한국   대만   중국   일본 
Columbidos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Columbidos

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Columbidos
Columbidae
Pombas, pombo, rulas e afins

Rango fosil: Mioceno ? Actualidade

Columba livia voando
Clasificacion cientifica
Reino : Animalia
Filo : Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase : Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
(sen clasif.): Columbimorphae
Orde : Columbiformes
Familia : Columbidae
Illiger , 1811
Distribución xeográfica dos colúmbidos
Distribucion xeografica dos columbidos

Distribucion xeografica dos columbidos
Subfamilias

A dos columbidos [ 1 ] ( Columbidae ) e unha familia de aves da subclase dos neornites , infraclase dos neognatos , superorde nas neoaves e granorde dos columbimorfos , que comprende todas as especies , viventes e extintas , da monotipica orde das columbiformes , que inclue as chamadas pombas , [ 2 ] o pombo , [ 3 ] as rulas , [ 4 ] e outras especies afins.

As pombas distribuense por toda a Terra, agas a Antartida e o Artico , e con centro de dispersion en America Central . [ 5 ] A maior diversidade de especies tenena as ecozonas Indomalaia e de Australasia .

A especie mais conecida e a pomba brava ( Columba livia ) que deu orixe as diferentes razas de pombas domesticas que se ven en cidades e vilas de todo o mundo. Quizais a caracteristica mais sorprendente deste animal e a sua capacidade para volver o seu nino desde os lugares mais remotos. Por iso, o ser humano empregouna para enviar mensaxes. A estas Pombas chamaselles pombas mensaxeiras e constituiu un eficaz medio de comunicacion antes de que se inventara o telefono ou o telegrafo .

Esta ave soubose adaptar o contorno urbano ata tal punto que se converteu nun tremendo problema en cidades como Venecia ou Santiago de Compostela , onde tiveron que tomar medidas porque a corrosion provocada polas defecacions deste animal estan deteriorando gravemente o patrimonio artistico e arquitectonico da dita cidade.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

As pombas son aves dotadas de grande intelixencia se se comparan con outras aves e monogamas . Esta caracteristica permitelles un gran coidado das suas crias. A monogamia entre as pombas parece facilitar en gran medida unha alta taxa reprodutiva , a pesar de que, como outros animais silvestres, as pombas sofren dunha gran mortandade infantil. As crias de pombas ao pouco de estaren listas para sustentarse e suficientemente desenvolvidas para voar son expulsadas do territorio en que anina a parella proxenitora, xa que a mesma xeralmente volve procrear nun intervalo de tempo curto outros dous pichons nos que a parella inverte gran cantidade de tempo en coidado: a nai adoita quedar gran parte do seu tempo nun sinxelo nino chocando os ovos e logo coidando os pichons mentres o pai busca alimentos para nutrir a familia.

Os ninos , normalmente debiles, estan elaborados con pequenas polas, e os ovos, habitualmente dous, son incubados por ambos os sexos. As pombas alimentanse de sementes e froitos . Ambos os sexos alimentan as suas crias cunha secrecion moi nutritiva que se segrega por celulas especiais.

A parte de ter un gran sentido da orientacion, a pomba e unha das aves que voa mais rapido: alcanza os 56 km/h. [ 6 ] Tamen caracteriza as pombas o seu agudo sentido da vista : entre finais da decada de 1970 e principios da de 1980 a Garda Costeira dos Estados Unidos desenvolveu un sistema experimental de rescate con pombas adestradas en reconeceren cores brillantes. Consistia en equipar un helicoptero con tres exemplares nunha pequena cabina con xanelas na parte inferior do vehiculo cubrindo asi os 360 ° do arco de vision. As pombas conseguian unha efectividade na localizacion de obxectos boiantes do 93 %, fronte ao 38 % dos humanos nas mesmas condicions. O proxecto, denominado "Project Sea Hunt", foi definido pola Garda Costeira como o "mellor sistema de busca con luz diurna". Poren, o sistema nunca pasou da fase experimental e foi cancelado en 1983 por recortes no orzamento sen que as pombas puidesen ter a posibilidade de salvar vida ningunha. [ 7 ]

As pombas superan a proba do espello ; cada individuo reconeceriase como individual ou teria conciencia da sua "personalidade". De acordo a descubrimentos de 2016 as pombas son capaces de distinguir distintos grafemas ("ler") e chegar a ter algun entendemento da diferenza entre estes grafemas. [ 8 ]

Anatomia [ editar | editar a fonte ]

As especies da familia Columbidae caracterizanse por posuir un tronco moi robusto cunha cabeza pequena en comparacion, ainda que a area do encefalo esta bastante desenvolvida, os peteiros son curtos e inchados e as patas curtas con catro dedos, un deles oponibel. Posuen ademais as relativamente grandes e especialmente fortes, que as fan particularmente axeitadas para o voo . [ 9 ]

Descricion [ editar | editar a fonte ]

As dimensions entre as especies varian considerablemente, dende os Goura da Nova Guinea que chegan as dimensions dun pavo as Columbina que son pouco meirandes ca un paxaro, a primacia da especie de menos lonxitude corresponde a Ptilinopus nainus , que mide apenas 13 cm de lonxitude. A plumaxe suave e larga tamen e moi variabel: algunhas especies tenen unha cor branca e negra e pouco visibel, mentres que outras, especialmente as pombas que coman froita do xenero Ptilinopus e as pombas do xenero Treron e Alectroenas posuen varias cores moi rechamantes. [ 10 ]

Relacion cos humanos [ editar | editar a fonte ]

Militares [ editar | editar a fonte ]

As pombas foron empregadas nas duas guerras mundiais, especialmente polos exercitos australiano, frances, aleman, estadounidense e britanico e recibiron galardons polo seu servizo. O 2 de decembro de 1943 tres pombas, Winkie, Tyke e White Vision recibiron por primeira vez a medalla Dickin polo seu servizo na Royal Air Force durante a segunda guerra mundial . [ 11 ]

Relixion [ editar | editar a fonte ]

Na Biblia relatase que Noe deixou ir unha pomba desde a arca despois do Diluvio para intentar encontrar terra firme e que esta regresou cunha pola de oliveira no bico. Ademais, no Novo Testamento , o Espirito Santo descende en forma de pomba sobre Xesuscristo no momento en que este e bautizado. [ 12 ]

Alimento [ editar | editar a fonte ]

Algunhas especies de pombas son empregadas como alimento; non obstante, todos os tipos son comestibles. [ 13 ]

Simbolismo [ editar | editar a fonte ]

A pomba e tamen un animal con significado simbolico. Actualmente, a representacion dunha pomba branca cunha pola de oliveira no bico e un simbolo de paz e puridade nas sociedades occidentais.

En politica , os politicos que defenden solucions pacificas os problemas cualificaselles de pomba , mentres que os que avogan por unha actuacion agresiva denominaselles falcons .

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Columbidos .
  2. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pomba .
  3. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pombo .
  4. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rula .
  5. Diaz, M.; Asensio, B.; Telleria, J. L. (1996). "I. No Paseriformes". Aves Ibericas (en castelan ) . Madrid: J. M. Reyero Editor. p. 306. ISBN   84-921085-1-7 .  
  6. Natura - Animales extraordinarios.
  7. "Pigeon Search and Rescue System: (PROJECT SEA HUNT)" . Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2008 . Consultado o 24 de agosto de 2017 .  
  8. "Las palomas tambien saben ortografia" . El Pais (en castelan ) . 2 de outubro de 2016.  
  9. IOC World Bird List
  10. Baptista, L. F.; Trail, P. W. & Horblit, H. M. (1997): Family Columbidae (Doves and Pigeons). In: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (editors): Handbook of birds of the world, Volume 4: Sandgrouse to Cuckoos . Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 84-87334-22-9
  11. "Pigeons Awarded First Dickin Medals for Bravery ? History Channel" . History Channel (en ingles ) . 20-6-2016. Arquivado dende o orixinal o 13-02-2023.  
  12. Xenese 8:11, Isaias 59:11, Mateo 3:16; 10:16; 21:12.
  13. ( http://www.eattheweeds.com/eggs-for-survival-and-food-2/ )


Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Baptista, L. F.; Trail, P. W. & Horblit, H. M. (1997): "Family Columbidae (Doves and Pigeons)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (editors): Handbook of birds of the world, Volume 4: Sandgrouse to Cuckoos . Barcelona : Lynx Edicions . ISBN 84-8733-422-9 .
  • Blechman, Andrew (2007): Pigeons: The Fascinating Saga of the World's Most Revered and Reviled Bird . Nova York , NY , USA : Grove Press. ISBN 978-0-8021-4328-0 .
  • Gibbs, David; Barnes, Eustace & Cox, John (2001): Pigeons and Doves: A Guide to the Pigeons and Doves of the World . Londres , Reino Unido : Christopher Helm Publishers. ISBN 1-8734-0360-7 .

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]