한국   대만   중국   일본 
As viaxes de Gulliver - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

As viaxes de Gulliver

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As viaxes de Gulliver
Primeira portada na version orixinal inglesa
Titulo orixinal Travel into Several Remote Nations of the World. In Four Parts. By Lemuel Gulliver, First a Surgeon, and then a Captain of Several Ships
Autor/a Jonathan Swift
Orixe Inglaterra
Lingua ingles
Xenero(s) Novela
Editorial Benjamin Motte
Data de pub. 1726
Galicia 1987
ISBN Galicia 978-84-7507-270-4
Traducion Carme Monteagudo Romero e Manuel Garcia Sendon
editar datos en Wikidata  ]

As viaxes de Gulliver e unha novela de Jonathan Swift , publicada en 1726 co titulo orixinal en ingles de Gulliver's Travels . Ainda que e considerada con frecuencia unha obra infantil , en realidade e unha satira feroz da sociedade e a condicion humana, camuflada como un libro de viaxes por paises pintorescos (un xenero bastante comun na epoca).

O relato das duas primeiras viaxes foi traducido ao galego por Carme Monteagudo Romero e Manuel Garcia Sendon , e publicada por Edicions Xerais en 1987 co titulo de As viaxes de Gulliver, I .

Argumento e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

O protagonista, o capitan Lemuel Gulliver, atopase en situacions paradoxais: e un xigante entre ananos, un anano entre xigantes e un ser humano avergonado da sua condicion nunha terra poboada por cabalos sabios que son mais humanos que os propios homes e desconfian, con razon, destes.

A obra considerase un clasico da literatura universal e inspirou numerosas adaptacions e versions. O libro colleu sona axina que foi publicado; John Gay dixo nunha carta en 1726 a Swift que ≪e universalmente lido, dende o Gabinete do Consello ate a gardaria≫ e desde enton, nunca deixou de imprimirse.

As viaxes [ editar | editar a fonte ]

Gulliver e un cirurxian ingles do seculo XVIII que pasou gran parte da sua adultez viaxando por todo o mundo debido a que naquela epoca non tina demasiada demanda.

Pouco despois de regresar das suas viaxes Liliput e Brobdingnag , Gulliver acepta o traballo como medico nun barco, o Hope Well. Durante a sua travesia son abordados por dous barcos piratas os cales deixan a Gulliver abandonado no medio do mar nun bote. Dias despois e rescatado polos habitantes dunha illa flotante. A cidade voadora chamase Laputa e pertencia a un reino onde habitaba o seu rei, os seus habitantes eran os liliputianos de caracter descortes e que se caracterizaban pola sua gran vocacion a musica e as matematicas , e pola sua gran sabedoria sobre a astronomia . Durante a sua estancia Gulliver pasou a maior parte do tempo conversando co rei co que chegou a acadar unha boa amizade.

Uns meses despois Gulliver abandona a illa e chega a Balnibarbi onde se instala na casa dun amigo do rei e visita a Academia de Artes, que consistia nunha especie de taller onde se intentaba inventar novas formas e tecnicas para facer as cousas, diferentes as cotias e tradicionais. No seu regreso a Inglaterra, Gulliver pasa por Glubbdabdrib onde conece a existencia dunha especie de persoas inmortais, Luggnagg onde e encarcerado e o Xapon dende onde colle un barco ata Inglaterra.

O 7 de setembro de 1710 Gulliver volve abandonar Inglaterra como capitan dun barco mercantil. Unhas semanas mais tarde son sorprendidos por unha gran tempestade na que parte da tripulacion se perde pola borda, polo que Gulliver ten que recrutar persoal. Os marineiros que contratara resultaron ser corsarios e un dia, tras subornar o resto da tripulacion, tomaron o poder do barco e encerraron a Gulliver no seu camarote durante unha longa tempada ata que finalmente o abandonan nunha terra remota e desconecida.

Por motivos de supervivencia Gulliver introducese no interior da terra desconecida en busca de comida e refuxio, pero en vez de encontrar o que buscaba encontrouse cunha especia de cabalos que falan, chamados houyhnhnms , cos que se relacionou e viviu. Os houyhnhnms eran uns cabalos cunha gran capacidade de razoamento superior a humana e bondade, e non conecian a guerra nin a mentira, podian realizar calquera actividade coma os humanos. Durante a sua estancia Gulliver aprendeu o seu dificultosos idioma e inculcaronlle unha grande capacidade de razoamento e un gran desprezo cara a raza humana xa que seu de conta do ruin e deprimente que era esta. Un dia debido a decision do consello de houyhnhnms Gulliver ten que abandonar para que non o maten. Fabrica unha balsa e votase ao mar chegando ata Australia onde e ferido por unha frecha e rescatado por un barco portugues o cal o leva de volta a Inglaterra.

Resumo [ editar | editar a fonte ]

Esta historia narra, como ben di o titulo, as diferentes viaxes de Lemuel Gulliver , un home que naceu en Nottinghamshire , en Inglaterra. Estudou en Cambridge onde se formou como medico e cirurxian. Logo de casar e traballar de medico naval, instalouse no sur de Londres, en Wapping . Pero non lle foi ben e decidiu volver enrolarse.

Incorporouse ao buque Antilope, rumbo aos Mares do sur . Mais unha tormenta desviou o barco cara a Tasmania , atoparon un escollo e naufragaron. Soamente seis tripulantes conseguiron salvarse, pero un forte vento envorcou o bote salvavidas. O noso protagonista nadou ata facer pe nunha costa plana e cando alcanzou terra rendeuse o sono. Cando espertou xa era de dia, estaba de costas, tumbado, pero ao querer levantarse estaba amarrado por centos de cordas. Atopabase na illa de Liliput a cal estaba habitada por persoas dun tamano moito menor ao considerado normal. Os nativos, ao ver que o seu xigantesco intruso se queria levantar tentaron atacalo, mais as suas armas resultaban case inofensivas. Gulliver fixolles sinais aos habitantes de que tina fame e alimentarono. Trasladarono a un edificio no cal cabia e ao cal encadearon para que non fuxise. Tivo que aprender o idioma, xa que estivo ali unha longa temporada na cal lle axudou ao emperador a ganar a guerra a illa vecina de Blefuscu. A cambio recibiu unha das maiores condecoracions do pobo, ademais de que o vestian e o alimentaban coma se fose un liliputiano mais.

Volveuse embarcar nun mercante chamado o Aventura. Fixeron escala no cabo de Boa Esperanza pero descubriron unha via de auga e o capitan enfermou, polo que pasaron o inverno no porto. Levaron ancoras a finais de marzo, cruzaron o estreito de Madagascar e internaronse no oceano Indico . O vento comezou a soprar forte durante dias, ainda que cesou de golpe. Logo atoparon outra tormenta e desviaronse de tal xeito que non sabian onde estaban. Quedaron sen auga, pero pronto viron terra e decidiron parar. Coa sorte que corre Gulliver, esqueceronse na illa xa que fuxiron asustados ao ver un xigante. Lemuell tentou agacharse, mais logo dun anaco, outro xigante atopouno, colleuno entre as mans e levoullo ao que parecia o xefe, que o levou para a sua casa e lle deu de comer. A filla pequena, a que Gulliver chamaba Glumdalchicht, facia as funcion de coidadora. O home decidiu usar ao seu pequeno visitante para montar espectaculos por todo o pais, que se chamaba Brobdingnag. Finalmente fixolle unha exhibicion a raina, a cal se encaprichou de Gulliver, e quedou a vivir no palacio acompanado pola sua coidadora. Tina unha pequena caixa na cal viaxaba, pero un dia unha aguia apresouno e soltouno no medio do mar, onde un barco de xente da sua estatura o rescatou. Volveu a sua casa, pero non puido evitar embarcarse de novo.

William Robinson, con que xa navegara, ia partir cara as Indias Orientais e ofreceulle traballo a bordo. Ao cabo duns dias de arribar en Tonkin tiveron que mercar unha barcaza, para vender mercancias pola zona, da cal estaba encargado Gulliver. Arrastrounos unha tormenta cara ao nordeste e logo cara ao leste. Sufriron o ataque duns piratas holandeses e xaponeses. O holandes decidiu abandonar a Lemuell a deriva. Chegou a unha illa flotante chamada Laputa, onde os seus habitantes podian mover a illa o seu antollo e estaban obsesionados coas matematicas. Gulliver decidiu que queria ir ao Xapon para volver a sua casa, asi que tivo que baixar a terra firme onde Lord Mumodi lle ensinou a cidade de Balnibarbi na cal habia unha escola de inventores que parecia un manicomio. Decidiu ir ao porto e partir cara Luggnagg xa que estaba preto do Xapon e desde onde poderia volver a Inglaterra. Para chegar ali tivo que pasar unha temporada nunha casa chea de pantasmas ata que saira un barco cara ao seu destino. Finalmente tardou un mes en chegar a Chumegnig. Finxiu ser holandes para ser aceptado no Xapon. Aos quince dias marchou para Traldragdubh. O rei decidiu que quedase uns dias ali xa que desfrutaba da sua compania. Ali descubriu a existencia duns seres inmortais chamados Struldbruggs, que eran repudiados pola sociedade, e o nacemento dun era considerado de mal augurio para a sua familia. Finalmente abandonou Luggnagg e chegou a Redriff cinco anos e medio despois da sua partida.

Logo de cinco meses volveu embarcar, esta vez como capitan, deixando embarazada a sua muller. Tivo que recrutar a mais homes xa que alguns morreran de febre. Resultou que os marineiros eran bucaneiros e amotinaronse. Decidiron abandonalo no primeiro lugar que atoparon: a illa de Houynhnhms onde se deu conta de que os seres humanos, ou yahoos, como os chamaban os cabalos que habitaban na illa, eran considerados os seres mais repugnantes que existian no planeta. Ali aprendeu a comportarse coma os magnificos cabalos que vivian naquel lugar. Mais decidiron que ao fin e ao cabo seguia sendo un yahoo e obrigarono a marchar de ali. Ao volver a casa negouse a tratar cos seres humanos xa que lle seguian parecendo repugnantes. Falaba todolos dias cos seus cabalos e comia solo, non soportaba o cheiro das persoas.

As suas viaxes duraron 16 anos e 7 meses nos cales observou perfectamente o xeito grotesco e primitivo no que se comportaban os humanos, raza que detestou ata a morte desde a sua ultima viaxe.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]