한국   대만   중국   일본 
Calisto I, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Calisto I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCalisto I, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento valor desconecido Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte c.   222 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morte veleno Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura basilica de Santa Maria en Trastevere Editar o valor em Wikidata
16º Papa
218 (Gregoriano)  ? 222 (Gregoriano)
←  Ceferino ? Urbano I  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupacion sacerdote catolico Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 14 de outubro Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1290470 WikiTree: Unknown-631223 Find a Grave: 183293144 Editar o valor em Wikidata

Calisto I , [ 1 ] chamado logo san Calisto , nado probablemente en Ravena [ 2 ] e morto seguramente en Roma en 222 , foi bispo cristian de Roma entre o 217 e o 223 .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Debido fundamentalmente ao seu rival Hipolito e a sua obra os Philosophymena , sabense alguns datos da vida de Calisto I antes de ser papa, se ben esas informacions merecen a cautela de proviren dunha fonte moi parcial. Segundo este, Calisto, que procedia dunha familia grega fora un escravo encargado de custodiar unha importante cantidade de dineiro do seu amo, o oficial do goberno Carpoforo e doutros socios cristians del, e que, sen que se conten as razons, perdeu eses cartos. Fuxiu a Roma, foi apreixado en Ostia e condenado a tortura do muino . Absolto por peticion das suas vitimas, foi detido logo dunha liorta nunha sinagoga , supostamente tamen por motivos economicos. Condenado a traballar nas minas de Sardena , foi liberado pola amnistia cristia de Comodo .

Cando Ceferino accede ao pontificado, nomeao axudante e conselleiro, e encargao das obras das catacumbas da via Apia , chamadas logo o camposanto de Calisto , e onde foron soterrados a maior parte dos papas dende o seu predecesor Ceferino ata Eutiquiano . Probablemente estas terras foron o primeiro patrimonio inmoble da Igrexa [ 3 ] . Ceferino ademais nomeouno diacono .

Pontificado [ editar | editar a fonte ]

Como continuacion do papado de Ceferino, o feito mais destacado do labor de Calisto foi o conflito con Hipolito , o primeiro teologo que desafiou abertamente e con todas as consecuencias a autoridade do bispo de Roma. As disputas orixinaronse por discrepancias na interpretacion da Trindade (mentres Hipolito consideraba que as tres persoas eran divinas, Ceferino e Calisto I estimaban que so era deus a primeira delas), pero estenderonse durante o papado de Calisto a unha cuestion social: o perdon dos pecados. Calisto I decidiu que os pecados de asasinato , adulterio e fornicacion fosen perdoabeis tantas veces como fose necesario, mentres que Hipolito era partidario de manter a tradicion de que eses pecados so se disculpaban unha vez na vida e logo dun acto de contricion publicas (os reincidentes eran excomungados). No marco desta polemica e doado entender por que Hipolito relata con precision os delitos cometidos por Calisto I antes de ser papa.

Ademais, Calisto I permitiu, en contra de Hipolito, que os cregos e bispos casasen de segundas e reconeceu o matrimonio entre mulleres patricias e homes plebeos ou escravos como lexitimos, asi como decidiu que os bispos non debian perder o seu cargo por cometeren pecado mortal . Hipolito cualificou a Calisto de herexe e excomungouno, e Calisto fixo o propio con Hipolito, que se coroou como bispo de Roma (e a quen a historia considera como primeiro antipapa ).

Calisto I tamen tivo que enfrontar o montanismo de Tertuliano , principalmente en Africa .

Morte e santidade [ editar | editar a fonte ]

Como todos os papas anteriores ao edicto de Milan , foi considerado santo . Tamen se ten sinalado que foi martir , e ainda que non esta demostrado, parece probable que o fose logo dun levantamento popular: foi recollido como martir dende os primeiros textos (a diferenza dos papas anteriores, agas Pedro ), e na sua tumba, atopada na via Aurelia en 1960 e supostamente construida por Xulio I , describese con texto e imaxes o seu martirio: morto a mocazos, botarono a un pozo onde logo se construiu a igrexa de Santa Maria de Trastevere . A sua festa e o 14 de outubro .

Parroquias en Galicia [ editar | editar a fonte ]

Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogacion de san Calisto.

Iconografia [ editar | editar a fonte ]

San Calisto representase habitualmente cunha tunica vermella e unha tiara ; tamen cando o guindan a un pozo ou preto dunha fonte .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Guia de nomes galegos" . Real Academia Galega . Consultado o 2023-09-18 .  
  2. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes . The Catholic Book Club. Londres . 1939 , paxina 13
  3. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes . The Catholic Book Club. Londres . 1939 , paxina 14