한국   대만   중국   일본 
Antropoloxia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Antropoloxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A antropoloxia (do grego ?νθρωπο? e λ?γο?, anthropos logos , ≪conecemento do ser humano ≫) e a ciencia social que estuda todas as dimensions do ser humano de forma similar a socioloxia , pero holisticamente . Principalmente enfocada desde a cultura e por medio do metodo etnografico como exponente clasico.

A antropoloxia nace coma unha rama da filosofia que nas suas orixes se dedicaba ao estudo cientifico da historia . Ao imponerse na cultura occidental o metodo cientifico , diversos autores pensaron que os fenomenos historicos tamen podian acharse gobernados por leis que podian pescudarse, enunciarse e ser utilizadas para a predicion de resultados. Asi mesmo coincide o seu desenvolvemento inicial co proceso de colonizacion europeo e a necesidade do estudo e descricion das sociedades non occidentais en America , Asia , Oceania e Africa . Esta concepcion abandonase durante o seculo XX , entendendose actualmente por antropoloxia, segundo Marvin Harris , "o estudo da humanidade, dos pobos antigos e modernos e dos seus estilos de vida" .

Contexto historico e institucional [ editar | editar a fonte ]

O antropologo Eric Wolf algunha vez definiu a antropoloxia como "a mais cientifica das humanidades e a mais humanista das ciencias", tratando de explicar como o desenvolvemento da antropoloxia contribuiu a entender a forma de encaixar desta ciencia, dentro doutras disciplinas.

Os antropologos contemporaneos fan remontar a orixe da sua disciplina a obra de varios pensadores do pasado. Con todo, resulta mais exacto considerar que o nacemento da antropoloxia tivo lugar no Seculo das Luces , cando en Europa se realizaron os primeiros intentos sistematicos de estudar o comportamento humano. A xurisprudencia, a historia, a filoloxia e a socioloxia coneceron un importante cultivo durante esta epoca, contribuindo ao desenvolvemento das ciencias sociais, das que forma parte a antropoloxia. Ao mesmo tempo, a reaccion romantica contra o movemento ilustrado produciu filosofos como Herder , e, posteriormente, Wilhelm Dilthey , cuxa obra e a base dos conceptos culturais que constituen a base da antropoloxia.

Estes movementos intelectuais en parte lidaron cun dos maiores paradoxos da modernidade : como o mundo se empequenece e se integra, a experiencia da xente do mundo e cada vez mais atomizada e dispersa. Como Karl Marx e Friedrich Engels observaron na decada dos 40s :

Todas as vellas industrias nacionais, foron ou estan sendo destruidas a diario. Son desprazadas por novas industrias, cuxa introducion, convertese nun tema de vida ou morte para as nacions civilizadas, por industrias que non traballan so con materias primas locais, senon tamen, con materias primas traidas dos lugares mais remotos; industrias cuxos produtos, non son consumidos so pola poboacion local, senon tamen por xente de todo o globo. En lugar das antigas demandas de consumo, satisfeitas pola producion do pais, atopamos novas necesidades, requirindo para a sua satisfaccion, produtos de lugares e climas distantes. En lugar do antigo illamento nacional e a auto-suficiencia, temos relacions en todas as direccions, interdependencia universal de nacions.

Ironicamente, esta interdependencia universal, no canto de levar a unha maior solidariedade na humanidade, coincidiu co aumento de divisions raciais, etnicas, relixiosas e de clase, e algunhas expresions culturais confusas e perturbantes. Estas son as condicions de vida que a xente na actualidade debe confrontar, pero tenen a sua orixe en procesos que empezaron no seculo XVI e aceleraronse no seculo XIX .

Institucionalmente, a antropoloxia emerxeu da historia natural (exposta por autores como Buffon ). Este era o estudo dos seres humanos, xeralmente europeos, vivindo en colonialismo . Este estudo da linguaxe, cultura, fisioloxia, e artefactos das colonias europeas, era o equivalente ao estudo da flora e a fauna deses lugares. Por iso puido, por exemplo, escribir Lewis Henry Morgan a vez monografias tanto sobre A Liga dos Iroqueses como sobre O castor americano e as suas construcions . Tamen e por iso, que a cultura material de nacions 'civilizadas' como a Chinesa, foron exhibidas historicamente nos museos dedicados a arte, xunto a obras europeas, mentres que os artefactos de Africa ou das culturas nativas de America mostrabanse nos museos de Historia Natural, a beira dos osos de dinosauro ou os dioramas de paisaxes. Dito isto, a practica curatorial cambiou dramaticamente en anos recentes, e seria incorrecto ver a antropoloxia como simplemente unha extension da regra colonial e do chovinismo europeo, posto que a sua relacion ao imperialismo era e e complexa.

A antropoloxia foi crecendo distinguindose da historia natural e para finais do seculo XIX a disciplina comezaba a cristalizarse na sua forma moderna. Para 1935, por exemplo, para T.K. Penniman lle foi posible escribir a historia da disciplina titulada 100 anos de Antropoloxia . Para este momento, este campo estaba dominado polo metodo comparativo . Asumiase que todas as sociedades pasaron por un unico proceso evolutivo, do mais primitivo, ao mais avanzado. Asi, as sociedades non europeas, foron vistas como fosiles viventes da evolucion, que puideron ser estudadas para entender o pasado europeo. Eruditos escribiron historias de migracions prehistoricas, as cales foron algunhas valiosas e outras moi fantasticas. Foi durante este periodo, que os europeos puideron, por primeira vez, rastrexar as migracions polinesicas a traves do oceano Pacifico , por exemplo, ainda que alguns crian que se orixinaron en Exipto . Finalmente, o concepto de raza estaba sendo discutido moi activamente como xeito de clasificacion de outorgar un nivel aos seres humanos baseados nas diferenzas bioloxicas herdadas.

No seculo XX , as disciplinas academicas comezaron a organizarse ao redor de tres principais dominios: Ciencia , Humanismo e as Ciencias sociais . O das ciencias, busca derivar leis naturais a traves de experimentos falsables e reproducibles. A humanistica reflectia un intento de estudar diferentes tradicions nacionais, a partir da historia e as artes , como un intento para prover a xente nas nacions-estados emerxentes un sentido de coherencia. As ciencias sociais emerxeron para este momento coma un intento de desenvolver metodos cientificos para achegarse ao fenomeno social, tratando de prover bases universais para o conecemento social. A antropoloxia non cabo facilmente nunha destas categorias, e cada rama diferente da antropoloxia caben nun ou mais destes dominios.

Baseandose nos metodos das Ciencias naturais , como tamen creando novas tecnicas que involucraban, non so entrevistas estruturadas senon observacions participativas desestruturadas; e baseandose na nova Teoria da evolucion a traves da Seleccion natural , propuxeron un estudo cientifico dun novo obxecto: a humanidade, concibida como un todo. E crucial, o concepto de cultura, para este estudo, o cal os antropologos denominaron como unha capacidade universal e como a propension social para aprender, pensar, e actuar (que ven como un produto da evolucion humana e algo que distingue ao Homo Sapiens; e quizais a todas as especies do xenero Homo ; doutras especies), e como unha adaptacion particular as condicions locais que toman as forma de credos e practicas altamente variables. Por isto, a cultura non so transcende a oposicion entre a natureza e a consolidacion; transcende e absorbe peculiarmente as distincions entre politica, relixion, parentesco, e economia europeas como dominios autonomos. A antropoloxia por isto supera as divisions entre as ciencias naturais, sociais e humanas ao explorar as dimensions bioloxicas, linguistas, materiais e simbolicas da humanidade en todas as suas formas.

Campos e subcampos da antropoloxia [ editar | editar a fonte ]

Disciplinas relacionadas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]