brian Eno e obtivo de novo moi boas criticas, numerosos nomeamentos e trofeos nos 51º Premios Grammy . [ 6 ] O 24 de outubro de 2011 , editaron o seu quinto album de estudio, Mylo Xyloto , que recibiu criticas positivas e copou as listas musicais en 34 paises, alen do album de rock mellor vendido no Reino Unido no 2011. [ 7 ] O 16 de maio de 2014, lanzaron o seu sexto album, titulado Ghost Stories , que ascendeu nas listas de albums de iTunes Store en mais de 100 paises. [ 8 ] O 4 de decembro de 2015, o grupo lanzou o seu setimo album, A Head Full of Dreams .

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Chris Martin formou Coldplay en 1996 , na Universidade de Londres, cos amigos Will Champion , Jon Buckland e Guy Berryman , ao descubrir gustos semellantes (os folks Nick Drake , Simon and Garfunkel e Jeff Buckley ). A banda poderia ter ficado no ostracismo total, como moitas outras, pero tivo sorte: decidiron lanzar un sinxelo, "Safety", a pesar de ter so cartos para 500 copias. Distribuiron o sinxelo entre familiares e amigos, e tamen enviaron copias a discograficas como BMG e Parlophone que posteriormente contratariaos. A banda ainda lanzaria outro sinxelo, "Brother & Sisters", co pequeno selo Fierce Panda.

Xa con Parlophone lanzaron o EP The Blue Room , cunha tirada de 5.000 copias, e que hoxe e disputado entre os fanaticos e coleccionistas. Foron tamen lanzados con moito exito os sinxelos das cancions "Shiver" e "Yellow".

Editaron o seu primeiro disco, Parachutes , o dia 10 de xullo de 2000 , chegando ao primeiro lugar das listas no Reino Unido . O videoclip de "Yellow" emitiuse sen parar na MTV e a banda consagrouse no V-2000, festival de veran de Inglaterra . Parachutes vendeu mais dun millon de copias, levando as listas outros exitos como "Trouble", "Shiver" e "Don't Panic". O vocalista Chris Martin chegou a afirmar que Coldplay era unha das 10 mellores bandas do mundo. Despois diso a banda realizou unha xira polos Estados Unidos e ganou o Grammy en 2002 polo mellor album alternativo.

En xuno de 2002 , o grupo lanzou o seu segundo disco, A Rush of Blood to the Head . Tratase dun disco un pouco mais ousado e cunha mellor producion que a sua estrea, e acabou convertendo a Coldplay nun grupo consagrado, cos seus distintos hits .

No ano seguinte, realizaron dous novos lanzamentos antes de editar un novo album: o EP Brothers & Sisters e o DVD Live 2003 (que tamen saiu en formato CD, co setlist resumido). A parte diso, destacou dese ano 2003 a voda de Chris Martin coa actriz Gwyneth Paltrow .

No 2004 , a banda regresou aos estudos para gravar o seu terceiro album, que foi lanzado o 6 de xuno de 2005 co titulo de X&Y . O disco e unha continuacion de A Rush of Blood to the Head , o que agradou aos seareiros, pero deixou a critica reticente sobre o futuro da banda. Posteriormente, no ano 2008, lanzaron o album Viva la Vida or Death and All His Friends .

Formacion e primeiros anos (1997-1999) [ editar | editar a fonte ]

Os membros da banda coneceronse na University College de Londres en setembro de 1997 . Chris Martin e Jonny Buckland foron os primeiros integrantes da banda, estiveron planeando formar unha banda en todo o que quedaba de ano. Chris pensou o principio en facer unha banda chamada Pectoralz. Enton, Guy Berryman cumpriu os requisitos e uniuse a banda ese ano. En 1997, Coldplay tocaba en pequenos clubs en Camden . Desexando ter mais liberdade creativa, Chris decidiu falarlle o seu amigo Phil Harvey para que traballara como representante da banda. Este axudou a banda a obter fondos para gravar o seu primeiro album. Harvey traballou coa banda ata a realizacion do album debut Parachutes .

O 8 de xaneiro de 1998 , Coldplay completou a sua formacion o unirse Will Champion . El sabia tocar o piano, a guitarra e o baixo, e ainda que non sabia tocar a bateria, aprendeu axina. Nese momento, tocaban baixo o nome de "Starfish". [ 9 ] Tomaron o nome Coldplay dun amigo mutuo, Tim Rice Oxley. Tim decidiu non empregar mais aquel nome xa que parecialle que era moi deprimente. O mesmo tempo ofreceuselle a Tim Rice-Oxley ser o pianista de Coldplay, pero el rexeitouno porque estaba comprometido con Keane . [ 10 ]

O 18 de maio de 1998, a banda gravou 500 copias do EP Safety , os cales foron regaladas maioritariamente a companias discograficas, familiares e amigos, e so 50 copias sairon a venda. En decembro, Coldplay asina coa discografica Fierce Panda . O resultado foi o lanzamento do EP Brothers and Sisters , que foi rapidamente gravado en catro dias de febreiro de 1999. O lanzamento oficial foi en abril, con so 2.500 copias. O interese na banda foi medrando lentamente a traves do Reino Unido, axudado pola sua rotacion na BBC Radio 1 polo DJ Steve Lamacq .

Na primavera de 1999, Coldplay asina un contrato por cinco discos coa discografica Parlophone . Despois de facer a sua primeira aparicion no Festival de Glastonbury ,a banda foi os estudios para gravar o seu terceiro EP titulado The Blue Room . Este disco foi lanzado en outubro con 5.000 copias postas a disposicion para o publico.

As gravacions do EP The Blue Room foron complicadas. Martin botou a Champion da banda, pero logo reconciliarianse, e por mor disto, Martin (un autoproclamado non bebedor nin fumador) comezou a beber alcohol. Despois disto, a banda empezou a traballar nas suas diferenzas e poner unha serie de regras que manterian o grupo unido. Primeiro, a banda declarou que serian un para todos e todos para un; Coldplay seria unha democracia, e as ganancias serian repartidas de igual maneira entre os seus componentes, tomando o exemplo de bandas como a-ha , U2 e R.E.M. . E segundo, a banda despediria a todo aquel que consumira drogas duras.

Parachutes (1999-2000) [ editar | editar a fonte ]

En novembro do ano 1999 , Coldplay focalizou os seus esforzos no seu album de estrea. A banda pasou o Aninovo completando as cancions " Yellow " e "Everything's Not Lost". Tamen tocaron no Carling Premier Tour da NME . Despois de lanzar tres EP sen ningunha cancion exitosa, Coldplay marcou o seu primeiro sinxelo Top 40, " Shiver ". Lanzado en marzo de 2000, o sinxelo ocupou un modesto numero 35 e conseguiu a primeira aparicion para a banda na MTV . O mes de xuno do ano 2000 foi un momento crucial na historia de Coldplay. A banda embarcouse na sua primeira xira importante, que incluiria un triunfante regreso a Glastonbury. Mais notablemente, a banda lanzou o exitoso sinxelo " Yellow ". A cancion posicionouse no numero 4 do UK Singles Chart , dando a conecer a banda mais amplamente.

Coldplay lanzou o seu primeiro album de longa duracion, chamado Parachutes , en xullo de 2000, que se estreou como numero 1 no Reino Unido . O album recibiu moi boas criticas, pero foi as veces acusado por semellarse os discos The Bends e OK Computer , ambos de Radiohead . " Yellow " e " Trouble " ganaron popularidade na radio e nos dous lados do Atlantico . Nun principio, Parlophone agardaba unhas vendas de 40.000 unidades para Parachutes , pero cara ao Nadal, soamente no Reino Unido venderan xa 1,6 millons de copias. [ Compre referencia ] Parachutes foi nomeado para o Mercury Music Prize en setembro de 2000.

Unha vez conseguido o exito en Europa, Coldplay embarcouse cara a America do Norte . Parachutes foi lanzado ali en novembro do 2000. A banda comezou unha xira por clubs dos Estados Unidos , comezando cun concerto en Vancouver , Canada , xira que foi simultaneada con aparicions en diversos programas de television como Saturday Night Live e Late Night with Conan O'Brien . O album tivo un modesto exito, e foi certificado cun disco de dobre platino nos Estados Unidos. Tamen recibiu unha boa acollida por parte dos criticos estadounidenses, ganando o Grammy o Mellor Album Alternativo no 2002.

A Rush of Blood to the Head (2001-2004) [ editar | editar a fonte ]

Coldplay regresou os estudios de gravacion en outubro de 2001 para traballar nun segundo album. Con moita anticipacion, lanzaron o seu segundo album en agosto do 2002: A Rush of Blood to the Head . A cancion inaugural do album, "Politik", foi escrita dias despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 . O album xerou sinxelos populares, como " In My Place ", " The Scientist " e " Clocks ".

Coldplay saiu de xira dende xuno do 2002 ata setembro do 2003, visitando os cinco continentes, incluindo aparicions nos festivais de Glastonbury , V2003 e Rock Werchter . Moitos dos seus actos tinan un sofisticado sistema de luces e pantallas individualizadas como no Elevation Tour de U2 . Aproveitando a xira, gravaron un CD e DVD ao vivo, Live 2003 , en Sydney , Australia . Unha nova cancion chamada " Moses " podese atopar nesa compilacion.

En novembro do 2003, foron nomeados polos lectores da revista Rolling Stone como mellor artista e banda do ano. Ao mesmo tempo, Coldplay facia unha version da cancion de The Pretenders " 2000 Miles ", que se podia descargar dende o seu sitio web oficial. Foi a cancion mais baixada en Internet ese ano no Reino Unido , e as ganancias obtidas con ela foron destinadas a algunhas campanas de caridade. A Rush Of Blood To The Head ganou dous premios Grammy no 2003, e nos premios Grammy do 2004, "Clocks" ganou o premio de Gravacion do Ano. O album foi tamen incluido na Lista de Rolling Stone dos 500 mellores albums de todos os tempos , ocupando a posicion numero 473.

X&Y (2004-2006) [ editar | editar a fonte ]

Coldplay durante a xira de promocion de X&Y

Durante o 2004 , Coldplay fixo un descanso para traballar no seu terceiro album. En maio, a banda fixolles unha broma os seus seguidores cunha nova cancion e cun video na sua paxina oficial para celebrar o nacemento de Apple, a filla de Chris Martin coa sua muller, a actriz estadounidense Gwyneth Paltrow . O famoso produtor George Martin presentou esta promocion como Coldplay e o seu produtor Ken Nelson actuando como The Nappies, un satirico conxunto de rap / glam rock . Chris Martin dixo que a musica fora inspirada por Jay-Z . O terceiro album de Coldplay, X&Y , foi lanzado o 6 de xuno de 2005 no Reino Unido . O album converteuse no mais vendido do ano 2005, alcanzando vendas sobre os 8,3 millons de copias no mundo enteiro. O primeiro sinxelo do album, " Speed of Sound ", fixo a sua aparicion comercial na rede e na radio o 18 de abril e foi lanzado en CD o 23 de maio de 2005 . O album estreouse como numero un en 28 paises ao longo do mundo, e foi a segunda venda mais rapida de albums na historia do Reino Unido, por debaixo do Be Here Now de Oasis . Dous sinxelos mais foron lanzados ese ano: " Fix You " en setembro e " Talk " en decembro. En maio de 2006 a banda lanzou " The Hardest Part " en varios paises fora do Reino Unido. Malia o exito comercial, as reaccions dos criticos musicais cara a X&Y non foron tan boas nin tan unanimes como as de A Rush of Blood to the Head ou Parachutes .

En febreiro de 2006, Coldplay ganou os Brit Awards ao mellor album e ao mellor sinxelo. No discurso de agradecemento, o vocalista Chris Martin levantou alguns rumores sobre a separacion da banda cando dixo: " Este (premio) significa moito para nos, especialmente agora. Pasaran moitos anos antes de que nos vexa de novo ". Logo, estas declaracions foron desmentidas pola discografica do grupo. [ 11 ]

Viva la Vida or Death and All His Friends (2006?2009) [ editar | editar a fonte ]

Coldplay comezou a traballar no seu novo album en decembro de 2006 . Brian Eno e Markus Dravs foron os seus produtores. A banda tomou un descanso na producion e realizou unha xira en febreiro e marzo de 2007 por Suramerica por primeira vez. A Latin American Tour 2007 levounos a Chile , Arxentina , Brasil e Mexico . Ademais, a banda confirmou que o album teria influencias hispanicas, despois de gravar en igrexas e outras areas de Latinoamerica e Espana durante e despois da xira.

Despois de todo un ano de traballo, o 6 de decembro de 2007 a banda fixo unha actualizacion no seu sitio web oficial, dicindo que o album estaba case rematado e que a mestura do mesmo estabase levando a cabo en Nova York . Nun artigo da revista online Rolling Stone , Chris anunciou que o nome do novo disco seria Viva la vida (nome tomado dun cadro da pintora mexicana Frida Kahlo ), e estaria disponible o 17 de xuno de 2008. O seguinte dia, Coldplay anunciou no seu sitio web o titulo oficial, Viva la Vida or Death and All His Friends .

Chris Martin describiu o album como unha nova direccion para a banda; algo diferente aos anteriores 3 discos, aos que se referiu como unha triloxia . Algunhas cancions en Viva la Vida or Death and All His Friends , como " Violet Hill " contenen riffs de guitarras distorsionadas e tons de blues . Martin comentou que este album non contina falsetes como os anteriores discos. O tema foi o primeiro sinxelo do disco, e o videoclip filmouse en Sicilia , Italia . " Viva la vida " foi o segundo sinxelo do album, e foi lanzado exclusivamente en iTunes o 25 de maio de 2008 . Dese tema gravaronse dous videos, un oficial e outro no que o cantante Chris Martin viste un traxe de rei nunha clara homenaxe a Depeche Mode e o seu video " Enjoy the Silence ", dirixido por Anton Corbijn . Foi precisamente este segundo sinxelo co que se desencadeou unha acusacion de plaxio por parte de Creaky Boards , uns 3 dias despois da saida o mercado de Viva la Vida or Death and All His Friends . A banda negouno mediante un comunicado, e na prensa deuse a entender que todo fora froito dun intento de Creaky Boards para conseguir protagonismo. [ 12 ]

Tamen este tema foi protagonista doutra polemica de plaxio, onde Joe Satriani presentou nunha corte federal dos Anxeles unha demanda de violacion os dereitos de autor, na que sostina que a cancion de Coldplay "Viva la vida" incorporaba "porcions orixinais substanciais" da sua cancion instrumental "If I Could Fly", do 2004.

" Lost! " foi o terceiro sinxelo do album, pero non obtivo posicions tan privilexiadas como os dous anteriores. O video da cancion consiste nunha presentacion ao vivo no United Center de Chicago, Estados Unidos, o 22 de xullo , durante a xira Viva la Vida Tour . Foi dirixido por Mat Whitecross .

O cuarto sinxelo foi " Lovers In Japan ", chegando a obter posicions altas nas listas nas que apareceu. O video musical para a cancion foi dirixido por Mat Whitecross (tamen director de videos de Coldplay como "Bigger Stronger" e "Lost!") en Londres . O lanzamento mundial foi en iTunes Store o 31 de outubro de 2008, de maneira gratuita durante unha semana, so disponible para o Canada e os Estados Unidos. Despois de lanzar Viva la Vida or Death and All His Friends , Coldplay puxose a traballar nun EP con colaboracions con Jay-Z , o cal saiu a venda o 31 de agosto de 2008. O seu primeiro sinxelo foi "Life In Technicolor II".

Membros [ editar | editar a fonte ]

Discografia [ editar | editar a fonte ]

Albums de estudio [ editar | editar a fonte ]

Albums en directo [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Ali, Mehreen F. (26 de novembro de 2005). "All That Is Cold play" . Dawn . Arquivado dende o orixinal o 01 de xuno de 2008 . Consultado o 1 May 2008 .  
  2. ( Roach 2003 , p. 19)
  3. Roach, p. 22
  4. coldplay.com (ed.). "Newsreel: An appeal to Wikipedia enthusiasts" . Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017 . Consultado o 22 de setembro de 2014 .  
  5. "Coldplay to Quit" Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine .. Daily Star . 7 de xaneiro de 2008. Consultado o 5 de maio de 2008.
  6. "Nominations for the 51st Grammy Awards" . USA Today . 3 de decembro 2008 . Consultado o 28 de decembro de 2008 .  
  7. NME.COM, ed. (17 de xaneiro de 2012). "Coldplay, Noel Gallagher and Foo Fighters revealed as biggest selling rock acts of 2011" . Consultado o 22 de setembro de 2014 .  
  8. Mail Online (ed.). "Coldplay No.1 on iTunes in 100 countries" . Consultado o 27 de xuno de 2014 .  
  9. " (Ingles) Hot and Coldplay: About Coldplay" . Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008 . Consultado o 27 de abril de 2009 .  
  10. " (Ingles) Q magazine: The Shore Thing" . Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2006 . Consultado o 27 de abril de 2009 .  
  11. (Ingles) Coldplay speak out on split rumours Arquivado 13 de novembro de 2007 en Wayback Machine ..
  12. Coldplay, acusado de plagio al tercer dia de sacar su ultimo disco

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]