한국   대만   중국   일본 
A cor negra na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

A cor negra na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corvo

Coma acontece noutras cores, a cor negra representa na cultura popular galega a morte e, moitas veces, asociase co mal e co demo . Ainda asi, non son raras as crenzas que atribuen determinadas propiedades curativas os animais de cor negra.

Asi, as galinas negras, e noutros lugares os pombinos negros, son os preferidos para certos ensalmos cos que curar enfermidades e mal de ollo . Igualmente, crese que os ovos dunha galina negra son mais nutritivos cos das doutra cor, e pola mesma razon son os que se utilizan en determinados remedios para que estes sexan mais eficaces: como tal, os ovos de galina negra curan as dores dos colicos . Para cura-la dor de costado , aplicase sobre a parte dorida unha galina negra aberta en canal. En Ponte Sampaio (Pontevedra) utilizan cascas de ovos de galina negra, mesturadas cunhas herbas, para diagnostica-lo mal de aire : faise unha pasta que se coloca nunha cataplasma sobre o ventre do menino enfermo e, segundo a cor coa que apareza o cabo das 24 horas, podera identificarse o causante do mal.

Risco recolleu que se pode conseguir unha sonada beberaxe para namorar seguindo o seguinte ritual: collese unha pita negra as doce da noite e acodese xunta un cemiterio , cortaselle a cabeza e guindase dentro, sen dar volta a cabeza. A seguir, entrase no camposanto e apanase terra de sete sepulturas, collese a galina e mesturase esa terra coa cabeza e co sangue da pita, botase todo nun lenzo e coase auga por el, dando a beber desta auga a persoa a quen se quere namorar (Risco:472).

En xeral, o caldo de galina que se da as mulleres paridas , para que recuperen axina as forzas, e mellor se se fai cunha galina negra.

O unto de porco negro usase para cura-lo herpes (en Padrenda , Ourense), partido en nove anacos que se mesturan con nove areas de sal e nove follas de loureiro .

Da boa sorte criar un gato negro regalado, asi como e de mala sorte cruzarse no camino cun gato negro. Para Rodriguez Lopez , ter un gato negro na casa trae boa sorte. Lis Quiben recolleu a crenza de que para cura-lo tirizo habia que pasa-lo rabo dun gato negro polo ollo enfermo.

Crese que as animas venen en figura de animais, especialmente en forma de avelainas , pero se son de cor negra consideranse agoiros dunha desgraza proxima, mesmo dunha morte; se foren brancas, dise que venen anunciar boas novas de familiares ausentes [ 1 ] .

Dise tamen que algunhas veces a Santa Compana ven precedida dun carneiro negro. Eladio Rodriguez supon que esta imaxe esta relacionada coa supersticion centroeuropea da cazaria salvaxe ou cazata infernal.

Taboada Chivite recolle a crenza de que na noite de San Xoan aparecese un touro negro de ouro no alto dun castro pontevedres.

A cor negra no lexico [ editar | editar a fonte ]

Como adxectivo, ademais do significado directo da cor, toma o valor abstracto de terrible, intenso, cruel: fame negra , sede negra , o medo e negro .

  • alamo negro , chopo negro, ( Populus nigra ).
  • beleno negro , meimendro negro ( Hyoscyamus niger ).
  • bigaro negro ( Littorina littoralis ), un dos nomes da mincha .
  • carballo negro ( Quercus pyrenaica ), variedade de carballo, tamen chamado cerquino ou cerqueiro.
  • chopo negro ( Digitalis purpurea ), un dos multiples nomes da dedaleira .
  • chourizo negro, chourizo feito con carne, cebola etc., a diferenza do chourizo branco , feito so con carne.
  • cine negro , novela negra , cine ou novelas policiacas, de mortes e asasinatos.
  • dia negro, dia sinalado por algunha adversidade.
  • dineiro negro , o procedente dalgunha actividade ilegal.
  • espiga negra, mazaroca de millo cos grans negros.
  • humor negro , o baseado en aspectos macabros.
  • leite negro, o producido por riba da cota lactea permitida e que se comercializa fora dos circuitos oficiais.
  • lista negra, na que se recollen persoas ou entidades perigosas, proscritas, vetadas.
  • marea negra , vertedura de hidrocarburos o mar.
  • negro ( Labrus tinca ), peixe da familia dos labridos, como a maragota , de cor escura. O nome de negro pode ter presente tamen os labios avultados deste peixe.
  • negro ( Melanogrammus aeglefinus ), peixe conecido como fogueiro ou burro, pola cor escura do dorso.
  • negro do ollo , o iris , en contraposicion coa esclerotica que o rodea, ou branco do ollo .
  • negron, hematoma , mancha negra ou morada que se forma na pel a consecuencia dun golpe.
  • negron, banco de sardina , pola cor azul escura dos seus lombos. Asi, da sardina que avanza en grandes cardumes dise que anda negron ou vai negron .
  • negron, variedade de uva tinta tamen conecida como espadeiro , asi como o vino que se elabora con esta uva.
  • negrume, sucidade sobre a pel, cotra.
  • pan negro, pan de centeo , en contraposicion do pan branco , de farina triga .
  • pataca negra, variedade de pataca de pel azulada, escura.
  • pato negro ( Melanitta negra ), parrulo totalmente negro.
  • rodaballo negro ( Scophthalmus rhombus ), peixe plano mais conecido como curuxo ou, na costa norte galega, sollo .
  • salgueiro negro ( Salix atrocinerea ).
  • trigo negro ( Fagopyrum esculentum ), planta herbacea [ 2 ] .
  • xesta negra ( Cytisus scoparius ), ou xesta brava, xesta das vasoiras.
  • xulia de manto negro ( Coris julis ), peixe marino tamen conecido como doncela.

Na fraseoloxia [ editar | editar a fonte ]

  • como o negro do sermon: dise de quen non aproveita nada dos consellos ou ensinanzas alleas.
  • estar negro: estar desesperado, non atopar solucion a un problema.
  • estar negro (un asunto): non ter ou non verlle solucion.
  • mais negro que un corvo: dise da persoa ou cousa de cor extremadamente negra.
  • negro coma a parrumeira: moi negro [ 3 ] .
  • negro coma un chamizo: moi negro [ 4 ] .
  • pasalas negras: ter pasado unha situacion moi apurada, normalmente no eido economico.
  • poner negro (a alguen): irritalo en grao extremo.
  • te-la negra, tocarlle a un a negra: ter moi mala sorte.
  • traballar coma un negro: traballar moito e sen descanso.
  • ver negro (un asunto, o futuro): non verlle posibilidades de que se solucione.
  • verse negro: non poder, non ser quen de cumprir algo. Estar nunha situacion dificil ou moi apurada.
  • volverse negro: verse na necesidade de esforzarse moito para sair dos apuros nos que se esta.

No refraneiro [ editar | editar a fonte ]

  • A negra co frio non vale un figo; a branca coa xiada, nin figo nin nada.
  • Da ovella branca nace un ano negro.
  • Da ovella negra nace un ano branco.
  • De ovella negra, nace un ano branco.
  • Dixolle o corvo a pega: botate ala, que eres negra [ 5 ] .
  • Lavarlle a cara a un negro, e perder agua e tempo [ 6 ] .
  • Negra e a cea na casa allea, pero inda e mais negra pra quen da a cea.
  • Negra e a pimenta, e comena os fidalgos; e branca e a neve, e tripana os cabalos.
  • Non pode selo corvo mais negro que as aas [ 5 ] .

No cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

  • A sogra da mina irma/ ten un xenio de cadela;/ mina irmancina querida/ vas pasar a vida negra [ 7 ] .
  • Ala arriba naquiles penedos/ anda un galo con tres pitas negras;/ o galo a cantar, a pita a berrar,/ seica anda o demo naquile lugar [ 8 ] .
  • Anque te laves e laves,/ negra, con xabon cheiroso,/ anque te fregues e fregues/ tes a cara que da noxo [ 9 ] .
  • As dos ollinos negros/ roubaronme o curazon/ e se elas me non queren/ morrereime de delor [ 10 ] .
  • As luces dos ollos negros/ parecense as do inferno;/ anque teno amores coiles,/ casar con iles non quero [ 10 ] .
  • As morenas todas tenen/ moi negrino o curazon,/ por eso elas dos homes/ non poden ter compasion [ 7 ] .
  • Canta a rula, canta a rula,/ canta no nino da pega:/ non sei se sera sinal/ de que ven a morte negra [ 11 ] .
  • Chabacana de Forcadas,/ anque te laves e laves/ eres negra de nacion/ e pouquerrichino vales [ 12 ] .
  • Eres blanca como un pote,/ negra como a parrumeira;/ se pola noite non campas/ de dia no’hai quen te queira [ 13 ] .
  • Negros son os teus cabelos,/ negra e a mala fertuna,/ negros son os teus ollinos/ que me a min dan penuria [ 14 ] .
  • No alto daquela serra/ anda un galo con tres pitas negras;/ o galo cantan i as pitas berran,/ aquil e o demo que anda na serra [ 15 ] .
  • Pasaches e non falaches,/ pensas que vou a chorar;/ sabe que negras non quero,/ que blancas vou adourar [ 16 ] .
  • Te-los ollinos moi negros/ e negros namoradores;/ botaos por eiqui embaixo,/ que vaian buscar amores [ 17 ] .
  • Terra negra non da pan;/ os mocinos de Galicia/ noutra terra non os hai [ 18 ] .
  • Tes un corpo medio torto/ i unha cara de morcego;/ pensaches que che queria,/ sabe que negras non quero [ 19 ] .
  • Vaite lavar, morenina,/ vaite lavar, curazon,/ que por moito que te laves/ negra eres de nacion [ 20 ] .
  • Vaite pra ala, carrouceira,/ cara de bico de pega,/ que cando te vexo vir/ penso que e a morte negra [ 20 ] .

Nas adivinanzas [ editar | editar a fonte ]

  • O mundo negro/ visto de branco/ cando os paxaros/ chian no campo. [ 21 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Risco engade que No caso das avelainas ou volvoretas tense lembrado, con razon, a psiquis grega, coa sua significacion orixinal de volvoreta, forma en que as almas saian dos corpos, asegun os antigos gregos (Risco: 419).
  2. En castelan, alforfon ou trigo sarraceno .
  3. A parrumeira e a pedra dianteira do fogar no forno ou a parte alta da cocina, negra de feluxe.
  4. O chamizo e un tizon carbonizado ou a feluxe que se forma a consecuencia do lume.
  5. 5,0 5,1 Eladio Rodriguez Gonzalez: Diccionario enciclopedico gallego-castellano (1958-1961), s. v. corvo .
  6. Eladio Rodriguez Gonzalez: Diccionario enciclopedico gallego-castellano (1958-1961), s. v. cara .
  7. 7,0 7,1 Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 49.
  8. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 35.
  9. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 41. Tradicionalmente, a pel de cor escura nas mulleres, queimada por estar traballando o sol, era peor considerada que a pel branca, das senoritas criadas a sombra (" Aparta de ehi morena,/ que eu quero a unha blanca... ", ou " Vivan as nenas blanquinas/ i as morenas parta un raio... ".
  10. 10,0 10,1 Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47.
  11. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 56. No orixinal: ven .
  12. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 61. No orixinal: Farcadas . As Forcadas , lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, concello de Bande .
  13. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75.
  14. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 107.
  15. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108.
  16. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 128.
  17. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 149. No orixinal: telos .
  18. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 153.
  19. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 154.
  20. 20,0 20,1 Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160.
  21. Solucion: a neve.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradicion oral . Colexio Publico Castrelo, Cambados 1986.
  • LIS QUIBEN, Victor: La Medicina Popular en Galicia . Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980).
  • LORENZO FERNANDEZ, Xaquin: Cantigueiro popular da Limia Baixa . Penzol-Galaxia, Vigo 1973.
  • RISCO, Vicente: “Cultura espritual”, en Historia de Galiza , Ramon Otero Pedrayo (dir.). vol. I. Ed. Nos, Buenos Aires 1962. * Reedicion Akal, Madrid 1979.
  • RODRIGUEZ GONZALEZ, Eladio: Diccionario enciclopedico gallego-castellano . Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • RODRIGUEZ LOPEZ, Jesus: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares . Ed. Celta, Lugo 1974.
  • TABOADA CHIVITE, Xesus: Ritos y creencias gallegas . Salvora, A Coruna 1980.
  • VARIOS: Terra de Melide . Seminario de Estudos Galegos, Compostela 1933.