한국   대만   중국   일본 
Canle (enxenaria) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Canle (enxenaria)

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Canle de Corinto, Grecia .

Unha canle ou canal en enxenaria e unha via artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros liquidos . Utilizanse para o transporte de mercadorias, conecidas co nome de canles de navegacion , entre lagos , rios ou oceanos , mediante barcos , pero tamen para a conducion de auga , tanto para a subministracion como para o desecamento.

Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolucion Industrial e alguns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construir vias ferreas .

O estudo da utilizacion das canles desenvolveuse ao longo dos seculos e moitos xenios, como Leonardo da Vinci , dedicaron moita enerxia para a sua mellora. Entre outras, achegaron ideas para o desenvolvemento das canles que circundan Milan , chamados navigli , totalmente artificiais e que conectan a cidade cos rios Tesino e Adda . A traves destes podiase chegar indirectamente por vias fluviais cara ao norte ata o lago Maggiore e cara ao leste, utilizando o rio Po ata o mar Adriatico . Por medio destas vias fluviais, relativamente pequenas e pouco profundas, faciase o transporte de mercadorias mediante barcazas de fondo case plano e asi conseguiuse levar os materiais que se usaron para a construcion da cidade.

Entre os exemplos de grandes canles que cambiaron en gran medida a economia de continentes completos estan a canle de Suez e a canle de Panama . Coa apertura destas grandes obras de enxenaria, os tempos dos transportes intercontinentais reducironse drasticamente e marcaron un crecemento exponencial do comercio de occidente co Extremo Oriente .

Outro tipo de canles moi caracteristico e o que permite a navegacion no interior das cidades. Un exemplo de canles navegables internos son os de Tarento , onde as canles permiten o acceso dos buques de guerra ata o arsenal militar da cidade. Con todo, o mellor exemplo e Venecia ; ainda que outras cidades como Amsterdam posuen varios quilometros de vias navegables no seu interior , Venecia e o unico exemplo no mundo dunha cidade na que o modo de moverse, ademais de a pe, e a traves da sua intricada rede de canles.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Canal de la Peyrade, Sete , Herault , Francia

Posiblemente no comezo da XII dinastia , o faraon Sesostris III (1878 a.C. - 1839 a.C.) construiu unha canle oeste-leste escavada a traves o Wadi Tumilat, unindo o rio Nilo ao mar Vermello , para o comercio direto con Punt . Algunhas evidencias indican a sua existencia polo menos no seculo XIII a.C. durante o reinado de Ramses II . [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] Mais tarde, entrou en decadencia e segundo conta o historiador grego Herodoto , a canle foi reescavada arredor de 600 a.C. por Necho II , que non chegou a completar o proxecto. A canle foi completada finalmente preto de 500 a.C. polo rei Dario I , conquistador persa de Exipto. Este canal foi reconstruido modernamente, vindo a constituir o canal de Suez .

Na China , o primeiro canal foi o Gran Canal da China , no seculo VI , mandado construir polo emperador Yang Guang da dinastia Sui , ligando Pequin e Hancheu . Levou seis anos rematalo, unindo todas as canles que se encontraban no seu curso e ligando o rio Amarelo ao Haihe, ao Huai , ao Yangzi e ao Qiantangjiang.

En Europa, o Naviglio Grande ligou Milan co mar Adriatico , no seculo XI . En Francia , a canle de Briare abriuse en 1642 . [ 4 ] En Suecia, a canle de Gota foi aberta ao publico en 1832, proxectada polo arquitecto Baltzar von Platen ; na sua construcion participaron 58 000 soldados. [ 5 ]

Na segunda metade do seculo XVIII , nos Estados Unidos , xurdiron os primeiros planos e proxectos para a construcion de canles artificiais a grande escala, unindo rios navegables coas areas produtivas e coas principais cidades do nordeste, nun periodo que se denominou "Febre dos Canais"; construironse a canle de Erie , a Cayuga-Seneca e a canle de San Lourenzo . En Europa ocorreu algo similar, ate a invencion dos ferrocarris en 1825, que substituiron en gran medida a navegacion fluvial e que canalizou os recursos de investimento. [ 4 ]

A canle de Corinto, que une o golfo de Corinto co mar Exeo , foi unha das primeiras tentativas de canal, realizada no ano 67 por orde do emperador romano Neron , que ordenou que seis mil escravos escavasen a rexion usando pas. No ano seguinte, Neron morreu, e o seu sucesor, Galba , abandonou o proxecto, por ser demasiado caro. Foi rematado entre 1881 e 1893.

Xunto coa canle de Suez, outro canal de importancia actual e a canle de Panama , que comezou a ser construido en 1880 e foi rematado en 1914, con 81 quilometros de lonxitude e de 12 a 30 metros de profundidade, [ 6 ] que corta o istmo de Panama , conectando os oceanos Atlantico e o Pacifico , diminuindo en gran medida a duracion dos percorridos realizados polos navios pola ruta alternativa que arrodea o cabo de Fornos .

Canles de navegacion [ editar | editar a fonte ]

Canal a Zaandam , de Claude Monet (1871)

As canles de navegacion poden atoparse nos accesos a diversas instalacions portuarias dentro dun porto ou estuario , asi como en zonas onde se cruzan ou encontran zonas de navegacion, como na area do cabo de Sao Vicente , no Algarve ( Portugal ). [ 7 ] Neste ultimo caso a navegacion mercante esta obrigada a seguir dentro dunha canle que, debido a sua distancia a terra, non ten balizamento, senon que esta delimitado por coordenadas xeograficas .

As canles de navegacion son ainda mais necesarias nas canles artificiais, onde dado o espazo mais limitado para a manobra das embarcacions , e necesario garantir que a navegacion tena lugar forma constante e fluida e resguardada de perigos.

As canles poden ser abertas ou fechadas.

Lista de canles [ editar | editar a fonte ]

Canle da lagoa de Antela no 2006

En Galiza [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Kjeilen, Tore. "Suez Canal" . LookLex Encyclopaedia (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018 . Consultado o 22 de maio de 2019 .  
  2. "KAFR HASSAN DAWOOD On-Line" . www.e-c-h-o.org (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010 . Consultado o 22 de maio de 2019 .  
  3. "Consideraciones sobre la Marina y la Guerra durante el Egipto Faraonico" . Realidade (en castelan ) . Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2012 . Consultado o 29 de novembro de 2019 .  
  4. 4,0 4,1 "SANTOS, Silvio dos. A importancia dos canais artificiais para a navegacao." . Portogente (en portugues ) . Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011 . Consultado o 29 de novembro de 2019 .  
  5. "Kanalen slar bron ? an sa lange" (en sueco) . 24 de maio de 2010 . Consultado o 29 de novembro de 2019 .  
  6. "Canle de Panama" (en portugues ) . Consultado o 29 de novembro de 2019 .  
  7. Navegacao - Nautica de Recreio, Henrique Pereira Coutinho, Xis e Erre Estudio Grafico, Lda, Fevereiro de 2004 ( ISBN 972-98711-1-6 ).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]