Calendario chines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O calendario chines ( chines tradicional : 農曆; chines simplificado : ??; pinyin : Nongli) e un calendario lunisolar , a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega un calendario solar.

O calendario chines dividese en seis meses de 29 dias e seis meses de 30 dias, o que resulta en anos de 354 dias. De ai que o calendario chines non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 dias. Cada mes lunar iniciase na lua nova e o Aninovo Chines esta determinado pola segunda lua nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 dias o ciclo solar de 365 debese intercalar un mes cada dous ou tres anos, a diferenza do calendario gregoriano solar que engade un dia cada catro anos.

Orixe [ editar | editar a fonte ]

A sua orixe asociase ao emperador Huang Ti , o redor do ano 2637 aC, cando introduciu 5 ciclos de doce anos rexidos por animais distintivos: rata , boi , tigre , coello , dragon , cobra , cabalo , ovella , mono , galo , can e porco . As casas lunares ou sh? son cada unha das 28 constelacions do zodiaco lunar. Dependendo da data e hora de nacemento da persoa, a lua estara nalgunha das casas lunares, determinando asi o signo da persoa.

O calendario chines tradicional [ 1 ] e tan antigo que non se conecen ben as suas orixes. Di a lenda que as suas primeiras bases se remontan os xia, que habitaron aquelas terras sobre o 2205 a.C., mentres que outra tradicion o atribue directamente o mitico Huang ti, unificador e primeiro emperador da China, que viviu ala polo seculo III a.C. Os historiadores situan as orixes cara a metade da dinastia Shang ( 1300 a.C.), data da primeira constancia documental da utilizacion das contas ciclicas para os dias.

O problema para os sabios astronomos chineses foi o mesmo que para o resto dos pobos antigos: tentar combinar os movementos da lua e do sol, ciclos sempre dificiles de conxeniar. O calendario chines tradicional era lunar, pero iso causaba graves problemas os agricultores porque non habia forma de fixar as estacions nel. Como para o resto de culturas, a procura dun calendario que reflectise correctamente as estacions era fundamental para o agro, polo que os pobos buscaron maneiras de observar o movemento dos astros (tomando a terra como referente) e reflectilo nun sistema cronoloxico de dias completos.

Pasaron os seculos e cara ao ano 104 a.C., por medio de sistemas de observacion e de medicion das sombras proxectadas por un pau vertical (gnomon), os antigos astronomos chineses chegaron a estimar a duracion do ano en 365,2502 dias, unha aproximacion excelente para a epoca. Xa sobre o ano 480 da nosa era, o gran sabio Ju Chongzchi estableceuno en 365,2428 dias, cun exceso de tan so 52 segundos sobre o valor vixente (365,2422). Ata a reforma gregoriana (proclamada en 1582 ), o noso calendario acumulaba erros de 11 minutos e 14 segundos por ano (674 segundos). Ju Chongzchi foi trece veces mais preciso once seculos antes.

Principios do calendario chines [ editar | editar a fonte ]

O calendario chines e lunisola [ 1 ] . O ano chines ordinario consta de 12 lunacions (doce meses lunares) o que supon entre 353 e 355 dias. Cada certo tempo (mais ou menos, cada tres anos) intercalase un ano embolismal (un ano con 13 meses lunares) de entre 383 e 385 dias.

Como conecian con grande exactitude a duracion dos ciclos lunares e solares, chegaron a mesma conclusion matematica que outras moitas culturas, descubrindo o ciclo de 19 anos ( ciclo metonico ) e considerando anos embolismais o anos 3º, 6º, 9º, 11º, 17º e 19º do ciclo, pois a norma basica e que o solsticio de inverno debe suceder sempre no 11º mes do ano.

Os chineses median o ano polo retorno do solsticio de inverno, e para iso valianse do gnomon , co que calibraban a lonxitude das sombras a mediodia. Considerase un ciclo de 60 anos, dividido noutro menor de 12 anos. Tamen hai un ciclo mensual meteoroloxico, con 24 puntos sinalados.

Dende a introducion do budismo na China cada ano, ademais do seu numero, ten o nome dun signo do zodiaco. Os signos do zodiaco chines son: Shu (rata), Niu (bufalo), Hu (tigre), Mao (coello), Long (dragon), She (serpe), Ma (cabalo), Xan (cabra), Hou (mono), Ji (galo), Gou (can) e Zhu (Porco). O ano comeza cando o sol entra en pisces , coa primeira lua nova.

Cada mes o sol entra nunha constelacion do zodiaco diferente. Se nun mes o sol non entra nunha constelacion, ese acaba sendo o mes a intercalar. Chamase co nome do mes anterior antecedido do prefixo "shun-". Os meses agrupanse en tres grupos: meng (primeiro), zhong (medio) e ki (ultimo); e en catro estacions, chun ( primavera ), xia ( veran ), qiu ( outono ) e dong ( inverno ). O nome dos meses formanse combinado ambolos dous conceptos, por exemplo "ki-tsin" e o ultimo mes do outono. Os meses tamen se poden denominar como os anos.

Os meses chineses estan compostos por tres semanas de 10 dias cada unha. O grupo dos primeiros 10 dias do mes recibe o nome de tschu . Os dias do mes contanse polos seus ordinais. O dia comeza a media noite e dividese en 12 schis . Cada schi consta de duas horas, a primeira hora chamase schi-kjao e a segunda schi-tssching . Cada schi dividese en oito ko (cuartos de hora), o ko ten 15 feus , polo que un feu equivale a un minuto. Unha hora chamase tschuco , un jiko e un cuarto de hora.

Axustes [ editar | editar a fonte ]

Para axustar o ciclo lunar de 354 dias o ciclo solar de 365 debese intercalar un mes cada 2 ou 3 anos, a diferenza do calendario gregoriano solar que engade un dia cada catro anos.

Notas [ editar | editar a fonte ]