Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un
referendo
e un procedemento xuridico polo que se somete a
votacion
popular unha cuestion
lexislativa
,
constitucional
ou sobre calquera outra proposta para que o
electorado
se pronuncie sobre a sua aprobacion ou o seu rexeitamento, e dicir a sua ratificacion ou non. E o mecanismo de
democracia directa
por antonomasia.
Na
Constitucion espanola
vixente reconecense dous tipos de referendos, un de caracter consultivo atopase regulado no artigo 92, e outros vinculantes referidos a mudanzas constitucionais e aprobacion de estatutos de autonomia. Algunhas definicions de "plebiscito" suxiren que e un tipo de voto para cambiar a constitucion ou o goberno dun pais.
[
1
]
- Podense atopar diferentes clasificacions. Unha clasificacion non exclue a outra, podense dar diferentes combinacions.
- Segundo o obxecto:
Referendo de
independencia
: se o obxecto e a declaracion de independencia. Referendo constitucional: se o obxecto e tema relacionado cunha constitucion. Referendo legal: se o obxecto esta relacionado cunha lei. Referendo revogatorio: se o obxecto e revogar un mandato de eleccion popular.
- Segundo o fundamento:
Referendo obrigatorio ou preceptivo: se o fundamento da sua celebracion e a esixencia propia do ordenamento. Referendo facultativo: se o fundamento e a convocatoria dun organo concreto. En caso de ser ademais consultivo a figura aproximariase ao concepto de
plebiscito
. Referendo decisorio: cando o resultado se fai efectivo e vinculante. Referendo consultivo: cando o resultado implica unicamente a manifestacion da vontade xeral ou popular de forma non vinculante. En caso de ser ademais facultativo a figura aproximariase ao concepto de plebiscito. Plebiscito: De plebi (a
plebe
, plebeos, pobo) e scito do latin (ter en conta). Tamen se pode encadrar como un tipo de referendo facultativo e consultivo ao ser un modelo proximo, pero o pronunciamento popular non constitue unha expresion da vontade xeral ou popular senon un instrumento de lexitimacion dun poder persoal de corte
autocratico
polo que se considera unha categoria independente. Referendo constitutivo ou de ratificacion: cando o efecto e aprobar unha disposicion.
- Segundo o seu caracter:
Referendo propositivo: a traves del poderanse proponer novas leis. Referendo abrogativo: podera derrogar leis vixentes de igual ou menor xerarquia que as propostas. Referendo aprobativo: mediante este referendo poderan aprobarse leis que cheguen ao parlamento por vias participativas, como as
Iniciativas Lexislativas Populares
(ILP), ou lexislativas.
- Segundo os seus efectos:
Referendo vinculante: cando o resultado ten validez xuridica. Pode ser necesario que haxa un minimo de participacion cidada (quorum). Se o veredicto do pobo no referendo non ten eficacia xuridica directa falase de referendo consultivo.
[
2
]
- Uso na democracia directa de
Suiza
:
Segundo a Constitucion suiza, o pobo suizo dispon de dous tipos de ferramentas de participacion cidada: o referendo (facultativo ou obrigatorio) e a iniciativa lexislativa popular. Se unha iniciativa popular reune o minimo de sinaturas, a proposta sometese a referendo. Todos os referendos son vinculantes. O
pobo suizo
pode derrogar unha lei ratificada polo Parlamento, se se reunen 50 000 sinaturas nun espazo de cen dias tras a promulgacion da lei, para obrigar ao goberno a someter o asunto a votacion publica, mediante un referendo facultativo. Se a decision parlamentaria atinxe normas constitucionais ou o
dereito internacional
precisase o referendo obrigatorio. A nivel federal, un asunto que estea suxeito a unha iniciativa popular ou a un referendo obrigatorio so e aprobado se se consegue unha dobre maioria (maioria en electorado e
cantons
). Tamen existe a ferramenta da iniciativa popular e referendo a nivel municipal e cantonal.
- Efecto indirecto:
A posibilidade de realizar un referendo vinculante despois de aprobar unha lei no parlamento, adoita provocar que os partidos politicos tenan mais coidado antes de aprobalas, prestando mais atencion a opinion dos cidadans, xa que todo o seu traballo poderia ser inutil .
- Regulacion e uso en America Latina:
A activacion de referendos non e unha novidade en
America Latina
, como tampouco e unha particularidade de reximes democraticos. Durante o
seculo XX
, varios paises de rexion convocaron referendos, tanto durante gobernos autoritarios (
Bolivia
1931,
Chile
1978, 1980), como en democracias fraxiles (o
Peru
1919,o
Uruguai
1942, o
Brasil
1963) e en democracias consolidadas ou en consolidacion (
Arxentina
1984, Uruguai en numerosas ocasions). Con todo, nas ultimas decadas houbo un incremento na cantidade de consultas e tamen cambios substantivos na crecente regulacion de mecanismos de democracia directa (MDD). A maioria dos referendos convocados antes dos noventa e mesmo varios dos convocados posteriormente, producironse a pesar de non existir marcos regulatorios para as devanditas activacions. Ainda que hai excepcions, no Uruguai e
Venezuela
o referendo fora introducido nas constitucions de 1934 e 1961 respectivamente. Con todo, nestes casos, os cidadans non podian activar MDD desde abaixo. En 1970 un so pais de America Latina regulaba a activacion de MDD por parte da
cidadania
, pola via de reunion de sinaturas, entre outros requisitos (Uruguai, Constitucion de 1967). Para 2015 de 18 paises da America latina continental e
Republica Dominicana
, 9 incluen estes mecanismos, nunha onda iniciada coa Constitucion colombiana de 1991. De forma semellante, na actualidade son once os paises que regulan o referendo obrigatorio, principalmente para ratificar cambios constitucionais. So uns poucos paises non permiten as autoridades (presidente ou congreso) chamar a consulta (
O Salvador
,
Panama
,
Paraguai
e o
Peru
).
- En 1936 en
Galicia
sobre o
Estatuto de Autonomia de 1936
- En
Irlanda
, cando a Constitucion do
Estado Libre irlandes
foi substituida pola Constitucion de Irlanda polo plebiscito o 1 de xullo de 1937.
- En 1978 o referendo sobre a
constitucion espanola de 1978
.
- En 1980, o primeiro referendo sobre a independencia de
Quebec
.
- O referendo de 1980 en Chile onde se votou pola aprobacion da Constitucion de 1980, asinada e redactada polo goberno de
Augusto Pinochet
, que e a que rexe actualmente. En Chile esta Constitucion foi obxecto de dubidas polo seu caracter antidemocratico e ilexitimo da sua orixe, xa que ademais considerase que o seu referendo foi fraudulento. Con todo, por aplicacion do principio de seguridade xuridica tense por consolidada, mesmo polos detractores do rexime de Pinochet.
- En 1980 en Galicia o referendo sobre o
estatuto de autonomia
.
- O
referendo sobre a permanencia de Espana na OTAN
en 1986.
- O referendo de 1988 en
Chile
onde se votou pola non continuidade do rexime de Augusto Pinochet.
- En 1992, o referendo no
Canada
sobre o Acordo de Charlottetown. En 1993, o referendo no Peru para aprobar a nova constitucion redactada polo Congreso Constituinte Democratico.
- En 1995, o segundo referendo sobre a independencia de Quebec.
- En 1999, producironse 2 referendos en Venezuela, un para convocar unha Asemblea Nacional Constituinte e outro para a aprobacion da nova constitucion de Venezuela.
- En 2003, cando
Andres Manuel Lopez Obrador
convocou aos habitantes do
Distrito Federal (Mexico)
a votar sobre a continuidade do seu goberno 3 anos mais e ganou o referendo con mais do 75% dos votos. En 2004, o difundido referendo revogatorio convocado en Venezuela para que os votantes avaliasen o desempeno do presidente
Hugo Chavez
, onde resultou ganador.
- Os diversos referendos de ratificacion do Tratado polo que se establece unha Constitucion para Europa en varios paises da
Union Europea
.
- En 2006, o importante referendo de ampliacion da
Canle de Panama
, o cal foi aprobado.
- En 2007, referendo en
Costa Rica
para aprobar un tratado de libre comercio con
America Central
, Republica Dominicana e
Estados Unidos
conecido como CAFTA-RD aprobado cun 51,62% a favor e un 48,38% en contra.
- En 2007, referendo en
Venezuela
para aprobar a reforma constitucional proposta polo Presidente da Republica
Hugo Chavez
que non foi aprobado.
- En 2011, o referendo sobre a independencia do
Sudan do Sur
de 2011, realizado entre o 9 e o 15 de xaneiro de 2011, co cal o goberno autonomo promulgou unha constitucion transitoria, efectiva desde o 9 de xullo de 2011, data en que a independencia fora declarada oficialmente. Este referendo establece o primeiro antecedente mundial de independencia a traves do voto popular.
- En 2011 en
Paraguai
para decidir o dereito ao voto dos paraguaios que viven no estranxeiro.
- En 2014 en
Escocia
para dedidir sobre a sua independencia do Reino Unido.
- En 2016 no
Reino Unido
para se desvincularen da
Union Europea
.
- En 2016 en
Colombia
para finalizar o conflito coas
Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia
- En 2017 en Venezuela a Asemblea Nacional facultada polo artigo 71 da Constitucion venezolana realizase un plebiscito? en resposta a crise institucional do pais a causa da creba da orde constitucional cometida polo Tribunal Supremo de Xustiza e mais pola asemblea nacional constituinte convocada polo Presidente violando o artigo 347 da devandita constitucion.
- Coolidge, William Augustus Brevoort (1911). "
Referendum and Initiative
". En Chisholm, Hugh.
Encyclopædia Britannica
23
(11ª ed.).
Cambridge University Press
(en
ingles
)
. p. 1.
- Morel, L. (2011). 'Referenda'. In: B. Badie, D. Berg-Schlosser, & L. Morlino(eds), International Encyclopedia of Political Science.Thousand Oaks: SAGE: 2226?2230.
- Qvortrup, Matt (2017).
"Demystifying Direct Democracy"
.
Journal of Democracy
28
(3): 141?152.
doi
:
10.1353/jod.2017.0052
.
- Piott, Steven L.
Giving Voters a Voice: The Origins of the Initiative and Referendum in America
(2003)
online
- Qvortrup, Matt; O'Leary, Brendan; Wintrobe, Ronald (2018). "Explaining the Paradox of Plebiscites".
Government and Opposition
55
(2): 1?18.
doi
:
10.1017/gov.2018.16
.
- Setala, M. (1999). Referendums and democratic government. Londres e Nova York: Palgrave Macmillan.
- Smith, Julie (ed.). 2021.
The Palgrave Handbook of European Referendums
. Palgrave.
- Topaloff, Liubomir (2017).
"Elite Strategy or Populist Weapon?"
.
Journal of Democracy
28
(3): 127?140.
doi
:
10.1353/jod.2017.0051
.
|
---|
Poderes
| |
---|
Formas de goberno
| |
---|
Reximes e sistemas
| |
---|
Tipos de poder
| |
---|
Clases de estado
| |
---|
Conceptos
| |
---|
Procesos
| |
---|
Divisions administrativas
| |
---|
Cargos
| |
---|
Disciplinas
| |
---|
Ideoloxias
| |
---|
Actitudes
| |
---|