Calabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCalabria
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  39°00′N 16°30′L  /  39, 16.5 Coordenadas : 39°00′N 16°30′L  /  39, 16.5
Estado Italia Editar o valor em Wikidata
Capital Catanzaro Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 1.947.131 (2019) Editar o valor em Wikidata (127,92 hab./km² )
Lingua usada Lingua napolitana Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 15.221,9 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padron Francisco de Paula (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Organo executivo Government of Calabria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Calabria (en) Traducir Editar o valor em WikidataRoberto Occhiuto (en) Traducir (2021?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Regional Council of Calabria (en) Traducir Circunscricion: 5 , (Escano: 30) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2 IT-78 Editar o valor em Wikidata
Codigo NUTS ITF6 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT 18 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web regione.calabria.it Editar o valor em Wikidata

Calabria [ 1 ] [ 2 ] (en calabres Calabbria , en grecanico (o dialecto grego falado na Calabria) Calavria e en grego Καλαβρ?α ) e unha rexion da Italia meridional de dous millons de habitantes, con capital en Catanzaro . Limita ao norte coa Basilicata . E a rexion mais ao sur da Peninsula Italica , ao suroeste un brazo de mar separaa de Sicilia . A rexion forma a punta da "bota" que forma a peninsula. Esta banada ao oeste polo mar Tirreno , ao leste polo mar Xonico , ao nordeste polo golfo de Taranto e ao suroeste esta separada de Sicilia polo estreito de Messina . A distancia entre o cabo Peloro en Sicilia e punta Pezzo en Calabria e so de 3,2 km.

Orografia [ editar | editar a fonte ]

Igrexa en Reggio Calabria (Calabria)

Na superficie calabresa dominan os outeiros, que se estenden polo 49,2% do seu territorio. Tamen ten amplas zonas montanosas que cobren o 41,7% da rexion. No norte esta a parte meridional do macizo do Pollino na fronteira coa Basilicata. No nordeste a cadea costeira que se estende entre a costa tirrenica e os profundos vales dos rios Crati e Savuto que a separan do altiplano da Sila . No centro-norte esta a Sila , un amplo altiplano boscoso que se estende cara ao sur ate a Marcellinara . Baixo o istmo de Marcellinara, comezan as serras calabresas, que se estenden cun duplo alinamento montanoso ate xuntarse directamente co Astromonte . O cumio mais elevado destas serras, o Monte Pecorar chega aos 1420 m. Entre as chairas de Santa Eufemia de Gioia Tauro erguese o monte Poro (710 m). Ao sur erguese o Aspromonte, cuxo cumio mais elevado, o Montalto acada os 1955 m. As chairas cobren o 9% do seu territorio e son todas de escasa extension.

Centro historico de Scilla en punta d'Italia (Calabria)

Os golfos calabreses son:

En Calabria hai duas illas, ambalas duas ao longo da Riviera dei Cedri , na costa tirrenica:

Clima [ editar | editar a fonte ]

O clima calabres e xeralmente de tipo mediterraneo. O litoral xonico e mais seco e arido que o tirrenico, que presenta un tempo mais temperado. As temperaturas en xeral non baixan dos 10 °C na costa e non superan os 40 °C. Ao longo dos Apeninos o clima e case de tipo alpino. Os invernos son frios e neva, sendo os verans frescos.

Division administrativa [ editar | editar a fonte ]

Provincias de Calabria.

A rexion dividese en cinco provincias:

Provincia Poboacion
(hab.) [ cando? ]
Cosenza 727.694
Reggio Calabria 563.912
Catanzaro 366.647
Crotone 172.171
Vibo Valentia 167.628

As cidades mais poboadas da Calabria son:

Cidade Poboacion
(hab.) [ cando? ]
Reggio Calabria 184.179
Catanzaro 94.381
Lamezia Terme 70.188
Cosenza 69.868
Crotone 60.673

Lingua [ editar | editar a fonte ]

A poboacion calabresa fala o dialecto calabres , pero carece de oficialidade, sendo unicamente oficial o italiano . Por causa das variadas raices historicas da rexion, existen zonas da Calabria onde ainda se falan dialectos doutros idiomas. No norte falase un dialecto do napolitano , mentres que no sur da rexion hai numerosas semellanzas do dialecto local co siciliano . Ate o seculo XVI o grecanico era falado en toda a Calabria meridional, pero hoxe so perdura nos concellos de Bova , Roghudi e Galliciano (na provincia de Reggio Calabria) e nalguns barrios de Reggio, historico bastion do grego en Italia. As estradas das cidades da area grecanica ainda tenen a dobre nomenclatura en italiano e grecanico. Noutras zonas, mais restrinxidas, tamen se falan dialectos do albanes e no concello de Guardia Piemontese falase o occitano .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calabres .
  2. Anair Rodriguez Rodriguez, Montserrat Davila Ventura. Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dubidas linguisticas (PDF) . p. 112. ISBN   84-8158-266-2 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]