한국   대만   중국   일본 
Anna Karina - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Anna Karina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnna Karina

Anna Karina en 1977.
Biografia
Nacemento Hanne Karin Blarke Bayer
22 de setembro de 1940
Copenhague , Dinamarca
Morte 14 de decembro de 2019 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Paris (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte cancro Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio do Pere-Lachaise , 49 48°51′44″N 2°23′39″L  /  48.862092, 2.394109
Grave of Karina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Francesa
Altura 170 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Filme Editar o valor em Wikidata
Ocupacion Actriz, cantante, directora de cine e escritora
Periodo de actividade 1959 Editar o valor em Wikidata - 2019 Editar o valor em Wikidata
Pseudonimo literario Anna Karina Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Instrumento Voz Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Jean-Luc Godard (1961-1967)
Pierre Fabre (1968-1974)
Daniel Duval (1978-1981)
Dennis Berry (1982-1994)
Maurice Cooks (2009-presente)
Cronoloxia
21 de decembro de 2019 Funeral  ( Chapel of the Pere-Lachaise Cemetery (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Orde Nacional da Lexion de Honra
Oso de Prata a mellor actriz
Bodil Honorary Award

IMDB: nm0439344 Allocine: 271 Rottentomatoes: celebrity/anna_karina Allmovie: p96782 13584
Facebook: AnnaKarinaOfficiel BNE: XX4419229 Musicbrainz: bd6155ce-d874-4258-bd27-bbdd77c6f181 Songkick: 283769 Discogs: 175485 WikiTree: Bayer-715 Editar o valor em Wikidata


Hanne Karin Blarke Bayer , [ 1 ] mais conecida como Anna Karina , nada en Copenhague o 22 de setembro de 1940 e finada en Paris o 14 de decembro de 2019 , [ 2 ] foi unha actriz, cantante, directora de cine e escritora danesa nacionalizada francesa . E conecida polas suas colaboracions en filmes de Jean-Luc Godard , sendo unha das actrices mais destacadas da Nouvelle Vague .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

O seu pai, capitan de barco, abandonou a sua nai ao pouco tempo de nacer a nena. Viviu ata os catro anos xunto aos seus avos, idade na que comezou a vivir en varias casas de acollida. Aos oito anos trasladouse a casa da sua nai, da que intentou escapar varias veces durante a sua nenez.

Aos quince anos traballaba como secretaria ou en elevadores da cidade de Copenhague . Comezou a sua carreira no seu pais natal, onde actuou como cantante en cabarets para afeccionados, tamen traballou como modelo de publicidade e como actriz. A sua primeira actuacion foi nunha curtametraxe promocional de Ib Schemedes, a cal ganou un premio no Festival de Cine de Cannes .

Aos 17 anos trasladouse a Paris soa, buscando afastarse do seu pais natal por mor da inestabilidade da sua vida familiar e os seus desexos de facer carreira en Francia, pais que visitara anos atras. Comezou con pouco dineiro e foi nunha das suas visitas a un conecido cafe do Barrio Latino de Paris, nos arredores da Rive Gauche do Sena , onde lle ofreceron traballar como modelo. Obtivo traballos para revistas como Jours de France e Elle , traballando no campo da modelaxe publicitaria e en casas de moda de alto prestixio como Chanel . O nome artistico polo que se lle conece ata hoxe en dia foi suxerido pola propia Coco Chanel , cando Hanne modelaba para esta casa. [ 3 ]

A sua primeira aparicion nunha longametraxe, ainda que non autorizada, foi en On the Passage of a Few Persons Through a Rather Brief Unity of Time , drixida polo situacionista Guy Debord , na que se pode ver un anuncio que Anna realizou para unha marca de xabon. Ao fondo podiase escoitar a voz de Debord dicindo: "Os anuncios durante as interrupcions (dunha pelicula) son o verdadeiro reflexo dunha interrupcion da vida".

Carreira como actriz e directora de cine [ editar | editar a fonte ]

En 1959 conece a Jean-Luc Godard , que despois de ver o mencionado anuncio ofreceulle interpretar un personaxe importante na sua primeira longametraxe O final da escapada , que Anna rexeitou por incluir escenas nuas. A causa disto, Godard decidiu prescindir deste personaxe no filme.

Malia isto, Anna aceptou o papel protagonista no seguinte filme do director, Le petit soldat . Nese momento, Anna era menor de idade e non podia traballar sen a autorizacion da sua nai. O filme foi censurado en Francia porque mostraba tortura de parte dos dous bandos durante a Guerra de Independencia de Alxeria . En 1961 contraeron matrimonio durante a rodaxe da sua segunda pelicula conxunta, titulada Une femme est une femme . A sua interpretacion neste filme valeulle o premio a mellor actriz na Berlinale .

A partir dese momento Anna converteuse na musa de moitos dos seguintes proxectos do realizador, que se converteron nos mais reconecidos da carreira dos dous, incluindo filmes como Vivre sa vie , Bande a part , Pierrot le Fou , Alphaville e Made in U.S.A. . As suas colaboracions con Godard remetaron pouco antes que o seu matrimonio, en 1967.

Malia isto, a sua carreira non se limitou soamente aos filmes de Godard, nin durante o seu matrimonio nin despois. Proba disto foi a sua actuacion en Suzanne Simonin, la Religieuse de Diderot , Palma de Ouro no Festival de Cannes , doutro reconecido director frances da Nouvelle Vague, Jacques Rivette . Incluso antes de conecer a Godard, Anna Karina foi a protagonista de Ce soir ou jamais , do destacado director frances Michel Deville . Tamen traballou con Luchino Visconti en Lo straniero , xunto a Marcello Mastroianni . Outros filmes destacados nos que actuou foron Justine de George Cukor , Laughter in the Dark de Tony Richardson , Apres La Repetition de Ingmar Bergman , Chinese Roulette de Rainer Werner Fassbinder ou L'Œuvre au noir de Andre Delvaux .

Mantivose moi activa dende os seus inicios a principios da decada dos 60 ata que na decada dos 80 o numero de papeis que realizaba por ano diminuiu, pois comezaba outras facetas da sua vida artistica, como a de directora ou a de escritora. A sua carreira sempre tivo un enfoque internacional, pois ao longo de cinco decadas participou en filmes tanto na Europa (amais de Francia colaborou en obras de Italia, Alemana, Hungria, Dinamarca ou o Reino Unido), os Estados Unidos , o Canada e o norte de Africa .

En 1973 fundou a sua propia produtora cinematografica, chamada Raska , na que editou o seu debut como directora, Vivre ensemble , filme no que tamen traballou como actriz. Como directora tamen rodou Les oeufs brouilles e Victoria .

Nas ultimas decada fixo aparicions en festivais de cine, como o Festival de Cine de Brasilia ou o Festival Internacional de Cine de Cannes . Anna Karina falaba frances , ingles , aleman , italiano e danes , e actuou en todas estas linguas ao longo da sua carreira.

Carreira como cantante [ editar | editar a fonte ]

Ainda que a sua carreira musical non foi prolifica, tamen destacou como cantante. Comezou interpretando cancions na comedia musical de Jean-Luc Godard Une femme est une femme , ao igual que noutro filme do mesmo director, Pierrot le Fou, onde interpretou por vez primeira ≪Jamais je ne t'ai dit que je t'aimerais toujours≫ e ≪Ma ligne de chance≫. En 1967 obtivo un notable exito coa comedia musical Anna , realizada para a television francesa polo director Pierre Koralnik. As cancions do musical foron incluidas tamen no seu primeiro LP , titulado simplemente Anna , composto e producido por Serge Gainsbourg , co que interpretou a duo varias cancions, algo habitual nas producions do musico frances. Este musical foi levado ao teatro no ano 2014.

No ano 2000 o cantante e compositor Philippe Katerine produciu e compuxo para ela o disco Une histoire d'amour , que foi acompanado dunha xira de concertos. No 2005 gravou Chansons de films , unha coleccion de cancions de peliculas.

Carreira como novelista [ editar | editar a fonte ]

Ao longo da sua vida, Anna tamen escribiu catro novelas: Vivre ensemble (1973), Golden City (1983), On n'achete pas le soleil (1988) e Jusqu'au bout du hasard (1998) e fixo frecuentes aparicions en television.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Joseph F. Clarke (1977). Pseudonyms . BCA. p. 94.  
  2. "Anna Karina, legendaire actrice de la Nouvelle Vague, est morte" www.lemonde.fr. Consultado o 15 de decembro de 2019
  3. "Anna Karina - her life, films and style" . newwavefilm.com (en ingles ) .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]