한국   대만   중국   일본 
Antonov An-225 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Antonov An-225

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un Antonov An-225 Mriya

O Antonov An-225 Mriya (en ucraino : Антонов Ан-225 Мр?я; nome asignado pola OTAN: Cossack ) foi un avion de transporte estratexico fabricado por Antonov . O seu deseno, construido para transportar a lanzadeira Buran foi unha extension do Antonov An-124 . Mriya ("мпия") significa ≪sono≫ (inspiracion) en ucraino .

Cun peso maximo de 640 toneladas , o An-225 e o avion mais pesado do mundo. O Hughes H-4 Hercules , conecido como Spruce Goose , tina unha envergadura maior pero so voou nunha ocasion mantendo o voo algo mais de 1600 metros, en cambio o An-225, e o avion mais grande do mundo e engalou varias veces. [ 1 ]

En novembro de 2004 , a FAI colocou o An-225 no Libro Guinness dos Records cas suas 240 marcas.

Desenvolvemento [ editar | editar a fonte ]

Transbordador Buran sobre o An-225.
An-225 no aeroporto de Manchester.

O An-225 foi desenado para o programa espacial sovietico como unha substitucion do Myasishchev VM-T . Pode transportar os foguetes impulsores do Enerxia e o transbordador espacial Buran, tendo unha mision similar o Airbus Beluga e o Shuttle Carrier Aircraft . [ 2 ]

O avion era un sucesor do An-124 . Para acadar os requisitos da sua nova tarefa, engadironselle extensions a fuselaxe tanto a proa como popa das as, que recibian as raices alares. [ 2 ] Engadironselle dous motores turbofan mais Lotarev D-18 as novas raices alares, sumando un total de seis e modificouse o tren de aterraxe cun total de 32 rodas. Eliminaronse a porta e rampla traseiras para aforrar peso e se transformou a cola dun unico estabilizador vertical a unha cola dobre cun estabilizador horizontal de grandes dimensions.

A cola dobre era unha necesidade, para poder levar grandes cargas nun contedor no exterior, que perturbarian a aerodinamica dunha cola convencional. A diferenza do An-124, o Mriya non foi desenado para transporte tactico nin operar en pistas curtas . Ademais, nas pistas longas ten dificultades para operar, xa que ao engalar crea unha enorme perturbacion no aire que provoca violentos vortices, de xeito que o primeiro avion que queira engalar tralo Mriya debe esperar quince minutos. Por iso, o An-225 adoita frecuentar as pistas mais tranquilas, e asi evita "entorpecer" o frenetico ritmo de engalaxes e aterraxes, dos grandes aeroportos.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Antonov An-225 Mriya engalando do Aeroporto de Gostomel .

O An-225 realizou o seu primeiro voo o 21 de decembro de 1988 . Comezaronse a fabricar dous avions, pero so se rematou un. Pode levar cargas moi pesadas, de ata 250 toneladas no seu interior ou 200 toneladas na parte superior da fuselaxe. As cargas externas poden medir ata 70 metros de lonxitude, para transportar foguetes e lanzar satelites ao espazo. [ 3 ] O segundo avion foi parcialmente construido a finais dos anos 80, en conexion co programa espacial sovietico.

Trala desaparicion da Union Sovietica e a cancelacion do programa Buran, o An-225 operativo foi almacenado. Retiraronse os seis motores Lotorev para empregalos nos An-124 e o segundo An-225 case completo e sen motores tamen foi almacenado.

Tren de aterraxe traseiro
Motores Ivchenko Progress D-18T

Operadores actuais [ editar | editar a fonte ]

Ucraína Ucraina

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. http://www.theaviationzone.com/factsheets/an225.asp . Antonov An-225 Mryia (Cossack). The Aviation Zone
  2. 2,0 2,1 http://vectorsite.net/avantgt.html#m3 Arquivado 29 de xuno de 2011 en Wayback Machine .. Antonov An-225 Mriya ("Cossack"). The Antonov Giants: An-22, An-124, & An-225
  3. "Aн-225 Мрия" . Antonov ASTC . Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007 . Consultado o 14 de decembro de 2009 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]