Antigo alto aleman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira paxina do cantar de Hildebrando .

O termo antigo alto aleman (en aleman : Althochdeutsch ) refirese a fase mais tempera da lingua alema e convencionalmente cobre o periodo desde preto do 500 ata o 1050 . Textos escritos non aparecen ata a segunda metade do seculo VIII , ainda que algunhas palabras e nomes atoparonse en textos en latin antes de dita data. Por esta razon, alguns tratan o periodo anterior a 750 como 'prehistorico', e datan o principio do antigo alto aleman propiamente desde o 750.

A principal diferenza entre o antigo alto aleman e os dialectos xermanicos occidentais dos que se desenvolveu, e que sufriu o segundo cambio consonantico ou zweite Lautverschiebung . Isto adoita datarse moi aproximadamente desde finais do seculo V e principios do seculo VI , por tanto datando o comezo do antigo alto aleman ao redor do 500. O resultado desta evolucion dos sons e que o sistema de consoantes aleman permaneceu diferente de todas as outras linguas xermanicas occidentais, incluindo o ingles e o baixo aleman . [ 1 ] Gramaticalmente, con todo, o antigo alto aleman permaneceu moi similar ao ingles antigo e ao saxon antigo.

Cara a metade do seculo XI , as numerosas vogais diferentes que se atopaban en silabas sen enfase reducironse todas a 'e'. Xa que estas vogais eran parte das terminacions gramaticais nos substantivos e verbos , a sua perda levou a unha radical simplificacion da gramatica flexional do aleman. Por conseguinte, o ano 1050 considerase como o principio do periodo do alto aleman medio , ainda que case non houbo textos en aleman durante os seguinte cen anos. Exemplo de reducion de vogais en silabas sen enfase:

    antigo alto aleman     alto aleman medio     ingles
    machon     machen     make
    taga     tage     days
    demu     dem     to the

(As formas en aleman moderno destas palabras son, en termos xerais, as mesmas que no alto aleman medio.)

Dialectos [ editar | editar a fonte ]

Area onde se falou o antigo alto aleman no Sacro Imperio Romano Xermanico arredor do 950 .

Non habia un estandar ou unha variedade suprarrexional do antigo alto aleman. Cada texto esta escrito nun dialecto en particular, ou nalguns casos nunha mestura deles. En xeral, as principais divisions dos dialectos do antigo alto aleman parecen ser similares as dos periodos posteriores e estan baseadas en grupos territoriais establecidos e nos efectos da zweite Lautverschiebung , que permaneceron ata o dia de hoxe. Pero debido a que a evidencia directa sobre o antigo alto aleman consiste soamente en manuscritos producidos nalguns poucos importantes centros eclesiasticos, non hai informacion de isoglosas do tipo no que se basean os mapas dialectais modernos. Por esta razon, os dialectos do antigo alto aleman poden cualificarse como dialectos de mosteiro. Os principais dialectos do antigo alto aleman, coas suas respectivas dioceses e mosteiros :

Hai algunhas diferenzas importantes entre a extension xeografica dos dialectos do antigo alto aleman e a do aleman moderno:

  • Ningun dialecto do aleman era falado ao leste do rio Elba ; no periodo do antigo alto alema a area estaba ocupada por pobos eslavos, e non houbo asentamentos de pobos xermanos ata o seculo XII.
  • O dialecto longobardico, dos lombardos, que invadiron o norte de Italia no seculo VI, pode ser un dialecto do alto aleman, ainda que queda pouca evidencia.
  • Os francos conquistaron o norte da Galia, asi como o sur do Loira ; a fronteira linguistica estableceuse logo aproximadamente ao longo do curso do Mosa e o Mosela , con francofalantes francos mais ao oeste, que foron romanizados.

Coa vitoria de Carlomagno sobre os lombardos en 776 , toda a xente que falaba alto aleman fora incorporada ao Imperio Franco. Os saxons e os frisons tamen foron dominados por Carlomagno, co que todos os falantes de xermanico occidental do continente quedaron baixo o goberno dos francos. Con todo, xa que a linguaxe da administracion e da igrexa era o latin, esta unificacion non levou a ningun desenvolvemento de variedade suprarrexional ningunha do aleman ata que naceu o alto aleman recente.

Textos [ editar | editar a fonte ]

A fase tempera do periodo rexistrou unha considerabel actividade misioneira, e para o 800, todo o Imperio Franco fora cristianizado en principio. Todos os manuscritos que contenen textos en antigo alto aleman foron escritos por escribas eclesiasticos, cuxa principal tarefa era escribir en latin mais que en aleman. Consecuentemente, a maioria dos textos en antigo alto aleman eran de natureza relixiosa e mostraban unha forte influencia do latin eclesiastico no vocabulario. De feito, a maioria dos textos en prosa sobreviventes son traducions de orixinais en latin. Mesmo traballos seculares, tales como o Hildebrandslied , preservaronse xeralmente porque foron escritos en follas sobrantes de codices relixiosos. Dise xeralmente que o texto en antigo alto aleman mais antigo e o Codice Abrogans , un glosario latin - antigo alto aleman datado entre 750 e o 780, probabelmente de Reichenau . Os Encantamentos de Merseburg do seculo VIII son os unicos vestixios da literatura xermana precristia . Os textos mais temperans non dependentes de orixinais en latin parecen ser o Hildebrandslied e a Pregaria de Wessobrunn , ambos escritos en manuscritos de principios do seculo IX , ainda que se asume que os textos se derivaban de copias anteriores. O bavaro Muspilli e o unico sobrevivente do que debeu ser unha vasta tradicion oral. Outros traballos importantes son os Evangelienbuch de Otfried von Weissenburg , o curto pero esplendido Ludwigslied e o Georgslied do seculo IX. A fronteira co alto aleman medio temperan (desde aprox. 1050) non esta clara. O exemplo mais impresionante de literatura en alto aleman medio temperan e o Annolied .

Exemplos de textos [ editar | editar a fonte ]

O Nosopai en tres dialectos do antigo alto aleman. Debido a que estas son traducions dun texto liturxico, e mellor non consideralas como exemplos da linguaxe idiomatico, pero mostran claramente a variacion dialectal.

Alemanico, seculo VIII Franco do Sur do Rin, seculo IX Franco do leste, c. 830 Bavaro, inicios do seculo IX
O Paternoster de St Gall Catequese de Weissenburg Taciano en antigo alto aleman O Paternoster de Freising

Fater unser, thu bist in himile
uuihi namu dinan
qhueme rihhi di i n
uuerde uuillo diin,
so in himile, sosa in erdu
prooth unseer emezzihic kip uns hiutu
oblaz uns sculdi unsero
so uuir oblazem uns skuldikem
enti ni unsih firleit in khorunka
uzzer losi unsih fona ubile

Fater unser, thu in himilom bist,
giuuihit si namo thin
quaeme richi thin
uuerdhe uuillo thin
samam so in himile end in erthu
Brooth unseraz emezzigaz gib uns hiutu
end farlaz uns sculdhi unsero
same so uuir farlazzem scolom unserem
endi ni geleidi unsih in costunga
auh arlosi unsih forn ubile

Fater unser, thu thar bist in himile
si geheilagot thin namo
queme thin rihhi
si thin uuilo
so her in himile ist, so si her in erdu
unsar brot tagalihhaz gib uns hiutu
inti furlaz uns unsara sculdi
so uuir furlazemes unsaren sculdigon
inti ni gileitest unsih in costunga
uzouh arlosi unsih fon ubile

Fater unser, du pist in himilum.
Kauuihit si namo din.
Piqhueme rihhi din,
Uuesa din uuillo,
sama so in himile est, sama in erdu.
Pilipi unsraz emizzigaz kip uns eogauuanna.
Enti flaz uns unsro sculdi,
sama so uuir flazzames unsrem scolom.
Enti ni princ unsih in chorunka.
Uzzan kaneri unsih fona allem sunton.

Fonte: Braune/Ebbinghaus, Althochdeutsches Lesebuch , 15ª edn (Niemeyer, 1969)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Fausto Cercignani , The Consonants of German: Synchrony and Diachrony , Milan, Cisalpino, 1979.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Althochdeutches Lesebuch , ed. W.Braune, K.Helm, E.A.Ebbinghaus, 17.ª ed., Tubinga, 1994. ISBN 3-484-10707-3
  • J. Knight Bostock, A Handbook on Old High German Literature , 2.ª ed., revisada por K.C.King e D.R.McLintock, Oxford, 1976. ISBN 0-19-815392-9
  • Fausto Cercignani , The Consonants of German: Synchrony and Diachrony , Milano, Cisalpino, 1979. ISBN 8-820-50185-6
  • R. E. Keller, The German Language , Londres, 1978. ISBN 0-571-11159-9
  • Lexikon der Germanistischen Linguistik , ed. Hans Peter Althaus, Helmut Henne, Herbert Ernst Weigand, 2.ª ed. revisada, Tubinga, 1980. ISBN 3-484-10396-5
  • S. Sonderegger, Althochdeutsche Sprache und Literatur , de Gruyter 1974 ISBN 3-11-004559-1
  • C. J. Wells, German. A Linguistic History to 1945 , Oxford, 1987. ISBN 0-19-815809-2

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]