Cidade Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCidade Real
Ciudad Real (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Mapa
  38°59′00″N 3°55′00″O  /  38.9833, -3.9167 Coordenadas : 38°59′00″N 3°55′00″O  /  38.9833, -3.9167
Estado Espana
Comunidade autonoma Castela-A Mancha
Provincia provincia de Cidade Real Editar o valor em Wikidata
Capital de
Capital Ciudad Real (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 75.303 (2023) Editar o valor em Wikidata (264,22 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 285 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 628 m-657 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataEva Maria Masias (2021?) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 13001?13005 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 13034 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web ciudadreal.es Editar o valor em Wikidata

Cidade Real [ 1 ] (en castelan : Ciudad Real ) e unha cidade do centro de Espana , na Meseta Sur , capital da provincia de Cidade Real , en Castela-A Mancha .

Cidade Real ten 74.014 habitantes segundo o censo do Instituto Nacional de Estadistica do ano 2009 . A cidade atopase a 628 msnm, e o termo municipal cobre 289,98 km².

A cidade foi fundada por Afonso X o Sabio co nome de Villa-Real . A cidade e sede da Universidade de Castela-A Mancha e da Deputacion Provincial .

A Porta de Toledo , en Cidade Real

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O municipio de Cidade Real comprende catro nucleos de poboacion, Cidade Real, Las Casas, Valverde e La Poblachuela. Cidade Real esta urbanisticamente separada por escasos metros da vecina localidade de Miguelturra , formando un continuo demografico. Cidade Real atopase na rexion historica da Mancha , concretamente na comarca natural do Campo de Calatrava , caracterizada por toda unha chaira e situada na submeseta sur da Peninsula Iberica , ao bordo dun extenso territorio que presenta a particularidade do relevo e os fenomenos volcanicos. Asi, podense observar formacions do relevo que adoitan recibir o nome de "morro" ou "cabezo" e crateres hidromagmaticos de explosion ou maar , que as veces albergaban lagoas. Estas, en ocasions, foron desecadas na segunda metade do seculo XIX como consecuencia das ideas e politicas hixienistas ou miasmaticas da epoca, como a de Los Terreros, onde se atopa actualmente a Facultade de Educacion.

A zona centro-sur de Cidade Real atopase emprazada sobre duas maares , cuxos fondos de crater situanse na praza do Pilar e na fonte do Hospital Xeral. No seu termo municipal, atopanse outros maares ou crateres de explosion, como o da lagoa de La Posadilla (tamen chamado de Fuentillejos), declarada Monumento Natural.

Outros fenomenos son as augas agres, fervedoiros e banos termais. O relevo do termo municipal e chairo con lixeiras ondulacions e con pequenos outeiros volcanicos ademais de pequenas serras cuarciticas. O rio Guadiana suca este territorio represado para o regadio no encoro de El Vicario .

Clima [ editar | editar a fonte ]

De acordo coa clasificacion climatica de Koppen , o clima de Cidade Real e en xeral semiarido frio de tipo BSk, ainda que esta moi preto do limite co clima mediterraneo de tipo Csa. Outras fontes describen o clima de Cidade Real como mediterraneo continentalizad, diferenciandoo do clima mediterraneo tipico (que se da en zonas proximas a costa), por ter unha maior amplitude termica anual debido a sua altitude e distancia do mar. A precipitacion media anual e duns 400 mm, cun minimo marcado no veran (como e comun nos climas mediterraneos) e un maximo no outono e comezos do inverno e, en menor medida, na primavera. As nevadas no inverno son ocasionais. O veran e moi calido, mentres que o inverno e moderadamente frio.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

O censo de Cidade Real e de 74.798 habitantes ( INE 2014). Debido ao gran numero de estudantes da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) e de persoas residentes non empadroadas, a poboacion de Cidade Real disparase ata as 80.000 persoas aproximadamente e chegaria ata os 100.000 habitantes contando a sua area metropolitana, o que supon unha porcentaxe moi elevada de poboacion vinculada. Isto motivou diversas campanas do Concello de Cidade Real para aumentar o numero de empadroamentos na cidade.

Administracion e politica [ editar | editar a fonte ]

Eleccions municipais [ editar | editar a fonte ]

Resultados eleccions municipais de 2015 en Cidade Real
Candidaturas con representacion 2015
% Concelleiros
Partido Popular (PP) 36,54 10
Partido Socialista Obrero Espanol (PSOE) 31,40 9
Ganemos Ciudad Real 15,79 4
Ciudadanos (C's) 7,47 2*

Cidade Real esta gobernada polo Concello de Cidade Real, cuxos representantes se elixen cada catro anos por sufraxio universal de todos os cidadans maiores de 18 anos de idade. O organo esta presidido (2015) pola alcaldesa de Cidade Real, Pilar Zamora .

Actualmente un dos dous concelleiros elixidos por Ciudadanos e un edil non adscrito no consistorio.

Alcaldes [ editar | editar a fonte ]

Alcaldes desde as eleccions de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 Lorenzo Selas Cespedes UCD
1983-1987 Lorenzo Selas Cespedes AP
1987-1991 Lorenzo Selas Cespedes Independentes
1991-1995 Lorenzo Selas Cespedes (1991-1993)
Nicolas Clavero Romero (1993-1995, substitucion)
PSOE
PSOE
1995-1999 Francisco Gil-Ortega Rincon PP
1999-2003 Francisco Gil-Ortega Rincon PP
2003-2007 Francisco Gil-Ortega Rincon PP
2007-2011 Rosa Romero Sanchez PP
2011-2015 Rosa Romero Sanchez PP
2015-2019 Maria del Pilar Zamora Bastante PSOE
2019-2023 Maria del Pilar Zamora Bastante (2019-2021)
Eva Masias (2021-2023)
PSOE
Cs
2023- Paco Canizares PP

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Anair Rodriguez Rodriguez, Montserrat Davila Ventura. Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dubidas linguisticas (PDF) . p. 101. ISBN   84-8158-266-2 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]