한국   대만   중국   일본 
A man na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

A man na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A seguir recollese a pegada da man na cultura popular galega , na etnografia e na literatura de transmision oral.

Cando se enfornaba na casa adoitabase bendeci-lo pan para asegurar que levedase ben. A tal fin riscabase unha cruz sobre a masa antes de metela no forno e rezabanse diversas oracions. A cruz faciase cun coitelo ou co dedo, pero sempre coa man dereita.

Ser quen de matar unha toupa coa man proporciona poderes curadores

Crese que quen e quen de matar unha toupa coa man alcanza poderes para curar certas enfermidades. A persoa que tal fixo podera cura-la dor de moas con so tocar -con esa man- a cara do doente. En Castroverde (Lugo) cren que podera cura-los colicos fregando no ventre coa man. En Cualedro (Ourense) houbo unha curandeira que curaba o coxo (o herpes ) porque matou tres toupas, cada unha de tres punadas [ 1 ] .

Os distintos etnografos que recollen estas crenzas difiren no metodo. Lis Quiben di que, para ben ser, hai que aperta-la toupa coa man ata que afogue; Rodriguez Lopez matiza que ha facelo coa man dereita, unica que pode conseguir eses poderes.

Chamase man aberta (ou, simplemente, aberta ) a que sofre unha distension muscular por cousa dun esforzo. Segundo Rodriguez Gonzalez , para curala hai que ata-las duas mans cuns xuncos , e unha muller que tivese xemelgos corta-la atadura cunha machada.

Chamase zurdo , manicho ou esquerdeiro a persoa que usa preferentemente a man esquerda, en contraposicion os destros . Manco , coto ou toco e aquel a quen lle falta unha man (ou un brazo).

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

Mans frias e corazon quente, namoro de repente
  • A man de todo ten man.
  • A man estea queda, anque a lingua vaia e vena.
  • A man, no peito; a perna, no leito.
  • A man pra todos ten man.
  • As mans lavadas, Dios dalle que coman.
  • As mans na roca, e os ollos na porta.
  • Da man a boca perdese a sopa.
  • Da man pra boca, a culler se envorca.
  • De boa man, ben esta o que dan.
  • De tal man, tal e o que se da.
  • Dinche que eres bo, mete as mans no seo.
  • Man por man, como o pailan.
  • Man sobre man como a muller do escriban.
  • Mans brancas non ofenden pero mancan.
  • Mans e vida componen a vila.
  • Mans frias e corazon quente, namoro de repente.
Mans que non dades ¿que esperades?
  • Mans que non dades ¿que esperades?
  • Mans que tomades e non dades ¿que esperades?
  • Mans que tomades, ¿porque non dades?
  • Mans quentes e corazon frio amor perdido.
  • Mau por mau coma o pardau.
  • Mete a man no seo, non diras do fado alleo.
  • Mete a man no seo, veras o teu mal e mais o alleo.
  • Meter as mans nas fogueiras e criar frieiras.
  • Moitas mans nun prato, logo tocan a rebato.
  • Non metas as maus no prato antes que as meta o teu amo.
  • Non pidas a man allea, se a tua non vai chea.
  • Quen espera a man allea, mal xanta e pior cena.
  • Que non seipa a man dereita o que fai a esquerda.
  • Ruin man, ruin e o que non da.
  • Se che din ben da tua leira, mete a man na faltriqueira.
  • Tal e a man, e tal e o que da.
  • Unha man a outra lava, e as duas lavan a cara.
  • Val mais levar as mans limpas, que levalas cheas.

Locucions [ editar | editar a fonte ]

  • A duas mans: traballar duro, sen descanso.
  • A man: feito de forma manual, sen maquinaria.
  • A man: que esta cerca, o alcance de calquera.
  • A man armada: violentamente.
  • A mans cheas: abundantemente, con largueza.
  • Abri-la man: se xeneroso nos regalos ou pouco esixente nas normas.
  • Alza-la man: levanta-la man nun xesto de ameaza.
  • Andar de man en man: dise dunha cousa ou asunto que pasa dunha persoa a outra.
  • Apreta-la man: reprender ou esixir con rigor; aforrar nos gastos.
  • Asenta-la man: castigar a alguen.
  • Ata-las mans: impedir que alguen faga unha cousa.
  • Baixo man: dito ou feito de forma oculta.
  • Man de azoutas, de labazadas etc.
  • Man de obra: labores de traballo manual, asi como os operarios que o realizan.
  • Man de santo: remedio que resolve eficazmente unha enfermidade ou problema calquera.
  • Man de vento: golpe de vento forte, na linguaxe dos marineiros.
  • Man oculta: a persoa que interven nalgun asunto sen da-la cara.
  • Mans de arana: debiles, incapaces de calquera esforzo.
  • Man travesa: medida que equivale o ancho dos catro dedos da man.
  • Ter boa man: ter habilidade, saber manexa-las cousas.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Lis Quiben. Notese a presenza do 9 como numero maxico.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]