한국   대만   중국   일본 
Carolina do Sur - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Carolina do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCarolina do Sur
State of South Carolina (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe
(2016)

Himno Carolina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema Dum spiro spero (en) TraducirEditar o valor em Wikidata
Simbolo oficial Carolina tartan (en) Traducir ( Tartan ) Editar o valor em Wikidata
Alcume The Palmetto State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Provincia da Carolina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  34°N 81°O  /  34, -81 Coordenadas : 34°N 81°O  /  34, -81
Estado Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Capital Columbia Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 5.118.425 (2020) Editar o valor em Wikidata (61,72 hab./km² )
Numero de fogares 1.961.481 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficial lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 82.931 km² Editar o valor em Wikidata
Auga 6,12 % Editar o valor em Wikidata
Banado por Oceano Atlantico Editar o valor em Wikidata
Altitude 105 m Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Sassafras Mountain (en) Traducir (1.085 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo Oceano Atlantico Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 23 de maio de 1788 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Organo executivo Government of South Carolina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador da Carolina (pt) Traducir Editar o valor em WikidataHenry McMaster (pt) Traducir (2017?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Asemblea Xeral de Carolina do Sur , Editar o valor em Wikidata
Maxima autoridade xudicial South Carolina Supreme Court (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2 US-SC Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS 1779799 Editar o valor em Wikidata

Paxina web sc.gov Editar o valor em Wikidata

Carolina do Sur [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] ( South Carolina en ingles ) e un dos 50 Estados dos Estados Unidos de America , localizado na Rexion Sueste do pais. A pesar da sua pequena extension territorial, e un dos lideres nacionais de producion textil e o segundo maior produtor de tabaco dos Estados Unidos, so superado por Carolina do Norte .

A rexion que actualmente constitue Carolina do Sur formou parte inicialmente da colonia inglesa de Carolina , nomeada en homenaxe ao rei Carlos II de Inglaterra (en latin Carlos e Carolus ). En 1712 , a colonia de Carolina separouse en duas: Carolina do Norte e Carolina do Sur.

Carolina do Sur foi unha das Trece Colonias que se rebelou contra o goberno britanico na Guerra da Independencia dos Estados Unidos . Carolina do Sur converteuse no oitavo estado americano o 23 de maio de 1788 . Foi o primeiro estado en separarse da Union, o 20 de decembro de 1860 , logo da eleccion de Abraham Lincoln , para fundar os Estados Confederados de America . A guerra civil estadounidense comezou en Carolina do Sur, o 12 de abril de 1861 , cando tropas confederadas invadiron Fort Sumter . Despois do fin da guerra, o estado seria readmitido novamente na Union, o 25 de xuno de 1868 .

O alcume de Carolina do Sur, The Palmetto State , orixinouse durante a guerra pola independencia. Palmetto e unha palabra inglesa que en galego significa palmeira . Ao comezo da revolucion, forzas britanicas intentaron capturar sen exito un forte feito con madeira de palmeiras, abundantes no Estado. Ao dia seguinte, o comandante do forte, ao ver un navio de guerra britanico en chamas, comentou que o fume emitido polo navio en chamas asemellabase a unha palmeira.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Ata 1788 [ editar | editar a fonte ]

Preto de 30 tribos diferentes de nativos americanos vivian na rexion que constitue actualmente Carolina do Sur na epoca da chegada dos primeiros exploradores europeos a rexion. Destas tribos, os mais importantes eran os catawba (parte do grupo nativo americano dos siouan), os cheroqui e os yamasee ( muskhogean ). Crese que os primeiros humanos a asentarse na actual Carolina do Sur fixerono hai uns 15 mil anos.

O primeiro explorador europeo en avistar e desembarcar na actual Carolina do Sur, foi o espanol Francisco Gordillo , en 1521 . Cinco anos despois, en 1526 , outro espanol, Lucas Vazquez de Ayllon , fundou o primeiro asentamento europeo no territorio que actualmente constitue Estados Unidos. Este asentamento foi nomeado por Ayllon como San Miguel de Guadalupe, e foi fundado con 600 expedicionarios. San Miguel de Guadalupe seria abandonado ao ano seguinte, en 1527 . A rexion de Carolina do Sur seria reivindicada polos espanois e polos franceses , ao longo do seculo XVI . Os franceses realizaron diversas tentativas de colonizacion da rexion, que fallaron por mor da hostilidade de tribos indixenas locais e por mor da falta de provisions.

Inglaterra reivindicou a actual Carolina do Sur ao comezo do seculo XVII . En 1629 , o rei Carlos I de Inglaterra cedeu o sur das Trece Colonias a Robert Heath . Esta colonia incluia as rexions que actualmente constituen Carolina do Norte , Carolina do Sur, Xeorxia e Tennessee . Heath nomeou esta colonia Carolana , unha palabra latina , que significa "Terra de Carlos".

En 1663 , o rei Carlos II de Inglaterra confiscou a provincia de Carolina aos descendentes de Heath, e cedeu a colonia a oito "lores" - conecidos como Lords Proprietors Lores Propietarios) - que administrarian en conxunto a provincia de Carolina. Carlos II fixoo para recompensar lores, que apoiaran a sua ascension ao poder. A provincia de Carolina foi dividida en tres condados: Albermarle (norte da actual Carolina do Norte e Tennessee), Clarendon (actual Cape Fear) e Craven (actuais Carolina do Sur e Xeorxia). O condado de Clarendon duraria ata 1667 , en que se fundiu co condado de Albermarle. O primeiro asentamento ingles na actual Carolina do Sur seria fundada en 1670 , en Albermarle Point . Dez anos despois, en 1680 , os colonos deste asentamento trasladaronse a rexion de Oyster Point . O novo asentamento ali fundado chamouse Charles Town , nome que seria cambiado polo actual Charleston en 1783 .

A rexion de Carolina do Sur continuou sendo reivindicada polos espanois e polos franceses, ata a decada do 1730. Durante este periodo, os colonos ingleses foron obrigados a defenderse de diversos ataques de forzas espanolas e francesas, durante a Guerra da Raina Ana , entre 1710 e 1713 , e de diversos ataques indixenas e de piratas . As crecentes diferenzas economicas e politicas entre a poboacion dos condados de Albermarle e Craven causaron eventualmente a disolucion da provincia de Carolina, en 1712 . No seu lugar, foron fundadas duas provincias coloniais distintas: Carolina do Norte e Carolina do Sur, no que eran anteriormente os condados de Albermarle e Craven. Ambas as colonias continuaron sendo administradas polos lores propietarios .

Os lores, que tinan soamente intereses politicos e economicos na rexion, pouco axudaron os colonos durante os ataques espanois, franceses, dos indixenas e dos piratas, feito que desgustou moito a poboacion. Ademais, os lores non permitian aos colonos que elixisen aos seus gobernadores. Estes lores foron depostos en 1719 , logo de rexeitar propostas de leis creadas pola poboacion do estado ese mesmo ano. Carolina do Sur pasou a ser enton unha colonia real, gobernada por un gobernador escollido polo monarca do Reino Unido . O monarca britanico da epoca, o rei Xurxo I de Inglaterra , fixo isto nun intento de agradar a poboacion da Carolina do Sur, tendo en conta que a colonia actuaba como primeira barreira de defensa contra invasions espanolas provenientes do sur, especialmente da Florida . En 1732 , a parte sur separouse formando unha colonia a parte, Xeorxia .

Carolina do Sur, desde a decada de 1700, prosperara co cultivo de arroz na rexion. Durante mediados da decada de 1730, o algodon tamen pasou a ser cultivado en gran cantidade na rexion. O algodon era principalmente exportado a outros paises. A venda de algodon a prezos competitivos requiria gran cantidade de man de obra barata. Asi foi como miles de persoas foron traidos a forza desde o continente africano , para traballar como escravos. Coa expansion da area cultivada desde o litoral cara ao interior, cada vez mais colonos e escravos instalabanse na rexion. En 1775 , Carolina do Sur posuia preto de 175 mil habitantes. Destes, 100 mil eran brancos e 75 mil eran afroamericanos.

Durante a decada de 1760, unha serie de leis aprobadas polo Reino Unido, que instituian diversos impostos ou diminuian a independencia das Trece Colonias en relacion a metropole,o Reino Unido, desgustaron a maior parte da poboacion, que ata enton era, na sua maioria, leal aos britanicos. Logo da institucion destas leis, a poboacion de Carolina do Sur dividiuse en dous grupos: os whigs - que apoiaban a independencia das Trece Colonias - e os torys - leais a coroa britanica.

A Guerra da Independencia dos Estados Unidos iniciouse en 1775 . A maior parte de Carolina do Sur seria conquistada polos britanicos ao comezo da guerra. A maior cidade de Carolina do Sur, Charlestown, estaba en man dos colonos americanos, e seria atacada por primeira vez por tropas britanicas en xuno de 1776 . Os colonos da cidade derrotaron estas tropas na Batalla de Sullivan Island. Os britanicos invadiron novamente Charlestown en 1779 , tomando con exito a cidade en 1780 . Tropas americanas, baixo o mando do xeneral Horatio Gates , intentaron obter o control de Carolina do Sur en 1780, partindo desde Carolina do Norte, pero foron obrigados a retroceder logo de ser derrotados, na Batalla de Camden. Foi en 1781 cando unha nova forza americana, comandada polo xeneral Nathanael Greene, invadiu Carolina do Sur, e forzaron aos britanicos a replegarse en direccion a Virxinia . Charleston continuaria baixo control britanico ata 1782 . No total, foron realizadas preto de 200 batallas e conflitos entre tropas e milicias americanas e tropas britanicas.

Logo da independencia dos Estados Unidos, en 1783 , Carolina do Sur ratificaria a Constitucion dos Estados Unidos de America , o 23 de maio de 1788 , convertendose no 8º Estado da Union.

1788-1900 [ editar | editar a fonte ]

A economia de Carolina do Sur dependia principalmente das exportacions de algodon aos paises europeos. Por mor diso, o goberno do Estado apoiaba o libre comercio entre paises, e opunase a adopcion de tarifas aduaneiras. Diversas tarifas aduaneiras foron adoptadas no pais durante as decadas de 1800 e 1810. En 1819 , o pais sufriu unha recesion economica. O goberno de Carolina do Sur alegou enton que o causante desta recesion eran as tarifas aduaneiras. Carolina do Sur apertou o goberno americano a retirar estas tarifas, pero sen exito.

En 1828 , o goberno americano decidiu implantar novas tarifas aduaneiras, que aumentaban drasticamente as tarifas da gran maioria dos produtos importados ao pais. O enton Vicepresidente dos Estados Unidos, John Calhoun , un habitante nativo de Carolina do Sur, afirmou que ningun Estado americano estaba obrigado a aceptar unha lei adoptada polo goberno federal, se o goberno do Estado a consideraba inconstitucional. Logo da adopcion dunha tarifa aduaneira mais, en 1832 , o Estado aprobou un "Acto", conecido como Orde de Anulacion, onde o Estado explicitamente rexeitaba a lei federal. O goberno americano ameazou con enviar tropas a Carolina do Sur, para obrigar a que as tarifas aduaneiras fosen cobradas. A cuestion chegou ata o Congreso americano, que creou un novo sistema de tarifas aduaneiras, que substituia as antigas. As novas tarifas aduaneiras, que entraron en vigor en 1833 , eran sensiblemente menores que as antigas. Por iso, Carolina do Sur anulou a sua Orde de Anulacion aquel mesmo ano.

Durante a decada do 1830, o movemento a favor da abolicion do traballo escravo comezou a crecer nos estados do Norte industrializado dos Estados Unidos, mentres o Sur, dependente da industria agraria, estaba a favor do uso do traballo escravo. En 1850 , Carolina do Sur ameazou con separarse do resto do pais, a causa do debate nacional en relacion ao traballo escravo - se este deberia ou non ser permitido nos novos territorios americanos no Oeste do pais. Con todo, sen o apoio dos restantes Estados sudistas, Carolina do Sur non fixo efectiva a secesion.

En 1860 , o republicano abolicionista Abraham Lincoln venceu nas eleccions presidenciais dese ano. Carolina do Sur, temendo que Lincoln abolise definitivamente a escravitude no pais, decidiu separarse dos Estados Unidos. O Estado fixoo asi o 20 de decembro dese ano, sendo o primeiro Estado americano en separarse do resto do pais. Posteriormente, outros dez Estados tamen se separarian dos Estados Unidos, e inmediatamente se xuntarian para formaren os Estados Confederados de America .

Gravado de 1861 de Fort Sumter antes do ataque que pricipitou a Guerra Civil.

A Guerra Civil Estadounidense iniciouse en Carolina do Sur, o 12 de abril de 1861 , cando tropas confederadas comezaron o ataque sobre Fort Sumter , un forte da Union en territorio Confederado, proximo a Charleston. O dia seguinte, as tropas americanas dentro do forte renderonse. Estados Unidos, apos o inicio da guerra, bloquearon o acceso ao mar de Carolina do Sur, a traves do bloqueo naval dos principais portos do Estado. Isto arruinou a economia de Carolina do Sur. Tropas americanas comandadas por William T. Sherman invadiron Carolina do Sur en 1865 , e queimaron un gran numero de plantacions ao longo de todo o Estado. Ao final da guerra, preto de 65 mil homes de Carolina do Sur loitaran a beira da Confederacion. Destes, preto de 18 mil morreron.

Logo da guerra, Carolina do Sur foi ocupada por tropas americanas. Os republicanos tomaron pola forza o control do goberno do Estado. Estes republicanos colocaron no poder a suristas que eran simpatizantes do Norte, asi como diversos afroamericanos. En 1868 , o Estado adoptou unha nova constitucion, e o 25 de xuno do mesmo ano, Carolina do Sur seria novamente elevada a categoria de Estado da Union.

Carolina do Sur comezou a industralizarse rapidamente a partir da decada de 1880. Diversos ricos latifundistas do Estado construiron diversas fabricas textiles en Carolina do Sur, cos ingresos do algodon producido nas suas propias facendas. Outras companias, vindas da rexion Norte dos Estados Unidos, instalaronse en Carolina do Sur, aproveitandose da abundancia de materia prima e de man de obra barata. Diversas Encoros e centrais hidroelectricas foron fundadas no Estado.

Ata enton, o goberno do Estado estaba dominado por unha a do Partido Democrata americano, chamado Bourbon . Esta a estaba constituida por latifundistas, avogados e ricos comerciantes. Unha caida dos prezos dos produtos agricolas, a finais da decada de 1880, orixinou grandes protestas dos pequenos facendados do Estado contra os Bourbon . Nas eleccions estatais de 1890 , o a Tillmanites do Partido Democrata - liderado por Benjamin R. Tillman - obtivo a maioria dos postos no Lexislativo, co propio Tillman obtendo o cargo de gobernador. O Estado, baixo o seu liderado, adoptou unha nova constitucion, nese mesmo ano, onde eliminaban o dereito de voto dos afroamericanos.

1900-Actualidade [ editar | editar a fonte ]

A industrializacion de Carolina do Sur continuou ao longo das tres primeiras decadas do seculo XX . O Estado converteuse nun dos maiores polos da industria textil nacional. Durante a primeira guerra mundial , as fabricas de Carolina do Sur produciron grandes cantidades de tecidos e roupas en xeral para as Forzas Armadas americanas. Ao final da guerra, en 1918 , preto de 55 mil persoas traballaban na industria textil do Estado. Esta industria continuou a sua expansion durante a decada de 1920. Nesta decada, diversas pragas destruiron moitas das plantacions de algodon - ata enton o produto mais cultivado en todo o estado. Diversos facendados comezaron enton a cultivar outros produtos, tales como o tabaco e o trigo .

Carolina do Sur foi duramente afectada pola Gran Depresion da decada de 1930. Programas de asistencia socio-economica e de construcions publicas dos gobernos estatais e federais axudaron a minimizar os efectos da recesion economica ao redor de 1937 . A economia recuperouse en gran medida ao redor de 1940 . Un ano despois, en 1941 , Estados Unidos entraron na segunda guerra mundial . A economia de Carolina do Sur, ata enton coa agricultura como a principal fonte de renda, pasou a ter a industria como a sua principal fonte de renda, o que acelerou o proceso de urbanizacion do Estado. Ao final da decada de 1940, vivian en cidades mais acodes que en areas rurais.

Os afroamericanos de Carolina do Sur comezaron a loitar polos seus dereitos civis a partir da decada de 1940. A finais da segunda guerra mundial, os afroamericanos obtiveron novamente o dereito a voto en eleccions estatais e federais realizadas no Estado. A partir de enton, o numero de afroamericanos que votaban nas eleccions aumentou gradualmente, a pesar de diversos grupos racistas intimidandoos para non facelo. A segregacion racial entre brancos e afroamericanos en lugares publicos extinguiuse gradualmente durante as decadas de 1950 e 1960. En 1954 , Carolina do Sur iniciou o proceso de "de-segregacion" do seu sistema de educacion publica - logo dunha orde do Tribunal Supremo dos Estados Unidos , dirixida a todolos estados con institucions educativas segregadas. Esta "de-segregacion" foi lenta e gradual, completandose soamente ao comezo da decada de 1970.

A partir de enton diversos afroamericanos, obtiveron posicions importantes en postos de goberno municipais e estatais. En 1970 , tres afroamericanos de Carolina do Sur foron elixidos representantes do Estado na Camara de Representantes dos Estados Unidos. Estes tres representantes foron os primeiros afroamericanos electos a Camara dos Representantes desde 1902 en calquera Estado americano.

Carolina do Sur continuou a sua industrializacion durante as decadas que seguiron a segunda guerra mundial. Actualmente, poucos Estados americanos dependen tanto da industria como Carolina do Sur. Este crecemento continuou desde a decada de 1980 principalmente por mor de incentivos fiscais as empresas, asi como a maior atencion dada polo Estado a educacion.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Os pantanos son comuns na rexion das Planicies Litorais do Atlantico .

Carolina do Sur limita ao norte con Carolina do Norte , ao leste co oceano Atlantico e ao suroeste con Xeorxia . O litoral de Carolina do Sur ten unha extension de preto de 301 quilometros. Contandose todas as rexions banadas polo mar - baias , estuarios e illas oceanicas, este numero incrementase ata 4.628 quilometros. O principal rio de Carolina do Sur e o rio Santee , cuxa conca hidrografica cobre preto de 40% do Estado. E tamen o rio mais longo do Estado. Outros rios importantes de Carolina do Sur son o Pee Dee e o Savannah , respectivamente o segundo e o terceiro rio mais longos de Carolina do Sur. O Estado non posue ningun gran lago natural. Os maiores lagos do Estado foron creados a traves de encoros . O maior lago de Carolina do Sur e o Lago Marion, creado por unha presa inaugurada en 1942 . Os bosques cobren preto de 65% do Estado.

Carolina do Sur pode ser dividida en tres rexions xeograficas distintas:

  • As Montanas Blue Ridge forman unha estreita franxa de terra que cobre o extremo noroeste de Carolina do Sur. Posue os terreos mais accidentados e de maior altitude do Estado - ainda que non tanto como na rexion do Blue Ridge en Carolina do Norte . Esta rexion posue diversos picos con mais de 800 metros de altitude, pero raramente superan os mil metros de altitude. O punto mais alto do Estado, o Sassafras Peak , alcanza os 1.083 metros de altitude.
  • O Piemonte cobre a maior parte da rexion noroeste de Carolina do Sur. Caracterizase por ser as raices dunha antiga cadea erosionada de montanas. En Carolina do Sur, o Piemonte tende a estar cuberto de montes con chans finos, pouco fertiles e moi rochosos, con poucas rexions propicias a practica da agricultura. A altitude do Piemonte gradualmente diminue a medida en que se viaxa das Montanas Blue Ridge en direccion ao litoral, desde os 600 metros na proximidade de Blue Ridge , ata preto de 150 metros ao longo das Chairas Litorais. Boa parte do Piemonte xa foi cultivado anteriormente, ainda que sen moito exito. Actualmente, a maior parte das areas do anteriormente cultivadas estan sendo reforestadas.
  • As Chairas Litorais do Atlantico cobren o resto de Carolina do Sur. A fronteira entre as Chairas Litorais e o Piemonte e chamada fall line , onde a altitude entre a rexion do Piemonte e as Chairas cae drasticamente, propiciando a formacion de diversas fervenzas e caidas de auga, que en ingles denominanse waterfalls . As Chairas Litorais son planas e posuen poucos accidentes xeograficos, e estan compostas de sedimentos recentes (principalmente area ). Diversos pantanos localizanse nestas chairas. O chan da rexion e moi fertil.

Clima [ editar | editar a fonte ]

Carolina do Sur posue un clima subtropical, con invernos suaves e verans moi quentes. A temperatura media do Estado, durante todo o ano, baixa a medida que se viaxa cara ao norte, e do litoral cara ao interior. As temperaturas mais altas rexistranse no extremo sur, e as temperaturas mais baixas, no extremo noroeste.

No inverno, as temperaturas medias varian entre 11° C no sur e 5 °C no noroeste. A media das minimas e de 8 °C no sur e de 2 °C no noroeste, e a media das maximas e de 16 °C no sur e 12 °C no noroeste. As extremas varian entre -20 °C e 26 °C. A temperatura mais baixa rexistrada no Estado foi de -28 °C, en Caesars Head, o 21 de xaneiro de 1985 .

Durante o veran, as temperaturas medias varian entre 27 °C no sur e 22 °C no noroeste. A media das minimas e de 24 °C no sur e de 19 °C no noroeste, e a media das maximas e de 32 °C no sur e de 31 °C no noroeste. As extremas varian entre 10 °C e 40 °C. A temperatura mais alta rexistrada no Estado foi de 44 °C, rexistrada tres veces na historia de Carolina do Sur: o 4 de setembro de 1925 , en Blacksville, o 8 de setembro do mesmo ano, en Calhoun Falls, e en Camden, o 28 de xuno de 1954 .

As taxas de precipitacion media anual de choiva son de 114 centimetros en todo o Estado. Estas taxas chegan a 180 centimetros na rexion das Montanas Blue Ridge . As taxas de precipitacion media anual de neve no Estado son de 18 centimetros, tamen nas Montanas Blue Ridge , e menos de dous centimetros anuais no resto do Estado.

Politica [ editar | editar a fonte ]

Mapa de Carolina do Sur.

A actual Constitucion de Carolina do Sur foi adoptada en 1895 . Outras Constitucions anteriores foron aprobadas en 1776 , 1778 , 1790 , 1861 , 1865 e 1868 . As Emendas a Constitucion son propostas polo Poder Lexislativo, e para a sua valided, necesitan ser aprobada por polo menos o 67% de Senado e da Camara dos Representantes do Estado, en duas votacions sucesivas, e posteriormente polo 51% ou mais da poboacion electoral de Carolina do Norte, nun referendo . Tamen poden ser propostas e introducidas Emendas por unha convencion constitucional , que necesitan recibir polo menos a aprobacion do 67% dos membros de ambas as camaras do Poder Lexislativo e o 51% dos electores do Estado nun referendo.

O principal oficial do Poder executivo de Carolina do Sur e o gobernador. E elixido polos electores do Estado para mandatos de ata catro anos de duracion. Unha mesma persoa pode exercer o cargo de gobernador cantas veces poida, pero non duas veces consecutivas. Outros oito oficiais do Executivo son tamen elixidos polo electorado do Estado para mandatos de catro anos de duracion.

O Poder lexislativo e exercido pola Asemblea Xeral de Carolina do Sur que se conforma do Senado e a Camara dos Representantes. O Senado posue un total de 46 membros, mentres que a Camara dos Representantes posue un total de 124 membros. Carolina do Norte esta dividido en 46 distritos senatoriais e 124 distritos representativos diferentes. O electorado destes distritos elixen un senador/representante - que actuara como representante dos seus respectivos distritos no Senado/Camara de Representantes - para mandatos de ata catro anos de duracion, no caso dos senadores, e de dous anos, no caso dos representantes.

O tribunal mais alto do Poder xudicial de Carolina do Sur e o Tribunal Supremo de Carolina do Sur, composta por cinco xuices , elixidos polo Lexislativo para mandatos de ata 10 anos de duracion. O segundo tribunal mais alto do estado e a Court of Appeals , composta por seis xuices electos polo Lexislativo para mandatos de ata seis anos de duracion. O Estado esta dividido en 16 distritos xudiciais, que empregan un total de 40 xuices electos polo Lexislativo para mandatos de ata seis anos de duracion.

Carolina do Sur esta dividida en 46 condados. Estes condados son gobernados por consellos de comisionados, cuxo numero de membros varia bastante dun condado a outro. Todos os comisionados son escollidos pola poboacion dos respectivos condados, para mandatos de dous ou catro anos de duracion. Estes comisionados posuen autoridade lexislativa e executiva sobre o condado.

Lista dos 46 Condados de Carolina do Sur
Aiken | Allendale | Anderson | Bamberg | Barnwell | Beaufort | Berkeley | Calhoun | Charleston | Cherokee | Chester | Chesterfield | Clarendon | Colleton | Darlington | Dillon | Dorchester | Edgefield | Fairfield | Florence | Georgetown | Greenville | Greenwood | Hampton | Horry | Jasper | Kershaw | Lancaster | Laurens | Lee | Lexington | Marion | Marlboro | McCormick | Newberry | Oconee | Orangeburg | Pickens | Richland | Saluda | Spartanburg | Sumter | Union | Williamsburg | York

Preto da metade do orzamento de Carolina do Sur e xerado por impostos estatais, e o resto proven de orzamentos recibidos do goberno federal. En 2002 , o goberno do Estado gastou 20 billons de dolares, habendo xerado 17 billons. A Debeda Publica de Carolina do Sur e de 10,1 billons de dolares. A debeda per capita e de 2.465 dolares, o valor dos impostos estatais per capita e de 1.483 dolares, e o valor dos gastos gobernamentais per capita e de 4.878 dolares.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Crecemento da poboacion de Carolina do Sur
Ano Habitantes
1790 249.073
1800 345.591
1810 415.115
1820 502.741
1830 581.185
1840 594.398
1850 668.507
1860 703.708
1870 705.606
1880 995.577
1890 1 151 149
1900 1 340 316
Ano Habitantes
1910 1 515 400
1920 1 683 724
1930 1 738 765
1940 1 899 804
1950 2 117 027
1960 2 382 594
1970 2 590 713
1980 3 122 814
1990 3 486 703
2000 4 012 012
2005 * 4 255 083
(*) Estimada

De acordo co censo nacional de 2000 , da Oficina do Censo dos Estados Unidos , a poboacion da Carolina do Sur era de 4 012 012 habitantes, un crecemento do 15,7% en relacion a poboacion do Estado en 1990, de 3 486 703 habitantes. Unha estimacion realizada en 2005 calcula a poboacion do Estado nese ano en 4 255 083 habitantes, un crecemento do 22% en relacion a poboacion do Estado en 1990, do 6,1%, en relacion a poboacion do Estado en 2000, e do 1,4% en relacion a poboacion estimada en 2004.

O crecemento natural da poboacion natural entre 2000 e 2005 foi de 97.715 habitantes - 295.425 nacementos e 197.710 falecementos - o crecemento de poboacion causado pola inmigracion foi de 36.401 habitantes, mentres que a migracion interestatal incrementouse en 115.084 habitantes. Entre 2000 e 2005, a poboacion de Carolina do Norte creceu en 243.267 habitantes, e entre 2004 e 2005, en 57.191.

O 6,6% da poboacion de Carolina do Sur posue menos de 5 anos de idade, o 25,2% menos de 18 anos de idade, e o 12,1% posuen 65 anos de idade ou mais. As persoas do sexo masculino supon o 48,6% da poboacion do Estado, e do sexo feminino o 51,4%.

Razas e etnias [ editar | editar a fonte ]

A composicion racial da poboacion de Carolina do Sur e a seguinte:

66 , 1% Brancos
29 , 5% Afroamericanos
2 , 4% Hispanos
0 , 9% Asiaticos
0 , 3% Nativos americanos
1 , 0% Duas ou mais razas

Os cinco maiores grupos etnicos de Carolina do Sur son: afroamericanos (que compon o 29,5% da poboacion do Estado), americanos (13,9%), alemans (8,4%), ingleses (8,4%) e irlandeses (7,9%). E probable que a maioria dos habitantes que reivindican a sua ascendencia "americana" sexan descendentes dos primeiros colonos escoceses e irlandeses de Carolina do Sur, que se instalaron na rexion norte do actual Estado.

Durante a maior parte da historia de Carolina do Sur, os afroamericanos foron a maioria da poboacion do Estado - chegando a compor o 75% da poboacion. A porcentaxe caeu gradualmente a partir da decada de 1890, ata os anos 60, cando gran numero de afroamericanos abandonaron o Estado e migraron en direccion ao norte americano. Os afroamericanos ainda predominan na rexion do Piemonte e na parte sur, rexions onde anteriormente eran cultivadas grandes plantacions de arroz e trigo. Os brancos, principalmente de ascendencia americana e britanica, predominan no norte e a maioria das rexions urbanas do Estado.

Relixion [ editar | editar a fonte ]

Porcentaxe da poboacion por afiliacion relixiosa:

  • Cristianismo ? 92%
    • Protestantes ? 84%
      • Igrexa Bautista ? 45%
      • Igrexa Metodista ? 15%
      • Igrexa Presbiteriana ? 5%
      • Outras afiliacions protestantes ? 19%
    • Igrexa Catolica ? 7%
    • Outras afiliacions cristians ? 1%
  • Outras relixions ? 1%
  • Non relixiosos ? 7%

Principais cidades [ editar | editar a fonte ]

  • Forest Acres
  • Gaffney
  • Goose Creek
  • Greenville
  • Greenwood
  • Greer
  • Hanahan
  • Hartsville
  • Laurens
  • Mauldin
  • Myrtle Beach
  • North Augusta
  • North Charleston
  • North Myrtle Beach
  • Orangeburg
  • Rock Hill
  • Simpsonville
  • Spartanburg
  • Sumter
  • West Columbia
  • Westminster

Economia [ editar | editar a fonte ]

O Produto Interior Bruto de Carolina do Sur foi de 115 mil millons de dolares en 2003 . A renda per capita do Estado, pola sua banda, foi de 28.663 dolares. A taxa de desemprego e do 6,8%, a quinta mais alta do pais.

O sector primario supon o 1% do PIB de Carolina do Sur. A agricultura e a ganderia achegan ambas as cerca do 0,95% do PIB do Estado, e empregan aproximadamente 59 mil persoas. Carolina do Sur posue preto de 25 mil granxas , que cobren aproximadamente o 25% do Estado. Carolina do Sur e unha das maiores produtoras de tabaco do pais. O cultivo de flores en invernadoiros , millo e aves en xeral son outros produtos importantes. A silvicultura e a pesca achegan xuntas cerca do 0,05% do PIB, empregando preto de nove mil persoas. O valor da pesca capturada anualmente e de preto de 30 millons de dolares.

O sector secundario supon o 29% do PIB. A industria da manufactura achega o 24% do PIB do Estado e emprega aproximadamente 370 mil persoas. O valor total dos produtos fabricados e de 34 mil millons de dolares. Os principais produtos industrializados fabricados no Estado son cigarros, produtos quimicos, textiles, equipamentos de transporte, mobles en xeral, papel e roupas. O Estado e a segunda maior produtora de cigarros do pais, so detras de Carolina do Norte . A industria da construcion correponde a cerca do 4,95% do PIB do Estado, empregando aproximadamente 147 mil persoas, e a mineria polo 0,5 %, empregando a preto de 2,4 mil persoas. Os principais produtos minerais no Estado son o granito e a arenisca.

O sector servizos achega o 70% do PIB de Carolina do Sur. O comercio por xunto e polo miudo supon o 17% do PIB do Estado, e emprega aproximadamente a 493 mil persoas. Os servizos comunitarios e persoais achegan o 16% do PIB de Carolina do Sur, e empregan aproximadamente a 562 mil persoas, e os servizos gobernamentais o 15%, empregando aproximadamente a 364 mil persoas. Servizos financeiros e o sector inmobiliario responden por preto de 14% do PIB do Estado, empregando aproximadamente a 136 mil persoas. Transportes , telecomunicacions e servizos publicos empregan a 88 mil persoas, e achegan o 8% do PIB. O 55% da electricidade xerada no Estado e producida en centrais nucleares , o 35% en centrais termoelectricas a carbon , o 8% en centrais termoelectricas a gas natural , e a maior parte do resto xerada en centrais hidroelectricas . O Estado produce mais electricidade que a que consome, e o excedente vendese aos Estados vecinos, principalmente a Carolina do Norte .

Educacion [ editar | editar a fonte ]

As primeiras escolas de Carolina do Sur eran privadas, onde soamente estudaban os fillos de familias que posuian as condicions financeiras para pagar polos servizos fornecidos por tales escolas. Carolina do Sur - enton o Condado de Craven da provincia colonial britanica de Carolina - estableceu en 1710 un sistema de educacion semi-publica, que tina como obxectivo fornecer servizos educativos sen custo para nenos de familias pobres, mentres que cobrarian por tales servizos aos nenos de familias que tinan posibilidades financeiras de pagar por tal servizo. Estas escolas foron chamadas free schools . O Condado de Craven aprobou a construcion destas escolas en toda a rexion en 1711 . Con todo, por mor dos escasos medios orzamentarios postos polo goberno do condado, poucas destas escolas foron construidas, especialmente nas principais cidades do Condado de Craven. Foi soamente en 1868 cando o Estado de Carolina do Sur instituiu un sistema de educacion publica, sostida a traves de impostos e de achegas orzamentarias do goberno do Estado.

Actualmente, todas as institucions educativas en Carolina do Sur necesitan seguir as regras e disposicions ditadas polo Consello Estatal de Educacion. O consello controla directamente o sistema de escolas publicas do Estado, que esta dividido en diferentes distritos escolares. O consello esta composto por un membro escollido polo gobernador e outros 16 por cada un dos 16 distritos xudiciais do Estado, para mandatos de ata catro anos de duracion.

A poboacion de Carolina do Sur elixe un superintendente de educacion publica, para mandatos de ata 4 anos de duracion, cuxo obxectivo e presidir o Consello de Educacion. Cada cidade primaria ( city ), diversas cidades secundarias ( towns ) e cada condado, estan supervisados por un distrito escolar. Nas cidades, a responsabilidade de administrar as escolas e do distrito escolar municipal, mentres que en rexions menos densamente poboadas, esta responsabilidade e dos distritos escolares do contado. Carolina do Sur permite o funcionamento de escolas charter - escolas publicas independentes, que non son administradas por distritos escolares, pero que dependen de orzamentos publicos para o seu funcionamento. A escolarizacion e obrigatoria para todos os nenos e adolescentes con mais de cinco anos de idade, ata a conclusion do ensino secundario ou ata os dezaseis anos de idade.

En 1999 , as escolas publicas do Estado atenderon preto de 666,8 mil estudantes, empregando aproximadamente a 45,5 mil profesores. As escolas privadas atenderon preto de 55,6 mil estudantes, empregando aproximadamente a 4,9 mil profesores. O sistema de escolas publicas do Estado consumiu preto de 3.759 millons de dolares, e o gasto das escolas publicas foi de aproximadamente seis mil dolares por estudante. Preto de 80,8% dos habitantes do Estado con mais de 25 anos de idade posuen un diploma de estudos secundarios.

A primeira biblioteca das Trece Colonias britanicas foi fundada en Carolina do Sur, na actual Charleston , en 1698 , ainda que se pechou so catro anos despois. A primeira biblioteca universitaria construida cunha estrutura a parte do resto do sistema educativo do pais foi fundada pola Universidade de Carolina do Sur, en 1840 . Actualmente, Carolina do Sur posue 41 sistemas de bibliotecas publicas, que moven anualmente unha media de 4,5 libros por habitante.

A primeira institucion de educacion superior de Carolina do Sur foi a Facultade de Carolina do Sur - actual Universidade de Carolina do Sur - que foi fundada en 1805 , polo goberno do Estado. Actualmente, a Carolina do Sur posue 66 institucions de educacion superior, das cales 36 son publicas e 30 son privadas. Destas institucions, 15 son universidades , e o resto facultades . A maior institucion de educacion superior do Estado e a Universidade de Carolina do Sur, que posue diversos campus en varias cidades do Estado.

Transporte [ editar | editar a fonte ]

En 2002 , Carolina do Sur posuia 3.745 quilometros de vias ferroviarias. En 2003 , o Estado posuia 106.587 quilometros de vias publicas, dos cales 1.355 quilometros eran estradas interestatais, considerados parte do sistema federal viario dos Estados Unidos.

Medios de comunicacion [ editar | editar a fonte ]

O primeiro xornal publicado en Carolina do Sur foi o South Carolina Weekly Journal , en 1732 , en Charleston. Deixou de ser publicado seis meses despois. O xornal mais antigo do Estado que ainda publica e o Georgetown Twice , de Raleigh, que foi publicado por primeira vez en 1797 , en Georgetown. Actualmente, publicanse preto de 110 xornais, dos cales 14 son diarios.

A primeira estacion de radio de Carolina do Sur foi fundada en 1930 , en Spartanburg. A primeira estacion de television foi fundada en 1949 , en Columbia. En 2002 , Carolina do Sur posuia 132 estacions de radio - das cales 57 estacions eran AM e 75 FM - e 23 estacions de television.

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Simbolos do Estado [ editar | editar a fonte ]

  • Anfibio: Ambystoma maculatum
  • Arbore: Pineiro
  • Bebida: Leite
  • Bolboreta: Papilio glaucus
  • Alcume: Palmetto State
  • Baile: Shag
  • Deporte: Golf
  • Fror: Gelsemium sempervirens
  • Froita: Pexego (Prunus persica)
  • Inseto: Barbantesa de Carolina do Sul.
  • Lemas:
    • Dum spiro, spero (do latin : Mentres respire, teno esperanzas)
    • Animis Opibusque Parati (do latin: Preparado en Mente e Recursos)
  • Mamifero: Odocoileus virginianus
  • Musica: Carolina
  • Paxaro: Thryothorus ludovicianus
  • Pedra preciosa: Esmeralda
  • Peixe: Morone saxatilis
  • Reptil: Caretta caretta
  • Rocha: Granito
  • Slogan: Smiling Faces. Beautiful Places. (Rostros Sorrintes. Fermosos Lugares).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Goretti Sanmartin Rei et al. Servizo de Normalizacion Linguistica, Universidade da Coruna, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF) . p. 124. ISBN   84-9749-199-8 . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013 . Consultado o 14 de abril de 2014 .  
  2. Benigno Fernandez Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega . Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN   9788482887524 .  
  3. Anair Rodriguez Rodriguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dubidas linguisticas (PDF) . Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN   84-8158-266-2 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]