Atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres
Lugar Londres , Inglaterra ,
Reino Unido Reino Unido
Coordenadas 51°30′18″N 0°04′43″O  /  51.504872, -0.07857 Coordenadas : 51°30′18″N 0°04′43″O  /  51.504872, -0.07857
Branco(s) civis
Data 7 de xullo de 2005
08:50 - 09:47 ( UTC+1 )
Tipo de ataque Atentado terrorista suicida
Arma(s) Mochilas bomba
Mortos 52 [ 1 ]
Feridos 700
Perpetrador(es) Celula local de Al Qaida
Sospeitoso(s) Supostamente

Hasib Hussain
Jamal (Germaine) Lindsay
Mohamed Sadique Khan

Shehzad Tanweer
editar datos en Wikidata  ]

Todas as horas estan en formato British Summer Time (BST), (UTC+1 / GMT+1).

Ambulancias en Russell Square o 7 de xullo

O xoves 7 de xullo de 2005 , catro explosions paralizaron o sistema de transporte publico de Londres en plena hora punta matinal. As 8:50 AM [ 1 ] , estouparon tres bombas a 50 s de intervalo entre unha e outra, en tres vagons do metro de Londres . Unha cuarta bomba estoupou nun autobus as 9:47 AM na Praza Tavistock . [ 1 ] As bombas provocaron unha interrupcion severa no transporte da cidade e a infraestrutura de telecomunicacions .

Nos ataques morreron cincuenta e seis persoas, incluidos os catro terroristas sospeitosos, e 700 persoas mais resultaron feridas. Foron os actos de terrorismo mais sanguentos no Reino Unido desde a morte de 270 persoas no atentado de Lockerbie ( Escocia ) en 1988 [ 2 ] , e os mais mortiferos en Londres desde a segunda guerra mundial .

Os investigadores policiais identificaron a catro homes que se pensa que son terroristas suicidas . [ 1 ] Estes foron os segundos atentados suicidas en Europa occidental coa presenza de civis inocentes (tralo 11M en Madrid ), e se pensa que foron planeados por organizacion paramilitares islamistas con sede no Reino Unido. A organizacion terrorista al-Qaeda asumiu a responsabilidade.

Os atentados ocorreron mentres no Reino Unido estabase dando cita o primeiro dia da 31ª Cume do G8 [ 3 ] , un dia despois de que Londres fose elixida SEDE dos Xogos Olimpicos de 2012 , dous dias despois do comezo do xuizo do iman fundamentalista Abu Hamza , cinco dias despois de que se realizase o concerto Live 8 ali e pouco despois de que o Reino Unido asumise a presidencia rotatoria do Consello da Union Europea .

O 21 de xullo de 2005 , unha segunda serie de catro explosions tivo lugar no metro de Londres e nun autobus de Londres. Con todo, esta vez so os detonadores das bombas explotaron e os catro terroristas non chegaron a inmolarse . Non houbo vitimas mortais: o unico ferido rexistrado resultou ser un asmatico hospitalizado. Todos os terroristas deste ataque errado foron arrestados pola policia. [ 4 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "7 July London bombings:What happended that day?" . 3 de xullo de 2015 . Consultado o 22 de marzo de 2016 .  
  2. "Acciones terroristas mas graves en Europa desde 1972" (en espanol) . 22 de marzo de 2016 . Consultado o 22 de marzo de 2016 .  
  3. Cowell, Alan (8 xullo de 2005). "Subway and Bus Blasts in London Kill at Least 37" . The New York Times .  
  4. "BBC - London blasts cause chaos on Tube" (en ingles) . 21 de xullo de 2007 . Consultado o 22 de marzo de 2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre historia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.