Asemblea Constituinte Rusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio Tauride , sede da Asemblea.

A Asemblea Constituinte Panrusa ( ruso : Всероссийское Учредительное собрание, Vserossiyskoie Uchreditelnoie sobraniie ) foi un corpo constitucional democraticamente elixido , que se constituiu en Rusia logo da Revolucion de Outubro de 1917 .

Malia as promesas do Goberno Provisional Ruso , os preparativos para as eleccions foron lentos e as datas para as votacions atrasaronse en varias ocasions. Para cando finalmente estas tiveron lugar, o Goberno provisional fora derrocado polos bolxeviques.

Reuniuse ao longo de 13 horas, desde as 4 da tarde do 5 de xaneiro ata as 4 da mana do 6 de xaneiro xul. / 19 de xaneiro de 1918 greg. , e foi elixida e disolta polo Goberno bolxevique , e dicir, o Consello de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom.

Orixes [ editar | editar a fonte ]

Domingo Sanguento , 1905.

A convocatoria dunha Asemblea Constituinte elixida democraticamente que redactase unha Constitucion e a forma de goberno do pais foi unha das principais esixencias de todos os partidos liberais e socialistas durante a anterior Revolucion rusa de 1905 . [ 1 ] Logo desta revolucion, o rexime tsarista decidiu garantir as liberdades civis basicas e convocar eleccions para o novo corpo lexislativo creado en 1906, a Duma estatal . A Duma, con todo, non estaba autorizada para redactar unha nova Constitucion, e moito menos para abolir a monarquia. Ademais, os poderes da Duma caeron en mans dos Democratas Constitucionais (KD ou kadetes) e non nas dos socialistas marxistas. O Goberno disolveu a Duma por un acordo legal en xullo de 1906 , logo dunhas novas eleccions en 1907. A lei de eleccions final, escrita polo Goberno logo da segunda disolucion o 3 de xuno de 1907, favoreceu as clases privilexiadas e restrinxiu o sufraxio dos pobres e as clases traballadoras. Pouco puido facer a Duma logo de 1907, que repetidas veces foi vetada polo tsar Nicolao II ou pola Camara alta do Parlamento ruso. A Duma non puido debater a formacion dunha Asemblea Constituinte que seria elixida por sufraxio universal continuaban sen debaterse.

Resultado das eleccions [ editar | editar a fonte ]

Tras sucesivos atrasos e celebrandose ao longo de varios meses [ 2 ] (ainda que as votacions principais tiveron lugar entre o 12 de novembro xul. / 25 de novembro de 1917 greg. e o 14 de novembro xul. / 27 de novembro de 1917 greg. ), as eleccions a Asemblea resultaron nunha gran vitoria para os socialrevolucionarios . Obtiveron unha maioria tanto dos votos dos electores como de escanos, mentres que os bolxeviques lograron pouco menos dun cuarto dos sufraxios. [ 3 ] Ainda que non se chegaron a conecer os datos completos da eleccion, os socialrevolucionarios conseguiron arredor de 440 escanos dos 800 teoricos e dos arredor de 700 elixidos finalmente.

Os bolxeviques dubidaron sobre a conveniencia de levar a cabo as votacions unha vez no poder e Lenin [ 4 ] defendera con vehemencia a conveniencia de posponelas. [ 5 ] Habendo criticado duramente a Goberno provisional polos continuos atrasos, a maioria dos dirixentes bolxeviques mostrouse favorable, polo contrario, a manter a data prevista para as eleccions. [ 4 ] [ 5 ] Ainda asi, o partido suscitouse xa antes das votacions a disolucion pola forza da Asemblea si esta acababa oponendose ao Goberno sovietico. [ 5 ]

Cos datos recollidos nos sucesivos estudos dos resultados parciais, a eleccion da Asemblea Constituinte deu os seguintes resultados:

Partido Votos Numero de deputados
Socialistas Revolucionarios (esery) 17 100 000 380
Bolxeviques 9 800 000 168
Menxeviques 1 360 000 18
Democratas Constitucionais (kadetes) 2 000 000 17
Minorias 77
Social-Revolucionarios de esquerda 39
Socialistas Populares (enesy) 4
Total: 41 700 000 703 [ 6 ]

Poren, debido ao tamano do pais, o transcurso da primeira guerra mundial e a deterioracion do sistema de comunicacions, o resultado non estivo totalmente disponible a tempo. O primeiro reconto parcial (54 constituintes de 79) foi publicado polo socialrevolucionario N.V. Svyatitsky [ 7 ] Os datos de Svyatitsky son polo xeral aceptados por todos os partidos politicos, incluindo os bolxeviques, [ 5 ] [ 8 ] e e como segue:

Partido Ideoloxia Votos
Socialistas Revolucionarios rusos Socialistas 16 500 000
Bolxeviques Socialistas 9 023 963
Ucrainos , Musulmans , e outros Socialistas Revolucionarios non-rusos Socialistas 4 400 000
Democratas Constitucionais (kadetes) Liberais 1 856 639
Menxeviques Socialistas 668 064
Musulmans Relixiosos 576 000
Bund Xudeu Socialistas 550 000
Socialistas Ucrainos Socialdemocrata 507 000
Socialistas Populares (enesy) Socialdemocrata 312 000
Outros grupos de dereita Dereitista 292 000
Asociacion de Propietarios Rurais e Donos da Terra Dereitista 215 000
Bashkirios Etnicos 195 000
Polacos Etnicos 155 000
Alemans Etnicos 130 000
Socialdemocratas Ucrainos Socialdemocrata 95 000
Cosacos Etnicos 79 000
Antigos Crentes Relixioso 73 000
Letons Etnicos 67 000
Cooperantes Socialdemocrata 51 000
Socialistas Alemans Socialdemocrata 44 000
Yedinstvo Socialdemocrata 25 000
Socialistas Fineses Socialdemocrata 14 000
Bielorrusos Etnicos 12 000
Total: 35 333 666

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Wade (2000) , p. 277
  2. Radkey (1990) , p. 5
  3. Radkey (1990) , p. 16
  4. 4,0 4,1 Wade (2000) , p. 278
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Chamberlin (1976) , p. 365
  6. Ver Oliver H. Radkey. Russia Goes to the Polls: The Election to the All-Russian Constituent Assembly, 1917 (en galego, Rusia vai as Urnas: A Eleccion da Asemblea Constituinte de Todas as Rusias, 1917 ), Ithaca, Cornell University Press, 1989, ISBN 0-8014-2360-0 xxvi, 171 p.
  7. “Os anos da Revolucion Rusa. 1917-18”, Moscova, Zemlya i Volya Publishers, 1918.
  8. Ver V. I. Lenin. Las Elecciones a la Asamblea Constituyente y la Dictadura del Proletariado , decembro de 1919, Obras completas , Volume 30, paxinas 253-275 Progress Publishers, 1965. Disponible en online

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]