| Atencion:
Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revision.
- Este artigo esta a medio traducir: profunda na primeira metade do contido dos artigos doutras Wikipedias e non inclue nada do resto. So hai unha mencion ao acontecido desde 1790 a morte de Herschel en 1822, sen sequera mencionar as circunstancias en que esta se produciu.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e
melloreo
de acordo coas indicacions.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero
non quite esta mensaxe
ata que estea todo solucionado.
De ser posible, seria mellor substituir este marcador por
outro mais especifico
.
(Desde xullo de 2017)
|
Friedrich Wilhelm Herschel
, nado en
Hannover
o
15 de novembro
de
1738
e finado en Slough (
Berkshire
) o
25 de agosto
de
1822
, foi un astronomo
aleman
, descubridor do planeta
Urano
e doutros numerosos obxectos celestes.
Friedrich W. Herschel naceu do matrimonio formado polo musico militar Issak Herschel e Anna Ilse Moritzen. Influido polos seus pais, Friedrich estudou musica e converteuse nun competente interprete de
oboe
, unindose ao seu pai e ao seu irman Jacob na banda do Rexemento de Gardas de Infantaria.
En
1757
participou na Batalla de Hastenbeck entre
Francia
e
Hannover
durante a
guerra dos Sete Anos
, e os mais de 5.000 mortos que presenciou causaronlle unha fonda impresion, que o levou a afastarse do seu pais natal e asentar co seu irman en
Inglaterra
. Jacob decidiu regresar a
Hannover
despois de dous anos, pero Friedrich Wilhelm (ao cal os ingleses chamaban agora "William", nome que o acompanaria para sempre) preferiu quedar.
De mozo Herschel profundou en
Inglaterra
os seus estudos musicais: converteuse en profesor primeiro, en organista en
Halifax
(
1765
) e ao ano seguinte era xa director de orquestra en
Bath
.
En
1772
a sua irma
Caroline
foi vivir con el en Bath. Foi enton cando ocorreu o episodio que cambiaria a vida de William: o
10 de maio
de
1773
mercou un libro (
Astronomia
de Ferguson) e enamorouse para sempre da ciencia dos ceos.
Herschel comezou dende o principio a calcular, desenar e construir os seus propios
telescopios
. Menos dun ano despois de mercar o libro de Ferguson, Herschel calculaba e pulia xa os mais perfectos e poderosos
espellos
de todo o mundo, porque comprendeu enseguida que o futuro dependia dos
telescopios
reflectores e non dos refractores.
Mentres construia os instrumentos observaba os ceos. En febreiro de
1774
observou a nebulosa de Orion, descuberta en
1610
. O
13 de marzo
de
1781
Herschel observou un obxecto non rexistrado, que a primeira vista parecia un cometa. Estudandoo con coidado conseguiu determinar que en realidade se trataba dun novo planeta.
Herschel descubrira o obxecto probando o seu
telescopio
reflector de seis polgadas, que acababa de construir. Apuntarao cara a constelacion de Xemini e observara unha estrela que non se suponia que estivese ali. A potencia do seu instrumento, parecia posuir un disco planetario (de ai a confusion cun
cometa
). Brillaba cunha cor amarela e desprazabase lentamente.
Observandoo noite tras noite, Herschel chegou a conclusion de que descubrira o setimo
planeta
do
Sistema Solar
. Pediu a outros astronomos que confirmasen o seu diagnostico, e todos estiveron de acordo con el: existia un novo
planeta
situado ao dobre da distancia de
Saturno
.
Poner nome a un obxecto astronomico e privilexio do seu descubridor e Herschel bautizou o
planeta
co curioso nome de
Georgius Sidus
("Planexa Xurxo"), nunha estrana homenaxe ao rei
Xurxo III do Reino Unido
que acababa de perder todas as suas posesions en America do Norte pola independencia estadounidense de
1776
.
O "Planeta Xurxo" seguiu chamandose asi ata ben entrado o
seculo XIX
, a pesar da oposicion do astronomo
Johann Elert Bode
, que insistia en que Herschel debia continuar coa tradicion mitoloxica. Se os nomes dos planetas contiguos eran
Marte
,
Xupiter
e
Saturno
, o que acababa de chegar debia bautizarse como Urano. Bode xustificaba o seu punto de vista en que se debia continuar a secuencia xenealoxica: neto, pai e avo. O bisavo (pai de Saturno) era Urano, que axeitadamente personificaba o ceo estrelado.
E curioso que Bode insistise tanto en facer cambiar o nome de Urano por un contemplado nas convencions, xa que el mesmo acostumaba a bautizar os seus descubrimentos con nomes moito mais extravagantes que "Xurxo". Asi, chamou a certas
constelacions
"O Gato", "O Aparato Quimico", "Globo Aerostatico" e "Oficina Tipografica". O caso extremo produciuse ao bautizar como Bode unha constelacion co nome de "As Honras de Federico" en honra ao emperador de
Alemana
. O astronomo frances Lalande propuxo, pola sua parte, bautizar o planeta como "Herschel", ainda que a idea que perdurou foi a de Bode.
Ainda que en
1827
o nome de Urano xa era moi usual en
Inglaterra
, ata
1850
o
Almanaque Nautico
britanico seguiu chamando ao planeta "Xurxo" na suas efemerides astronomicas. Finalmente o astronomo
John Adams
(que erroneamente se atribuiria o descubrimento de
Neptuno
) conseguiu convencer os editores do Almanaque para que o cambiasen polo nome actual.
Observacions anteriores de Neptuno
[
editar
|
editar a fonte
]
Como se da o feito de que, baixo certas condicions,
Urano
e visible a simple vista, e moi probable que fose divisado xa na
Prehistoria
ou na
Antiguidade
, circunstancia que non quedou rexistrada.
Galileo
observouno en
1612
durante unha conxuncion con
Xupiter
, anotandoo como un satelite galileano deste ultimo. Tamen o Astronomo Real Sir
John Flamsteed
catalogou en
1690
a
Neptuno
como unha
estrela
na
constelacion de Tauro
a que chamou 34 Tauri. Alguns anos mais tarde, o frances Le Monier observou a
Urano
durante oito noites completas, pero nunca acertou a notar o seu movemento planetario. Outros dezaoito astronomos tamen anotaron o planeta nos seus catalogos, pero sempre confundindoo cunha estrela fixa. Estas observacions serviron ao longo do
seculo XX
para determinar mellor a orbita de
Neptuno
.
O rei Xurxo premiou a Herschel polo seu descubrimento de
Urano
nomeandoo membro da Real Sociedade de Ciencias. Grazas ao salario que este nomeamento lle procuraba, o astronomo puido abandonar definitivamente a musica como medio de vida e dedicarse exclusivamente a astronomia. Efectuaba mais e mellores observacions (sempre asistido pola sua irma Caroline, a que transmitira o seu interese pola astronomia), e comezou a construir instrumentos cada vez mais potentes e evolucionados.
En
1782
xa ostentaba o titulo de Astronomo Real da Corte, cando un amigo que conecera na Real Sociedade,
William Watson
, lle regalou un
Catalogo de Messier
, que estimulou o interese de Herschel polas
nebulosas
e os
cumulos
, chamados en conxunto "obxectos de espazo profundo". No mes de agosto de
1782
, Herschel comezou a investigar os obxectos descritos no libro cos seus telescopios, mais poderosos que os que o propio
Charles Messier
, autor do catalogo, usou. Para setembro, convencerase de que o libro so contina unha infima parte dos obxectos de espazo profundo existentes na realidade, polo que decidiu dedicarse a unha minuciosa, extensa e sistematica busca en todas as partes do ceo visible dende o seu observatorio.
O proceso comezou o
23 de outubro
de
1783
, coa axuda de Caroline e utilizando o seu refractor de 157 aumentos e campo de 15´ e 4" de arco. Cinco dias mais tarde fixo o seu primeiro descubrimento:
NGC 7184
, unha pequena galaxia na [[
constelacion de Acuario
, de magnitude 11,2. No seu propio catalogo chamoulle "H II.1". A este descubrimento seguiron outros, a unha velocidade tal que so pode atribuirse a calidade dos seus instrumentos: nun ano e medio descubriu 1.000 novos obxectos de espazo profundo, que publicou nunha lista no seu propio catalogo de
1786
. En
1789
descubrira xa outros 1.000, e 500 mais en
1802
. Tempo despois agregou outros 14. Asi, nun lapso de menos de duas decadas, Herschel descubriu 2.514 novos obxectos de espazo profundo, entre os que se contan
cumulos globulares
,
nebulosas
e
galaxias
.
|
---|
1731–1750
| | |
---|
1751–1800
| |
---|
1801–1850
| |
---|
1851–1900
| |
---|
1901–1950
| |
---|
1951–2000
| |
---|
2001–presente
| |
---|