한국   대만   중국   일본 
Area - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Area

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Area do Deserto do Sahara .

A area e unha substancia granulosa ou pulverulenta proveniente da descomposicion das rochas, estando por tanto formada por un conxunto de particulas de rochas disgregadas.

En xeoloxia denominase area ao material composto de particulas cuxo tamano varia entre 0,063 e 2 mm. Unha particula individual dentro deste rango e chamada gran de area . Unha rocha consolidada e composta por estas particulas denominase arenita (Sin. psamita )

As particulas por baixo dos 0,063 mm e ata 0,004 mm denominanse limo , e por riba da medida do gran de area e ata os 64 mm denominanse grava .

Componentes e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Praia de Trabesada , Vilaboa .

O componente mais comun da area, en terra continental e nas costas non tropicais, e o silice , xeralmente en forma de cuarzo . Con todo, a composicion varia de acordo aos recursos e condicions locais da rocha. Gran parte da fina area achada nos arrecifes de coral , por exemplo, e calcaria moida que pasou pola dixestion do peixe papagaio . Nalguns lugares hai area que conten ferro , feldespato ou mesmo xeso .

Segundo o tipo de rocha da que procede, a area pode variar moito en aparencia. Por exemplo, a area volcanica e de cor negra, mentres que a area das praias con arrecifes de coral adoita ser branca.

A area e transportada polo vento, caso en que recibe o nome de area eolica (que pode provocar o fenomeno conecido como calixe), e a auga, e depositada en forma de praias , dunas , medanos etc. No deserto , a area e o tipo de chan mais abundante. A granulometria da area eolica esta moi concentrada ao redor de 0,2 mm de diametro das suas particulas.

Os chans areosos son ideais para certas plantacions, como a sandia e o mani , e son xeralmente preferidos para a agricultura intensiva polas suas excelentes caracteristicas de drenaxe.

Castelo de area en Benidorm .

Especialmente os nenos , utilizan a area para realizar construcions como castelos de area ou tuneles .

A area utilizase para fabricar cristal polas suas propiedades tales como a extraordinaria dureza, a perfeccion do cristal ou o alto punto de fusion, e, xunto coa grava e o cemento , e un dos componentes basicos do formigon .

Atributos fisicos [ editar | editar a fonte ]

O volume dun gran de area de cuarzo , dun diametro de 0,06 mm (o limite inferior), e 2,51 × 10 -10 m 3 cunha masa de 6,66 × 10 -4 g. No limite superior, o volume e a masa dun gran de area con diametro de 2,10 mm son 8,80 × 10 -9 m 3 e 23,3 × 10 -2 g [ 1 ] .

Granulometria [ editar | editar a fonte ]

Dentro da clasificacion granulometrica das particulas do chan, as areas ocupan o seguinte lugar na escala:

Particula Tamano
Arxilas < 0,002 mm
Limos 0,002-0,06 mm
Areas 0,06?2 mm
Gravas 2 mm-6 cm
Cantos rodados 6?25 cm
Bloques >25 cm

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Mass of a Grain of Sand" . The Physics Factbook . Consultado o 04/06/2019 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]