한국   대만   중국   일본 
Baia de Fundy - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Baia de Fundy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baia de Fundy
Bay of Fundy - Baie de Fundy
Localizacion administrativa
Estado Canada
Estados Unidos de América Estados Unidos
Subdivision Baia de Chignecto e enseada de Minas
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Golfo de Maine ( Atlantico )
Continente America
Illa/s Grand Manan , Campobello , Moose, Deer, Brier, Long Island, Haute e Cinco Islas
Xeografia
Afluentes Saint John (673 km), Annapolis (120 km), Petitcodiac (129 km), Magaguadavic (130 km) e Sainte-Croix (102 km)
Accidentes
Golfos e baias Enseadas de Cumberland e de Annapolis; baias de Shepody, Cobequid, Passamaquoddy, Back e Cobscook.
Cabos Cabo de Chignecto
Caracteristicas
Lonxitude maxima 270 km.
Anchura maxima 80 km.
Profundiade maxima 150 m.
Profundidade media 50 m.
Mapa

Baia de Fundy

Posicion da baia de Fundy o leste do Canada.

A baia de Fundy e un brazo de mar situado sobre a costa atlantica do Canada , no extremo norte do golfo de Maine , entre as provincias canadenses de Novo Brunswick e Nova Escocia . Ten 270 km de lonxitude e unha media de 80 km de anchura.

Orixe do nome [ editar | editar a fonte ]

O toponimo ≪Fundy≫ data do seculo XVI , cando os portugueses a denominaban baia ≪ Rio Fondo ≫ (rio profundo). Este nome poderia vir tamen, mais probablemente, dunha mala traducion (Fundy Bay) da expresion francesa ≪ fond da Baie ≫, porque esta baia foi tamen chamada Baie francaise polo explorador e cartografo Samuel de Champlain durante a expedicion de 1604 , conducida por Pierre Dugua , e a finais do seculo XVII a colonia francesa estendiase ao ≪fond da Baie francaise≫, ata ≪a Grand'Pree≫ (sic), debido en Grand-Pre , preto do actual Truro (Nova Escocia).

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

A baia de Fundy ten a forma dun funil de 80 km de anchura na entrada e termina en duas prolongacions estreitas: a baia de Chignectou e a enseada de Minas (nome que proven do frances bassin des Mines que lle puxeron os acadianos ). [ 1 ] [ 2 ] Estas ultimas se subdividen en:

  • Baia de Chignecto : enseada de Cumberland e baia de Shepody.
  • Enseada de Minas : remata na baia de Cobequid.

A parte oeste ten catro sub-baias importantes, que son:

A baia de Fundy e relativamente pouco profunda pero o seu fondo irregular, en xeral de 50 m de profundidade, ten algunhas canles de 150 m de profundidade. [ 1 ] [ 2 ] Atopanse baixios, arrecifes e illotes, particularmente na sua embocadura. A baia e o resultado dun afundimento da cortiza terrestre no momento da abertura do oceano Atlantico, hai mais de 160 millons de anos; mais tarde, as glaciacions e a erosion modificaron a sua forma. A beira e rochosa e pouco elevada en xeral, pero con alguns escarpados de 200 m de altura. Pantanos salgados e batintes de ata cinco quilometros de anchura son comuns no fondo da baia onde os lodos de arxila vermella son moi produtivos bioloxicamente.

Mareas [ editar | editar a fonte ]

A baia de Fundy con marea alta.
O mesmo lugar con marea baixa.

A baia de Fundy e conecida mundialmente polas suas grandes mareas (ata 21 metros), segundo algunhas fontes as mais altas do mundo. Unha lenda micmac di que as mareas da baia de Fundy estan causadas por unha balea xigante que axita a auga. Os oceanografos explican mais cientificamente que o periodo que toma a ondada para ir dun extremo a outro da baia e o tempo entre duas mareas altas (12,4 horas) e similar. Estes dous fenomenos entran pois en resonancia e amplian a diferenza entre a marea alta e a marea baixa. Ademais, como a baia estreitase gradualmente entre a sua entrada e as estreitas baias de Chignecto e de Minas, o volume de auga vese pois forzado a cambiar de configuracion aumentando a sua altura para compensar a diminucion da anchura. [ 1 ] [ 3 ]

A enseada de Minas e famosa por ter as mareas mais altas do mundo, pero alguns sostenen que e a conca do riviere aux Feuilles (rio das Follas) na baia de Ungava do Nord-du-Quebec a que recibe esta marca. O Servizo Hidrografico do Canada concluiu finalmente que as duas eran estatisticamente iguais. En efecto, a media e de 16,8 m en Burntcoat Head, Nova Escocia e 17 m na enseada de Leaf. A marca da marea mais grande e de 21,6 m, do 4 ao 5 de outubro de 1869 , no momento do paso dun furacan , chamado “Saxby Gale”, [ 4 ] ao noroeste da baia de Fundy. Os ventos e unha marea excepcional combinaronse. Con todo, como a enseada de Leaf esta nunha rexion afastada, as estatisticas ali son recentes e pouco proporcionadas.

Estas mareas e as fortes correntes na baia xeran en certos lugares menos profundos os ascensos da auga das profundidades. Toda esta mestura permite a baia permanecer libre de xeo ao longo do ano, ainda que a temperatura da auga nunca suba a mais de 10 °C en veran e que en inverno a nieve cae en gran cantidade.

Central electrica maremotriz [ editar | editar a fonte ]

Varios proxectos de centrais electricas alimentadas por enerxia maremotriz foron propostos no curso das ultimas decadas. Construiriase un encoro a traves dunha das enseadas da baia, deixando pasar o fluxo e que reteria o refluxo para desvialo cara a unhas turbinas . Xa existe unha central en Annapolis Royal (Nova Escocia) na desembocadura do rio Annapolis. Produce 18 megavatios de potencia e serve como proxecto piloto para observar os impactos ambientais, entre os que esta a erosion das beiras, o enareamento do rio, a retencion de metais pesados e de praguicidas polo encoro, o bloqueo imposto a fauna (como as baleas) e os efectos sobre a flora que crece na zona intermarea.

Ata de agora, a construcion de centrais mais grandes que esixirian pechar anchas baias non chegou a bo termo por mor dos problemas atopados en Annapolis Royal, asi como polos efectos descubertos sobre o aumento probable das mareas (0,2 ? 1 m) debido a esta restricion de fluxos, o que poderia causar inundacions ata sobre a costa de Maine .

Outros proxectos pretenden instalar aquanators , unha sorte de helices marinas, version acuatica dos aeroxeradores . Tratase dun tubo mergullado no cal atopanse seccions de turbinas que son movidas pola corrente. Estes tubos de xeradores estarian colocados en lugares onde o fluxo e acelerado por un estreitamento e non prexudicarian a circulacion xeral.

Illas [ editar | editar a fonte ]

Das illas e illotes que se atopan na baia de Fundy, a mais grande e a de Grand Manan na fronteira entre Novo Brunswick e Maine. Tamen podemos mencionar a illa Campobello onde Franklin Delano Roosevelt tina unha residencia de veran, a illa Moose e a illa Deer na baia de Passamaquoddy na costa norte. No sur, atopamos a illa Brier e Long Island. No fondo da baia, podemos ver na baia de Chignecto a illa Haute e, na enseada de Minas, as moi pintorescas Cinco Illas. En Hopewell, na baia de Chignecto, atopamos as rochas de Hopewell con marea baixa que se converten en illotes con marea alta. E un lugar moi apreciado polos turistas e desde onde poden ver moi ben a variacion das augas.

Tributarios [ editar | editar a fonte ]

A baia recibe varios rios, dos que o mais importante e o rio Saint John. Os rios que afluen na baia son:

Desde
Novo Brunswick
Desde
Nova Escocia
  • Rio Magaguadavic
  • Rio Memramcook
  • Rio Petitcodiac
  • Rio Saint John
  • Rio St. Croix
  • Rio Shepody
  • Rio Tantramar
  • Rio Annapolis
  • Rio Avon
  • Rio Cornwallis
  • Rio Farrell
  • Rio Salmon
  • Rio Shubenacadie
Macareu sobre o rio Petitcoudiac en Moncton

As fortes mareas da baia de Fundy causan un fenomeno interesante na maioria destes rios: un investimento do fluxo das augas entre as mareas baixas e altas. Con marea baixa as augas doces dos rios desembocan na baia mentres que con marea alta, as augas salgadas da baia invaden o interior das terras. Este fenomeno e particularmente espectacular no centro da cidade de Saint John onde as caidas a desembocadura do rio son colmadas polo fluxo que chega da baia. Isto permite a navegacion pola parte superior este obstaculo con marea alta.

Esta caida dos fluxos e unha pendente bastante debil xeran zonas anchas e cenagosas en toda a zona intermarea sobre os rios do leste da baia. Isto resulta moi favorable para unha gran diversidade bioloxica, pero os fai a miudo impracticables para a navegacion. Outro fenomeno relacionado con estas duas condicions e o caso do macareu sobre alguns destes rios. Tratase dunha onda que rompe cara ao interior das terras diante da marea alta. Isto e causado pola auga que ven da baia e que debe meterse nun rio estreito e pouco profundo.

Volvemos a atopar macareus sobre o rio Shubenacadie en Truro (Nova Escocia), sobre o rio Salmon preto da mesma cidade, asi como sobre os rios Petitcodiac en Moncton e Avon preto de Windsor. Este fenomeno atrae a moitos visitantes e ata podemos facer rafting sobre as ondas a partir do pobo de Maitland. Con todo, a construcion de pontes-diques nos anos 1960-1970 afectou considerablemente os macareus nos dous ultimos lugares acelerando a acumulacion de area.

Fauna e flora [ editar | editar a fonte ]

Atopamos na baia mais de 800 especies de invertebrados , [ 2 ] unha gran variedade de peixes entre os que estan o bacallau comun , o arenque , a platixa , a pescada vermella, a pescada prateada, o fogoneiro , o escarapote , a xarda , o burro ( melanogrammus aeglefinus ), o fletan , raias e quenllas . A produtividade da rexion e excepcionalmente elevada, particularmente a entrada da baia. Alberga pois un abundante ecosistema marino, o krill , presente en gran cantidade nestas augas frias, tamen atrae baleas de especies diversas e outros cetaceos . De xuno a outubro, producense concentracions importantes de toninas comuns, [ 5 ] rorcuales comuns , rorcuales enanos, baleas chepudas e de rorcuales boreais aparecen na baia. A baia externa e utilizada como area de desenvolvemento pola balea franca glacial, unha especie en vias de desaparicion; podemos ver ali a maioria das veces parellas nai-baleato e inmaturas. As focas comuns residen na rexion e atopanse por todas partes.

A rexion e de grande importancia como escala migratoria para millons de aves, [ 2 ] pero tamen como area de descanso e de invernada para varias especies: gaivotas , carrans, corvos marinos , arao romeiro , araos de as brancas , araos comuns e de patos de mar. Atopanse tamen mais de 34 especies de aves ribeiregas no outono; as concentracions mais grandes (que poden alcanzar 1,5 millons de individuos) atopanse nos extremos rochosos do fondo da baia. A rexion reviste unha importancia particular para o Pilro semipalmado , [ 6 ] xa que entre o 42 e o 74 por cento da poboacion mundial fai escala aqui cada ano.

Portos e navegacion [ editar | editar a fonte ]

O porto de Saint John (Novo Brunswick)) e un dos de mais trafico en America do Norte , especializado nas principais industrias de Novo Brunswick: madeira e pasta de celulosa . Tamen esta ali a refinaria mais grande do Canada, a Irving Oil. Por outra banda a familia Irving, a mais influente da provincia e unha das mais ricas no pais, ten ali o seu cuartel xeral.

Outros portos de importancia son:

  • Hantsport (Nova Escocia), sobre o rio Avon, grazas a sua fabrica de pasta e papel e a exportacion de xeso a granel.
  • Bayside (Novo Brunswick)
  • Eastport (Maine)

Hai varios servizos de transbordadores , dos que un atravesa a baia desde Saint John cara a Digby (Nova Escocia) (operado por Bay Ferries Limited ) e varios entre o continente e as illas:

  • Illa Grand Manan cara a Blacks Harbour e cara a White Head Island (Novo Brunswick) (por Coastal Transport Limited )
  • Illa Deer cara a Letete (polo departamento de transportes de Novo Brunswick)
  • Illa Campobello cara a illa Deer e Eastport (Maine) cara a illa Deer (por East Coast Ferries Limited )
  • Westport (Nova Escocia) (illa Brier) cara a Freeport (Nova Escocia) (illa de Long Island) e Tiverton (Nova Escocia) (Long Island) cara a East Ferry (Nova Escocia) (polo departamento de transportes e obras publicas de Nova Escocia)

Todo este trafico maritimo de transbordadores, buques de carga e flotillas de pesca en varios pequenos portos fan da baia un lugar moi frecuentado. As colisions coas baleas, particularmente as baleas negras (ou baleas francas) estan en aumento. En 2003, a Garda costeira canadense redefiniu as vias maritimas na baia de Fundy tratando de evitar as zonas onde se atopan estes mamiferos que estan na lista de especies ameazadas.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Marees geantes de la Baie de Fundy" . Hopewell Rock. 6 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13/05/2008 . Consultado o 20/03/2008 .   (en frances)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Le Plan de reseau des aires marines nationales de conservation du Canada: Baie de Fundy" . Aires marines nationales de conservation du Canada . Parcs Canada . 11 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 18/01/2012 . Consultado o 20/03/2008 .   (en frances)
  3. Parcs national du Canada Fundy (26 de xaneiro de 2007). "Les marees geantes de la baie de Fundy" . Parcs Canada . Arquivado dende o orixinal o 27/09/2005 . Consultado o 20/03/2008 .   (en frances)
  4. Alan Ruffman (1999). A Multi-disciplinary and Inter-scientific Study of The Saxby Gale: an October 4-5 1869 hybrid hurricane and record storm surge . CMOS Bulletin (Societe canadienne de meteorologie et d'oceanographie), volume 27, numero 3 . pp. 67?75.   (en ingles)
  5. Baie de Fundy, site de Parc Canada (2006) Arquivado 17 de febreiro de 2005 en Wayback Machine . (en frances)
  6. Fiches d'informations sur les Oiseaux : Le becasseau semipalme Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine . par Flore et Faune du pays (en frances)

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]