Castela e Leon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastela e Leon
Castilla y Leon (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  41°45′16″N 4°46′55″O  /  41.7544, -4.7819 Coordenadas : 41°45′16″N 4°46′55″O  /  41.7544, -4.7819
Estado Espana Editar o valor em Wikidata
Capital sen valor Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 2.383.139 (2021) Editar o valor em Wikidata (25,29 hab./km² )
Lingua oficial lingua castela Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 94.223 km² Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Torrecerredo (2.648 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1983 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Organo executivo Xunta de Castela e Leon Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Xunta Editar o valor em WikidataAlfonso Fernando Fernandez Manueco (2019?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Cortes de Castela e Leon , Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2 ES-CL Editar o valor em Wikidata
Codigo NUTS ES41 Editar o valor em Wikidata

Paxina web jcyl.es Editar o valor em Wikidata

Castela e Leon [ 1 ] (en castelan : Castilla y Leon , en leones : Castiella y Llion ) e unha comunidade autonoma constituida en 1983, cuxo territorio se situa na parte centro-norte do territorio espanol . Limita o oeste con Galicia e Portugal ; o norte con Asturias , Cantabria , Pais Vasco e A Rioxa ; o leste con Aragon ; e o sur con Estremadura , Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha .

Forman esta comunidade nove provincias: Avila , Burgos , Leon , Palencia , Salamanca , Segovia , Soria , Valladolid e Zamora ; sendo a comunidade autonoma espanola con mais provincias. E a rexion mais extensa de Europa. [ 2 ]

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O rio Tormes en Salamanca .

A comunidade autonoma estendese basicamente sobre a meseta norte, sendo asucada polo Douro , o cal forma a conca homonima, a maior de Espana. Polo tanto, os seus limites venen configurados por cordilleiras ou outros accidentes xeograficos: o norte coa Cordilleira Cantabrica , os Montes de Leon o noroeste, co Sistema Central o sur e coa Cordilleira Iberica o leste.

A superficie existente entre estes accidentes xeograficos e basicamente unha extensa meseta de moi elevada altura (700-900 metros sobre o nivel do mar). Estas altas chairas mostran na sua degradada vexetacion a ocupacion humana que contribuiu a perda forestal.

Os maiores rios que asucan esta comunidade autonoma son o Douro e o Ebro . Os demais venen sendo afluentes destes ou doutros rios. Polo tanto, o territorio de Castela e Leon esta entre as tres vertentes espanolas (cantabrica, mediterranea e atlantica). As maiores concas hidrograficas que hai en Castela e Leon son:

Clima [ editar | editar a fonte ]

Castela e Leon ten un clima mediterraneo continentalizado , con invernos longos e frios, con temperaturas medias de entre 4 e 7 °C en xaneiro e verans curtos e calorosos (medias de 19 a 22 °C), pero cos tres ou catro meses de aridez estival caracteristicos do clima mediterraneo. As precipitacions, cunha media de 450?500 mm anuais, son escasas, acentuandose nas terras mais baixas.

Debido a barreira montanosa de Castela e Leon, os ventos maritimos quedan freados, detendo dese modo as precipitacions. Debido a iso, as choivas caen dun xeito moi desigual no territorio castelan e leones. Mentres que no centro da conca do Douro rexistrase unha media anual de 450 mm, nas comarcas occidentais dos montes de Leon e a Cordilleira Cantabrica as precipitacions chegan aos 1.500 mm ao ano.

A elevada altitude da Meseta e as suas montanas acentua o contraste entre as temperaturas do inverno e o veran, asi como as do dia e a noite.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Castela e Leon e teoricamente o resultado da union do territorio que comprendia os antigos reinos de Leon e Castela . Poren, as fronteiras non cadran, na sua union, coas dos ditos reinos. Na practica, e a union das antigas rexions de Leon e de Castela a Vella , sen contar coa Rioxa nin Cantabria .

En 1978 , Castela e Leon obten un rexime preautonomico, e finalmente, en 1983 , obten a autonomia, por medio do seu Estatuto de autonomia .

Organizacion territorial [ editar | editar a fonte ]

Provincias de Castela e Leon

Consta de nove provincias: Avila , Burgos , Leon , Palencia , Salamanca , Segovia , Soria , Valladolid e Zamora . As capitais provinciais recaen nas cidades homonimas as suas provincias correspondentes.

Reconecese a concorrencia dunhas caracteristicas xeograficas, sociais, historicas e economicas do Bierzo , no oeste da provincia de Leon , creandose a Comarca do Bierzo , [ 3 ] administrada polo Consello Comarcal do Bierzo .

Demografia [ editar | editar a fonte ]

A poboacion de Castela e Leon e de aproximadamente 2 millons e medio de habitantes. Tendo en conta a sua extension (94.224 km²), ten unha moi baixa densidade de poboacion (27 habitantes por km²), moi inferior a media nacional (78 hab/km²).

Esta poboacion, esta, ademais, moi irregularmente distribuida. Existen catro cidades de mais de 100.000 habitantes ( Valladolid , Burgos , Salamanca e Leon , ordenadas segundo a poboacion). En 2005, 1 287 607 de persoas vivian en cidades con mais de 20.000 habitantes, nas cidades anteriormente citadas e Palencia , Ponferrada , Zamora , Segovia , Avila , Miranda de Ebro , Soria , Aranda de Duero , San Andres del Rabanedo , Laguna de Duero e Medina del Campo . Polo tanto, aproximadamente a metade da poboacion vive en cidades maiores a 20.000 habitantes e a outra metade en menores a 20.000 habitantes. Isto da lugar a un inxente numero de vilas pequenas.

A sangria demografica e moi grande: entre 1950 e 1981 baixou nun 10 %. A esta perda de poboacion contribue o avellentamento xeral da comunidade autonoma, pero especialmente das zonas rurais, enormemente elevado. Tamen baixou a sua poboacion se a comparamos con Espana : mentres que en 1960 o 9,3 % dos espanois vivia nas provincias que actualmente forman esta comunidade, en 1981 so era o 7 %, e esta cifra segue baixando.

Cidades mais poboadas [ editar | editar a fonte ]

Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe Cidade Provincia Pob.

Valladolid

Burgos

Salamanca
1 Valladolid Valladolid 298.412 11 Miranda de Ebro Burgos 35.522
2 Burgos Burgos 175.821 12 Aranda de Duero Burgos 32.856
3 Salamanca Salamanca 144.228 13 San Andres del Rabanedo Leon 30.615
4 Leon Leon 124.303 14 Laguna de Duero Valladolid 22.725
5 Palencia Palencia 78.412 15 Medina del Campo Valladolid 20.510
6 Ponferrada Leon 64.674 16 Arroyo de la Encomienda Valladolid 18.638
7 Zamora Zamora 61.406 17 Villaquilambre Leon 18.638
8 Avila Avila 57.744 18 Benavente Zamora 17.935
9 Segovia Segovia 51.674 19 Santa Marta de Tormes Salamanca 14.805
10 Soria Soria 39.398 20 Bejar Salamanca 12.739
Censo 2019 [ 4 ]

Economia [ editar | editar a fonte ]

Nuevo Riano, area turistica
Muralla de Avila

Os campos de Castela e Leon son extremadamente aridos e secos, e polo tanto predomina o cultivo de secano. Con todo, o regadio foi ganando importancia nas zonas dos vales do Douro , o Pisuerga e o Tormes . Destacan as novas tecnoloxias sobre todo en areas como a Provincia de Valladolid ou a Provincia de Burgos onde a producion por hectarea e das mais elevadas de Espana. A area mais fertil castelan-leonesa coincide co val do Esla , en Leon , nos campos de Valladolid, xa Tierra de Campos , unha comarca que se estende entre Zamora, Valladolid, Palencia e Leon.

A industria de Castela e Leon ocupaba o 18% da poboacion activa e achegaba o 25% do PIB en 2000 . Tanto en Burgos como en Valladolid, onde hai unha importante industria do automobil, papeleira e quimica, concentrase a maioria da actividade industrial do territorio castelan-leones. Outras industrias son a industria textil en Bejar , as industrias de tellas e os ladrillos en Palencia , a industria azucreira en Leon, Toro e Benavente , a industria farmaceutica en Leon e a metalurxica e siderurxica en Ponferrada .

Ao longo da decada de 1990 creceu a afluencia turistica en Castela e Leon, propiciada sobre todo polo valor historico e cultural das suas cidades, e tamen polo atractivo natural e paisaxistico das suas diferentes comarcas. En 2001, Castela e Leon recibiu uns 315.000 visitantes, 42.000 dos cales eran estranxeiros.

O comercio interior de Castela e Leon concentrase no sector da alimentacion, a automocion, o tecido e o calzado. Para o comercio exterior, segundo a rexion, exportanse principalmente vehiculos e chasis de automobiles en Avila, Palencia e Valladolid, pneumaticos en Burgos e Valladolid, barras de aceiro e manufacturas de lousa en Leon, carne de vacun en Salamanca, porcos en Segovia, manufacturas de caucho en Soria e carne de cabra e ovella , xunto con vino , en Zamora. Castela e Leon tamen exporta moito veu sendo a provincia de Valladolid a que mais botellas vende no estranxeiro. En canto a importacion, van a cabeza os vehiculos e os seus accesorios, como os motores ou os pneumaticos.

Politica [ editar | editar a fonte ]

Sede das Cortes, na Avenida de Salamanca de Valladolid .

Agas na primeira lexistatura na que houbo presidentes socialistas, a presidencia da Xunta de Castela e Leon, sempre estivo ocupada por preseidentes do Partido Popular ou da sua forza antecesora, Alianza Popular :

Presidente Partido Inicio Remate
1 Demetrio Madrid Lopez PSOE 1983 1986
3 Jose Constantino Nalda Garcia PSOE 1986 1987
3 Jose Maria Aznar Lopez AP-PP 1987 1989
4 Jesus Posada Moreno PP 1989 1991
6 Juan Jose Lucas Jimenez PP 1991 2001
6 Juan Vicente Herrera Campo PP 2001 2019
7 Alfonso Fernandez Manueco PP 2019 2021
8 Alfonso Fernandez Manueco PP 2022 Actual

   Progresion de deputados as Cortes de Castela e Leon

Partido 1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015 2019 [ 5 ] 2023
Partido Popular (PP) 39 a 32 b 43 50 48 48 48 53 42 29 31
Partido Socialista Obrero Espanol (PSOE) 42 32 35 27 30 32 33 29 25 35 28
Podemos 10 2 d 1
Ciudadanos - Partido de la Ciudadania (C's) 5 12 1
Union del Pueblo Leones (UPL) 2 3 2 2 c 1 1 1
Izquierda Unida (IU) 1 5 1 1 1
Partido Castellano - Tierra Comunera (PCAS-TC) 1
Centro Democratico e Social (CDS) 2 18 5
Partido Democrata Liberal (PDL) 1
Partido Democrata Popular (PDP) a 1
Solucion Independente (SI) 1
VOX 1 13
XAV 1
UPL-SORIA ¡YA! 6
Por Avila 1

Notas

  • a AP - PDP - PL ;
  • b Federacion de Partidos de Alianza Popular (AP);
  • c A mediados de 2008, UPL suspendeu aos seus dous diputados, ainda que non abandonaron o seu escano.
  • d d En coalicion con Equo .

Medios de comunicacion [ editar | editar a fonte ]

Castela e Leon posue unha cadea de television propia, Castilla y Leon Television , asi como unha emisora de radio. En prensa escrita ademais de diarios locais e provinciais destaca o El Norte de Castilla , primeiro xornal de Castela e Leon.

Transporte [ editar | editar a fonte ]

Por esta rexion pasan as principais vias de comunicacion que unen as rexions do norte de Espana coa capital, Madrid e o sur peninsular, asi como as redes que aseguran unha rapida circulacion entre a Europa continental e o continente africano. Doutra banda, a via de transporte mais curta, rapida e comoda que enlaza Portugal con Europa e a que atravesa esta rexion. En consecuencia, Castela e Leon atopase no centro no que se conectan os fluxos comerciais entre o norte e o sur da Peninsula e entre Portugal e o resto de Europa . Ademais, a sua proximidade a Madrid e outro factor adicional que impulsa o trafico que transcorre polas terras castelas e leonesas.

Terminal de Burgos-Villafria.

Os principais eixos viarios do trafico de mercancias e viaxeiros son as estradas radiais A-1, autovia do Norte e A-6, autovia do Noroeste . Tamen ten importancia destacada a A-62, autovia de Castela , que enlaza as cidades de Salamanca , Valladolid , Palencia e Burgos . Nestas tres vias inserense localidades tan importantes como Medina del Campo , Aranda de Duero e Miranda de Ebro .

Castela e Leon conta con catro aeroportos abertos ao uso civil: o Aeroporto de Valladolid , na localidade de Villanubla , proxima a Valladolid, que rexistra o maior volume de trafico aereo da Comunidade e e de uso mixto civil e militar; o Aeroporto de Leon , na localidade de La Virgen del Camino , no alfoz leones, tamen de uso mixto civil-militar; o Aeroporto de Salamanca , en Matacan , anteriormente exclusivo para voos charter e hoxe xa con voos regulares, e o Aeroporto de Burgos , na localidade de Villafria , o de mais recente apertura ( 2008 ).

Ademais a rede de ferrocarril e moi ampla e as suas principais linas van desde Madrid ata a cornixa cantabrica e Galicia , con paradas en Astorga , Burgos , Leon , Miranda de Ebro , Palencia , Ponferrada e Valladolid todas elas importantes nos ferroviarios. Tamen esta a lina entre Irun e a fronteira portuguesa ( Fuentes de Onoro , en Salamanca) que e parte da lina Paris-Lisboa.

Gastronomia [ editar | editar a fonte ]

Un prato de lechazo asado de Castela e Leon

A Gastronomia de Castela e Leon e amplamente conecida pola calidade dos seus vinos e carnes. Algunhas das suas marcas de calidade son mundialmente conecidas: os seus vinos, con 9 denominacions, entre as que destacan D.O. Ribera del Duero , D.O. Toro ou D.O. Rueda . Embutidos e carnes curadas ou frescas, con 16 Indicacions Xeograficas Protexidas e marcas de calidade, entre as que destacan Xamon de Guijuelo , Lechazo de Castela e Leon , Cochinillo de Segovia , Chacina de Leon ou Chourizo de Cantimpalos .

Alguns dos seus pratos tipicos son: o lechazo asado , o cochinillo asado , a sopa de allo , os judeones de segovia , a galina en pepitoria , ou as variedades da morcilla de Burgos , como a morcilla de Aranda . Tamen son tipicos varios doces e sobremesas de reposteria, como as Xemas de Santa Teresa .

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Anair Rodriguez Rodriguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dubidas linguisticas (PDF) . Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN   84-8158-266-2 .  
  2. Susana Gutierrez (21-7-2017). "Herrera reivindica a Castilla y Leon, una region ≪europea grande de verdad≫" . El Norte de Castilla (en castelan) . Arquivado dende o orixinal o 25-03-2018 . Consultado o 24-3-2018 .  
  3. Lei 1/1991 de 14 de marzo, pola que se crea e regula a comarca do Bierzo. Data do B.O.C.Y.L.: 20-03-1991 Nº Boletin: 55 / 1991
  4. INE 2019 .
  5. "RESOLUCION de 18 de junio de 2019, de la Junta Electoral de Castilla y Leon, por la que se hacen publicos los resultados generales y por circunscripciones, asi como la relacion de Procuradores proclamados electos en las elecciones a las Cortes de Castilla y Leon, celebradas el 26 de mayo de 2019." . bocyl.jcyl.es (en castelan ) . 20 de xuno de 2019 . Consultado o 21 de novembro de 2023 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]